xbox one one
Tal como confirmou Ken Lobb, director creativo de Microsoft Game Studios nunha entrevista durante a presentación da nova entrega do Killer Instinct na Comic Con de San Diego, a Xbox One gravará automáticamente os últimos 5 minutos de xogo no disco duro da videoconsola, función á que lle deron o nome de Project Upload.

“Déixame darche dous exemplos: Estás a xogar online e acabas de facer o teu mellor combo. Como estás xogando online non podes pausear a partida. Simplemente tes que dicir “Xbox, grava iso” e automáticamente gardará os últimos 30 segundos para que o poidas ver máis tarde.
Agora imaxina que non estás a xogar online e fas o teu mellor combo. Podes rematar esa pelexa e escoller dentro dos últimos 5 minutos de xogo e coller 10 segundos de aquí, 30 segundos de alá e ese ultra-combo
Incluso poderás poñer voz ao video e poñer un pequeno cadro coa captura da cámara do Kinect.”

beyond_good_and_evil_2

Unha das secuelas mais dexesadas polos fans de Ubisoft é sen dúbida Beyond Good & Evil 2, que según as declaracións de Michel Ancel, todavía queda moito tempo antes de que podamos ver ideas sólidas en movemento. A saga comezou sendo un traballo feito por 34 persoas, algo que se fixo moi pesado e que evitou que a exploración fose moi complexa en comparación coa ideas que tiñan na cabeza. Por iso mesmo agora estase a desenvolver pasiño a pasiño para cando teñan todos os bloques organizados podelos unir e así comezar a traballar en serio e rápido no programa.

Sen embargo, algunhas premisas xa están botadas enriba da mesa, como é o caso de que o xogo contará cun enorme mundo aberto onde os usuarios poderán visitar unha cantidade inxesta de cidades repletas de actividade ademais de planetas cheos de perigos.

Aínda que omitiu dar unha data aproximada de cando poderemos ver algo de material do programa, prométenos que a partir do ano que ven poderemos observar os avances conseguidos ata o momento.

 

Mass Effect 4 vai vento en popa.

Por: Xoves, 18 de Xullo de 2013, 11:21 COMENTAR

200

Algúns dos mais importantes membros do estudio de Bioware, Ken Thain e Mike Gamble, mantiveron unha interesante conversación en Twitter onde podemos sonsacar que o desenvolvemento de Mass Effect 4 vai según o previsto.

Unha nova historia de Mass Effect e un personaje principal estiveron sometidos a estudo hoxe. Esta merda e real. Creo que os fans estarán abraiados de xogar esta historia“, declarou Thain.

Hoxe déronse importantes reunións para debatir os avances de Mass Effect. As cousas avanzan ben. E xenial estar involucrado neste universo outra vez“, dixo, pola sua parte, Gamble.

Recordemos que fai uns días Yannick Roy, o director de Bioware Montreal, fixera unhas declaracións sobre o enfoque novo da saga. O tratarse de unha nova historia cun novo protagonista, o xogo apostará por asemellarse máis os orixes da franquicia que seguir na evolución do xénero shooter como ben pasou có terceiro título, contentando así tanto os fans clásicos coma os novos xogadores que decidan incorporarse as filas deste maravilloso universo.

fm5
A nova entrega da saga de simulación de conducción de Turn 10, «Forza 5» requerirá que os usuarios descarguen un paquete de contido gratuíto de Xbox Live para poder iniciar o xogo, que non funcionará se non se descarga dito paquete.

Tal como comentou Dan Greenawalt recentemente nunha entrevista:

“Cando inicias o xogo por primeira vez, terás que iniciar sesión e, cando o fagas, obterás unha chea de contidos: circuitos e coches. Isto é necesario para poder xogar ao xogo.”

Por outra banda, o sistema Drivatar que controlará aos coches da IA, tamén precisará dunha conexión para estar actualizado, se ben non é obrigatorio.

“Tes que conectar o xogo para poder obter os últimos Drivatars, porque necesitamos o maior número posible de xente para adestralos. E así, en vez de ter só un conxunto creado por nós para o día do lanzamento, cada día que a xente corra fará que os Drivatars sexan máis precisos, máis diversos e moito máis interesantes.”

“Todas as características na nube e en liña fan o xogo moito, moito mellor.”

mad-max
Despois do tráiler de presentación durante a conferencia de Sony no pasado E3, hoxe chéganos un novo tráiler titulado “Soul of a Man” de «Mad Max», videoxogo inspirado na mítica saga de cine que protagonizou Mel Gibson a comezos dos anos 80.

O lanzamento está previsto para 2014 para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

assassins-creed-black-flag-front
Ubisoft acaba de publicar un novo vídeo de 7 minutos de duración do «Assassin’s Creed IV: Black Flag» con comentarios do director creativo do videoxogo, onde podemos ver en acción ao novo protagonista, Edward, aos mandos do seu barco pirata loitando contra outros barcos, atacando fortes e como funcionan as melloras do barco para conseguir facer máis dano aos inimigos.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.

san-diego-comic-con
Segundo confirmou Microsoft, os visitantes da Comic Con de San Diego poderán ter a primeira toma de contacto coa súa vindeira videoconsola, a Xbox One.

A exposición, que terá lugar entre os vindeiros 18 e 21 de xullo, contará cun stand de Xbox, onde todo aquel que o desexe poderá probar xogos como o «Ryse: Son of Rome», «Killer Instinct» ou «Dead Rising 3», entre outros.

