Gameplay de Saw

Por: Xoves, 4 de Xuño de 2009, 10:40 COMENTAR

Despois de cinco filmes e estar a sexta en camiño ( aínda non me podo explicar porque á xente lle gusta tanto ver torturar e sufrir a outras persoas), vai chegar ás nosas consolas a xogo Saw. Vale, é unha nova que xa todos sabemos pero agora podemos ver por primeira vez o xogo en movemento e secuencia real.

Como se pode aprezar, a escuridade predomina e o ambiente agobiante e frío tamén están presentes. O protagonista vai investigando todas as habitacións nas cales atopa trampas de todo tipo, puzzles e flashbacks no que se amosa a tráxica e horríbel morte que sufriron outras persoas ou que poderías sufrir el, non estou moi seguro.O xogo en si, deixase ver moi ben, aínda que me pregunto unha cousa, non se fará demasiado lento e repetitivo?.

Teremos que esperar para descubrilo, pero a experiencia aprendeume unha cousa: Non hai película baseada nun xogo que seaxa decente, nin hai xogo baseado nunha película que sexa bo.

Por motivos circunstanciais, estes días non podo traballar todo o tempo que quería no blogue, e tendo en conta que saen ao día decenas de vídeos e novas informacións ,terei que poñer o que máis impacte polo de momento, e cando poida adicarme á actividade do blogue como sempre fixen recuperarei o meu ritmo.

Hoxe amósovos o primeiro tráiler de Castlevania: Lords of Shadows, este xogo no que TAMÉN  está involucrado o Kojima. Malos pensamentos a un lado, o vídeo pinta realmente ben, cun espectáculo visual que desde logo impón, e cuns inimigos do máis detallados e cabreados.O tráiler deixa claro cal vai ser o desenrolo do videoxogo, avanzar por escenarios eliminando a todo o que se poña a tiro de espada.Si, a moitos non lles gusta este plantexamento, pero qué queredes que vos diga, a mín encántame.

Esperaremos un tempo a que se repouse o título para tentar sacar algo máis de información deste novo Castlevania.

Gameplay de Modern Warfare 2

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009, 11:03 COMENTAR

Os vídeos non tardan en recorrer ás redes e xa podemos contar co vídeo de demostración que presentaron na conferencia sobre o Modern Warfare 2.

Honestamente e como xa dixen anteriormente, a calidade gráfica do videoxogo non é tan impresionante como a da cuarta parte,contando cunha néboa e un xeo que non chama en absoluto a atención.

Polo demáis contamos coa acción de todos os Call of Duty, con multitude de impresionantes situacións, neste caso tanto a escalada inicial como a fuxida en moto, son dignos de calquera filme.Sempre fun moi seguidor dos COD, e este non é para menos, vendo a calidade da cuarta parte, pero o que si parece claro, é que non vai supor o que supuxo o primeiro Modern Warfare cando saíu.

Dende que apareceu a primeira parte de Assassin, ninguén deixou de falar da súa continuación. Agora chega o momento de ver o tráiler completo, que coma todos, non amosa absolutamente nada do que será en verdade o videoxogo, xa que o único que podemos aprezar é a calidade visual do xogo ( cousa que xa se daba por suposta).

Pero pódese ver a monotonía dun xogo nun simple vídeo?,porque ben recordo cando amosaron o primeiro vídeo de Assassin´s Creed, todos quedaron embobados vendo tal espectáculo, pero cando en verdade probamos o xogo, só nos atopamos cun “bucle infinito”, é dicir a reiteración completa de todas as misións.

Cometerá o mesmo erro esta segunda parte?, polo menos a variedade de armas e a posibilidade de voar, nadar e disparar armas de fogo poderíano converter en todo unha xoia, pero a enorme similitude entre este vídeo e o desenrolo da primeira parte é total, polo que me ´leva ao segundo paso:desconfianza.

Teaser de Metal Gear Solid: Rising

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009, 10:20 COMENTAR

Efectivamente, o da foto era Raiden e todo indica que será o protagonista do próximo xogo da saga MGS, que por primeira vez será multiplataforma.

Qué nos tiña máis intrigados?, que puideran sacar un novo MGS?, ou que puideran sacar un novo MGS para Xbox 360?.

A todo isto teremos que saber en qué etapa temporal se situará o videoxogo, uns falan que poderán ser os feitos de MGS4 na perspectiva de Raiden, veremos en qué remata todo esta novela de Kojima.

Despois de saír en todos os medios esta foto a maioría comezaron a especular sobre a intrusión do egocéntrico Kojima no videoxogo Lords of Shadow.

Pois agora, grazas a un erro, ou a unha filtración (ultimamente está habendo demasiadas) de GamesPress sabemos que estes especuladores estaban no certo, e o gran segredo que agochaba Kojima era o novo e oficial Castlevania: Lords of Shadow, que se levará a cabo grazas á unión de Kojima Productions e MercurySteam (Scrapland e Jericho)

novo de kojima

Crysis 2 multiplataforma

Por: Luns, 1 de Xuño de 2009, 13:07 COMENTAR

xogo crysis

Grazas a shacknews sabemos que a continuación do espectacular shooter Crysis, saído para Pc, chegará tamén a Xbox 360 e a Playstation 3.

