Impresionante gameplay completo de God of War III

Por: Venres, 19 de Xuño de 2009, 11:39 COMENTAR

Se xa estades fartos de ver porcións de vídeos referentes a este título e queredes ir un pouco máis aló, preséntovos o vídeo completo in-game que se presentou fai unhas semanas no E3.

Desde logo é asombroso, impresionante, incríbel … e todo unha estirpe de adxectivos que contínúe coa serie, porque a mín deixóume absorto na pantalla, pensando unicamente en Marzo, xa que será o mes no que poida probar nas miñas carnes esta verdadeira xoia videoxoguil.

Como principais novidades está a posibilidade de abarcar grandes espazos grazas á colaboración forzada dos grifos, ademáis da resaltada crudeza dalgunhas escenas ( presentes en todo o xogo). Como era de esperar o apartado gráfico está máis pulido e mellorado que nas anteriores versións, aínda que repite a maioría dos movementos, pero se algo é sobresaínte, para que cambialo.

Estaremos a falar da consagración dos xogos do oeste?, terémolo que ver, porque como se apreza no vídeo , o título pinta realmente ben. A súa ambientación roza o extraordinario, e ademáis un xogo que non abusa do “hype”, e logra un resultado tan satisfactorio, sempre é benvido na miña memorio pixelada.

Acompañado dunha banda sonora digna da mellor película western e incluso mellor implementada nun xogo destas características, converte a este tráiler nunha porción de desexo, un desexo que deriva da ilusión de que o resultado final sexa de tanto agrado como este propio vídeo.

versións final fantasy

Moitos temas a discusión se crearon por culpa de Final Fantasy XIII, que se na versión de Microsoft non chegaría doblado, que se a calidade gráfica sería superior na consola de Sony, que se os fanáticos de Playstation se tiraban do cabelo por perder esta gran exclusividade e outros tantos temas inútiles que non é difícil atopar pola rede.

Pois para desmentir o rumor de se a calidade sería lixeiramente inferior na 360 , o productor do xogo Yoshiniri Kitase, saíu de entre as sombras para asegurar que a calidade gráfica será idéntica nas dúas versións.

“O equipo ten como obxectivo crear unha experiencia igual tanto en 360 como en PS3, así que non haberá limitacións. Por exemplo, primeiro estamos traballando na versión PS3 e despois, unha vez que a completemos, saberemos cantos discos necesitaremos para metela enteira en Xbox 360.”

“Aínda non sabemos cantos discos serán, pero non comprometeremos a calidad, non plantexaremos a opción de quitar contido nalguna das dúas versións para igualalas e que collan, unha en Blu-Ray e a outra en DVD”

Poderémonos fiar de Square Enix?, sabemos que a versión de Xbox 360 empezou fai moi pouquiño, veremos se fan o traballo como deben.

Entrevista sobre Assassin´s Creed

Por: Xoves, 18 de Xuño de 2009, 11:53 COMENTAR

Jade Raymond e Patrice Desilets foron os responsábeis de contestar a algunhas cuestións sobre a segunda entrega de Assassin´s Creed nesta mini-entrevista. Qué nos atopamos?, pois atopámosnos coa fermosa Jade , (simplemente por isto xa vale a pena ver a entrevista), algún que outro chiste malo, e detalles intranscendentes.

Por certo, cando lle preguntan se esta segunda parte será tan monótona que a primeira (aínda que cun pouco máis de delicadeza), o home de barbas responde que as misións serán máis grandes e pon como exemplo, que empezaremos como escoltas, convertirase nunha misión de ataque e finalmente en asasinato… iso non era idéntico o que había que facer no primeiro?, polo menos moi similar.

E outra obsrervación, tamén dí que haberá como 16 tipos de misións diferentes, e o xogo constará dunhas 200… non vos parece que nos teremos que repetir moitísimas veces?, é dicir , que das 200 misións só 16 serán diferentes, o resto ídem de ídem.

Moito me temo que non solucionarán o problema do primeiro xogo.

Prezo de DJ Hero en Ianquilandia

Por: Xoves, 18 de Xuño de 2009, 11:04 2 COMENTARIOS

DJ Heroooooo

Por fín podemos saber canto custa DJ Hero, grazas a Eurogamer, iso si, estamos a falar dos ianquis, así que non sabemos con certeza se aquí chegará co mesmo coste, ou aumentan uns euros máis.