Ademáis, a compañía de Redmond dará dúas conferencias dunha hora de duración, sobre a creación dos universos da saga «Halo» e como conseguiron recrear o Imperio Romano no «Ryse: Son of Rome» para Xbox One.

xboxone

O presidente de Microsoft no Xapón, Yasuyuki Higuchi, realizou unhas declaracións sobre a relación entre Xbox One no mercado xaponés e recoñece que tal e como está agora mesmo a consola, vai ser difícil que se integre no mercado nipón.

Xbox One está orientada ao estilo de vida occidental e estamos pensando se lanzala ou non “tal e como está” en Xapón. Estamos tratando imaxinar como afrontar este problema con detalles como música e os servizos de vídeo de cada país. Sendo honestos, en lanzalo en Xapón tal e como estamos pensando será difícil.

Continuou da seguinte maneira, suxerindo algunhas das solucións:

Temos que preparar contidos que sexan relevantes para Xapón e preguntarnos o que será mellor e a que responderán positivamente os consumidores xaponeses. Nestes momentos estamos considerandos estas cuestións.

Personalmente opino que se nas anteriores consolas de Microsoft xa tivo inmensos problemas para integrar a súa máquina no país nipón, coa Xbox One, o problema imcrementarase, porque se polo que parece nin sequera os países occidentais están completamente contentos con esta consola (ou así é a impresión que dan), xa non digamos nun país no que os xogadores teñen unhas formas e gustos de xogos moi “de seu”.

destiny
Xa pasaron máis de tres semanas da súa presentación no E3 e agora Bungie publica o vídeo con máis calidade que os vistos ata agora, que eran gravacións en directo. No novo vídeo podemos apreciar con aínda maior detalle a calidade gráfica que terá o novo título dos creadores da saga Halo.

Na que os seus creadores denominan a “Bungie Week”, prometen amosar novidades deste xogo:

“Cada ano, no sétimo día do sétimo mes, tomámonos un momento para agradecer aos membros da nosa comunidade a súa pasión e entusiasmo polos nosos xogos. Publicaremos novidades de Destiny durante toda a semana e estades convidados á festa.”

Está previsto o seu lanzamento para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One a comezos de 2014.

Don Mattrick abandona Microsoft

Por: Martes, 2 de Xullo de 2013, 15:30 COMENTAR

don-mattrick
Don Mattrick, director da división de entretemento de Microsoft, anunciou que abandonará a compañía de Redmond e o vindeiro 8 de xullo incorporaráse como CEO de Zynga, compañía especializada en xogos nas redes sociais. Un movemento canto menos misterioso, se temos en conta que faltan menos de 5 meses para a saída ao mercado da Xbox One. Aínda non se revelaron oficialmente baixo que condicións abandonou a firma da Xbox.

“Unínme a Zynga porque creo que a visión pioneira de Mark (Pincus, fundador da compañía) e a misión de conectar ao mundo cos videoxogos só acaba de comezar. Zynga e unha compañía que aínda non acadou todo o seu potencial. Estou orgulloso de traballar con Mark para crear xogos sociais de alta calidade e divertidos para calquera que os queira xogar.”

Nun correo electrónico interno enviado por Steve Ballmer, CEO de Microsoft, compartido a través das canles oficiais da compañía, confirmou que aínda non teñen un substituto e polo momento, será o propio Ballmer quen dirixa a división de entretemento. No correo electrónico, Ballmer engadía: “Ésta é unha grande oportunidade para Don e deséxolle éxito.” “Estou incríblemente orgulloso do traballo e a visión que culminou na Xbox One. Estou particularmente emocionado por como mellora a Xbox os nosos dispositivos e servizos ao reunir o mellor de Microsoft.”

Despois do “fracaso” de Microsoft na presentación da Xbox One e o cambio nas políticas que tiñan previstas, son moitas as voces que consideran que máis que unha renuncia, pode ser que dende a compañía lle “convidaran” a abandonala. Outras voces apuntan na dirección contraria e din que, vendo o máis que probable fracaso da nova videoconsola, o propio Mattrick preferiu abandonar o barco antes de que afunda.

kinect-xbox-one
Segundo Microsoft, non hai plans para facer que o novo Kinect, que incluirán todas as consolas Xbox One, sexa compatible co PC.

“O sensor Kinect para Xbox One sensor non terá un adaptador que permita conectalo a un ordenador.”

A nova xeración de Kinect para Windows terá un conector estándar USB3, mentres que o da Xbox One empregará un conector propietario que o fará incompatible, entre outras cousas, segundo Microsoft.

Esta é unha mala nova para os creadores de software compatible con Kinect para PC, que verán enormemente reducido o posible mercado que suporían todos os xogadores que nun futuro teñan unha Xbox One.

Dentro do malo, cabe agardar que a comunidade de usuarios chegue a conseguir algún método para facer que si sexa compatible, aínda que dende Microsoft xa se apresuraron a dicir que Kinect non é licenciado para uso comercial, nin soportado ou nin con garantía cando se emprega noutra plataforma que non sexa Xbox One, incluído Windows.

the-crew-logo
O pasado E3, a compañía Ubisoft presentou este MMO de condución como o xogo máis grande endexamáis feito, cun mapa que era os propios Estados Unidos. Todos pensamos que sería a típica esaxeración por parte do creador, pero segundo os datos que van publicando, o xogo terá máis de 10.000 quilómetros de estradas, algo realmente impresionante. O que non queda de todo claro é se nesa cifra tamén inclúen os camiños de terra que puidemos ver no tráiler, pero mesmo así, chama a atención o impresionante tamaño que terá.

O videoxogo estará dividido en 5 rexións diferentes que se irán desbloqueando segundo se avance no xogo, así como novos coches e características. Outra característica que chama a atención é que non haberá límite de xogadores nunha sesión multixogador.

O seu lanzamento está previsto para 2014 en PC, PS4 e Xbox One.