1001528_574138609296142_1875514491_n

Tralo quinto título, a saga Soul Calibur deu un baixón en calidade que os fans non souberon encaixar de boa fe, sen embargo, a segunda saga insignia de loita de Namco-Bandai non quere deixar o listón polo chan e hoxe anunciouse que uns dos xogos máis importantes e queridos da franquicia retornará a nosas consolas en formato de alta definición e coa novidade de poder loitar online con todo o mundo.

Trátase de Soul Calibur II, un xogo que fixo historia e batiu récords de venda alá polo 2003.

Collendo como base a versión de Playstation 2, o xogo presentará como principais novidades un lavado de cara en HD, logros/trofeos e a opción de botar combates online, elemento inédito no programa orixinal.

Katsuhiro Harada, o principal director e productor de Tekken e Soul Calibur, aproveitou o anuncio para dar a coñecer que este será o seu derradeiro xogo, deixando no debandito lugar ó seu compañeiro Massaki Hosino.

strider1

Tras moitos anos sen poder catar o famoso ninja de Capcom, a distribuidora xaponesa decide traerlo de novo nas mans de Double Helix (Silent Hill Home Coming) nunha aventura de perspectiva 2.5D ó máis puro estilo Metroid clásico.

Nesta ocasión, Hiryu converterase no meior guerreiro da sua promoción obtendo como agasaio a misión de asasinar o Gran Mestre Meio, dictador do futuro planeta Terra no ano 048 do calendario Meio.

Cabe destacar que no xogo non esquecerase introducir unha boa cantidade de camiños alternativos e moitas opcións de personalización, coma no caso da mítica bufanda, que tornará de cor según a habilidade que teñamos equipada.

O xogo aparecerá no 2014 en formato dixital para a distintas plataformas de distribución de X360, PS3 e PC.

state-of-decay
Undead Labs confirmou que haberá unha versión para PC do xogo State of Decay neste mesmo 2013.

O xogo foi todo un éxito dende o seu lanzamento o pasado 5 de xuño a través de Xbox Live Arcade, onde xa acadou a cifra das 500.000 descargas, convertíndose no xogo orixinal que máis rápido acadou esa cifra.

Esta nova versión para PC terá mellora nos gráficos, maior resolución e maior taxa de imaxes, pero non terá diferente contido nin características.

“O que non terá a versión de PC serán ferramentas de modificación (por cuestións de tempo e probas), pero non temos ningunha obxección cos mods e estaremos moi atentos a ver con que nos sorprenden os xogarores de PC.”

O estudio tamén ten a intención de participar no programa “Steam’s Early Access”, no que os xogadores poderán ter acceso ás versións beta do xogo antes do lanzamento ao mercado da versión final do xogo.

Co éxito acadado, non é de estrañar que Phil Spencer, vicepresidente de Microsoft Studios, amosara o seu interés en levar o título á nova videoconsola Xbox One, facendo notar que o estudo ten grandes plans para a franquía.

GTA-5-setembro

Sen dúbida un dos xogos que máis está dando que falar estes días é o Grand Theft Auto 5, e como non podía ser doutro xeito, día a día van deixando caer pingas de información co afán de emocionar aos usuarios.

Hoxe foi Leslie Benzies, presidente de Rockstar North, quen aclarou que o ritmo do GTA 5 será moito máis intenso que os anteriores:

Penso que a estratexia dos anteriores GTA eran no momento correcto para as historias que queriamos contar, mais non para este momento. A día de hoxe queremos sorprender á xente con misións moi intensas dende o comezo. O ritmo do xogo é moito máis rápido que en calquera dos anteriores.

Xa dende o comezo queremos amosar todas as nosas mecánicas de xogo creando intensa acción. Os tres protagonistas do xogo xa levan tempo vivindo na cidade, non son xente nova como Niko ou Tommy Vercetti. Estes xa teñen os seus contactos, están integrados e teñen vidas ocupadas…

Estas características deberían darlle á xente un sentido inmediato de inmersión total.

Polo que parece vamos estar diante dun dos grandes desta xeración, conha dinámica máis áxil, acción dende o primeiro momento e como sempre, un enorme mundo por descubrir.

Por se aínda non vistes o gameplay de GTA 5, déixovolo para que o desfrutedes.

Anunciado o «F1 2013»

Por: Luns, 15 de Xullo de 2013, 21:00 COMENTAR

f1-2013
Codemasters anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento do F1 2013.

Como ven sendo habitual, nesta nova entrega, incluirán todos os circuitos, coches e pilotos da tempada 2013 de Fórmula 1.
O lanzamento está previsto para este outono para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e haberá dúas versións: F1 2013 e F1 2013: Classic Edition.

A maior novidade é un modo de xogo denominado F1 Classics, no que os xogadores poderán competir contra coches míticos dos anos 80 como o Williams, Lotus ou Ferrari nas mans de pilotos históricos como Mario Andretti, Nigel Mansell, Emerson Fitipaldi ou Gerhard Berger, entre outros moitos, en circuitos tan coñecidos como Brands Hatch e Xerez.

Na Edición Clásica incluirán un paquete con coches dos 90, como os Williams e Ferrari e pilotos como David Coulthard, Jacques Villeneuve, Eddie Irvine ou Alain Prost, entre outros.

