Será a quinta parte de Metal Gear?

Por: Luns, 18 de Maio de 2009, 9:59 COMENTAR

Todos estaban esperando ansiosos este día, xa que sería cando nos mostrasen algo máis da enigmática imaxe que sorprendeu a todo o mundo. Pois lonxe de aclararnos as nosas dúbidas, os de Kojima Team insertan na súa web un misterioso número cinco, reducindo así as posibilidades do seu próximo proxecto.

Podemos estar confundidos,e en vez de un cinco estemos a falar dunha S de Snatcher, un xogo de culto para a Sega CD, ou por suposto, como todos estades pensando, pódese tratar da quinta parte de Metal Gear .

Polo de agora só podemos facer especulacións idiotas e innecesarias que tanto nos gusta aos que estamos sumerxidos neste entorno.

Atención con este nome, Earth No More

Por: Domingo, 17 de Maio de 2009, 12:28 COMENTAR
Unha nova sorpresa nos deparou este domingo mollado. Cada vez que sae ao panorama dos videoxogos un nome totalmente descoñecido e que aporta un plantexamento orixinal, comezo a refregar as mans.

Isto é precisamente o que nos trae Earth No More, proposta dos finlandeses Recoil Games, xogo de acción aínda que con pinceladas de rol ( como conversacións tipo Mass Effect ), na que nos sumerxiremos nun mundo invadido por plantas velenosas.
Este shooter contará co potente motor gráfico Unreal Engine 3 ( que tan bos resultados deu noutros xogos), e aínda que non se sabe moito sobre este proxecto preténdese que conteña un cooperaativo e un multixogador online.
Aínda non están confirmadas en qué plataformas sairá, pero os creadores pretenden que chegue á Xbox 360 e Playstation 3.
Como se vé nas imaxes o xogo non pinta nada mal, aínda que teremos que esperar para saber concretamente cal será a nosa misión no planeta invadido, pero se non fallan no plantexamento do videoxogo, Earth No More pode dar moito que falar.

Vídeo extendido de Uncharted 2: Among Thieves

Por: Sábado, 16 de Maio de 2009, 10:07 COMENTAR

Olvidádevos por completo do vídeo anterior, que agora chéganos o vídeo co que de verdade se aprecia a calidade do videoxogo.
Un nivel de detalle impresionante, unha física mellorada, unha interactuación co escenario perfecta e salpicado con escenas de acción xunto con outras de infiltración.
Parece que ten todas as papeletas para superar á primeira entrega, pero sigo cismando no mesmo de sempre, cómo será a duración?.Moito me temo que todos sabemos a resposta.

En catro mesiños poderémolo disfrutar nas nosas propias pantallas, sen necesidade de ter que ver pequenos gameplays.

Vídeo ( legal ) de Uncharted 2 :

Por: Venres, 15 de Maio de 2009, 13:12 COMENTAR

Se fai unhas semanas recibiamos un vídeo gameplay de Uncharted 2, “roubado” por algún infiltrado, agora foi anunciado oficialmente.

Estaremos de acordo en que o xogo vese impresionante ( xa o anterior non tiña ningunha dúbida, ningunha), pero temo que se volva tan curto como a primeira parte, e coas críticas que recibíu xustamente por este feito, penso que deberían facer algo ao respecto.
Xa teñen un público fixo que lle mercarán o xogo fagan o que fagan, así que non creo que se preocupen en aumentar este apartado

Onde está Fisher?
É un dilema, pero polo menos sabemos que o seu novo xogo non está morto ( cousa que temía despois dos infinitos retrasos que sufríu este título).
Parece ser que se emitiron dúas pistas para demostrarnos que Fisher está preparando a súa volta. A primeira é un vídeo:

Sí, eu tamén esperaba algo máis, pero hai que aturar e esperar.
A segunda é esta imaxe, na que se nos mostra tres ocos de balas que nos recordan ás míticas gafas que utiliza Sam para levar a cabo as súas misións.

