O proxecto Dead Island segue vivo

Por: Domingo, 5 de Xullo de 2009, 13:38 2 COMENTARIOS

dead island

Fai un par de anos, a compañía Techland creadores de Call of juarez, presentou Dead Island, un survival horror en primeira persoa. Pero despois desta presentación pouco máis se soubo deste título.

Pero todo cambiou estes días grazas a unha entrevista en G4TV, na cal afirman que despois de rematar coa última parte de Call of Juarez, dedicaranse a rematar o Dead Island.

“Desafortunadamente o noso  acordo co editor do xogo impídenos falar cos medios de comunicación sobre o seu desenrolo. Todo o que  podemos decir é que o título está en desenrolo e será algo grande. Así que toda a información que recibiredes do xogo virá de parte da editorial “

Polo de agora pouco máis sabemos deste proxecto, simplemente parece que será exclusivo de Xbox 360 e que non o teremos entre nós ata 2010. Non é que sexa un plantexamento do máis orixinal, pero se fan as cousas ben pode saír algo bo, aínda que tamén é certo que teño moi pouca confianza nestes videoxogos que se empezan e despois déixanos a medias, e despois volven a reenganchalo,etc.

conviction

Isto foi o que dixo o director creativo do xogo, Maxime Beland, e das súas palabras textuais saíu:

“Teremos  un modo normal para xogadores normaiss, que pasarán 12 horas co xogo e non 30 porque morren todo o tempo».

Se fose unha dificultade decente non me parecería tan mal esta información, pero tendo en conta que estes chaman xogadores normais, a persoas que son incapaces encender unha consola sen axuda de internet, xa me preocupa bastante máis, porque estas doce horas convertiranse para un xogador habituado en 7 ou 8, e aquí xa entramos no tema de sempre. Vale a pena gastar 70 eurazos en 7 horas?, ou mirádeo desde esta perspectiva, cada vez que xogues unha hora, entrégaslle dez euros a dita compañía, e tendo en conta que entre que fas o tutorial e te acostumas completamente ao manexo xa vai alomenos unha hora, e se o xogo vicia de verdade pasaralo nuha tarde sen moito problema.

Sempre nos quedará acudir a niveis de dificultade maiores , pero unha vez que pasas o modo aventura e xa sabes todo o que vai acontecer, xa non ten a emoción inicial, así que polo de agora só nos podemos consolar co seu multixogador e cruzar os dedos para que traia un nivel de dificultade correcto.

Vídeo in-game de Dante´s Inferno

Por: Sábado, 4 de Xullo de 2009, 11:11 COMENTAR

Como seguidor de xogos como Devil May Cry, God of War, Ninja Gaiden e todos estes xogos en terceira persoa nos cales nos enfrontamos a decenas de inimigos nunha soa pantalla coa única axuda da nosa pericia dactilar e uns cantos combos, non podo deixar de pensar do que se pode converter Dante´s Inferno, se os seus creadores toman as cousas con calma e ben.

Por fin podemos ver o xogo en movemento real, e polo de agora non pinta mal o tema, con inimigos enormes, bechos infernais, algún que outro poder e unha ambientación maxistral.

Eu sigo tendo a este título dos máis esperados, pretenderei ser positivo e pensar que a dificultade será digna do Inferno e o desenrolo non se quedará paralizada na monotonía.

Igual penso demasiado verdade?

Tráiler de Darksider: Wrath of War

Por: Martes, 30 de Xuño de 2009, 13:33 COMENTAR

Moitos xa saberedes de que trata este xogo, e para os que non, decirvos que nos poñerán na pel dun dos catro xinetes da apocalipse, e como se apreza no vídeo enfrontarémonos a inimigos mitolóxicos, o noso personaxe non será ningun “miñaxoia” e a acción predominará durante todo o título.

O que parece un plantexamento coa capacidade de sacar deste, un xogo moi bo, no vídeo parece que falta aínda bastante por mellorar, polo menos no que se refire ao apartado gráfico, aínda que teñen tempo suficiente para reparar todos os puntos negros. Veremos se cumpren.

Análisis de Bionic Commando

Por: Martes, 30 de Xuño de 2009, 13:21 COMENTAR

portada bionic

A quén non lle gusta poder tirarse dun edificio de 200 metros sen que lle pase nada ao chegar ao chan?,pois esta é unha das tantas cualidades que ten o protagonista do xogo que nos segue.