Para mín é unha máis que boa noticia, xa que sempre fun dos que prefiro unha consola ao mellor ordenador. Con isto espero que graficamente estea á altura da primeira parte, que desde logo acadaba un nivel impresionante. Para conseguilo, empregarán o motor gráfico Cry Engine 3 , sendo o primeiro xogo en estrear este motor, así que esperemos a que saia á luz para ver o resultado.

RIDDICK_360_INLAY_GB (Page 1)

Un, que é moi fan da película de culto Pitch Black e a continuación desta, As crónicas de Riddick non podía deixar pasar a segunda parte do xogo baseado neste protagonista.

Así, atopámonos nun shooter en primeira persoa na cal controlamos a Riddick ( principal aliciente do título), co cal iremos eliminando a todos os inimigos que se nos pasen por diante da nosa visión, eso si, podemos optar por eliminalos sixilosamente ou pola contra enfrontarnos a eles cara a cara ( sendo esta última opción bastante máis arriscada).

Principalmente atoparémonos con escenarios interiores, aínda que en certas ocasión teremos que ir ao exterior dun planeta para cumplir certos obxectivos, e para recorrer todos os lugares poderemos empregar a particular visión nocturna do protagonista (algo que aos fans de Riddick sempre lles gusou e sempre lles gustará).

A nivel gráfico cumple bastante ben, aínda que a cantidade de escuridade coa que nos atopamos resta bastante interés por este apartado, que se vé compensado pola boa utilización da iluminación, tanto a nivel de sombras como a nivel paisaxístico ( no exterior).O protagonista é un calco de Vin Diesel, aínda que só se lle vé a cara nas secuencias ou nas accións especiais como subir escaleiras ou eliminar inimigos de forma particular, e aínda que a variedade de inimigos é bastante escasa, o seu modelado acada un resultado notábel.

A dificultade non suporá ningún reto para os xogadores experimentados nos FPS e a duración non é nada excesiva polo que lle resta moitos enteiros ao resultado final de Assault on Dark Athena, e unha vez que se remata non hai alicientes suficientes como para volver a xogalo, xa que a única misión “secundaria” coa que nos atopamos é a de recolectar identificacións de persoal desaparecido, e a maioría destas identificacións están moi á vista.

En conclusión, estamos ante un FPS que non destaca en ningún dos apartados, pero que ao mesmo tempo cumple co obxectivo de entreter .Ademáis, a insaciábel carisma do protagonista alegrará aos fans incondicionais de Riddick ( e a moitos que non o son tamén). Se a isto lle sumamos a curiosa mestura entre acción FPS e sixilo, estamos ante un xogo que se deixa xogar…mentres dura.

Qué pasa cando non se protexe ben información que lle pode interesar a escurridizos hackers?, pois que son capaces de conseguir vídeos coma os de estes dous xogos, que seguramente estaban preparados para amosar na feira do E3, e que por falta de proteción foron filtrados e publicados ao resto do mundo. Bendita sexa a desproteción.

Aínda así, os vídeos non amosan suficiente información. Simplemente son dúas secuencias que nos permiten ver a estos dous xogos en movemento, no caso de Assassin, vemos movementos acrobáticos e no caso de Splinter Cell, un Sam que sae da escuridade para sorprender a uns pobres soldados.

 

Gameplay de Ratchet and Clank´s Future

Por: Sábado, 30 de Maio de 2009, 15:37 COMENTAR

Como seguidor e desfrutador destes plataformas, non podo evitar unha certa alegría ao volver atoparme cos dous protagonistas intergalácticos. Mais vendo o vídeo percórreme o corpo unha certa friaxe ao contemplar o total inmovilismo co que castigan a esta saga, porque certamente é idéntico ao resto dos títulos predecesores, e creo que xa vai sendo hora de tratar de ir un pouco máis aló.

Non abonda con incluír novas e extravagantes armas se todo o demáis é un calco perfecto dos anteriores xogos. Neste apartado, deberían tomar exemplo da triloxía Jack & Daxter, os cales en cada xogo traín novidades suficientes como para sorprender ao xogador.

Primeiro tráiler de Nier

Por: Sábado, 30 de Maio de 2009, 13:45 COMENTAR

Se fai uns días falabamos de Nier como un xogo de acción que está preparando Square Enix, agora chega o momento de amosarvos o vídeo para que teñades unha lixeira idea de como será este proxecto.

Como xa comentaba anteriormente, ségueseme parecendo de maneira moi pronunciada a Ninja Gaiden ,cousa que non me desagrada en absoluto, pero aínda case non podo crer que Square Enix non introduza neste xogo algún elemento RPG.

Polo de agora só nos queda esperar para saber máis información sobre Nier.

Impactante vídeo de Saboteur

Por: Sábado, 30 de Maio de 2009, 12:42 COMENTAR

Xa comentara en máis dunha ocasión, que Saboteur é un dos títulos que mellor pinta me ten nos próximos futuros lanzamentos. E lonxe de ir perdendo o interés por el, con cada tráiler que sacan ( como me pasa coa maioría), o xogo vai adquirindo no meu cerebro unha maior aceptación, unha maior forza, unha maior ilusión por xogalo e que sexa tan impresionante como é o vídeo que tedes a continuación.

Unha estética sublime, unha ambientación impecábel, o nivel de acción e situacións límite parece que estarán á orde do día, e todo isto sen mencionar as misións de sixilo que de seguro nos ofrecerá o xogo.

Un dos xogos que teño moi en conta desde xa hai ben tempo, espero que non me defraude.