Non teño nin a máis remota idea de como será a seu proxecto. Fai un tempo amosaran imaxes de Sam escapando dos gardas, pero co tempo que pasou esto puido cambiar.
Non sei que sorpresas nos terás gardadas, pero teño moitas ganas ( ou ansias) de catar este videoxogo

Periférico de Tony Hawk

Por: Venres, 15 de Maio de 2009, 11:32 COMENTAR

O deporte extremo volve ás nosas consolas, desta vez da man do skate, e na nova entrega de Tony Hawk: Ride teremos unha novidade consistente, a inclusión dun novo periférico en forma de monopatín.

Non teño moi seguro que vaia ser un éxito, tanto pola excisiva enormidade do aparato (hai monopatíns ben máis pequenos), como polo cansado que será xogar a este título.
Non digo que os primeiros días teña a súa graza subirse na táboa e simular saltos e outra peripecias similares, ademáis que tamén teremos que premer os botóns lateriais do periférico para conseguir novas acrobacias, pero, cánto durará esta motivación inicial?.
O mellor son eu, que prefiro o pad de toda a vida, pero se xogo é para relaxarme e non reventarme na miña habitación facendo o idiota.
Non sei como rematará isto, e aínda que me gusta que se proben cousas novas neste mundo tan igual, o pad tradicional, é o pad tradicional.
O vídeo que se amosa paréceme que pertence ás versións de Playstation 3 e Xbox 360 pero a Wii tamén recibirá no outono a súa ración de skate.

Tráiler de Fight Night Round 4

Por: Martes, 12 de Maio de 2009, 11:04 COMENTAR

Debo recoñecer que non son nada seguidor deste tipo de videoxogos, polo que non vou entrar nin en modos de xogos, editores , etc.
Veño simplemente recordar o impresionante apartado gráfico que loce este videoxogo de mulas loitando.Rasgos de dor, gotas de suor patinando polo lombo, sangue esparcíndose polo “ring”,pero ademáis todo isto, ben respaldado por unha físca das máis logradas nun videoxogo, dende o simple (pero perfecto) movemento dos pantalóns ata a perfecta caída dos loitadores.
Ao mellor vai sendo hora de que probe un destes títulos, pero como o faga vou desgastar a centos de guantes de combate.

Call of Duty: World at War

Por: Luns, 11 de Maio de 2009, 17:33 COMENTAR

Despóis de escoitar os rumores sobre a séptima entrega de COD e o recente vídeo de Modern Warfare 2, non podía deixar pasar a última inclusión no no mundo dos videoxogos, da saga bélica máis famosa do panorama.

Como xa se sabía de lonxe, esta entrega non ía superar, nen sequera igualar ao xenial COD 4, pero a diversión de todos os Call of Duty está patente.

Como sempre, a cámara colocarase nos nosos ollos e veremos todo o que lle sucede ao protagonista, mentres se enfronta a centos de inimigos disparándolles sen descanso ao longo dos máis variados escenarios, dende frondosas selvas ata escuros túneles, pasando por cidades derruídas e enormes explanadas.

A enorme variedade de misións fai que o desenrolo non aburra nin un mínimo ao longo de toda a aventura, dende copias do Call of Duty 4 como a misión do francotirador, momentos no que controlaremos un tanque, espectaculares tiroteos a bordo dun avión, misións de colocación de explosivos en determinados lugares e un sin fín de accións que nos manterá pegados ao pad.

Falando do apartado gráfico, hai que dicir que acada un nivel notábel, pero como seguramente todos fixemos a comparación entre a cuarta parte e esta, World at War queda por debaixo das espectativas postas nel, porque sexamos honestos, superar a calidade do seu antecesor non é tarefa sinxela, e como era de supoñer non o conseguíu.Aínda así, texturas como a auga están moi detalladas, e as expresións dos soldados están perfectamente plasmadas, pero estes detalles están compensados con (determinados) escenarios baleiros e moito menos detallados, como o desembarco ou a (simple) misión a bordo do tanque, que non acadan o nivel logrado noutras partes do xogo.

