Novo tráiler de Aliens vs Predator

Por: Mércores, 29 de Xullo de 2009, 19:51 COMENTAR

Xa teño falado desta nova entrega de Aliens vs Predator , e pese que aínda temos que esperar un tempiño para probalo, o título parece que vai collendo mellor cor.

Vendo este último vídeo xa nos deixa claro co que nos vamos atopar na campaña do soldado, escuros corredores cheos de sombras, idas e voltas de luz, tiros, tiros e máis tiros a todas as criaturas de sangue ácida e as de cara de arácnido.

O frenetismo parece que acompañará ao título, cousa indispensábel para un shooter deste tipo, veremos se non se volve monótono, que moito me temo, que coa escusa de que poderemos manexar ás tres especies do xogo, descoidarán o modo aventura e o único que teremos que facer é avanzar, avanzar e avanzar sen ningún tipo de aliciente.

Se nos agasallan cun plantexamento rápido, entretido, e unha imprevisíbel gama de misións ,pódese converter non xogo moi recomendábel. Aínda que a experiencia dime que conseguir isto é máis que complicado.

darkness

The Darkness, un deses xogos incomprendidos que pasan polas tendas sen moita repercusión, pero que aqueles que o proban quedan prendados del. Por algo será.

Pois Top Cow, productora do cómic homólogo, anunciou na Cómic-Con (onde se non?) que a súa segunda parte está en desenrolo, e polo que parece , os seus responsábeis non serán os mesmos que fixeron a primeira. Serán capaces de poñer esta continuación á altura do primeiro capítulo de The Darkenss?.

Isto non o saberemos , pero se o conseguen, espero que se recoñeza o seu traballo, non como lle pasou a súa primeira entrega…

In-Game de Saw na Cómic-Con

Por: Domingo, 26 de Xullo de 2009, 18:55 COMENTAR

Parece que as compañías de videoxogos estanse aproveitando ao máximo desta feira, xa que a participación e información destes está sendo moi elevada.

E alí puidose ver un novo ingame da xogo baseado das terroríficas películas Saw. Como se pode ver no vídeo, a atmosfera asfixiante volve estar patente, aínda que en doses moito máis febles que na dos filmes. O mesmo teño que decir do elemento “gore” , que pese a estar plasmado no título, non chega, nin de lonxe, aos límites da súa adaptación cinematográfica.

Pero o que realmente me frustra do xogo de Saw, é o intolerábel ( e acentuado ) movemento robótico do protagonista. Este erro está sendo o responsábel de moitos fracasos “videoxoguís”, que todos sabemos que se falla a xogabilidade…

Aquí vos deixo o vídeo para que contratedes as miñas palabras, por certo, é normal a enorme cantidade de logros que se desbloquean en apenas uns minutos?.

Análise de Red Faction : Guerrilla

Por: Venres, 24 de Xullo de 2009, 16:30 COMENTAR

Portada red faction Marte, un planeta no que se inspiraron moitos filmes, libros e videoxogos para plasmar as súas pautas argumentais. Desta volta volvemos con Red Faction, pero tranquilos, que teremos as nosas doses de acción frenética, esperabades outra cousa?.

O planeta vermello está sendo terraformada por unha organización dictatorial chamada EDF, todos obedecen as súas ordes, todo está baixo o seu control, a violencia é a lei que utilizan  e as sentenzas a morte son máis que habituais.

Por sorte, existe unha facción revolucionaria chamada Red Faction, os cales lle fan algo de fronte á EDF, e aquí é onde comeza a aventura. Controlamos a Mason, personaxe que chega a Marte para non meterse en problemas, ganarse a vida xunto ao seu irmán e levar unha vida máis ou menos tranquila…Non hai que ser moi intelixente para percatarse que isto non vai ser así.

red faction 1

Tan pronto chegamos, o noso irmán ponnos ao día de todo, a situación de Marte,a rebelión de Red Faction, e entréganos a nosa primeira arma, que non é máis que un martelo ( máis ben maza), pero indispensábel para a nosa aventura. Pouco despois o noso irmán morre e quedamos involucrados na guerrilla de Red Faction.

