No día de onte celebrouse o Nintendo 3DS Direct e aínda que se anunciaron varios títulos, sen dúbida o máis salientábel foi a presentación da segunda entrega do xenial xogo The Legend of Zelda: A Link to the Past.

Esta será unha aventura completamente nova, unha secuela con novos puzzles, novos escenarios e novas posibilidades xogábeis, entre as que destaca a posibilidade de fusionarse coas paredes para acceder a novas zonas, algo que sen dúbida traerá unha alegría a todos.

O título traerá uns gráficos coloridos e en 3D para explotar a potencia da consola, aínda que non é algo que busquemos todos os fans da saga, sabémolo todos.

Este novo The Legend of Zelda non chegará ás tendas até finais deste ano en formato físico e dixital. Agardemos.