Como sempre, para avanzar por estes paraxes, contaremos con todo tipo de armas dende fusiles francotirador, RPG e metralletas ata lanzachamas,( a gran novidade do videoxogo) que nos permite calcinar terreos de herbas para frustrar os ataques sorpresa dos inimigos, xa que este factor sorpresa está moi pronunciado nesta nova entrega, con trampas ocultas, inimigos nos árbores,ataques Kamikaze, etc, obrigándonos a avanzar con máis coidado que noutras veces.

O que non é digno de loubanza é a intelixencia artificial ( sobre todo cerca do final), con inimigos que se quedan quietos mentres disparas, momentos no que non te vén estando preto deles e outras accións semellantes que ningún xogo debería permitir, e menos unha saga como esta.

Falando da duración, podo asegurar que aumentou considerábelmente, e non me refiro ao modo aventura ( que segue sendo tan curto como o resto de xogos anteriores), se non ao modo cooperativo a pantalla partida, que sempre lle dá máis tempo de vida, eso sí, tede enconta que no cooperativo hai que facer misión por misión, polo que antes deberedes pasar o xogo en individual para desbloquear todas as misións. Ademáis, unha vez rematado, teredes a opción de xogar a un modo ben curioso, un modo no que teredes que eliminar zombies nazis, que tamén o poderedes xogar acompañado.

En fín, que nin de broma iguala ao anterior título da saga, pero, cándo vistes vós un Call of Duty que non fose divertido?.Nunca. Pois iso, que segue tendo a esencia da saga, segue facéndonos disfrutar reventando nazis. Segue sendo unha aposta segura de diversión.

Por fín Infinity Ward se decide a mostrarnos un vídeo do seu título en desenrolo. O vídeo como podedes apreciar consta de máis secuencias de vídeo que de acción real, pero menos dá unha pedra.
Podemos ver zonas de neve, incluso submarinistas ou algúns helicópteros.Supoño que a variedade de misións é un dos seus puntos fortes e agradécese.
O tráiler completo será presentado o 24 de maio, así que teremos que agardar para atoparnos con algunha que outra sorpresiña que nos terán gardada.

Intro completa de Prototype

Por: Sábado, 9 de Maio de 2009, 18:14 COMENTAR

Prototype, o sandbox creado por Radical Entertainment, chegará ás nosas consolas o 5 de xuño, e polo que parece a simple vista non pinta nada mal.
Poñerémonos na pel de Alex Mercer, o cal contará cunha axilidade desorbitada, pero ademáis , como podemos ver no vídeo, poderá transformar as súas extremidades en armas mortíferas ou imitar a apariencia do resto das personas.
Poder facer o cafre polo medio dun grancidade utilizando estes poderes pode ser do máis divertido, espero que o desenrolo esté á altura deste vídeo e non nos frustre a nosa utopía de videoxogo.
Tranquilos que pronto sairemos de dúbidas.

Como xa mencionara anteriormente, poucos datos sabemos de Beyond Good & Evil 2, pero agora chéganos, para pracer das nosas retinas, este impactante vídeo que non vai deixar a ninguén indiferente.
Un, que xa quedou moi compracido coa primeira parte, non pode deixar de pensar do que pode supoñer xogar a segunda entrega. Porque se o vídeo que se amosa pertence a unha parte do xogo en tempo real, podemos estar ante un dos mellores xogos do ano, e se non me credes, mirade e opinade.
Nunca vistes uns movementos tan realistas nun xogo, acción frenética e uns gráficos que superan ao mellor luxo do mundo.
Non podo dicir nada máis, simplemente vou ver outra vez o vídeo, e con esta é a quinta vez.

Tendo en conta que os únicos xogos de Rally que xoguei foron ao WRC da PS2 e algún que outro desperdigado pola PSP, non podo dicir que esté esperando como auga de maio a chegada deste Colin, pero polo que parece o apartado gráfico vai ser impotente, como se pode comprobar nestas imaxes, con impecábeis efectos de iluminación, marcas de rodeiras, salpicaduras de lama, etc.
Isto é o que nos mostra Gavin Raeburn, productor de Dirt 2, neste paseo polos seus estudos, demostrándonos a capacidade que teñen para realizar este tipo de videoxogos.