«Dead Rising 3» non sairá en Alemaña

Por: Venres, 11 de Outubro de 2013, 12:00 COMENTAR

dead-rising-3
Segundo confirmou a propia Microsoft, o xogo de nova xeración Dead Rising 3 non superou as probas de calificación do organismo alemán e bloqueou o lanzamento do título no país xermano.

“Dead Rising 3 non sairá á venda en Alemaña como parte da liña de lanzamentos da Xbox One o 22 de novembro, ao non conseguir acadar unha calificación de idade polo BPjM (Bundeprüfstelle für jugendgefährende Medien), organismo regulador do software de entretemento do país.”

“Aínda que Microsoft está decepcionado con esta decisión, respetamos os puntos de vista dos revisores e retiramos o Dead Rising 3 da liña de lanzamentos da Xbox One en Alemaña. Dead Rising 3 seguirá a estar dispoñible nos outros mercados o 22 de novembro. Máis aló diso, non temos máis comentarios.”

Aínda que a organización alemana non deu detalles dos motivos, este tipo de medidas non son novas, xa que as dúas entregas anteriores da saga xa foran baneadas no seu momento.