madmax-frikarte

A resurreción do mundo post-apocalíptico de Mad Max en forma de videoxogo que tiña en mente os mozos de Avalanche Studios non se corresponde coa visión orixinal, onde o protagonista ademáis de ser australiano, por lóxica, conta cunha voz australiana. Tal é así que para dar vida o personaxe, antaño interpretado por Mel Gibson, contrataron un actor norteamericano.

As queixas dos fans non tardaron en aparecer. Primeiro defenderon que a pureza do personaxe non debía ser mancillada, máis tarde pasaron á acción facendo unha recollida de firmas para que o estudio contrate un actor australiano.

Sen embargo, as queixas non viñeron só das bocas dos fans do famoso guerreiro, o portal Ausgamers cuestionou a elección da voz por parte de Avalanche, criticándoa por ser demasiado xenérica para a figura tan emblemática que ten que representar.

Mad Max será un videoxogo insignia para a vindeira xeración do que se descoñece a estas alturas o xénero que abarcará.

darksiders_by_shalizeh-d3llwsl

Nordic Games, o estudio que adquiriu recentemente os dereitos de desenvolvemento da licencia tras a bancarrota de THQ, asegura que os próximos títulos da franquicia seguirán mantendo o espírito que sempre caracterizou a saga.

De feito, as seguintes declaracións de Reinhard Pollice no medio Joystic parecen confirmalo:

Hai que saber seleccionar coidadosamente as series que se están a preparar para unha nova secuela ou entrega. Nos queremos dar ós fans aquilo que coñecen do pasado da franquicia e lles gusta, levándoo a un nivel superior. O que ti como xogador esperarías dunha secuela.

No referente a Darksiders:

Falamos dunha serie realmente grande. Sabemos que precisamos un socio para ela. Falamos con vellos membros do equipo [de desenvolvemento] e, se están libres, queremos que se involucren de algunha maneira na nova entrega. Se lles permite porque, como sabedes, algúns deles encontraron outros traballos ou están en Crytek por agora. Non esperaría un Darksiders 3 antes de dous anos.

 

mgs5
Segundo as declaracións de Hideo Kojima nunha entrevista durante a celebración do E3 2013 fai uns días, en Metal Gear Solid 5: The Phantom Pain os usuarios poderán crear as súas propias misións de xogo, grazas sobre todo, á maior libertade de acción e movemento que o xogador terá dentro do mundo do xogo.

O primeiro motivo polo que quixen facer un mundo aberto é porque quería crear un mundo con maior libertade e que permitise aos usuarios crear o seu propio xogo.

O outro motivo é que queriamos empregar múltiples dispositivos para este xogo. Así que empregando tablets e smartphones tamén podes desfrutar MGS5 e crear misións propias dentro do mundo. Ese é outro motivo polo que tiñamos que facer un mundo aberto – se fose lineal, non poderiamos facer iso.

Na entrevista, non entrou en moitos detalles sobre á que se refería exactamente coas “misións creadas polos usuarios”, pero a posibilidade de poder crealas nun mundo de Metal Gear Solid é enorme.

Por outra banda, Kojima anunciou que Metal Gear Solid terá unha gran sorpresa nas tendas para os fans de MGS, deixando entrever unha innovadora característica nunca antes vista.

Esta nova entrega da saga Metal Gear Solid, aínda sen data de lanzamento confirmada (previsto para este 2013, iso si), estará dispoñible para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

No trailer de MGS 5 que puidemos ver durante a conferencia de Microsoft no E3 puidemos ver, ademáis do mundo aberto, efectos meteorolóxicos en tempo real, varios tipos de transportes, paso do tempo realista, entre outras cousas. Por se aínda non o víchedes:

Cando aínda non remataron as series finais da NBA, 2K sports xa adianta quen será a portada da vindeira edición do xogo deportivo máis premiado, o NBA2K, e faino apostando sobre seguro, escollendo ao que ten case que todas as papeletas para facerse co seu segundo anel (co permiso de Tony Parker e os seus Spurs), a megaestrela da NBA e actual MVP da liga regular, Lebron James.

