O aclamado pola crítica Suda 51 polos seus videoxogos Killer 7 e No More Heroes, volverá ao panorama con Killer is Dead, no que controlaremos a un cazador de asasinos con implantes cibernéticos que lle permitirá realizar accións imposíbeis para calquera outro humano.

Como xa é habitual en Suda 51 non faltará a espada como método de defensa, aínda que amplía as posibilidades cun brazo armado capaz de se transformar noutras armas, o que engadirá variedade ao título.

Parece que a ambientación beberá directamente de No More Heroes, aínda que como dixo o seu propio creador, queren afastarse do simple copia e pega, polo que existirá un forte contraste visual e un sistema de combate corpo a corpo de alta velocidade, así como un aspecto visual máis escuro e sanguinario.

En Occidente aínda non hai data de lanzamento, aínda que no país nipón poderán botarlle a man este mesmo verán.

Seguiremos informando.

Parece ser que non só de publicidade se alimentan as grandes compañías e que os bos xogos son recoñecidos polos xogadores de todo o mundo, así se confirma, xa que Dishonored, un título que chegou sen facer moito ruído está vendendo moito máis do esperado segundo a súa desenvolvedora Bethesda.

Que conleva isto? pois que Pete Hines (relacións púiblicas de Bethesda) non tardou nada en asegurar que con Dishonored teñen unha nova franquicia entre mans o cal asegura segunda entrega.

“Dishonored vendeuse moi ben fóra dos EEUU, así que estamos moi agradecidos a todos os fans que apoiaron a Arkane e o seu froito. Temos unha nova franquicia claramente”

A parte disto seguiron recalcando que Dishonored volvera ser número un en ventas esta fin de semana tanto en tendas físicas como en Steam.

Despois disto só me gustaría dicir que me entusiasma a idea de volver controlar a Corvo noutra aventura, aínda que isto conleve a posibilidade de que a orixinalidade se resinta e incluso a calidade.

Tamén resaltar as palabras de Bethesda mencionando a Arkane, verdadeiro creador do título, porque moitas veces só nos quedamos co nome do distribuidor e non do creador.

Se queredes ver a análise de Dishonored aquí.

Análise de Call of Duty: Black Ops 2

Por: Luns, 26 de Novembro de 2012, 18:30 COMENTAR

Fai uns días lanzouse un rumor que dicía que o próximo Call of Duty podería ser unha nova entrega da saga Modern Warfare, recordade aquela cuarta entrega que creou un antes e un despois nos FPS bélicos.

Pero non nos esquezamos de Treyarch, a compañía que estaba nun segundo plano pero sabendo manterse nesta temática, creando uns xogos entretidos pero sen chegar nin por asomo á calidade dos MW.
Pero a compañía soubo aprender e baixo o título de Black Ops e plaxiando métodos dos todo poderosos Modern Warfare, trouxeron consigo un título moi apto e grazas ao seu éxito crearon a segunda entrega a cal procederei a falar un pouco sobre as miñas impresións.

Ler o resto da entrada »

Análise de Dishonored

Por: Xoves, 15 de Novembro de 2012, 17:09 COMENTAR

Aquí nada de Ratibrón

Como se fose unha lenda, cada certo tempo aterra nas tendas un videoxogo sen facer moito barullo, sen excederse coa publicidade, sen hypearse demasiado, pero ten un brillo invisíbel que o diferenza do resto dos videoxogos, un brillo que se detecta unha vez que insertamos o disco na consola e vemos o que nos ofrece, cada certo tempo aparece un elixido, e desta volta non se chama Neo, chámase Dishonored.

Ler o resto da entrada »

Segundo tráiler de GTA V

Por: Mércores, 14 de Novembro de 2012, 20:28 COMENTAR

A semana pasada Rockstar anunciaba que hoxe lanzaría o próximo tráiler do seu xogo máis esperado e aquí o temos, por fin chegou, e como non, colgámolo en Memoria Pixelada.

O tráiler amosa situacións verdadeiramente espectaculares pero por desgraza absolutamente nada de gameplay, polo tanto seguimos coas ganas de ver imaxes reais de Grand Theft Auto 5.

