gta-4-hd-wallpaper
Nun recente informe de resultados da compañía distribuidora Take Two, anunciaron que o «Grand Theft Auto IV» acadou a cifra dos 25 millóns de copias vendidas, despois de acadar os 11 millóns no seu primeiro mes no mercado.

A pesar de estar no mercado dende 2008, o Grand Theft Auto IV segue a ser un dos que mellores resultados económicos lle segue a dar á compañía, moi preto de títulos recentes como o «Borderlands 2», «Bioshock Infinite» ou «NBA 2K13», por exemplo.

Con estas cifras de vendas, a saga Grand Theft Auto acadou os 125 millóns de copias vendidas, dende a súa estrea en 1997.

saintsrow4
O Consello Australiano de Clasificación (ACB, nas súas siglas en inglés) rexeitou a clasificación do «Saints Row 4» no seu segundo intento de superar as probas.

A pesar da creación da nova categoría de clasificación R18+ a comezos deste mesmo ano, as autoridades do país xa son ben coñecidas pola súa dureza cos videoxogos, chegando en moitos casos á prohibición da súa venda no país, como pasou recentemente con State of Decay.

A inclusión no xogo de certas escenas violentas e substancias ilícitas como incentivo ou recompensa son os principais motivos polos que os tres membros que forman o consello rexeitaron a clasificación do xogo.

Pese a isto, aínda hai esperanzas para os xogadores do país: Volition, compañía creadora do xogo, está a traballar no código do xogo para crear unha versión “censurada” do xogo, coa que agardan obter a clasificación e poder vender o xogo en Australia.

O lanzamento en Europa está previsto para o vindeiro 23 de agosto en PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Sony publicou recentemente un vídeo de pouco máis de 1 minuto de duración no que comparan o tamaño da súa actual videoconsola PlayStation 3 coa vindeira PlayStation 4. A través de varios planos comparativos, podemos apreciar o reducido tamaño que terá a nova videoconsola se a comparamos coa súa predecesora.

Anunciado o «WRC 4»

Por: Sábado, 27 de Xullo de 2013, 10:00 COMENTAR

fiawrc3
A compañía Bigben Interactive anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento da nova entrega do simulador de rallies WRC: FIA World Rally Championship 4, que está a crear Milestone Studios. Toman así o relevo de Black Bean Games, creadora das entregas anteriores da saga.

O xogo oficial do Campionato Mundial de Rallies deste 2013 incluirá todas as probas do calendario, así como os mellores equipos e pilotos da competición.

Extracto da nota oficial publicada pola compañía:

Seguindo os pasos das entregas anteriores da serie, WRC 4 contará cunha incrible mezcla de elementos con alto detalle gráfico e son real no xogo. Todas estas melloras son posibles grazas ao apoio da comunidade. As principais características que incluirá o xogo son: lealdade á licenza, unha experiencia de xogo emocionante, accesibilidade para os xogadores novatos e un modo de xogo en liña dinámico e competitivo.

Entre as novidades desta edición de 2013, os xogadores terán a oportunidade de probar novas condicións de iluminación, novos efectos climáticos, dependendo do tramo e un novo modo carreira para colocar ao xogador na pel dun piloto real. Realismo e inmersión son dous do piares máis importantes do desenvolvemento, con impresionantes ambientes 3D e un sistema HDR que asegurará o mellor rendemento do xogo.

O lanzamento está previsto para o vindeiro outubro para PC, PS Vita, PlayStation 3 e Xbox 360.

injustice-gods-among-us
Segundo varias mensaxes escritas por Ed Boon, director creativo de NetherRealm na súa conta de Twitter, deixou entrever que, ademáis do vindeiro DLC «Martian Manhunter», haberá máis DLC’s para o videoxogo «Injustice: Gods Among Us», que incluirán novas personaxes, entre as que poderían estar Riddler e Zatanna

O DLC «Martian Manhunter» estará dispoñible o vindeiro 30 de xullo.

f1-2013_1
Fai algúns días, tal como vos informamos nesta nova, Codemasters anunciaba a vindeira entrega do xogo de carreiras de Fórmula 1, o F1 2013.

Hoxe mesmo a compañía anunciou a data oficial de lanzamento, prevista para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft publicou un novo vídeo ingame estendido de 13 minutos de duración do vindeiro «Assassin’s Creed IV: Black Flag» que amplía o vídeo de 7 minutos que publicaran hai cousa de dúas semanas. Como no anterior, o vídeo conta cos comentarios do director do xogo, Ashraf Ismail.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.

saintsrow4

A febre dos DLCs continúa aberta até o final desta xeración, anunciando estes incluso antes da saída do propio videoxogo.

Un dos exemplos claros é Saint´s Row 4 que acaba de anunciar , “Enter the Dominatrix”, o seu primeiro DLC que sairá 45 días despois do seu lanzamento en consolas.

