Hoxe ás 22:00 sairá a Xbox One

Por: Xoves, 21 de Novembro de 2013, 14:51 COMENTAR

xbox one disco duro

O nova xeración xa está, xa é unha realidade, porque a consola de Microsoft está previsto que saia mañá, 22 de novembro.

Pero como vos queda a cara se vos digo que o momento de lanzamento de Xbox One se adianta unhas horas?

Así o farán diversas empresas dedicadas a este mundo como GAME ou Gamestop, que hoxe mesmo a partires das 22:00 terán a súa consola a disposición de todos os usuarios.

Así que se non tedes pacencia para agardar até mañá xa sabedes, tedes unha opción para ser os primeiros en entrar na “next gen”.

Crytek está a desenvolver un novo shooter

Por: Venres, 29 de Xullo de 2011, 13:58 COMENTAR

Os creadores do Crysis, un shooter que obtivo máis que excelentes críticas ao redor do mundo (porén a min non me rematou por convencer), xa están a preparar un novo proxecto en forma de shooter (non deben querer abandonar o xénero).

Isto sábese despois de ser descuberto o perfil persoal dun empregado da propia compañía, na cal atoparon unha nova IP correspondente ao xénero mencionado.

Non se sabe se é outra das múltiplas estratexias de márketing ou se por un casual resultou ser certo o erro deste empregado, mais non só serviu para saber que están a traballar noutro xogo presumiblemente para PC, Xbox 360 e PS3. Tamén se descubriu a existencia doutro título cancelado que tiña como nome Redemption, que estaba pensado para shooter en terceira persoa.