NBA-2K14-portada-LeBron-James

Portada do NBA2k14 de 2K Sports

Volve así a saga a darlle protagonismo absoluto na portada a un so xogador actual, cousa que non acontecía desde a aparición de Kobe Bryant na edición de 2010. Xa que en 2011 recurriron a Michael Jordan, en 2012 ensaiaron con distintas portadas de xogadores clásicos e na edición de 2013 amosaron en portada á tripleta formada por Kevin Durant, Blake Griffin e Derrick Rose (na versión que se comercializou nestes lares substituíuse a Durant por Marc Gasol)

A compañía aproveitou a atención suscitada polo final de temporada para publicar nun curioso anuncio a colaboración do #6 dos Miami Heat:

 

Tamén no E3 de Los Angeles se viu un breve adianto de como lucirá o xogo na nova xeración de consolas, mais deixandolle todo o protagonismo, e por partida dobre, a “The King” James:

 

O xogo estará dispoñible a partir do vindeiro 4 de outubro para Xbox 360 e PS3, e coas súas saídas á venda para as novas Xbox One e PS4, sendo a notable a ausencia dunha versión para Nintendo Wii U.

No último trimestre poderemos logo comprobar se 2K Sports seguen a ser os reis do baloncesto virtual, ou ceden ventaxa hacia os seus competidores, xa que cómpre lembrar que, desta vez semella que si, EA Sports recuperará a súa franquicia NBA Live logo de tres anos consecutivos adíando o proxecto ao non conseguiren un producto de suficiente calidade.

Primeiro gameplay de InFamous: Second Son

Por: Mércores, 12 de Xuño de 2013, 12:59 COMENTAR

Xa temos visto bastantes tráilers desta nova entrega de InFamous para a PS4, mais esta vez é a primeira que vemos o xogo real en movemento.

Como podedes ver o efecto das partículas é impresionante, non tanto a recreación da cidade que esperemos que se compense coa diversión, pero polo que parece espectáculo non vai faltar.

Case todo é destructíbel e podemos observar algúns dos poderes do protagonista, incluído o movemento final.

Botádelle un ollo e comentade o que vos parece.

Por fin, onte ás tres e pico da mañá e cun cuarto de hora de retraso daba comezo a conferencia que máis impacientes nos tiña a todos, a conferencia de Sony e da súa PS4.

Ler o resto da entrada »

Resumo da conferencia de Ubisoft

Por: Martes, 11 de Xuño de 2013, 12:48 COMENTAR

UBI_4
Ubisoft empezou a súa presentación no gran evento dos videoxogos de maneira musical, co guitarrista de Alice in chains configurando o Rocksmith en “Modo sesión” para tocar un pouco, o xogo en sí quizáis non é o máis interesante (parece unha mellora do anterior xogo, un xogo musical que con pretensión de aprender a xente a toca-la guitarra), pero empezar cun pouco de rock antes dos videoxogos non ben mal, non foi tan mal comezo.

Seguiron cunha pequeña charla da presentadora sobre os obxetivos de Ubisoft (a típica charla que lle escriben os de Marketing) sazonándoa co seu “leitmotiv” da noite, os chistes malos. Olvidando a falta de gracia da presentadora,   os seguintes títulos presentados eran xa coñecidos, o novo Splinter Cell: Blacklist e o  preciosísimo Rayman Legends. No primeiro se limitaron a ensinarnos un novo trailer cinemático, mentres que co Rayman ó trailer engadíronlle algo de gameplay.


 

 

Para continuar co toque de color e humor, presentáronse outros dous novos títulos, un xogo social de estratexia e aventura centrado na idea de robuar diñeiro os adversarios e protexer o tesouro roubado, co nome de “The mighty Quest of Epic Loot”, e o esperado (polo menos por min) “South Park: The stick of Truth”. Aínda que ambos, malía o divertido dos trailers, volveuse a botar de menos algo de gameplay.


 

E aquí chegou a presentación da gran novidade pola que Ubisoft parece apostar “The Crew” (tendo en conta o tempo que lle adicaron). Un xogo de conducción tipo arcade, moi centrado no que parece que vai ser a tónica de este ano, a interconectividade entre xogadores, o mundo aberto (A coletilla máis repetida na conferencia) e a axuda de pantallas secundarias, coma tablets, así como na customización dos autos. En xeral o que mostraron non chegou a convencerme moito, pese ó bombo que lle deron.


 

Despois mostraron un trailer do que foi a sorpresa do ano pasado: “Watchdogs”, un xogo do cal a idea paréceme unha marabilla (un vixilante que se aproveita da vulnerabildiade que temos agora todos gracias a internet e os teléfonos de última xeración), pero do que só amosaron outro trailer cinemático.

Tras crear máis espectación decidiron pasar de novo ós xogos casuais coa presentación da nova entrega de “Just Dance”, un deses xogos de facer o rídiculo pretendendo bailar diante do televisor, e “Rabbit Invasion”, unha serie infantil de televisión, que vai contar con compoñenetes interactivos.