O prezo do Dj Hero é de 120 dólares, o que ven sendo 85 € das nosas moedas, e tendo en conta que por un xogo xa temos que pagar 70 eurazos, non  me parece nada caro. Tamén é certo que temos que ter en conta a calidade do periférico, e mentres non se probe, non se sabe.

Tamén informaron  do prezo de Band Hero , que será de 200 dólares na súa versión completa, é dicir, batería , guitarra e micrófonos. Por estes lares estamos a falar duns 140 euros. Veremos se manteñen o prezo cando chegue aquí, aínda que este último non me preocupa demasiado, porque despois de comprobar nas miñas carnes a porquería de instrumentos de Guitar Hero : World Tour , xa non me fío nin un chisco de calquera periférico similar.

jack tretton

Parece que Jack Tertton decidíu poñer todas as cartas sobre a mesa, e vaia se o fixo. Xa que asegura que Sony está desenrolando nada máis e nada menos que 15 xogos exclusivos First Party para a súa consola de mesa.

Se nos paramos a pensar un pouco, non é difícil adiviñar o nome de God of War III, Uncharted 2, MAG, Agent ou Gran Turismo 5, pero aínda así, estariamos a falar que aínda teñen outras 10 exclusividades First Party, e isto sin contar os xogos exclusicos Second Parties e Third Parties. Se levamos a cabo unha suma rápida, o resultado é unha auténtica animalada.

Claro que tamén hai que mencionar que o amigo Tretton, simplemente falou das exclusividades, nin por un só momento enumerou nigún xogo desa lista tan extensa, así que non vos estrañedes se simplemente é un farol creado polos de Sony.

homeeeee

Entendo que se lle queira dar publicidade a un proxecto coma Home, que non alcanza (polo menos por agora), as expectativas que moitos tiñan postos nel. Pero hai que pensar un pouco, antes de soltar barbaridades do calibre de Peter Edwards, xefe de desenrolo de Playstation Home, o cal asegura que dentro de pouco, a xente comprará a Playstation 3, só para acceder ao mundo inacabado de Home.

“Só en PS3 dispós dun ambiente neutral para chegar a coñecer a alguén antes de engadilo á túa lista de amigos, e esa é a razón principal de que se desenrolara Home, e o motivo polo que estamos aquí hoxe. Sempre foi o noso desexo ampliar o atractivo da plataforma e esperabamos que á larga fose un vende-consolas para PS3, e que a xente comprase unha PS3 para poder ter acceso a Home. Non creo que estemos xa nese punto, pero penso que chegaremos a el dentro de non moito.”

Moito ten que cambiar o conto para que as palabras de Peter se convertan en realidade, pero mentres, Sony terase que conformar en que os seus vende-consolas sexan xogos do calibre de Metal Gear Solid 4 ou Killzone 2.

Vouvos a contar un drama, un drama que sufrín na miña propia pel, unha historia baseada en feitos reales.

Todo comezou cando un bo día entrei nunha tenda de videoxogos e tiñan no probador o Guitar Hero 1. Esperei paciente a que deixaran o lugar e collín a guitarra na man. Dinlle a comezar, e sen ter moita idea de como ía todo aquelo, premín os botóns ata que lle fun collendo o “tranquillo”. Sobra dicir, que desde ese día quedei viciado, e enamorado de Guitar Hero. Os días pasaban, e seguía pensando nese xogo. Sacaron a segunda entrega e a continuación e inminentemente deu froito a terceira parte.

Non me aguantei máis, fixen peripecias para aforrar os 100 eurazos que custaba o Guitar Hero 3 e funo adquirir rapidamente. Cheguei á casa, desempaquetei o meu premio, suábanme as mans, montei a guitarra, introducín o xogo na 360 e iniciei sesión. Non hai palabras a describir esa sensación, os altavoces afumeaban e eu estaba alí, interpretando temas clásicos do rock.

Coma todo bo principiante, comecei en dificultade normal, o pouco paseime ao difícil e con meses de práctica nas miñas costas, puiden pasar ao nivel experto ( hei de recoñecer que eu tampouco son capaz de pasar a canción de Dragonforce).

Así pasaban os días e meses, cando tiña un anaco, alí estaba eu enganchado ao Guitar Hero 3, pero coma todo, a situación cambiou. Navegando na rede chegou a información, de que o próximo Guitar Hero sairía nos próximos meses e traería a posibilidade de tocar a batería , voz e guitarra ( esta traería melloras incorporadas). A miña inxenuidade era tal, que me alegrei potencialmente.

