O título xa o di todo e despois dos numerosos rumores que predecían que Majora´s Mask tamén recibiría un remake para 3DS (despois do éxito de Ocarina of Time) un enigmático tweet de Nintendo América pon a toda a comunidade alerta.

“¡Fans de Zelda! ¡Ao atardecer do día final un xogo que vos resultará familiar será presentado para Nintendo 3DS! ¡Permanecede atentos o venres!”

En verdade será esta nova reedición?, por primeira vez despois dun rumor desta índole, só teremos que esperar un par de días para saber se é certo.

Novos ‘remakes’ de Nintendo

Por: Venres, 22 de Xuño de 2012, 16:12 COMENTAR

Se algo caracteriza a Nintendo son as súas varias e exitosas franquías de xogos, como Mario, Zelda, Pokémon, Donkey Kong, Metroid e moitos máis. E se outra cousa caracteriza a Nintendo son os remakes de xogos clásicos. Os Pokémon Verde e Vermello da Game Boy viron de novo a luz na Game Boy Advance, os Pokémon Ouro e Prata fixérono na Nintendo DS, os Zelda: Ocarina of Time e Lylat Wars da Nintendo 64 voltaron renovados na 3DS.

Por iso, os rumores de novos remakes son constantes, e ultimamente véñense escoitando voces a falar dun Zelda: A Link to the past en HD para a 3DS e dun novo F-Zero para a Wii U. Cales son os planos da Nintendo neste aspecto? Aquí están as declaracións do mestre Shigeru Miyamoto:

Particularmente, encontro moito máis interesante crear algo novo baseado no título orixinal: Unha experiencia nova e que sexa diferente do que os xogadores viron anteriormente, mais tendo como punto de partida e base ‘A Link to the past’. Na miña opinión é importante presentar algo novo ao título. Para ser completamente honesto e franco, todos os lanzamentos dese estilo dependen dalgúns elementos, como a dispoñibilidade dos directores no momento adecuado. Algúns directores farían un excelente traballo, outros non teño 100% de confianza. Destes últimos preferiría que fixesen un ‘remake’, é algo que tamén debe ser tomado en conta.”

Eu penso que cando foi lanzado orixinalmente, F-Zero foi unha grande sorpresa para os xogadores, sendo algo novo e completamente diferente de todo que viran. Era un produto sólido, o cal tiña o lanzamento plenamente xustificado. Porén, non vexo ese mesmo escenario coas consolas actuais, esa sorpresa non sería xerada hoxe. Se cadra co futuro das consolas e a chegada da Wii U poderemos ser capaces de crear algo así, mesmo que sexa a través dun xogo un pouco menor e diferente do habitual.

A 3DS que todos queredes ter

Por: Venres, 22 de Xuño de 2012, 14:15 COMENTAR

[Vía: Anaitgames]

Nintendo xa anunciara anteriormente que comezaría a vender os xogos retail (os que se venden nas tendas para que nos entendamos todos) a través de eShop, pero as peores sospeitas acaban de ser confirmadas, é dicir, custarán exactamente o mesmo os videoxogos en formato físico que en formato dixital.

Isto abre un amplo debate. Debemos pagar o mesmo por algo que en verdade non temos? Debemos pagar o mesmo a pesar que Nintendo aforra formato,impreso,transporte..? Debemos pagar o mesmo por un arquivo que podemos perder se a tarxeta sofre algún desperfecto?

Moito se ten debatido sobre este tema e o presidente de Nintendo,Satura Iwata pronunciouse ao respecto para defender este tema:

Moita xente valora diferentes cousas. Se dixésemos que esta é a única proposta que ofrecemos, sería un problema, porque non habería opcións para os consumidores. Pola contra, estamos ofrecendo os dous formatos de mecanismos de venta para que o consumidor escolla.

Algunhas distribuidoras pensan que as versións dixitais deberían ser máis baratas, mentres que outras insisten en que as dúas versións deben ter exactamente o mesmo prezo. Deste xeito non é só idea de Nintendo, cada distribuidora ten diferentes ideas sobre este tema, e entre elas, Nintendo ofrecerá ambas versións ao mesmo prezo.

O cooperativo de 3DS

Por: Luns, 28 de Novembro de 2011, 17:23 COMENTAR

(Vía: Anaitgames)

Seino, esta imaxe non é friki nin divertida, mais quería póla en Memoria Pixelada. É a capa da versión da 3DS xaponesa do controvertido Sonic Generations.

Vía | http://www.wii-brasil.com/

Pois si, o próximo proxecto da SEGA será un título para a 3DS . O seu nome completo será (ponde atención), Rhitmic Phantom Thief R: Inheritance of the Emperor Napoleon, que traducido sería algo como O ladrón fantasma rítmico R: A herdanza do imperador Napoleón. Trátase dunha aventura musical en que encarnaremos un ladrón e axudarémoslle a roubar certos artículos de valor.

Como se desenvolverá a aventura? Deberemos premer os botóns da 3DS no momento adecuado (mesmo empregar o sensor xiroscópico).

Parece ser que a compañía xa conta co apoio de varios compositores de videoxogos, polo que a selección musical pode ser todo un acerto.

Á parte aseguran que o título xa se encontra a 50%, de modo que esperamos ter novas deste videoxogo relativamente cedo.