O título ponnos na pel de Spencer, un home biónico, é dicir un personaxe que lle implantaron un brazo (extendíbel ) de aceiro que lle servirá para lanzar pesados obxectos a inimigos, balancearse a centos de metros de altitude, provocar letais golpes, etc. Precisamente neste brazo erradica toda a emoción do xogo.

Primeiro teremos que superar un pequeno tutorial para familiarizarnos con este implante, e aínda que ao principio pareceranos algo complexo, pronto controlaremos o noso brazo biónico como se fose noso de necemento. A partires de aquí empeza a verdadeira aventura.

bionic 1 Teremos que recorrer unha cidade derruída e plagada de soldados, robots, minas aéreas e outros despropósitos que nos farán suar máis dunha vez. Para sortear e eliminar aos inimigos poderemos empregar as comúns armas de fogo ( metralletas, pistolas, lanzagranadas, etc) ou o noso propio brazo, co cal , a medida que avancemos na aventura iremos adquirindo novas habilidades, como agarrar inimigos e lanzalos cara outros, atraer obxectos desde lonxe,lanzar coches polos aires mediante un puñetazo… Todas estas variantes fai que o desenrolo non decaia en ningún momento ( cousas difícil de atopar ), e precisamente aquí está o mellor do xogo, xa que a medida que avancemos, imos notando como a acción frenética aumenta de maneira considerábel, as situacións van collendo maior protagonismo e espectacularidade ( con especial atención a algún que outro monstro que nos atopamos ), a tensión acrecéntase ( ata teremos que asaltar a un avión no aire ), e o argumento vai collendo forma, con traicións, personaxes enigmáticos e un final moi digno.

Desde logo o desenrolo de Bionic e de sobresaínte e a diversión que nos transmite é de matrícula de honra. Asegúrovos, non quereredes que remate.

Por suposto non todo é bo neste plantexamento, xa que as delimitacións dos escenarios están moi remarcadas, aclárome, os transplantes biónicos son totalmente vulnerábeis á radiación e a cidade na que nos encontramos está plagada ( que raro… ). Polo tanto se nos alonxamos un pouco do camiño estipulado morreremos no momento. Esta forma de predeterminar o camiño que temos que seguir non me pareceu a máis acertada, máis que nada , e repítome, polas tan marcadas delimitacións, penso que deberían ser un pouco máis flexíbeis e permitirnos a posibilidade de investigar uns escenarios máis abertos.

bionic 2

Pero tranquilos, que este pequeno detalle deixarédelo de lado ao satisfacer a vosa vista co preciosista apartado gráfico de Bionic. E chámolle preciosista a postas de sol, luz que se reflexa na auga, raios que se filtran polas ventás dos edificios, paisaxes selváticos e unha impresionante utilización das cores e luces. Ademáis, o deseño do personaxe protagonista está moi logrado e os escenarios acadan un nivel que supera ao notábel. Como podedes ver, neste apartado vai máis que sobrado.

Con respecto á lonxevidade do título, mencionar que non estamos ante un xogo sixelo ( teredes que repetir bastantes veces a loita contra varios inimigos), pero aparte desta axustada ( e apreciada ) dificultade temos unha serie de retos que podemos ir facendo durante toda a aventura ( desde matar a un determinado número de soldados, atopar os ítems secretos que están escondidos polos escenarios, utilizar determinadas técnicas, etc.). Estes retos serven para alongar a vida de Bionic Commando, porque para mín este título foi unha das maiores sorpresas deste ano.

Análise de Damnation

Por: Xoves, 25 de Xuño de 2009, 14:24 COMENTAR

portada damnation

Como pode ser que dun plantexamento bo, poida saír algo tan malo?, isto é o que dixen os dez minutos de estar xogando a Damnation, e debo ser un pouco masoca porque decidín rematalo enteiro.

O xogo sitúanos nun futuro caótico no que as guerras están á orde do día, e a nós tócanos controlar a unha especie de vaqueiro hormonado, o cal deberá superar niveis cheos de inimigos, e o que ía ser o mellor de todo, a verticalidade dos escenarios.

Ata aquí chega o bo plantexamento, xa que unha vez que controlamos ao protagnista todo cae ao chan ( ou máis abaixo se se pode ). O control, en terceira persoa faise pesado, moitas veces o personaxe moverase sen que se corresponda cos pasos que dá, pero isto non é o peor, xa que en todo o xogo existe unha sensación de falta de gravidade que queda patente nos saltos, nos que parece que o noso protagonista ten a física dun globo.