A partir deste punto teremos que levar a cabo todo tipo de misións ata liberar os seis grandes distritos do poder da EDF e poñelos baixo o noso control. Para esta liberación teremos que pasar por varios pasos, un deles é baixar o nivel de control da EDF, e para isto temos que cumplir misións secundarias como destruír edificios importantes desta organización, eliminar as súas publicidades, liberar a reféns etc. Ademáis de diminuír ao máximo este nivel de control, teremos que cumplir obrigatoriamente unha serie de misións, e se o conseguimos, a Red Faction farase co poder do lugar e a EDF terá que abandonar o lugar.

O que parece unha tarefa sinxela, déixao de ser cando nos percatamos do enorme mapeado que temos, e sendo un “sandbox” poderemos escoller a orde na que queremos facer as misións, e asegúrovos que pasaredes moitos tempo nelas. Se optades por levar a cabo simplemente as misións obrigatorias, tedes un xogo bastante longo, pero se vos poñedes a facer todas as misións secundarias, tedes Red Faction para semanas. Desde derrubamentos de edificios simplemente coa axuda da nosa maza (espectaculares efectos de derrubamento), ata misións de copiloto nas cales teremos que disparar a todo o que se poña no noso camiño. Para conseguir saír satisfactorio de todas as misións poderemos usar diversos tipos de armas, que por suposto teremos que pagar ( a moeda de cambio de Marte é a “chatarra”, polo que canto máis destrúas máis “chatarra” consegues e máis armas podes mercar). Temos granadas, lanzamisiles, pistolas, rifles de plasma, nanomáquinas, e se todo falla, podemos axudarnos dos vehículos máis potentes, desde robots similares os de Lost Planet ata enormes tanques que destruirán todo o que se lle poña por diante. A parte de todo isto, a medida que resolvamos misións, os civís e os da Red Faction vanse poñendo do noso lado e axudarannos cando a cousa se pon fervendo.

red faction 2

Aínda que vos pareza que temos moita axuda, decirvos que o xogo non ten a facilidade de tantos outros, sobre todo na parte final, en misións que morreredes bastantes veces , e nin vehículos, nin armas vos valerán de nada se non levades unha estratexia inicial.

Pero chegará un momento no que non vos apeteza facer máis misións, pois tranquilos que Red Faction ofrece unha serie de elementos que che axudará a pasar o tempo por Marte, desde a destrucción dos famosos carteis de publicidade, pasando pola búsqueda de cadáveres de antigos membros de Red Faction e rematando pola destrución de minerais marcianos.

Claro que non todo é bo, xa que a pesar de contar con gráficos excepcionais, a enormidade do mapa fai que os escenarios quedan bastante baleiros, e tendo en conta que pasaremos horas e horas movéndonos por el, ao final acaba cansando tanta semellanza nos escenarios. Ademáis ségueme sen gustar o control dos vehículos (por qué cando se trata dun shooter, o control dos vehículos sempre é bastante brusco?).

Por outro lado, a lonxevidade do xogo ben dado a custo de algo, da repetición das misións secundarias, si, ten moitas , pero varían moi pouco entre unhas e outras, e isto é un factor que lle resta bastante emoción.

Outro punto negro é o seu argumento, simplemente con ler isto, xa todos saben o que vai pasar co EDF. As compañías deberían apostar máis por un argumento complexo e impredecíbel,que polos tópicos de sempre.

Xa vedes que o título ten os seus puntos fracos, pero hei de recoñecer que non me aburrín nada xogando a Red Faction, e atopar un xogo longo e cunha dificultade axustada nos tempos que sufrimos é unha tarefa bastante complexa, polo que xa merece o meu respeto.

