Moitos proxectos saen da man de verdadeiros fans de videoxogos e a ningún se lle pode increpar nada pola súa falta de recursos.

Hoxe tócalle a un tráiler falso dunha hipotética película con actores reais sobre Dead Space. Aínda que a tensión claustrofóbica non a conseguen transmitir, a realización é impecábel.

Se queredes ver como se fixo

Creado por | devinsupertramp

Excelente montaxe na que grandes títulos clásicos teñen sons da actual xeración. Mención especial ao Pacman ou Zelda.

Vía | Youtube

AVISO: CONTÉN SPOILERS!!!

Se fixesen un videoxogos nos 90 desta “serie”, así é como sería…

Por: | DoctorOctoroc

remember-me-2

A compañía nipona Capcom ven de publicar os requisitos de hardware que terá o videoxogo futurista «Remember Me»

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows Vista/XP, Windows 7, Windows 8
  • Procesador: Intel Core 2 Duo 2.4 Ghz ou mellor, AMD AthlonTM X2 2.8 Ghz ou mellor
  • Memoria: 2 GB RAM
  • Disco duro: 9 GB
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce 8800GTS ou mellor, ATI RadeonTM HD 3850 ou mellor
  • DirectX: 9.0c ou maior

Requisitos recomendados

  • Sistema Operativo: Windows Vista, Windows 7, Windows 8
  • Procesador: Intel CoreTM 2 Quad 2.7 Ghz or better, AMD PhenomTM II X4 3 Ghz or better
  • Memoria: 4 GB RAM
  • Disco duro: 9 GB
  • Tarxeta gráfica: NVIDIA GeForce GTX 560 ou mellor

No seguinte tráiler, Capcom amósanos os inimogos que atoparemos ao longo do videoxogo.

Está prevista a súa saída para o vindeiro 7 de xuño.

cabecera-dead-island

Xa na recta final antes do lanzamento da nova entrega de Dead Island, comeza a campaña de márketing e neste caso traémosvos un dos anuncios que serán emitidos na televisión.

A súa saída en Europa está prevista para o vindeiro 26 de abril.

Super Mario World claqué

Por: Mércores, 3 de Abril de 2013, 12:43 COMENTAR

Mario salta moito, mais non creo que mova os pés deste xeito

Fonte | Youtube

[Tráiler] Thief

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 13:15 2 COMENTARIOS

Aínda que o único que sabemos deste título é que sairá para PS4, PC e outras consolas de próxima xeración, Square Enix xa lanza o primeiro tráiler de Thief.

Meterémonos na pel dun experto ladrón no que parece que haberá absoluta liberdade de movemento para realizar os nosos propósitos, todo isto nunha perspectiva en primeira persoa e polo que parece cunha ambientación bastante escura.

Por certo, non vos recorda algo a Dishonored?

AVISO: CONTÉN SPOILERS!!!

Se fixesen un videoxogos nos 90 desta serie, así é como sería…

Por: | DoctorOctoroc

10 xogos bizarros

Por: Xoves, 28 de Marzo de 2013, 16:55 COMENTAR

10 – Toilet Kids

Manexa un rapaz que foi absorbido por un portal que estaba no seu váter. Ten que vencer os seus inimigos con caca.

9 – Seaman

Usa un micrófono para falar e coidar este Seaman. O Seaman é un peixe cunha grotesca cara humana que precisa coidados constantes para sobrevivir.

8 – 78641

Aventura surrealista onde xogas varios minixogos. Á parte, es unha frixideira que vende xoguetes sexuais.

7 – Exodus

Guía Moises a través de 100 niveis até chegar á Terra Prometida. Dispara a palabra de Deus a malvados israelitas e responde preguntas de múltipla escolla sobre a Biblia.

6 – Socks The Cat Rocks The Hill

O animal de compañía de Bill Clinton derrota espías terroristas, Richard Nixon e George Bush Sr. O xogo nunca foi lanzado.

5 – Michael Jackson’s Moonwalker

Detén o xenio psicópata Mr. Big facendo o Moonwalk, xurdindo e danzando para atacar. O obxectivo do xogo é que Jackson salve nenos…

4 – Boong-ga Boong-ga

Perturbador xogo de Arcade xaponés de dar azoutes. Castiga diferentes personaxes, como a ex-moza, batendo nun control con forma de cu.

3 – Ai Cho Aniki

Este éxito de culto xaponés é incribelmente homoerótico. Podes imaxinar: grandes músculos, ameixas caendo, cabezas de bebé en patas de ra e poses moi suxestivas.

2 – Mister Mosquito

Controla un mosquito que chupa o sangue a unha familia. Inclúe un nivel onde o obxectivo é a atraente filla mentres está a tomar un baño.

1 – Icarus Proudbotom In The Curse Of The Chocolate Fountain

Propulsado por un chorro de caca, Icarus Proudbottom debe derrubar asteroides e nazis. Cando leva un golpe, cáelle a roupa.

Fonte | All Time’s 10