Excelente sorpresa nos ofrece hoxe Epic Games, xa que acaba de confirmar que o seu próximo Gears of War: Judgment contará cunha segunda campaña individual, pero lonxe de facelo a través dun DLC como faría a inmensa maioría das compañías, esta estará incluida no videoxogo dende un principio.
Para desbloquear esta nova campaña, baixo o nome de Aftermath, deberemos conseguir todas as estrelas nos desafíos que nos propoña esta nova entrega dunha saga que xa quedará para a historia.
Na nova campaña de Aftermath viviremos a historia de Baird e Cole antes de loitar contra a Raíña Locust, sabendo exactamente o que lle aconteceu a estes antes de chegar con toda a xuda que necesitaron Marcus e Dom.
Encontrarás xente e lugares que recoñecerás, incluso tamén algúns inimigos, e verás como as dúas historias se unen para ofrecer un contexto que englobe a toda a franquicia.
Só nos falta saber a duración desta segunda campaña complementaria, mais sendo dunha ou doutra maneira, só me queda aplaudir a decisión de Epic Games por premiar aos xogadores con este detalle sen a necesidade de pagar por el.