mgs5 3

Hideo Kojima nunca negou o seu vínculo con Sony e o reflexado que se sinte coas decisións que toma, mais despois de saber que a súa próxima entrega de Metal Gear Solid, The Phantom Pain non será exclusiva de PS3, explica este motivo.

Penso que o futuro dos xogos ten que ver coa tecnoloxía da nube e o xogo na nube.

Deste xeito, creo que se vas entrar na xeración da nube, entón haberá unha gran cantidade de diferentes dispositivos involucrados e un montón de diferentes maneiras de interactuar co mundo do xogo.

Non quero limitalo a unha soa plataforma

lost-planet-3-logo

A compañía nipona Capcom anunciou que a data de lanzamento do Lost Planet 3, que estaba previsto para finais de xuño, pasa agora a ser o 30 de agosto en Europa e o 27 de agosto en América, sen explicar os motivos deste atraso. Dende a compañía limitáronse a dicir que foi por “cuestións de negocios”.

Para os que non podedes agardar máis, un video con 15 minutos de xogo:

Análise de Tomb Raider

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 12:29 1 COMENTARIO

tomb raider 2

A intención das grandes compañías por seguir explotando os seus títulos máis representativos segue á orde do día, mais este feito nos tempos que estamos a vivir podemos resumila cun só termo, “reboot”.
Estes reinicios de sagas son a escusa perfecta para seguir incrementando os beneficios de títulos que tiveron un pasado de ouro. Entre eles atópase Devil May Cry e a súa polémica a causa do novo “look” do protagonista, mais o último nome que apareceu en forma de “reboot” foi Tomb Raider.

Xa fai uns anos ninguén podía deixar de mencionar o nome de Lara Croft ao falar de aventuras/plataformas en videoxogos. Coa chegada desta xeración Nathan Drake e o seu Uncharted sacaron gran parte de protagonismo a Lara. Estaba claro, a saga non innovaba, non sorprendía, un produto aparentemente eterno estaba recaendo no fondo do armario, nese recuncho onde xa ninguén vai.

Ler o resto da entrada »

Eran moitos os rumores indicando que o próximo título do aclamado Hideo Kojima estaba estreitamente relacionado con The Phantom Pain, un enigmático tráiler que apareceu meses atrás.

Agora xa podemos confirmar oficialmente que este The Phantom Pain é o sobrenome da quinta entrega de Metal Gear Solid, despois de que Hideo Kojima o presentase nunha conferencia en San Francisco.

Non só confirmou (e amosou) Metal Gear Solid 5,senón que afirmou que sairá nesta mesma xeración para a Xbox 360 e Playstation 3.

A continuación o vídeo de presentación, tan espectacular como debe ser para “hypear” a todos os xogadores. Eu xa o estou.

battlefield-4
Como prometera na súa páxina oficial, EA presentou hoxe un vídeo con 17 minutos de xogo ca campaña dun xogador do vindeiro Battlefield 4.

No vídeo podemos ver secuencias de combate en primeira persoa así como dous vehículos terrestres. Tal e como se puido ver nun tráiler filtrado en Youtube (xa se apresuraron os de EA a eliminalo), neste xogo tamén haberá vehículos acuáticos.

A creadora do videoxogo DICE só anunciou o seu lanzamento para PC, PS3 e Xbox 360.
Polos respostas de Karl-Magnus Troedsson, manager xeral do estudio á prensa, parece que non chegará á videoconsola de Nintendo Wii U:

“Non estamos vendo a Wii U agora mesmo.”
“Lanzarémolo nas plataformas que sentimos que son axeitados para a experiencia de xogo que temos.”

Cando se lle preguntou polas vindeiras videoconsolas de Sony e Microsoft, Troedsson comentou:

“Estamos en tempos moi interesantes agora mesmo. Estamos a piques de ver algo novo. Xa formamos parte destas transicións anteriormente e sabemos as grandes cousas que traen. Pero somos DICE. Levamos nisto uns 20 anos e non damos o salto tan rápido. Nós movémonos a un ritmo constante, pisando con moito coidado.”

A falta de confirmar, a súa saída está prevista para o outono deste 2013 para PC, PS3 e Xbox 360.

army-of-two-devils-cartel
A unha semana do seu lanzamento, Electronic Arts publica un novo tráiler do «Army of TWO The Devil’s Cartel», que ten prevista a súa saída o vindeiro 29 de marzo.

