Análise de State of Decay

Por: Domingo, 1 de Febreiro de 2015, 18:00 COMENTAR

state_of_decay_1
Con motivo do recente anuncio da saída ó mercado de novas versións do xogo State of Decay para as consolas de nova xeración pareceume axeitado darlle un pequeno repaso ó que pode ofrecernos.

State of decay foi realizado por Undead Labs. e distribuído por Microsoft Studios alá polo ano 2013, inicialmente só estivo dispoñíbel para Xbox 360 pero máis adiante nese mesmo ano puidemos desfrutalo en PC a través de Steam. Consiste nun xogo de supervivencia zombie, tema xa moi rillado ó longo de moitos xogos en diferentes plataformas, pero, ó meu pensar ten unha formulación diferenciada que déixa coa sensación de estar a probar algo distinto e despois de varias horas adicadas a el segue a convencer.

Mapa do xogo

Mapa do xogo

Atópaste nun entorno de gran magnitude (non esperedes un mapa do GTA, pero aínda así é unha superficie que leva o seu tempo atravesar) de trazado sinxelo e conformado por unha pequena cidade, un pobo residencial, un espazo natural e unha zona rural unidos entre si por unha calzada.
Comezas neste último lugar, cando veste sorprendido polo apocalipse zombi desta quenda e tócate escapar a unha casa onde se atopan outros superviventes. É aquí onde se comeza a introducir a mecánica do xogo.

Sobrevivir, si, pero coa túa casiña, as túas leiras…

Características e instalacions da base

Características e instalacions da base

A nosa labor non vai ser só sobrevivir no día a día, senón que deberemos establecer unha base onde ficar quedos. Nesta base disporemos dunha serie de espazos que deberemos preparar para una das distintas funcións, como pode ser a cociña, cuartos e outras opcións que nos darán diferentes vantaxes ó longo do xogo. Ademais, por suposto, de prepararlle as defensas adecuadas para salvar ós asedios das hordas que esporadicamente decidirán facernos unha visita. Estas bases atópanse en diferentes lugares do mapa, e poderémonos ir mudando dunha a outra segundo as nosas necesidades (principalmente dependendo do número de superviventes dos que dispoñamos).

Acumular recursos

Para o mantemento da nosa base e dos seus habitantes necesitaremos ir recollendo continuamente cada un dos 5 recursos dispoñíbeis, a saber:

  • Comida
  • Medicamentos
  • Munición
  • Materiais de construción
  • Combustible
Recursos conseguidos coma postos avanzados

Recursos conseguidos coma postos avanzados

 

Todos estes materiais vanse consumindo conforme pasa o tempo e tamén ó construír estancias na base ou defensas. Para repoñer as reservas pódense facer dúas cousas, a primeira é recorrer os edificios baleiros, acabar cos inimigos que poida haber neles e pescudar nos mobles e ver que podemos atopar. Non sempre teremos a sorte de achar o que buscamos pois poden non ter nada ou ter armas de distinto tipo e obxectos varios.
A segunda vía comeza de forma similar pero é mais beneficiosa a longo prazo. Podemos limpar calquera edificio de zombies, de novo buscar nel e nese momento saberemos mediante unha icona no mapa cal é o recurso predominante e establecer un posto avanzado que permitirá durante un tempo ir obtendo de forma continua reservas.

As relacións entre os superviventes

Personaxe, relacións e inventario

Personaxe, relacións e inventario

Non vos pensedes que ides a xogar a State of Decay e atoparvos un Sims e que teredes que traballar as relacións durante moito tempo. Simplemente consistirá en compartir determinadas misións con eles e isto fará que confíen en vós.

“Xa…. a min todo iso impórtame ben pouco” haberá que pense, pero aquí si ten certa importancia. O noso traballo para a comunidade e para o resto dos superviventes permitiranos tamén obter certas vantaxes como pedirlles axuda nas misións ou obter mellor equipamento. Isto cobra especial dimensión se nos plantexamos outra das premisas do xogo, nós non somos un personaxe, somos toda a comunidade. Isto quere dicir, simplemente, que aínda que a historia a comezamos cun personaxe concreto poderemos xogar con todos os membros que recrutemos, e calquera de eles pode morrer en calquera momento do xogo e a historia segue como se tal cousa.