Que vos parece este segundo vídeo?

Rockstar Games ven de lanzar o primeiro trailer da próxima entrega da saga Grand Theft Auto, o GTA V. Está previsto que saia ao mercado na primavera de 2013.

Ler o resto da entrada »

Poucos xogos conseguen tanta expectación coa súa saída, pero a quinta entrega de Grand Theft Auto é un deses elixidos, un deses títulos que fan que as masas toleen, un deses que a cada imaxe que saca provoca reaccións nos milleiros de foros.

Pero ben é certo que Rockstar sabe que xa nos estamos fartando un pouquiño de tanta captura irreal e que queremos ver algo máis do seu título estrela, e sabendo isto anunciaron que teremos un tráiler de GTA V o mércores da próxima semana.

Para que todo vaia ben debería ter algo de gameplay para saber dunha vez por todas como se ve, se xoga, etc.

Esperemos atentos.

Análise de Resident Evil 6

Por: Domingo, 4 de Novembro de 2012, 16:17 COMENTAR

Baila unha muiñeira ou disparo

Cando unha fórmula funciona hai que sabela manter, é certo, mais tamén hai que saberlle introducir os suficientes cambios como para que o xogador non sinta que está xogando ao mesmo cunha interface diferente.

Isto é exactamente o que lle aconteceu á sexta entrega de Resident Evil, unha saga que dende fai dous capítulos emprega unha xogabilidade moi diferente aos Residentes do Demo iniciais, unha xogabilidade que trouxo grandes alegrías na cuarta entrega e que se soubo manter na quinta, acción en terceira persoa en busca das situacións máis espectaculares.

Ben é certo que Resident Evil 6 intenta seguir calidade dos antecesores, pero sen considerar que sexa un xogo para o esquezo, segue unha liña de xogo demasiado sinxela e que non chega a sorprender.

Ler o resto da entrada »

A dúas semaniñas do lanzamento da nova entrega de Call of Duty o director Guy Ritchie (director de Snatch:Cerdos y Diamantes) ponse detrás deste tráiler con imaxes reais que nos amosa diferentes escenas bastante espectaculares e que recalca no multixogador, aliciente no que se centra Treyarch con este Black Ops 2.

A verdade, da gusto ver vídeos así, que aínda que non amosan absolutamente nada do xogo, si che fan pasar un bo anaco.

Novo tráiler de Far Cry 3

Por: Mércores, 24 de Outubro de 2012, 12:49 COMENTAR

Ubisoft é unha compañía que non para, e nas próximas semanas non só sacarán ao mercado o esperado Assassin´s Creed 3 senón que Far Cry 3 aterrará moi pronto. Parece que é o momento de sacar todas as terceiras entregas.

Eu centrareime no último vídeo de Far Cry 3 no que nos presentan ao malo do xogo, e a palabra “malo” non se queda atrás, é máis, é bastante miúda para o antagonista do xogo, que nos amosa toda a crueldade que pode ter unha persoa.

Por sorte alí estaremos nós, acompañados dun “careca” que nos axudará na nosa misión.

O 29 de novembro poderemos catar este título.

Análise Sleeping Dogs

Por: Venres, 19 de Outubro de 2012, 0:33 2 COMENTARIOS

Sería interesante comezar a análise dun xogo como este cavilando un pouco sobre por que un xogo como o Sleeping Dogs (cans dormentes para os amigos) conseguiu atraer xente que non é entusiasta dos sandbox, aínda tendo presente o feito de que non é unha revolución dentro de xénero. Pode ser porque nos pon nunha ambientación non tan manida como os USA, pode que sexa polo refinado sistema de combate, seica podería ser pola calidade técnica do xogo, ou porque no fondo estabamos fartos de clons do GTA. O máis probable é que o encanto do xogo resida un pouco en todo, e que cada persoa o aprecie por motivos diferentes, pero vou tentar analizalo máis polo miúdo para que quede claro.