Eu xa estou a agardar un gameplay para ver concretamente como se desenvolverá, e con que sexa a metade de divertido que o Elite Beat Agents, xa me conformo.

Executivos da Nintendo baixan o seu soldo

Por: Luns, 1 de Agosto de 2011, 13:01 COMENTAR

A culpabilidade resente na moral dos responsábeis da 3DS, porque non vende o que se esperaba, non vende nin un mínimo, de aí rebaixarlle o prezo tan drasticamente.

Mais non quixeron ficar aí e o propio Saturo Iwata baixou o seu soldo en 50% (cobraba dous millóns de dólares ao ano) xa que se sente responsábel das caídas das accións da Nintendo en 12%.

Seguindo o exemplo de Iwata, outros executivos fixeron o mesmo reducindo o seu soldo entre 20% e 30%. Segundo dixo o directivo, é o necesario para o correcto funcionamento da empresa.

Será esta outra estratexia de márketing ou Nintendo estará de verdade nunha situación tan delicada?

Nintendo 3DS baixará de prezo en agosto

Por: Xoves, 28 de Xullo de 2011, 14:50 COMENTAR

Xa o comentamos no noso Twitter (@memoriapixelada), pero penso que a nova ben merece unha atención especial. E é que a Nintendo 3DS baixará de prezo o vindeiro 12 de agosto en todo o mundo. E non será unha ofertiña pequena, non, pretenden rebaixar aproximadamente un terzo do prezo actual.

Facendo contas estariamos a falar dunha rebaixa aproximada de algo máis de 80€, quedando a Nintendo 3DS nuns 167€, os cales se arredondarían a 170€, como fan sempre. Con todo, a rebaixa na Europa aínda non ten unha cifra oficial, ao contrario que nos Estados Unidos (de 249,99$ pasa a 169,99$) e no Xapón (de 25000¥ para a 15000¥).

Como vedes a rebaixa é substancial, máis que substancial. Tendo en conta o pouco tempo que leva no mercado, xa nos podemos dar unha idea dos problemas que está a ter a Nintendo con esta consola. Non vende, as 3D sen lentes non convenceron a maioría dos usuarios e o prezo de saída (xunto a ausencia dun bo catálogo de xogos) foi a gota que rebordou o vaso. E os prognósticos da Nintendo se evaporáronse nos catro meses que leva a consola no mercado.

E que facemos os que mercamos a Nintendo 3DS antes do 12 de agosto? (Á parte de nos cagar en todo, abofé) Pois a Nintendo ten pensado sacar o que denominaron Programa embaixador (Ambassador Program), que permitirá descargar un total de 20 xogos da consola virtual, 10 da NES (a partir do 1 de setembro) e 10 da Game Boy Advance (dispoñíbeis un pouco máis adiante). Para isto debedes conectarvos á eShop antes do 12 de agosto, que non vos esqueza.

‘Snake Eater 3DS’ atrasado tamén para 2012

Por: Mércores, 27 de Xullo de 2011, 12:35 COMENTAR

Se hai uns días vos informabamos que The Darkness 2 se atrasaba até 2012, agora tócalle ao remake do mellor Metal Gear Solid da historia adiar un pouco o seu lanzamento. Porque se ben estaba previsto que saíse para finais de anos, teremos que esperar a principios de 2012. E coñecendo ás compañías, “principio” son os tres primeiros meses.

Aos poucos, moi aos poucos, o catálogo de Nintendo 3DS pretende ir subindo de nivel, esperemos que non se encontre con ningún monstro final moi complexo.

E polo de agora atopámonos como sempre, en stand-by.

Gameplay do ‘Luigi’s Mansion 2’

Por: Mércores, 13 de Xullo de 2011, 15:29 COMENTAR

Un dos xogos que máis chamou a atención no E3 pasado foi o Luigi’s Mansion 2 para a Nintendo 3DS. E non é para menos, xa que un apartado técnico moi alto xunto a un desenfadada formulación fai regresar o bo do Luigi a unha mansión encantada, aínda que teremos acceso a máis edificios e lugares para aumentar a variedade e a duración.

Se queredes ver a boa pinta que ten botádelle unha ollada ao seguinte vídeo, que nos presenta o irmán de Mario metido nun destes edificios cheos de seres sobrenaturais.

Unha lanterna, unha arma aspiradora e moito sentido do humor é o que lle sobra a un dos xogos máis esperados do catálogo. Agardo a súa chegada.

Se sodes dos que pensades que aínda existen moi poucos xogos que motiven para mercar a Nintendo 3DS, amósovos catro gameplays de xogos que vos farán mudar de opinión, xogos que de seguro mellorarán as ventas de 3DS para o próximo Nadal.

O primeiro é do Mario Kart 3DS, en que volvemos ver esta xoia en acción mergullándose, saltando e voando. Pero sáeme unha dúbida, por que o que xoga non derrapa en ningunha curva? Espero que sexa porque non ten moita idea de xogar…

No segundo vídeo podemos ver once minutazos do Super Mario 3DS. Sobran palabras.

A continuación observamos o regreso do Star Fox, aínda que cada vez vexo un xogo máis frouxo.

E para rematar, somerxerémonos en corredores cheos de zombis co próximo Resident Evil Revelations, o cal me deixou bastante bo sabor de boca.

Como dixen, vídeos obrigados para aqueles que non tendes unha 3DS.

Todos os vídeos tras o salto.

Ler o resto da entrada »