Por outra banda, xa está dispoñible para descargar a demo do xogo para Xbox 360 e PlayStation 3.

gears-of-war-judgment
Microsoft ven de lanzar a demo, cun tamaño de 739 MiB, co novo modo “OverRun” do Gears of War: Judgement para que os xogadores poidan probar esta nova modalidade de xogo 5 contra 5 multixogador, moi similar ao modo “Rush” do Battlefield 3.

A saída ao mercado está prevista para este vindeiro venres, 22 de marzo.
Toda a experiencia que o xogador obteña durante este periodo de proba serviralle, se xoga antes do 29 de marzo, para a versión final do xogo.

remember-me-2
Segundo as recentes declaracións do director creativo Jean-Max Morris,algunhas compañías distribuidoras rexeitaron publicar Remember Me porque a protagonista do xogo era unha muller. Segundo Morris, o papel da protagonista encaixa perfectamente no xogo e non entende porqué algunhas distribuidoras o rexeitaron, antes de que Capcom se decidira a publicalo.

Tamén comentou que algunhas compañías respondérolle directamente: “Non queremos publicalo porque non vai ter éxito. Non podes ter un papel feminino nos videoxogos. Ten que ser un personaxe masculino, así de simple.” Ante a posibilidade da protagonista tivese un romance cun home, engadiron: “Non podes facer que un home como o xogador bique a outro home no xogo. Iso faráo sentir raro…”

Parece incrible que en pleno 2013, sigan existindo estas mentalidades…

O lanzamento de Remember Me está previsto para o 7 de xuño(en Europa) para PC, PS3 e XBOX 360.

Descontos de primavera en Xbox Live

Por: Mércores, 20 de Marzo de 2013, 8:02 COMENTAR

xbox-live-spring-sale.2013Microsoft anunciou que dende o vindeiro 26 de marzo e ata o 2 de abril ofrecerá descontos de ata o 75% na súa plataforma Xbox Live para xogos arcade, xogos baixo demanda, complementos de xogos, películas e máis.

Máis información na páxina oficial.

lords of shadow

Cando nos informaron que Castlevania: Lords of Shadow 2 chegaría tamén a PC quedamos sorprendidos pola ausencia de información sobre a chegada da primeira parte a esta plataforma.

O inicio da segunda entrega de Castlevania xa é un enorme spoiler sobre o primeiro título, polo tanto aqueles usuarios de PC que quixesen saber a historia quedaban desamparados.

Mais este problema foi solucionado cando a primeira entrega de Mercury Steam apareceu no rexistro de Steam para elegría de todos baixo o nome de “Castlevania: Lords of Shadow Early Access Comp”

A famosa saga de Konami segue pegando forte e despois da exitosa primeira entrega, parece que repetirá éxito.

Un mes despois de que Dead Space 3 saíra á venda, xa temos unha razón máis para rematar o xogo. O novo DLC chamado “Awakened” permitiranos extender o final do DS3 e disfrutar do “capítulo máis oscura, visceral e terrorífico da saga”, segundo afirma a propia editora. Tamén anuncia que os necromorfos (os inimigos do xogo) serán moito máis temibles que nas demais entregas.

Dead_Space_3 (1)

O DLC sairá o 12 de marzo na Xbox Live, cun prezo de 800 Puntos Microsoft, e un día despois na Playstation Store, cun prezo de 9’99 €. Por esa cantidade tamén poderemos mercar “Awakaned” no PC, a través de Origin, a plataforma oficial de descargas de Electronic Arts.

Unha das temáticas máis de moda na cultura popular hoxe, é sen dúbida a temática de zombies, dende cómics coma Marvel Zombies, películas coma Zombieland,  libros coma “Zombi: guía de supervivencia” e segue unha longa lista. E un dos grandes contribuíntes a esta moda é “The Walking Dead” e a súa adaptación televisiva do mesmo nome e a actúal adaptación ó videoxogo levada por Telltale.

 

Hai moitas maneiras de adaptar ó videoxogo unha ambientación coma a de The Walking Dead, sendo as máis claras a do xogo de supervivencia ou a de “Shooter”, mais Telltale apostou polo que ven sendo a súa especialidade, as aventuras gráficas por capítulos, aínda que aquí o termo aventura gráfica é moi, moi matizable, como xa veremos logo.

Dicídeme que non dan ganas de darlle unha aperta.


Ler o resto da entrada »