Ni No Kuni retrasado unha semana

Por: Mércores, 9 de Xaneiro de 2013, 13:24 COMENTAR

Namco Bandai vén de anunciar que o seu esperadísimo xogo Ni No Kuni: A Ira da Bruxa Branca será retrasado unha semana debido a problemas loxísticos no mercado europeo.

Deste xeito teremos que agardar até o día un de febreiro a probar este fermoso título de Level 5, o que nos ofrece unha garantía segura de calidade.

A compañía comunicou que para compensar este retraso ofrecerá un pequeno obsequio dixital que se poderá descargar o día do seu lanzamento.

Se recordamos Ni No Kuni será un RPG con impresionantes animacións empregando o motor gráfico Cell Shading reproducindo animacións en tempo real de alta calidade e sumerxíndonos nun mundo máxico á procura de recuperar a nai do protagonista.

Contando os días que faltan.