Novo tráiler de Dante´s Inferno

Por: Venres, 29 de Maio de 2009, 10:57 COMENTAR

Parece que o E3 comeza a quentar motores, porque a cantidade de tráilers que se fan público estes días son bastante elevados. Como sempre, poñerei os que me parecen máis representativos… ou os que máis me gusten a mín ( por qué negalo).

Comezo a falar de Dante´s Inferno un xogo que non está deixando a ninguén indiferente, tanto pola súa estética mitolóxica, a enormidade dos inimigos, a acción constante ao máis puro estilo Devil May Cry e todo isto adornado cun apartado gráfico que ( se todo vai ben) estará á altura do esperado.

Polo de agora ten todo o que me gusta dun videoxogo e como podedes ver no vídeo de abaixo o espectáculo está máis que asegurado. Esperarei a velo en movemento real, e non en simples secuencias para dar un opinión máis concreta e obxectiva. Vereino no E3?. Non sei, non sei.

Novo vídeo de Batman

Por: Mércores, 27 de Maio de 2009, 11:22 COMENTAR

Teño que recoñecelo, este futuro Batman é o único xogo de superheroes que me chama algo a atención, porque todos sabemos como rematan todos estes proxectos baseados nestes personaxes ( aínda que moitos sintan compaixón polos Spiderman 2 e 3 ).

Non sei se é o carácter máis adulto que loce Arkham Asylum, ou a mestura de acción e sixilo, ou a cantidade de inimigos ( algúns tan espectaculares como a que se apreza no vídeo), honestamente, non sei moi ben o que realmente me gusta deste Batman.

Ao mellor todo se queda nunha ilusión, ao mellor este non é a axcepción dos xogos protagonizados por superheroes,ao mellor…

Así o anunciou SEGA, así que podemos supoñer que chegará no primeiro trimestre, case apostaría sobre marzo.

Se hai unhas semanas traía algunha información sobre este xogo , agora aumentarei as miñas espectativas grazas aos novos datos sacados de IGN.

Parece ser que cada unha das tres partes da campaña (Alien, Depredador e Humano), estarán moi remarcadas. Na pel do depredador predominará a infiltración, no caso do alien estaremos ante un xogo de acción frenética cos seus rápidos e letais movementos, e nas misións do humano, estaremos ante un claro survival horror. Tamén recalcaron a pelexa entre o depredador e un alien, xa que teremos que ter moito tino porque se nos cae encima o seu sangue ácido queimaranos, ademáis o nivel de dificultade parece que será bastante elevado, e aínda que lle cortemos unha extremidade ao alien, este arrastrarase ata nós, para tentar darnos caza.

predador

Con todo isto podería ser un xogo moi divertido, pero está claro que mentres non collamos o resultado final non podemos dicir nada, xa que eles mesmos fan que o xogo pinte ben, ao mellor, lonxe da realidade. Aínda así téñolle bastantes ganas, e máis, despois de saber que pode que interestellar marines nunca vexa a luz. Si, gustame reventar algún pobre extraterrestre que se cre máis chulo que a min.

Despois dun par de teasers no que apenas podiamos apreciar nada do xogo, agora chéganos o verdadeiro tráiler de COD : Modern Warfare 2.

Nel podemos ver a cantidade de variadas situacións ás que nos teremos que afrontar, dende pilotar motos de neve, fuxir dun bombardeo, misións subacuáticas,etc.

Por outro lado, ou é cousa miña, ou a calidade gráfica non parece tan abrumadora como a de COD4, aínda que dubido moito que resbalen neste apartado, vendo os antecendentes. Aínda así, a acción parece que vai ser predominante ( ou farán unha misión de sixilo?), imaxinadevos unha situación similar á infiltración de COD4, pero desta volta baixo a auga. É un simple pensamento precoz e sen analizar, pero non estaría mal.

Novo vídeo de Bayonetta

Por: Domingo, 24 de Maio de 2009, 15:05 COMENTAR

O tempo vai marchando e Bayonetta está chegando e a falta de novidades sobre próximos Devil May Cry, teremos que calmar a nosa necesidade de acción instantánea e frenética con este título.

Vólvese a por en manifesto o vertixinoso estilo e desenrolo co que contará Bayonetta ( nada raro sabendo quén son os creadores), ademais da posibilidade de utilizar poderes para problema dos inimigos.

Aínda así, e declarándome seguidor incondicional destes xogos, teño que dicir que o apartado gráfico segue sen convencerme, parece que todo está bastante baleiro, parece que lles falta limar un pouco este tipo de detalles. Con todo isto, se a diversión é tan boa como aparenta, eu non dubidarei en pasar por alto a cantidade de píxeles co que conte o xogo.