Continuando coa interminábel listaxe de imperfecións , toca falar dos erros gráficos, e deixando a un lado aos gráficos, dignos dunha PS2, con texturas totalmente lisas, personaxes pouco detallados, escenarios baleiros e outras lindezas, resaltar o popping e o clipping, este último sendo totalmente acentuado ao principio do xogo, e grazas a este fallo podemos ver como dous personaxes se unen, pernas que atrevesan o solo, mans que traspasan paredes, etc, etc.

E pensades que o pesadelo remata aquí, en absoluto. Os combates son repetitivos e moi sinxelos, o mellor esta facilidade ben acompañada dunha nula intelixencia artificial por parte dos inimigos, queredes exemplos?, aí van. Os inimigos teñen sempre unha ruta específica, se lle apuntas co francotirador non se moven ( e eso que hai algúns que lle tes que dar dous ou tres disparos , pero eles quietiños), se lle estamos disparando de cerca o único que fan é agacharse ( aínda que estén no medio dunha explanada), non fuxen das granadas, nas secuencias de vídeo in-game, ao mellor un está falando contigo pero está mirando cara o lado oposto, se apareces por detrás dun inimigo sen que se percate podes estar alí, e planificar a súa morte o tempo que queiras porque non se enterará….podería continuar pero prodúceme ata vergoña allea.

O que ía ser o punto forte deste xogo, é dicir, o plataformeo nos escenarios verticais, combértese nunha serie de saltos ( como mencionei antes, parece que non existe a gravidade ) monótonos e carentes de orixinalidade , ademáis os escenarios parécense moito entre si, converténdo o desenrolo deste xogo, nalgo verdadeiramente repetitivo. Queren evitar esta reiteración de situacións con fases en motos futuristas, e máis lle valía que estivesen quietos, xa que o control da moto é horrenda, a física desta tan mala como o resto, os escenarios aínda están menos detallados e o único que temos que facer é avanzar e sortear pequenos saltos que non vos causarán ningún tipo de problema.

O xogo non ten unha duración excesiva, pero parecerávos eterno…

Se me obrigan a dicir algo positivo do xogo mencionaria o cooperativo, máis que nada para compartir o sufrimento con outra persoa.

Como conclusión, decir que estamos ante un xogo inacabado, que debería estarse cocendo outro par de aniños como mínimo, para sacar algo bo do xogo, pero como non quixeron pasar moitos traballos, estamos ante un verdadeiro despropósito dos videoxogos, algo insultante para este mundo, un xogo que nunca deberedes probar, e se xa tivestes a mala sorte de probalo, compadézome de vós.

Data de saída de Tekken 6

Por: Martes, 23 de Xuño de 2009, 10:43 COMENTAR

Xa notaredes que despois do remuiño de títulos producido polo E3, a cantidade de novas sobre diferentes xogos diminuíu moitísimo. Aínda así, de vez en cando chéganos información bastante interesante, desta volta, tócalle a unha das máis populares sagas de loitas ( con permiso de Soul Calibur ), refírome a Tekken 6.

Este xogo, tan esperado por miles de seguidores, poñerase á venta no país ianqui o 27 de outubro segundo aclarou Namco –Bandai. Por estes lares, aínda non se sabe con certeza pero presúmese que sairá tres días despois, é dicir o 30 de outubro, esperemos ás palabras de Atari, distribuidora neste continente.

Ademáis, e para satisfación dos máis fans, aparecerá unha edición especial, que contará cun stick analóxico inalámbrico ( perfecto para recordar as etapas de recreativas ), unha copia do título e un libro de arte do xogo. Todo isto estará dispoñíbel tanto para Xbox 360, como para Playstation 3, para que non haxa absurdas pelexas.

tekken 6

Estaremos a falar da consagración dos xogos do oeste?, terémolo que ver, porque como se apreza no vídeo , o título pinta realmente ben. A súa ambientación roza o extraordinario, e ademáis un xogo que non abusa do “hype”, e logra un resultado tan satisfactorio, sempre é benvido na miña memorio pixelada.

Acompañado dunha banda sonora digna da mellor película western e incluso mellor implementada nun xogo destas características, converte a este tráiler nunha porción de desexo, un desexo que deriva da ilusión de que o resultado final sexa de tanto agrado como este propio vídeo.

versións final fantasy

Moitos temas a discusión se crearon por culpa de Final Fantasy XIII, que se na versión de Microsoft non chegaría doblado, que se a calidade gráfica sería superior na consola de Sony, que se os fanáticos de Playstation se tiraban do cabelo por perder esta gran exclusividade e outros tantos temas inútiles que non é difícil atopar pola rede.