Aquí vai una leria de caráis pero aínda non falamos de pegar un só tiro

O certo é que non entrei en moita profundidade no aspecto da propia acción, porque non é o que destaca neste xogo por enriba doutros xogos de temática similar. Aínda así non é nin moito menos aburrido ou pobre neste campo e faranos botar unhas boas horas de diversión.
Temos armas corpo a corpo, armas cortas, longas, coches para levarnos todo por diante e unha serie de tipos de zombies como os que se póden ver noutras ocasións. Clasificables entre os “normais” e os que lles meteron droja no colacao e van a tope
Estes últimos son os únicos que nos porán nun problema en determinado momento xa sean os máis fortes ou os máis áxiles, polo demais o único que nos debe preocupar é non acabar arrodeado por unha morea de inimigos, porque nese caso temos as horas contadas e neste xogo, quen morre morreu, non hai segundas oportunidades.

Isto debe compaxinarse coa realización das misións principais que son as que nos dirixiran ó desenlace do xogo. A historia faise divertida e amena, e sen traballar demasiado os personaxes consegue que sigas interesado en continuar e en salvalos. En canto á variedade das misións non é moi grande e da a impresión de que se o xogo durase unhas poucas horas máis acabaría por facerse moi repetitivo aínda que na súa extensión, non é algo que se che pase pola cabeza.

DLC’s

 

state_of_decay_5
Nas versións de PC e Xbox360 Chegaron a saír dous DLC, Breakdown e Lifeline.
Breakdown engade unha experiencia sen modo historia, un modo supervivencia continua con unha maior dificultade para ós que lles pareceu que a experiencia orixinal quedaba corta de retos. (Recomendado se queres continuar coa experiencia)
Lifeline engade un novo escenario, situando a historia nunha pequena base militar nas aforas dunha gran cidade. Esta vez o nexo común é unha autovía de circunvalación que une determinadas zonas xogables. Este novo capítulo centra o xogo nos superviventes militares da base que deberán mantela libre de infección mentres rescatan a civís e esperan ó seu turno. Polo xeral o gameplay mantense case igual, pero pasamos a ter una base fixa que sufre de forma constante cada determinado tempo un asedio importante que deberemos axudar a cortar.(Recomendado se gustouche moito o xogo base, aínda que a defensa continua da base chega a facerse tediosa)

Resumo

É obvio que non estamos ante un xogo AAA pero no seu modesto tratamento ó xenero Z creo que deron con algo que deu moito de si se podemos velo no seu contexto e o enfrontamos sen complexos. Tedes varias horas de desfrute aseguradas neste título.

 

[puntuacion]ESTILO=Sonic|GRÁFICOS=70|SON=70|XOGABILIDADE=85|DIVERSIÓN=90[/puntuacion]

Anunciado Saints Row IV

Por: Luns, 18 de Marzo de 2013, 12:45 COMENTAR

Sen que ninguén o esperase chega o anuncio da cuarta entrega dunha das sagas máis tolas de acción e parece que esta virtude non a van a perder, agora con poderes incluídos.

Saints Row IV chegará ás tendas o 23 de agosto para as consolas actuais e PC.

Pacman velocidade

Por: Luns, 6 de Agosto de 2012, 14:15 COMENTAR

[Vía: It8Bit]

Como saberedes o director da triloxía “O Señor dos Aneis” Peter Jackson está traballando na adaptación de “O Hobbit” que se estreará en todos os cines para decembro.

Pois como é habitual neste tipo de actos, o propio filme podería estar acompañado da súa versión “videoxoguil” e os seus creadores poderían ser Monolith, os desenvolvedores de shooter paranormal F.E.A.R.

