The Saboteur queda sen multixogador ( outro máis)
Despois de que amosaran algunhas fotos desta segunda entrega ahora chéganos o tráiler, no cal podemos ver ao protagonista eliminando zombies da forma máis estrabagante posíbel. Dicindo a verdade, a primeira parte non me emocionou demasiado, xa que crear un xogo no cal o único que hay que facer é eliminar zombies, maquillado con misións “secundarias”, non me parece un desenrolo do máis divertido. Parece ser, como podedes comprobar no vídeo, que a segunda entrega terá un plantexamento moi similar o cal non me gusta nada.
Pero a quen lle guste reventar tipos lentos da forma máis ridícula posíbel, está de noraboa, xa que no 2010 chegá este videoxogo.
Violento?, sí. Monótono? case seguro. Lento? tanto como o anterior. Argumento?, cero. Ventas?, ganancias millonarias.
Eu tampouco o entendo.
Final Fantasy XII será o máis difícil da saga
O novo traballo dos creadores de Project Gotham
Novos detalles de Mass Effect 2 antes do E3
Bayoneta será lanzado en outono mundialmente
Un día levántaste pola mañá, prendes o ordenador , daslle sen moitas ganas nin esperanzas á tecla “play” para ver un vídeo do novo xogo baseado no mundo de Terminator… e lévaste unha grata sorpresa.
Non estou dicindo que vai ser unha enorme xoia,( e máis vendo aos anteriores xogos) pero o gameplay do xogo pinta realmente ben.
A nivel gráfico parece máis que decente, cuberturas o máis puro estilo Gears of Wars, fases na que usamos vehículos… todo unha serie de detalles que me fai pensar, se será o momento de darlle unha oportunidade a saga Terminator.

Edición Coleccionista de Batman: Arkham Asylum
– O primeiro contido descargábel cun novo mapa
– Un diario de 48 páxinas a cor con notas sobre os internos de Arkham
– O indispensábel DVDs de extras
– O Batarang ( parece ser que se trata da arma que lanza Batman)
Nas últimas semanas , falouse moito deste xogo, que se non lle ía sentar ben o cambio de protagonista, que se controlar un Big-buzo produciría gran lentitude no desenrolo e outros rumores que conta a xente, máis por aburrimento que por sabiduría.
En fín , aquí vos deixo o primeiro vídeo en movemento des te xogo, que polo que parece, vai ser demasiado parecido ao anterior, cousa que non é nada malo, pero sí que vai sorprender bastante menos.