Chegou entón o momento de encauzarse de novo ó que é público obxetivo do E3, primeiro cun título que tamén todos coñecíamos, e do que non se viu nada realmente novo, de novo máis trailers cinemáticos e nada de gameplay, co cal díficil é decidir por agora se a saga parece seguir no seu descenso ou remontará frente a anterior e tediosa entrega. Tamén amosaron algo dos dous novos Trials, un para móbiles e o outro para consolas da nova xeración.

A conferencia rematou presentando cun trailer que pretendía emular o do ano pasado de Watchdogs, e que nos presentaba a nova IP de Ubisoft: The division. Un MMO con toques RPG, cunha ambientación postapocalíptica, que personalmente lembroume moito a películas coma “Soylent Green” ou “A estrada”. E deste sí, por fin ensinaron algo do xogo.

A impresión final que levo da conferencia é moi mediocre. Pese presentar algunhas novidades, a maioría do presentado que interesaba, non deixaban de ser xa coñecido e pólo tanto causou pouco impacto. E o peor preferiron trailers a a amosarnos directamente os xogos. Se tivera que quedarme con algo, quedaría con The division, é unha idea interesante, que ben levada pode dar moito de sí. e xunto con “The crew” a única novidade real que se presentou.

 

Xogos de PS4 a 99.99$?

Por: Xoves, 23 de Maio de 2013, 15:50 2 COMENTARIOS

wathdogps4precio

Non gañamos para disgustos nestes días, e se a Xbox One non está a gustar á comunidade de xogadores (non me sorprende en absoluto), agora volvemos botar ás mans á cabeza a causa dun rumor.

A tenda Amazon púxolle prezo aos títulos de PS4, concretamente a Assassin´s Creed 4:Black Flag, Thief e Watch Dogs, e isto non sería nova se non fose polo prezo desorbitado: 99.99 dólares.

Obviamente non hai nada confirmado, pero debemos ter en conta que Amazon é unha tenda suficientemente importante como para, como mínimo,ter medo deste rumor.

Esperemos que finalmente só quede nun susto. Seguiremos informando.

heavy-rain
Segundo as verbas do co-presidente de Quantic Dream, Guillaume de Fondaumiere, no festival Digital Dragons en Polonia, o videoxogo de 2011, Heavy Rain, ingresou nas arcas de Sony 100 millóns de dólares, defendendo así os videoxogos experimentais.

Estes proxectos foron e son rendibles, ata certo punto.”
“Dareiche un exemplo que coñezo: Heavy Rain. Digamos que crear «Heavy Rain» costou 22 millóns de dólares. Coas campañas de márketing, quizáis 30 millóns. Se lle sumamos a distribución, 40 millóns. Sony ingresou 100 millóns con este xogo, así que é moi rendible. É o tipo de marxe de beneficios que toda empresa quere para calquer videoxogo.”

A súa compañía lanzará en xuño Beyond: Two Souls, exclusivamente para PlayStation 3. O estudio tamén está a traballar nun videoxogo para as videoconsolas de nova xeración cun motor totalmente novo, como se puido ver na “presentación” da PlayStation 4.

(Imaxes exclusivas de IGN, e amosan máis información do xogo que o propio tráiler)

Ao mellor o nome de Shinji Mikami non vos di nada, mais se vos digo que é o pai de títulos como Resident Evil ou Devil May Cry comezades a comprender a expectación que está provocando co seu novo proxecto.

Bethesda foi a que sacou á luz o anuncio do seu próximo videoxogo, The Evil Within, un título non apto para menores de idade e que promete sustos e medo por partes iguais.

Estas foron as palabras de Mikami:

No noso equipo estamos centrados en crear unha nova franquicia que proporcione aos fans o equilibrio perfecto entre terror e acción.

Tamén confirmou que The Evil Within sairá en 2014 para PC, Xbox 360,PS3 e consolas de próxima xeración.

Novo vídeo de Destiny

Por: Venres, 29 de Marzo de 2013, 16:00 COMENTAR

destiny
Bungie acaba de lanzar un novo vídeo de Destiny, xusto despois da súa intervención no GDC en San Francisco, co arte conceptual no proceso de creación das personaxes do videoxogo.

Está previsto que saia para PlayStation 3 e PlayStation 4, se ben aínda non hai unha data de lanzamento, todo parece indicar que non será neste 2013.