Enter the Dominatrix meteranos nun falso documental no que tampouco faltará o humor e as tolerías propias desta saga. Saber que este título é o que sería un DLC para Saint´s Row The Third aínda que finalmente rematou sendo a cuarta entrega, polo tanto contade con ter mencións a este feito.

Poderedes adquirir Saint´s Row 4 o 23 de agosto para Playstation 3, Xbox 360 e PC.

1001528_574138609296142_1875514491_n

Tralo quinto título, a saga Soul Calibur deu un baixón en calidade que os fans non souberon encaixar de boa fe, sen embargo, a segunda saga insignia de loita de Namco-Bandai non quere deixar o listón polo chan e hoxe anunciouse que uns dos xogos máis importantes e queridos da franquicia retornará a nosas consolas en formato de alta definición e coa novidade de poder loitar online con todo o mundo.

Trátase de Soul Calibur II, un xogo que fixo historia e batiu récords de venda alá polo 2003.

Collendo como base a versión de Playstation 2, o xogo presentará como principais novidades un lavado de cara en HD, logros/trofeos e a opción de botar combates online, elemento inédito no programa orixinal.

Katsuhiro Harada, o principal director e productor de Tekken e Soul Calibur, aproveitou o anuncio para dar a coñecer que este será o seu derradeiro xogo, deixando no debandito lugar ó seu compañeiro Massaki Hosino.

strider1

Tras moitos anos sen poder catar o famoso ninja de Capcom, a distribuidora xaponesa decide traerlo de novo nas mans de Double Helix (Silent Hill Home Coming) nunha aventura de perspectiva 2.5D ó máis puro estilo Metroid clásico.

Nesta ocasión, Hiryu converterase no meior guerreiro da sua promoción obtendo como agasaio a misión de asasinar o Gran Mestre Meio, dictador do futuro planeta Terra no ano 048 do calendario Meio.

Cabe destacar que no xogo non esquecerase introducir unha boa cantidade de camiños alternativos e moitas opcións de personalización, coma no caso da mítica bufanda, que tornará de cor según a habilidade que teñamos equipada.

O xogo aparecerá no 2014 en formato dixital para a distintas plataformas de distribución de X360, PS3 e PC.

GTA-5-setembro

Sen dúbida un dos xogos que máis está dando que falar estes días é o Grand Theft Auto 5, e como non podía ser doutro xeito, día a día van deixando caer pingas de información co afán de emocionar aos usuarios.

Hoxe foi Leslie Benzies, presidente de Rockstar North, quen aclarou que o ritmo do GTA 5 será moito máis intenso que os anteriores:

Penso que a estratexia dos anteriores GTA eran no momento correcto para as historias que queriamos contar, mais non para este momento. A día de hoxe queremos sorprender á xente con misións moi intensas dende o comezo. O ritmo do xogo é moito máis rápido que en calquera dos anteriores.

Xa dende o comezo queremos amosar todas as nosas mecánicas de xogo creando intensa acción. Os tres protagonistas do xogo xa levan tempo vivindo na cidade, non son xente nova como Niko ou Tommy Vercetti. Estes xa teñen os seus contactos, están integrados e teñen vidas ocupadas…

Estas características deberían darlle á xente un sentido inmediato de inmersión total.

Polo que parece vamos estar diante dun dos grandes desta xeración, conha dinámica máis áxil, acción dende o primeiro momento e como sempre, un enorme mundo por descubrir.

Por se aínda non vistes o gameplay de GTA 5, déixovolo para que o desfrutedes.

Anunciado o «F1 2013»

Por: Luns, 15 de Xullo de 2013, 21:00 COMENTAR

f1-2013
Codemasters anunciou oficialmente o vindeiro lanzamento do F1 2013.

Como ven sendo habitual, nesta nova entrega, incluirán todos os circuitos, coches e pilotos da tempada 2013 de Fórmula 1.
O lanzamento está previsto para este outono para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 e haberá dúas versións: F1 2013 e F1 2013: Classic Edition.

A maior novidade é un modo de xogo denominado F1 Classics, no que os xogadores poderán competir contra coches míticos dos anos 80 como o Williams, Lotus ou Ferrari nas mans de pilotos históricos como Mario Andretti, Nigel Mansell, Emerson Fitipaldi ou Gerhard Berger, entre outros moitos, en circuitos tan coñecidos como Brands Hatch e Xerez.

Na Edición Clásica incluirán un paquete con coches dos 90, como os Williams e Ferrari e pilotos como David Coulthard, Jacques Villeneuve, Eddie Irvine ou Alain Prost, entre outros.

Para os usuarios da versión normal do xogo, os paquetes Clásicos estarán dispoñibles como DLC.

Por outra banda, Steve Hood, director creativo de Codemasters, respondeu ás preguntas dos usuarios na súa conta de Twitter. Ante a pregunta dunha versión para a Wii U, respondeu que tería que ser un xogo moi diferente para simplemente poder funcionar na Wii U.

Á pregunta dunha versión para a PS Vita respondeu que simplemente non ten sentido financieiro para a compañía e xa teñen moitas cousas que facer.