Modificación: O vídeo foi eliminado por causa dunha reclamación de copyright realizada por Sega of América. Non entendo por qué, xa que estabamos a falar dun simple tráiler, nin era filtración, nin un vídeo roubado.

Novo vídeo de Heavy Rain

Por: Venres, 22 de Maio de 2009, 10:15 COMENTAR

Se en días pasados vos falaba da escasa duración do xogo , hoxe amósovos un tráiler inédito.

No vídeo vemos  por primeira vez a outro dos catro protagonistas (xa todos estabamos cansos de ver como a rapaza escapa do gordo da casa), no cal sigue demostrando que a calidade gráfica vai ser impotente. Aínda así surxeme unha dúbida, cómo será o desenrolo da aventura?, porque o único que se aprecia nos tráilers é como o/a protagonista líbrase dunha situación comprometida cunha simple secuencia de Quick Time Events.

Estou desexando saber como será este título, e a cada vídeo e información que sacan sobre el, máis aumenta a miña curiosidade.

bad company- compañía mala

Un dos xogos con mellor online desta etapa volverá as nosas pantallas nunha segunda entrega que como mínimo igualará á anterior.

Parece que vai manter a esencia anterior e haberá a posibilidade de destruír calquera edificio que teñamos ao noso alcance visual, as bombas impactando ao noso arredor serán constante e a aparición de helicópteros poñeranos nunha situción bastante comprometida ( para a nosa alegría).

Sempre é motivo de alegría ver multixogadores tan potentes, eso si, esperemos que na aventura principal non abusen tanto da utilización dos vehículos como na primeira parte, que chegaba un punto no que te fartabas de tanto conducir dun lado para outro. Que quede ben claro, nestes xogos o que realmente queremos e pegar tiros “pa” canto sitio haxa.

TOM RAIDER

Volvemos a coller o control de Lara para salvar ao mundo (que raro), aínda que para iso nos teñamos que enfrontar a feras salvaxes,seres do inframundo, dinosauros…para conseguir o martelo de Thor.

A estas alturas xa todos sabemos con que nos imos atopar nun Tomb Raider, preciosas paisaxes, as cales teremos que recorrer ata o último centímetro para conseguir resolver retorcidos puzles, pouca cantidade de inimigos e un nivel moi alto de plataformeo. Por suposto, esta nova entrega non é unha excepción.

A nivel gráfico atoparémonos con fermosos escenarios, desde selvas ata fondos submariños, todos eles caracterizados por un nivel de detalle enorme (pararédesvos máis dunha vez, simplemente para contemplar as paisaxes), sen embargo, os personaxes non chegan a tan alto nivel e temos a sensación de que controlaremos a un boneco en vez de unha persoa.

A protagonista, a máis que coñecida Lara Croft (por certo, que parece ser que vai volver aos cines, deus non o queira), terá que superar infinidade de puzles para lograr o seu obxectivo, pero non pensedes que son puzles de “atopar chave, chave abre porta”, nestes teredes que rocorrer cada milímetro do escenario para levalos a cabo con éxito, así que se vos atopades cunha porta cerrada, podedes estar seguros que para abrila teredes que suar tinta, ou mellor dito, sangue.Tamén é certo que resolver estes enigmas son a única dificultade do xogo , xa que a ausencia de inimigos e case plena, e os poucos que hai non vos complicarán nada a vida.

Pero hai un apartado que ennegrece o resultado final deste Tomb Raider,estoume a referir da cámara.É imperdoábel que nun xogo non que os saltos imposíbeis son constantes, falle a cámara de tal xeito. Refírome a momentos no que non saberás para onde tes que saltar porque a cámara non cho amosa (nin che permite movela, sobre todo cando estás en repisas) ou cando pasas por un lugar baixo Lara desaparece ata que a cámara volve enfocala. Un enorme erro que moitas veces farate quedar trabado nun puzle ata a frustración e cando por fín te percates do doado que era, botarás pestes contra a maldita,imprecisa e merdenta cámara.

A duración tampouco é moi elevada, pero tendo en conta que terás que botar bastante tempo en cada enigma que se che plantexa,pasaralo por alto, ademais tes a posibilidade de recolectar tesouros como obxectivo secundario,case todos eles se atoparán dentro de pequenas cerámicas que atoparás ao longo de toda a aventura.

Con estes erros mencionados, o xogo cumpre  co seu obxectivo de entreter, ben sexa pola variedade de situacións, como fases en moto (aínda que cun control totalmente impreciso) ou momentos de submarinismo xunto as quenllas, ou ben sexa pola calidade dos puzles que che fará darlle ben voltas á cachola.

chove forte

Quantic Dream, segue no que considera o proxecto máis ambicioso dos últimos tempos: Heavy Rain.Se xogastes o Fahrenheit saberedes en qué nocións se moven os seus creadores, e aínda que a crítica considera o xogo como unha aventura gráfica, os desenroladores seguen asegurandoque están reinventando o xénero.

