O mundo a través dos ollos de Ryu
Fonte | Twitter de Vsauce3
O mundo a través dos ollos de Ryu
Fonte | Twitter de Vsauce3
Esta é unha desas historias que te enchen de vitalidade, que te fan crer nun futuro, porque así é como nos gustaría acabar a moitos.
Hilda Knott ten 85 anos, e desde hai corenta non deixa de xogar aos videoxogos. E cando nos referimos a videoxogos falamos de títulos serios, non de Imaxina ser Modelo ou similares. Estamos a falar de xogos como GTA IV ou Disgaea.
Hilda comenta a súa experiencia:
“Os videoxogos son unha excelente forma de traballar a mente, estar activa, resolvendo quebracabezas e demais riscos.”
Unha historia para contar aos netos. E no caso dela, literalmente.
Unha curtametraxe de vinte minutos protagonizada polo noso ourizo azul antropomórfico favorito… que máis se pode pedir?
Creado por | Blue Core Studios
Web oficial | http://www.sonicfanfilm.com/
Páxina do FB | https://www.facebook.com/sonicfanfilm
O mellor de todo é que ti tamén podes telo! Só tes que baixar este Mod! Nunca matar foi tan adorábel!
Sabía que era iso o que acontecía!
Vía | Geeks are Sexy
A dura vida dun Goomba en primeira persoa, resumida neste vídeo de 4 minutos.
Fonte | Geeks are Sexy
A aventura de Link a través dunha chea de dispositivos (de Apple) para salvar a princesa Zelda. Simplemente… abraiante.
Vía | Geeks are Sexy
Na rede hai vídeos de todos os tipos, pero só algúns son verdadeiramente dificiles de describir.
Abonda con botarlle un vistazo e percatarse disto.
Nunha carreira entre os personaxes dos vídeoxogos clásicos… quen gañaría?
Vía | Geeks are sexy
Rockstar Games ven de lanzar o primeiro trailer da próxima entrega da saga Grand Theft Auto, o GTA V. Está previsto que saia ao mercado na primavera de 2013.
Navy pode chegar a ser realmente molesta…
Vía | Geeks Are Sexy
Pasándome por Anaitgames vexo unha curtametraxe baseada na terceira entrega da saga Assassin´s Creed que resultada bastante espectacular, non só pola calidade da batalla que presenciamos, senón tamén por localización e ambientación.
Continua resultando gratificante ver como pequenas curtas conseguen achegarse bastante ao propio videoxogo, mentres que os filmes que sacan no cinema, con todos os millóns invertidos, son proxectos para o esquezo.