Dende twiter deixouse caer que o videoxogo que están realizando Monolith/Warner Bros sería case por seguro un xogo de acción RPG denominado “The Hobbit: Part One”.

Esperemos a que se faga oficial todo e nos deixen ver algo máis sobre este proxecto.

Dez minutos de Ninja Gaiden 3

Por: Luns, 12 de Marzo de 2012, 10:25 COMENTAR

Os gameplay son a mellor forma de saber como se ve un xogo de verdade e aquí temos dez minutazos de intensa acción do Ninja Gaiden 3.

E aínda que a acción é frenética non parece que o apartado técnico esté a un nivel o que se espera a estas alturas. De todos xeitos mentres a diversión se manteña a min chégame, veremos se este apartado está máis coidado.

Polo de momento podedes sacar as vosas propias conclusións co vídeo.

Acción, dragóns, seres mitolóxicos… non me sorprende que Dragon’s Dogma sexa un dos títulos máis esperados deste ano. E como non podía ser doutra forma, tamén se deixou ver na feira de videoxogos que se está a celebrar en Tokyo.

Graficamente continúa sen me convencer tanto como falan noutros medios (sen quedar atrás claro). Sobre todo en animacións e personaxes humanos, sendo o resto de seres moi ben definidos.

Polo de agora estou a gostas, mais espero que non sexa unha formulación similar á famosa saga Monster Hunter, porque é algo que non me agrada en absoluto.

Vexamos como se desenvolve o título.

Análise de F.E.A.R 3

Por: Xoves, 8 de Setembro de 2011, 13:36 COMENTAR

Se nos atopamos nunha xeración na que os First Person Shooter (FPS) é o xénero que prevalece por riba dos demais, cómo innovamos para captar a atención dos xogadores?, xustamente é o que non se preguntaron os creadores da terceira entrega de F.E.A.R.

Primeiro aclararei que non xoguei á segunda parte desta saga, polo que no tocante ao argumento non sei se podo/debo mencionar algo, xa que moi doadamente meto a pata e algún purista deste shooter se bota a min, pero como só plasmo a miña opinión nestes análises fareino o mellor que poida.

Comezarei o análise en 3…2…1…

Ler o resto da entrada »

“Adrift” a nova sorpresa da GamesCom

Por: Luns, 22 de Agosto de 2011, 14:12 COMENTAR

Cada vez é máis común que nestas feiras de videoxogos presenten novos vídeos e datos de xogos xa coñecidos, pero onde quedaban os lanzamentos sorpresas de títulos que nin sequera se sabían que existían?

Por fin temos un exemplo deses, o título ven co nome de Adrift e polo que parece situaranos nun mundo futuro cheo de máquinas voadoras, robots, alta tecnoloxía, etc.

Adrift será un xogo de acción en terceira persoa e que se especula o seu lanzamento no 2012.

Polo de agora teremos que conformarnos co teaser tráiler de pouco máis dun minuto, pero xa sabemos que estamos ante unha criatura nova, e a dicir verdade, a ambientación esta sempre me gustou.

Esperemos a saber novos datos.

Mass Effect 3 vaise para o 2012

Por: Xoves, 5 de Maio de 2011, 12:43 1 COMENTARIO

Despois da resaca alegre por saber que máis ou menos pronto poderemos ter o The Darkness 2 nas nosas mans, baixamos as nosas emocións ao saber que un dos mellores xogos deste ano vaise para o 2012.

Efectivamente, Mass Effect 3 que nun principio sairía neste ano, retrásase até o primeiro trimestre do 2012.

Motivos?,aquí as palabras de Casey Hudson, Productor Executivo da saga.

Mass Effect 3 lanzarase nos primeiros tres meses de 2012. O equipo de desenrolo estase centrando en facer que Mass Effect 3 sexa o máis grande, mellor e máis destacado xogo de toda a serie, asegurándose que supera as expectativas de todos.

En fin,tocará esperar para volver a controlar a Shepard e compañía na súa máis grande aventura,ou iso espero.

Ler o resto da entrada »