Pero non todo van ser boas novas, xa que as últimas declaracións supuxeron un baño de auga conxelada, para os que esperaban esta aventura con tanta forza:

“Se o xogador  é un xogador casual poderá rematar o xogo en lapso de tempo bastante curto, 4 horas. Pero si o xogador é Hardcore a trama do juego pode chegar a extenderse ata as 12 horas”

E preguntarédesvos, 12 horas non é unha duración demasiado escasa para unha aventura gráfica?,e eu respondo,si, pero máis curta se fai se o xogas ao tolo e “pa diante”.Parece que fan unha competición de quen crea o xogo máis curto, e si este se pode pasar en catro horas,andará aproximadamente como o Mirror´s Edge, aínda que a escaseza de duración aínda ninguén lle gana ao Wanted.

Eles poñerán a escusa de que é un xogo totalmente rexogábel, de que poderás escoller entre catro personaxes, que a historia se basea en eleccións morais e que cada vez que o xogues será diferente ( vai risa).

Con todo isto non podo evitar ter unhas ganas inmensas de catar este proxecto, aínda que haberá que esperar bastante para poder insertar o disco na consola.

Novo xogo de Alien vs Predator

Por: Mércores, 20 de Maio de 2009, 17:57 COMENTAR

Desta volta, serán os de Rebellion os encargados de traernos este shooter ás nosas consolas, que contará con modo campaña que enlazará tres historias, a do soldado colonial, a do alien e a do predator.

A historia parece que se situará no planeta BG-386, cando un grupo de soldados descobren unha extraña pirámide. Este feito fai que unha raza guerreiros espaciais viaxen ata o planeta para protexer a súa construción, máis ninguén sabe que dentro da pirámide unha forma de vida vaille complicar as cousas.

O xogo está previsto que saia para principios de 2010 para as plataformas Xbox 360 e Playstation 3, así que aínda teremos que esperar un pouco.

Aínda así, polos poucos vídeos e imaxes que se amosaron parece que vai contar cun apartado gráfico moi potente. Así e todo nunca tiven, nin teño confianza en xogos que se aproveitan do inexplicábel éxito que acadan na gran pantalla.

Será este o novo proxecto de Team Ico?

Por: Mércores, 20 de Maio de 2009, 10:40 2 COMENTARIOS

Pode que sexa un dos vídeos que máis esperaba, e nesta páxina atópome con este tráiler, que sen ser nada oficial, calma as miñas ansias de xogador “Teamiconiano”.

Ao mellor simplemente é un Fake ( demasiado ben feito para a miña opinión), pero honestamente ,non creo que se trate de ningunha montaxe.

O vídeo móstrasenos a amizade que surxe entre un neniño e unha especie de rato xigante con plumas e ás, unha mestura perfecta entre ICO e Shadow of the Colossus que nos leva a mundo dos que xa nos teñen acostumados os de Team Ico, un mundo máxico e precioso, un mundo solitario e hipnótico, un mundo melancólico e sentimental.

Se nunca me fío de ningún futuro xogo,  con Project Trico ( que así se supón que se chamará), fago unha excepción.Si, o mellor é demasiado iluso pola miña parte, pero non vexo aos de Team Ico creando unha bazofia interactiva. Saben como crear xogos completamente impresionantes e case estou por apostar unha das miñas consolas (mira ata que punto) a que a súa próxima creación será outra pequena gran  xoia.

Non sei que opinaredes vós?

Primeiro tráiler de Resonance of Fate

Por: Martes, 19 de Maio de 2009, 9:35 COMENTAR

Outro xogo de rol  con tintes “Final”

Os xogos de rol seguen no seu constante desenrolo producindo unha importante eclosión neste tipo de videoxogos.

Así,chéganos o primeiro vídeo de Resonance of Fate,no cal podemos apreciar unha calidade gráfica moi elevada,pero, qué se vai esperar dunha secuencia?,escenarios preciosos, movementos impecábeis,acción desmesurada…

Todo isto está moi ben, pero mentres non vexamos o xogo en tempo real, será preferíbel manterse a un lado, xa que a maioría dos proxectos “videoxoguís” pintan moi ben nas primeiras secuencias que nos amosas os creadores, pero  o conto cambia cando collemos o pad, e moito.

Polo de agora botádelle un ollo,pero reservade a opinión ata ter unha maior certeza do que realmente será Resonance of Fate.