“The Saboteur” sairá o 8 de decembro

Por: Mércores, 22 de Xullo de 2009, 12:45 COMENTAR

The Saboteur

Hai dous títulos que lle teño moitas ganas desde que soupen o seu desenrolo, un deles é o “escondido”  Metro 2033 e outro é The Saboteur. Este último é do que vamos a falar a continuación, xa que por fín Pandemic Studios fixo público o día de lanzamento do seu título, o 8 de decembro.

Parece ser que se une á inmensa cantidade de títulos que aproveitan da campaña navideña para darlle unha maior saído ao videoxogo, non é difícil darse de conta que lle van saír bastantes competidores, pero desde logo, para mín é un dos favoritos.

Para aquel que aínda non saiba de qué  trata este proxecto, estamos ante un “sandbox” con cualidades propias, xa que nun principio, o protagonista Sean Devil, que se atopa nun París de 1940 ocupado polos nazis( nunha misión de vinganza), terá que recorrer esta fermosa cidade en branco e negro, e a medida que os nosos obxectivos vaian sendo cumpridos , a paisaxe irá adquirindo cor, ao máis puro estilo Okami ou o último Prince of Persia .

Se queredes ver a impresionente pinta que ten, botádelle un ollo ao vídeo. Non é que sexa moi partidario da absurda Navidade consumista, pero só por ter este xogo, estou desexando que chegue.

O cómic de Dante´s Inferno

Por: Luns, 20 de Xullo de 2009, 19:49 COMENTAR

dante´s inferno

Seguindo co márqueting que xa levaron a cabo xogos como Dead Space ou Gears of War, Dante tamén terá que enfrontarse ao propio inferno en viñetas. A obra en papel constará de seis cómics ilustrados por Diego Latorre e escritos por Christos Gage.Esta serie aparecerá á venta en decembro, anticipándose á propia saída do xogo.

Aínda non se sabe nada sobre o fío argumental que seguirá este proxecto, mais case estou por asegurar que aclarará algunha que outra incógnita que apareza no xogo ( porque non creo que se atrevan con algo independente, aproveitarán o tirón do xogo para matar dous paxaros dun “pixelazo” ).

O que non estou moi seguro é se o cómic estará á altura do xogo, ou é o propio xogo que ten que estar á altura do cómic. Atrevédesvos a resolver a incógnita?

Edición coleccionista de Dragon Age

Por: Venres, 17 de Xullo de 2009, 11:00 COMENTAR

Parece que últimamente as edicións de coleccionista de videoxogos estanse poñendo de moda, e sin chegar tan lonxe  como a de Modern Warfare 2, o Dragon Age tamén se suma ao carro destas edicións capitalistas.

Edición especial dragon age

Por si vos interesa, esta edición especial componse de :

  1. Caixa metálica
  2. DVD extra con making off, bandas sonoras,tráilers, arte conceptual, etc
  3. Un mapa de tea ( para non perderte no mapeado e ter presente sempre en qué lugar estás )
  4. Tres pezas de contido do xogo exclusivas co nome de : Bergens Honor, Grimoire of the Frozen Wastes e Final Reason.
  5. Contido adicional.
  6. Un obxeto desbloqueábel para Mass Effect 2 (sí, lo que escoitades ).

Todo isto a un prezo “módico” (jaja ) de 80 € si eres poseedor dunha Xbox 360 ou Ps3 e de 70€.

Aínda así,deberían ser máis orixinais nestas edicións, eu que sei, una pedra lunar co Mass Effect, unha perna humana co  próximo Saw, unha granada arroxadiza no  Gears of War 3,unhas gafas de visión nocturna co  próximo Call of Duty ( ah, non, que isto xa é de verdade)… buff, como están as cabeciñas.

Nova batería de Guitar Hero

Por: Xoves, 16 de Xullo de 2009, 19:50 COMENTAR

A quinta parte de Guitar Hero estará acompañada por un novo periférico para simular a batería. Como se pode apreciar, o deseño é prácticamente idéntico á anterior versión, coa única diferenza presente nos platillos, que nesta ocasión serán completos ( non como o tercio de platillo da anterior batería).