Para os usuarios da versión normal do xogo, os paquetes Clásicos estarán dispoñibles como DLC.

Por outra banda, Steve Hood, director creativo de Codemasters, respondeu ás preguntas dos usuarios na súa conta de Twitter. Ante a pregunta dunha versión para a Wii U, respondeu que tería que ser un xogo moi diferente para simplemente poder funcionar na Wii U.

Á pregunta dunha versión para a PS Vita respondeu que simplemente non ten sentido financieiro para a compañía e xa teñen moitas cousas que facer.

mad-max
Despois do tráiler de presentación durante a conferencia de Sony no pasado E3, hoxe chéganos un novo tráiler titulado “Soul of a Man” de «Mad Max», videoxogo inspirado na mítica saga de cine que protagonizou Mel Gibson a comezos dos anos 80.

O lanzamento está previsto para 2014 para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

assassins-creed-black-flag-front
Ubisoft acaba de publicar un novo vídeo de 7 minutos de duración do «Assassin’s Creed IV: Black Flag» con comentarios do director creativo do videoxogo, onde podemos ver en acción ao novo protagonista, Edward, aos mandos do seu barco pirata loitando contra outros barcos, atacando fortes e como funcionan as melloras do barco para conseguir facer máis dano aos inimigos.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.

xbox-live-currency
Tal e como vos informabamos hai uns días, Microsoft estaba buscando xente que probase a que será a nova versión de Xbox Live.

A pesar do contrato de confidencialidade que os usuarios tiñan que firmar, non tardou en comezar a polémica na rede.
Unha das principais novidades desta actualización, como xa anunciaran no pasado E3, será a desaparición dos Microsoft Points (MSP), que serán reemprazados pola moeda local do usuario. En principio, queda moi bonito, non tes que andar a calcular a canto equivalen ‘X’ MSP cando mercas un xogo, un DLC ou o que sexa. O problema ven cando se fai o cálculo real do antes e o despois.

Actualmente, nas tendas oficiais, cada MSP custa 0,12 €. Así, 800 MSP custan 9,60 €, 1.200 MSP custan 14,40 €, etc. Segundo os prezos que aparecen na nova versión, agora subirán un pouco e os xogos pasarán a custar 9,99 € (+0,39 €) e 14,99 € (+0,59 €).
Tal e como se plantexa a cousa, podería darse o caso que vaias a unha tenda e, por poñer un exemplo, merques unha tarxeta para descargar o novo DLC “Call of Duty Black Ops II: Vengeance” que engadirá os 1.200 MSP necesarios á túa conta. Despois da actualización e conversión deses MSP, comprobarás que o teu saldo non é suficiente para mercar o DLC.

Dende Microsoft, xa se apresuraron a dicir que foi un erro non intencionado e prometen reembolsar aos usuarios que pagaron ese sobreprezo.

Os que actualmente tedes saldo de MSP na vosa conta, non vos preocupedes que non os perderedes: faran a conversión e teredes o saldo na vosa moeda local.

O novo xogo de Rambo

Por: Xoves, 11 de Xullo de 2013, 10:20 1 COMENTARIO

Rambo-The-Video-Game-600x369

Cando escasean as novas ideas, un recurso pode ser reutilizar o existente. E se lle acae un pouco o termo “retro” terás certo interese garantido polo público. E esto se pode decir polo momento deste novo “Rambo The Video Game”, título de acción en primeira persoa no que repetiremos escenas das tres primeiras películas, coma as fuxidas polo bosque en “Acurralado”, ou dispararlle frechas con cabeza explosiva aos helicopteros soviéticos no Afganistán de “Rambo 3”. Quédame a dúbida de se poderemos xogar partidos do xogo tradicional afgano de ir a cabalo e marcar tantos cun cabrito morto a modo de pelota. O lanzamento está previsto para este ano, e poderase xogar en PC, Xbox360 e PS3, mentres tanto podemos facernos unha idea do que nos agarda con este tráiler:

lost-planet-3-logo
Capcom publicou un novo tráiler da que será a terceira entrega da saga Lost Planet no que o protagonista, Jim Peyton nos narra as dificultades da supervivencia en E.D.N III, planeta no que terá lugar a acción do xogo.

Ademáis, para aqueles que reserven o xogo antes do seu lanzamento, terán como premio o «Freedom Fighter Pack», que contará con 5 personaxes para o multixogador e actualizacións de armas exclusivas.

O lanzamento está previsto para o 30 de agosto en Europa para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

gtav
Rockstar acaba de publicar un novo tráiler con imaxes ingame do vindeiro «Grand Theft Auto V» onde nos fan unha breve presentación das características que incluirá o xogo.

O lanzamento está previsto para o 17 de setembro para PlayStation 3 e Xbox 360.

summer-of-arcade-2013
Como cada ano, Microsoft lanzará a promoción de rebaixas «Summer of Arcade» en agosto nos seguintes catro títulos de Xbox Live Arcade:

  • «Brothers: a Tale of two Sons» (505 Games), o 7 de agosto por 1.200 Microsoft Points.
  • «Charlie Murder» (Microsoft Studios), o 14 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Flashback» (Ubisoft), o 21 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows» (Activision), o 28 de agosto por 1.200 Microsoft Points.

Ademáis, ao mercar dous xogos calquera dos anteriores, recibirás «Souls Pack for Ascend: Hand of Kul» de balde.