Se a calidade dos gráficos dos videoxogos avanza a pasos axigantados, os requisitos de hardware destes non se quedan atrás e os xogadores de PC ven con impunidade como o seu ordenador queda obsoleto en moi pouco tempo.
Un claro exemplo disto, será a vindeira versión para PC do «Call of Duty Ghosts», que precisará dun mínimo de 6 GB de memoria RAM e nada menos que 50 GB de espazo no disco duro. Como consecuencia deste primeiro requisito, tamén será necesario ter un sistema operativo de 64 bits, debido á limitación de 4 GB dos sistemas antigos de 32 bits.
Requisitos mínimos:
- Sistema Operativo: Windows 7 64-Bit / Windows 8 64-Bit.
- CPU: Intel Core 2 Duo E8200 2.66 GHz / AMD Phenom X3 8750 2.4 GHz ou mellor.
- RAM: 6 GB RAM.
- Disco duro: 50 GB de espazo libre.
- Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 550 Ti / ATI Radeon HD 5870 ou mellor
- Tarxeta de son: Compatible con DirectX.
- DirectX: 11.
- Internet: Conexión de banda larga para o Multixogador. É necesaria unha conexión á Internet para a activación do xogo.
Fonte: Páxina de Nvidia.
Como non, dende Nvidia tamén recomendan ter unha GeForce GTX 780 para obter o mellor rendemento gráfico.
O lanzamento para PC, así como para PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, está previsto para o vindeiro 5 de novembro, mentres que para PlayStation 4 e Xbox One está previsto para a data de lanzamento de cada unha, 29 e 22 de novembro, respectivamente.