Aínda que o que realmente habería que preguntarse é si a calidade ( e precisión ) será tan mala como o anterior periférico,( e non me fagades recordar a miña tráxica historia cun destos packs de Guitar Hero), xa que os golpes non estaban plasmados ao 100% ( nin sequiera ao 60%), os parches fallaban ao pouco tempo e se te atrevías a aumentar a súa sensibilidade cun cable que tiñas que pedir, desestabilizábanse todos os parches e víaste sumerxido nun caos irremediábel.

¿Estaremos ante uns plásticos inútiles en forma de batería?¿Sentirémonos tan enganados como a anterior ocasión?¿Volverán aproveitarse do tirón de Guitar Hero para meternos outro irrisorio periférico?

Moito me temo que…

batería GH5

Kane & Linch

Fai uns días publicaban a noticia de que Eidos desaparecía e pasaría a chamarse Square Enix Europe, o nome dame igual, o que verdadeiramente me interesa é o rexistro que fixeron co nome de Kane & Linch: Dog Days.

Non hai que ser moi espabilado para saber que se trata da segunda entrega de Kane & Linch, e desta volta esperemos que fagan algo decente e non un xogo tan “simplón” como a primeira parte, xa que ten o necesario para convertirse nun gran xogo, é dicir, protagonistas carismáticos, historia aceptábel e un cooperativo imprescindíbel, só falta que coiden ben o apartado técnico e o desenvolvemento das misións, que na primeira parte deixábante con ganas de máis ( moito máis ).

A decir verdade nunca pensei que aparecería unha nova entrega destes dous “curiosos” protagonistas, xa que as ventas do primeiro xogo non foron moi excesivas,pero sempre hai alguén que te sorprenda.

Estaremos ante un bo Kane & Linch . Disculpádeme que me extrañe e o dubide.

Dentro de pouco máis dun mes poderemos ver en primeira persoa en qué remata este novo Batman, pero mentres esperamos a súa saída, os seus desenroladores seguen movendo o “hype” arredor deste videoxogo (como é habitual ).

Desta volta fano cun vídeo ilustrativo do que serán os seus inimigos . Os catro grandes malignos os que nos teremos que enfrontar serán o particular Joker, unha desexada Poison Ivy , un grande Perdición e un adentado Killer Croc.

E como se pode aprezar no vídeo, o xogo segue tendo unha pintas impresionantes, xa non só no apartado gráfico ( que é verdadeiramente abraiante ), se non polos movementos que leva a cabo o home morcego.

Esperemos que cumpra as espectativas.

Modo Drift en Need For Speed : Shift

Por: Luns, 13 de Xullo de 2009, 10:46 COMENTAR

Parece un pareado!!

Sempre dixen que desde que saíu o Most Wanted, a saga Need for Speed foi cada vez a menos, e mentres se acrecentaba a súa fama, diminuía a súa diversión.

E despois de tres entregas bastante cutres ( sen contar as versións portábeis, que tamén vaia por deus ), os seus creadores deciden darlle un cambio de rumbo á saga, e meterse de cabeza na simulación ( aínda que o Pro Street xa tiña máis de simulador que de arcade ), coa intención de volver subir ao cumio esta saga de condución.

Non vou comentar nada deste cambio, simplemente dicir que prefería mil veces que volvesen aos seus inicios…

E neste vídeo fannos unha demostración do que será o seu apartado de “derrapes”, e o único que saco en conclusión é que a similitude cos anteriores xogos é inmensa. Non vos fiedes do apartado gráfico, que tamén aparentaba impresionante o do Pro Street ( con eses coches brillantes e que parecían de verdade ) e logo, pasa o que pasa, e aparecen as frustracións.

Polo menos neste apartado de Drift o lavado de cara non se vé , e parece outro título Need for Speed do montón, haber como son as carreiras.