Pois para desmentir o rumor de se a calidade sería lixeiramente inferior na 360 , o productor do xogo Yoshiniri Kitase, saíu de entre as sombras para asegurar que a calidade gráfica será idéntica nas dúas versións.

“O equipo ten como obxectivo crear unha experiencia igual tanto en 360 como en PS3, así que non haberá limitacións. Por exemplo, primeiro estamos traballando na versión PS3 e despois, unha vez que a completemos, saberemos cantos discos necesitaremos para metela enteira en Xbox 360.”

“Aínda non sabemos cantos discos serán, pero non comprometeremos a calidad, non plantexaremos a opción de quitar contido nalguna das dúas versións para igualalas e que collan, unha en Blu-Ray e a outra en DVD”

Poderémonos fiar de Square Enix?, sabemos que a versión de Xbox 360 empezou fai moi pouquiño, veremos se fan o traballo como deben.

Entrevista sobre Assassin´s Creed

Por: Xoves, 18 de Xuño de 2009, 11:53 COMENTAR

Jade Raymond e Patrice Desilets foron os responsábeis de contestar a algunhas cuestións sobre a segunda entrega de Assassin´s Creed nesta mini-entrevista. Qué nos atopamos?, pois atopámosnos coa fermosa Jade , (simplemente por isto xa vale a pena ver a entrevista), algún que outro chiste malo, e detalles intranscendentes.

Por certo, cando lle preguntan se esta segunda parte será tan monótona que a primeira (aínda que cun pouco máis de delicadeza), o home de barbas responde que as misións serán máis grandes e pon como exemplo, que empezaremos como escoltas, convertirase nunha misión de ataque e finalmente en asasinato… iso non era idéntico o que había que facer no primeiro?, polo menos moi similar.

E outra obsrervación, tamén dí que haberá como 16 tipos de misións diferentes, e o xogo constará dunhas 200… non vos parece que nos teremos que repetir moitísimas veces?, é dicir , que das 200 misións só 16 serán diferentes, o resto ídem de ídem.

Moito me temo que non solucionarán o problema do primeiro xogo.

Prezo de DJ Hero en Ianquilandia

Por: Xoves, 18 de Xuño de 2009, 11:04 2 COMENTARIOS

DJ Heroooooo

Por fín podemos saber canto custa DJ Hero, grazas a Eurogamer, iso si, estamos a falar dos ianquis, así que non sabemos con certeza se aquí chegará co mesmo coste, ou aumentan uns euros máis.

O prezo do Dj Hero é de 120 dólares, o que ven sendo 85 € das nosas moedas, e tendo en conta que por un xogo xa temos que pagar 70 eurazos, non  me parece nada caro. Tamén é certo que temos que ter en conta a calidade do periférico, e mentres non se probe, non se sabe.

Tamén informaron  do prezo de Band Hero , que será de 200 dólares na súa versión completa, é dicir, batería , guitarra e micrófonos. Por estes lares estamos a falar duns 140 euros. Veremos se manteñen o prezo cando chegue aquí, aínda que este último non me preocupa demasiado, porque despois de comprobar nas miñas carnes a porquería de instrumentos de Guitar Hero : World Tour , xa non me fío nin un chisco de calquera periférico similar.

Crackdownnnn

Dave Jones, un dos máximos responsabeis de RealTime Worlds, expresou a súa opinión con respecto ao cambio de mans no desenrolo de Crackdown 2, que pasa a ser ao debutantes Ruffian Games.

“Foi un deses momentos desagradábeis. En termos de franquicia, como todo o que creei, sempre estamos entusiasmados por vela conseguir grandes cousas”, comentou Jones. “Sen embargo isto é como un bache na carretera… ¿Non había forma de que o desenrolaran algún dos estudos que cerrou Microsoft?”
“Estou molesto con Microsoft porque llo encargasen a outro estudo, pero de vivir estas cousas aprendes”.

Pois como xogador moi insatisfeito da primeira parte, non me desagrada nin o máis mínimo que se poña ao volante do proxecto outro estudo. Coa ilusión de que aproveiten o cambio para facerlle un lavado de cara ( mellor unha ducha completa) ao xogo. Polo menos que intenten que o xogador se integre na aventura, que eliminen a monotonía do anterior ( gustaríame ver maior calidade e variedade nas misións), unha historia máis elavorada…. e todas estas cousas que carecía o primeiro Crackdown.

O certo e que non me dou enganado a mín mesmo, e supoño que aproveitarán o tirón do título anterior para crear un calco idéntico, con todas as súas escasas virtudes e con toda a colección de carencias.

É unha pena.