Vouvos a contar un drama, un drama que sufrín na miña propia pel, unha historia baseada en feitos reales.
Todo comezou cando un bo día entrei nunha tenda de videoxogos e tiñan no probador o Guitar Hero 1. Esperei paciente a que deixaran o lugar e collín a guitarra na man. Dinlle a comezar, e sen ter moita idea de como ía todo aquelo, premín os botóns ata que lle fun collendo o “tranquillo”. Sobra dicir, que desde ese día quedei viciado, e enamorado de Guitar Hero. Os días pasaban, e seguía pensando nese xogo. Sacaron a segunda entrega e a continuación e inminentemente deu froito a terceira parte.
Non me aguantei máis, fixen peripecias para aforrar os 100 eurazos que custaba o Guitar Hero 3 e funo adquirir rapidamente. Cheguei á casa, desempaquetei o meu premio, suábanme as mans, montei a guitarra, introducín o xogo na 360 e iniciei sesión. Non hai palabras a describir esa sensación, os altavoces afumeaban e eu estaba alí, interpretando temas clásicos do rock.
Coma todo bo principiante, comecei en dificultade normal, o pouco paseime ao difícil e con meses de práctica nas miñas costas, puiden pasar ao nivel experto ( hei de recoñecer que eu tampouco son capaz de pasar a canción de Dragonforce).
Así pasaban os días e meses, cando tiña un anaco, alí estaba eu enganchado ao Guitar Hero 3, pero coma todo, a situación cambiou. Navegando na rede chegou a información, de que o próximo Guitar Hero sairía nos próximos meses e traería a posibilidade de tocar a batería , voz e guitarra ( esta traería melloras incorporadas). A miña inxenuidade era tal, que me alegrei potencialmente.
Este novo Guitar Hero que se chamaba World Tour, saíu e eu esperei a ver as primeiras críticas. De notábel para arriba.
Teño que aclarar que desde o rumor xa comezara a aforrar, e aínda que 210 excesivos euros, parecíanme demasiados, as ganas de simular unha batería foron maiores. Así un bo día dirixinme a unha tenda.
Entrei e levei a miña primeira decepción. Non tiñan o pack para a Xbox 360. Quedei pensativo e formei os meus plans na cabeza. Levo o pack de Playstation 3, e despois vendo a guitarra e o Guitar Hero 3, total, con este novo pack , apenas o vou xogar.
Así foi, desenvolsei os 210 eurazos e levei o Guitar Hero Worl Tour para a Playstation 3. Ao chegar a casa, montei todo o máis rápido posíbel. Pareceume raro que os instrumentos necesitasen un adaptador conectado á consola para que fosen inalábricos pero non lle dín máis importancia. O primeiro que fixen é probar a nova guitarra e as súas melloras, como os botóns táctiles e o alragamento da púa. Despois de tocar unha canción que non me gustaba en absoluto, paseime á batería. Era difícil, pero pouco a pouco dunme adapatando a súa sensibilidade, que non era 100%, nen sequera chegaba ao 60%.Con referenza ao disco, pareceume un título moito máis doado, pero moitísimo máis e cunha selección de cancións pouco apropiada. Nada que ver coa terceira parte. Pero o peor chegaría os días seguintes.
A mañá seguinte levanteime con ganas de máis Guitar Hero, e comecei a tocar, pero cando levaba escasas tres cancións, o platillo amarelo da batería deixou de funcionar. Quedei paralizado, dinlle voltas, apaguei e encendín a consola, saqueille as pilas e púxenlle outras novas ( todas estas cousas inútiles que se fan cando a desesperación e grande).Nada o plato seguía sen funcionar. Levei todo o pack o lugar onde o mercara e comenteille o problema.Tiven que deixarlle todo alí, á espera de que me puidesen amañar esa ou traerme outro pack novo. Unha semana enteira estiven esperando, ata que me chamaron para que fose por unha nova. Inmediatamente aparecín alí e volvín para a casa. Conectei todo de novo, e como sempre a primeira vez parecía que todo funcionaba correctamente, a dicir verdade a sensibilidade dos parches da batería deixaban moito que desexar.
Fixen o mesmo durante uns días, e cando non levaba unha semana co xogo, volveume fallar outro parche, desta vez o vermello. A miña paciencia acabábase e cagándome en todo e todos , decidín esperar un tempo antes de volver á tenda, polo menos desfrutar un pouco da guitarra, pensei eu. O bo foi cando collín a guitarra e ao minuto fallou a púa, esa gran novidade que incluía a guitarra, esa gran mellora era unha estafa, tendo en conta que é moito menos resistente ca anterior guitarra, e iso que eu toco amodiño e sen exercer moita forza.
Non pode ser, isto non me pode estar pasando a mín. Volvín á tendo e dinme que é mellor que chame aos de Activision para que solucionen eles o problema. Xa se me estropeara dúas veces, asique chamei no día, mencionando que non funcionaba a batería e a guitarra fallaba na maioría das veces, e non lle dixen que este pack era unha auténtica porquería, porque me amarga falar castelán, que se non…
Dito esto, e semanas despois chégame un paquetiño. Imposíbel que dentro desta caixa veña a batería. Ábroa e atópome coa guitarra e un cable. Infórmome e percátome que ese cable é para aumentar a sensibilidade da batería. De novo cabreado volvo chamar a Activision e aclaro que un parche da batería non funciona nada de nada, o que lle fai falla aumentar a sensibilidade e ao resto, pero iso xa foi de sempre.
Volvo esperar unhas semana e por fín chega a batería. Sen esperanzas conectoa e comezo a tocar. Sen ningunha alegría toco as malísimas e facilísimas cancións coa que conta o xogo, e penso que só é cuedstión de tempo de que volva fallar. Adivinade que pasou?, tres semanas foi o tempo que tardou en volver a fallar un dos seus parches.
Sen ganas nin ilusión por esta merda de xogo e periféricos, deixéina a un lado, falloume tres veces, tres veces. Como unha compañía destas caracteríticas pode permitir isto?, pagar 210 € por uns plásticos que fallan a miúdo, e polo que parece, non son o único.
Xa pasou un mes desde que teño todo o pack abandonado, e cal foi a miña sorpresa, cando paseando por un centro comercial atópome o Guitar Hero 3 e guitarra para a Xbox 360 a 50€, a metade do que me custara da primeira vez. Non o dubidei e adquirino.
Volvín a sentirme ben cun Guitar Hero, as cancións son preciosas e moi complicadas, a guitarra non me fallara nunca e non creo que me falle esta tampouco, agora vólvome viciar imitando tocar a guitarra.
So me queda unha dúbida, non sei se queimar o World Tour con todos os seus insultantes priféricos ou enterralo nun buraco ben fondo, para que ninguén volva a caer na tentación.
MERDA DE WORLD TOUR.