O primeiro en facerse notar deste xogo e a súa maior virtude é o seu sistema de pelexa, innovador nos sandbox, pero moi inspirado no de Batman Arkham Asylum. Un sistema que nos permite só con dous botóns sermos capaces de realizar con combos acrobacias e golpes dignos do gran Bruce Lee. Este sistema axiliza moito o combate sen armas, que se convertirá no máis común durante o xogo, para alegría dos que gostamos do cine de artes marciais. Este sistema é complementado polas “mortes por contorno”, que nos permiten usar obxectos do contorno, dende contentores de lixo e cabinas telefónicas ata caixas de fusibles ou altofalantes, para rematar os nosos inimigos de maneira máis rápida e divertida. Tamén destaca o manexo dos autos, que se afasta da sinxeleza dos GTA para achegarse máis a unha condución propia dun xogo de carreiras, algo ao que ao principio custa acostumarse, e aínda que máis tarde no xogo dá lugar a momentos propios de película de Hollywood, non consegue convencerme.

Non querías nécoras, pois toma as nécoras

O que si logra convencer e ata namorar (no caso de que che guste o antes citado Bruce Lee) é a ambientación. Hong Kong está recreado con moito detalle, tanto nos grandes centros comerciais coma nos mercados na rúa, en ningún intre podes chegar a pensar que estás nun lugar xenérico e non na China. As tendas, os edificios, os coches, ata as melloras e os minixogos axudan a crear esta atmosfera que invade todo o xogo. Mesmo a historia do protagonista, Wei Shen non deixa de estar ao servizo do ambiente, ao introducirnos neste mundo de policías corruptos e tríades divididas.

Pese a este segundo plano da historia, está está moi traballada e sobre todo os sentimentos de Wei Shen están moi ben formulados na primeira parte do xogo, algo que por desgraza se vai desdebuxando ao avanzar a trama principal, que se converte só nunha espiral de vinganza e escalada na xerarquía da tríade, sen profundizar tanto na psicoloxía do personaxe. A louvar dentro das misións da trama son as policiais, moi entretidas, usadas moitas veces para presentar outros elementos como submisións e que achegan un toque de variedade que fai ben a un xogo que no final pode resultar algo repetitivo. Seguindo coas misións, a misións secundarias poden dividirse en dous tipos, as mecánicas, bastante parecidas unhas ás outras, e que só serven para poder desbloquear novos combos e elementos, e as misións con algo de historia, non necesarias para avanzar, pero que si dan realmente un bonus de interese extra ao xogo.

Que hai máis asiático que cantar nun karaoke? Facer un minixogo sobre cantar nun karaoke.

Por último destacar que o apartado técnico do xogo é unha pequena marabilla, aínda cos gráficos á métade (para que o meu portátil non estoupe) puiden apreciar todo o esmero nos detalles; e as cinemáticas, aínda que non impresionantes, si están a altura doutros xogos do momento.

En resumo e como xa ía dicindo ao comezo, Sleeping Dogs é un xogo que sen innovar demasiado no xénero do Sandbox, si achega as suficientes novidades para diferenciarse, e na miña opinión o grande encanto do xogo é que esas novidades están todas ao servizo da experiencia xogable e de ese gozo que é ser o protagonista desa grandiosa peli de chineses que son os “cans dormentes”.

Ía a facer un chiste malo con chineses, pero creo que vendo esta señora o pensarei mellor.

Tráiler de lanzamento de CoD: Black Ops 2

Por: Mércores, 17 de Outubro de 2012, 12:02 COMENTAR

A verdade é que Treyarch sabe como vender un título e unha vez máis sacan un tráiler de lanzamento pragado de momentazos épicos que todos queredes desfrutar nas vosas carnes.

A compañía soubo moi ben imitar aos “todopoderosos” Modern Warfare e alonxarse do tópico corre e dispara para presentarnos momentos alternativos que nos deixarán cos ollos ben abertos polo seu espectáculo.

É certo que sen chegar á calidade dos xogos de Infinity Ward a primeira entrega de Black Ops non me desgustou en absoluto e este promete superalo.

O 13 de novembro que chegará ás tendas.