Cando veremos un Need for Speed : Underground 3?…

Análise de Prototype

Por: Mércores, 8 de Xullo de 2009, 15:06 COMENTAR

prototype portada

Máis que Prototype poderiámoslle chamar “Protohype”, xa que este máis o Infamous, coa excusa( falsa ) de Sanbox con liberdade para facer o que quixeses, aproveitáronse do “Hype” ata exprimilo ao máximo. E como sucede sempre que se eleva esta teórica calidade a límites insospeitados, unha vez que o probas, déixate bastante frío.

Empecemos polo máis elemental. Alex Mercer é o protagonista deste xogo, o cal nos introduce nunha cidade infectada por un virus letal para o humano. O noso protagonista será un dos milleiros de infectados, pero cunha peculiaridade, por algunha razón ( teredes que xogar ao título para sabelo ), el pode controlar ese virus, dándolle a posibilidade de converter as súas extremidades en espadas cortantes, realizar enormes saltos, correr polas paredes,planear, adaptar a apariencia de calquera persoa e outra serie de movementos e virtudes que lle axudarán na súa aventura de atopar á persoa que lle fixo isto.

prototype 1

Este é o plantexamento inicial de Prototype. Así, para levar a cabo esta búsqueda terá que superar ata unha treintena de misións , desde eliminar helicópteros ata infiltrarse en bases inimigas usando as nosas habilidades. Como dixen anteriormente, non estamos exactamente ante un Sandbox, xa que sempre teremos só unha misión dispoñíbel, a única elección que podemos facer é ir directamente a ela, ou entreternos coas misións secundarias. Pero cando levedes feito unhas dez misións secundarias, percatarédesvos que son todas idénticas, polo que lle quita moito interés a completalas todas, ademáis, son do estilo de chegar a un determinado punto nun límite de tempo, absorver a varias persoas coa nosa habilidade ou planear ata un punto en concreto. As misións secundarias son moi “simplonas”.

Non hai que negar que a posibilidade de correr por paredes, facer saltos imposíbeis, planear e destruír todo o que nos rodea, sempre gusta aos xogadores, pero isto fai que sexa bastante similar a Spiderman ( se xogastes a algún dos seus xogos, sobre todo a segunda parte , estaredes de acordo ), ademáis a enorme cantidade de soldados e infectados que atopamos nas batallas converten  estos combates nalgo caótico. Non saberedes quén vos está atacando, só veredes proxectís, mísiles e de vez en cando entre tanta fumareda atacaranos algún infectado. Claro que a medida que vayamos eliminando e absorvendo a máis inimigos, iremos aumentando as nosas habilidades ( e consegindo novas ), dándolle máis variabilidade a estes combates, e unha vez que te acostumes a tanto tiro e disparos, xa os pasarás por alto.

prototype 2

Entre as misión atoparás a un par de monstros, e non pensedes que son tan doados como outros tantos xogos. E isto é un dos puntos fortes de Prototype xa que ten unha dificultade mi axustada ao xogador, é dicir , non terán un sinxeleza prenatal , pero tampouco che parecerá en ningún momento imposíbel de pasar ( aínda que teñas que morrer varias veces ).

A calidade gráfica non é abrumadora , pero déixase ver bastante ben ( plasmar unha enorme cidade non é cousa doada, só está á altura dos grandes , verdade Rockstar?… ). A pesar disto, non existe moito popping e os tempos de cargas están ausentes, algo que se apreza de verdade. O modelado dos infectdos son notábeis e aínda que os edificios son bastante lisos e “simplóns”, compénsase pola vida que ten a cideade enteira.

Con relación á duración do título, dicir que andará sobre as nove horas, xa que non creo que moitas persoas se interesen polas misións secundarias como xa dixen anteriormente, ademáis, as principais tampouco chegan a viciar e enganchar como o fan outros xogos similares.

Así, estamos ante un xogo decente pero que nin de broma chega á calidade que se mencionaba fai unhas semanas. Ao mellor se obtasen por unhas misións ( e combates ) algo máis claros e orixinais , podería acadar unha nota maior , pero para mín, os creadores partiron dunha base trabucada.