Este novo Guitar Hero que se chamaba World Tour, saíu e eu esperei a ver as primeiras críticas. De notábel para arriba.

Teño que aclarar que desde o rumor xa comezara a aforrar, e aínda que 210 excesivos euros, parecíanme demasiados, as ganas de simular unha batería foron maiores. Así un bo día dirixinme a unha tenda.

Entrei e levei a miña primeira decepción. Non tiñan o pack para a Xbox 360. Quedei pensativo e formei os meus plans na cabeza. Levo o pack de Playstation 3, e despois vendo a guitarra e o Guitar Hero 3, total, con este novo pack , apenas o vou xogar.

Así foi, desenvolsei os 210 eurazos e levei o Guitar Hero Worl Tour para a Playstation 3. Ao chegar a casa, montei todo o máis rápido posíbel. Pareceume raro que os instrumentos necesitasen un adaptador conectado á consola para que fosen inalábricos pero non lle dín máis importancia. O primeiro que fixen é probar a nova guitarra e as súas melloras, como os botóns táctiles e o alragamento da púa. Despois de tocar unha canción que non me gustaba en absoluto, paseime á batería. Era difícil, pero pouco a pouco dunme adapatando a súa sensibilidade, que non era 100%, nen sequera chegaba ao 60%.Con referenza ao disco, pareceume un título moito máis doado, pero moitísimo máis e cunha selección de cancións pouco apropiada. Nada que ver coa terceira parte. Pero o peor chegaría os días seguintes.

A mañá seguinte levanteime con ganas de máis Guitar Hero, e comecei a tocar, pero cando levaba escasas tres cancións, o platillo amarelo da batería deixou de funcionar. Quedei paralizado, dinlle voltas, apaguei e encendín a consola, saqueille as pilas e púxenlle outras novas ( todas estas cousas inútiles que se fan cando a desesperación e grande).Nada o plato seguía sen funcionar. Levei todo o pack o lugar onde o mercara e comenteille o problema.Tiven que deixarlle todo alí, á espera de que me puidesen amañar esa ou traerme outro pack novo. Unha semana enteira estiven esperando, ata que me chamaron para que fose por unha nova. Inmediatamente aparecín alí e volvín para a casa. Conectei todo de novo, e como sempre a primeira vez parecía que todo funcionaba correctamente, a dicir verdade a sensibilidade dos parches da batería deixaban moito que desexar.

Fixen o mesmo durante uns días, e cando non levaba unha semana co xogo, volveume fallar outro parche, desta vez o vermello. A miña paciencia acabábase e cagándome en todo e todos , decidín esperar un tempo antes de volver á tenda, polo menos desfrutar un pouco da guitarra, pensei eu. O bo foi cando collín a guitarra e ao minuto fallou a púa, esa gran novidade que incluía a guitarra, esa gran mellora era unha estafa, tendo en conta que é moito menos resistente ca anterior guitarra, e iso que eu toco amodiño e sen exercer moita forza.

Non pode ser, isto non me pode estar pasando a mín. Volvín á tendo e dinme que é mellor que chame aos de Activision para que solucionen eles o problema. Xa se me estropeara dúas veces, asique chamei no día, mencionando que non funcionaba a batería e a guitarra fallaba na maioría das veces, e non lle dixen que este pack era unha auténtica porquería, porque me amarga falar castelán, que se non…

Dito esto, e semanas despois chégame un paquetiño. Imposíbel que dentro desta caixa veña a batería. Ábroa e atópome coa guitarra e un cable. Infórmome e percátome que ese cable é para aumentar a sensibilidade da batería. De novo cabreado volvo chamar a Activision e aclaro que un parche da batería non funciona nada de nada, o que lle fai falla aumentar a sensibilidade e ao resto, pero iso xa foi de sempre.

Volvo esperar unhas semana e por fín chega a batería. Sen esperanzas conectoa e comezo a tocar. Sen ningunha alegría toco as malísimas e facilísimas cancións coa que conta o xogo, e penso que só é cuedstión de tempo de que volva fallar. Adivinade que pasou?, tres semanas foi o tempo que tardou en volver a fallar un dos seus parches.

Sen ganas nin ilusión por esta merda de xogo e periféricos, deixéina a un lado, falloume tres veces, tres veces. Como unha compañía destas caracteríticas pode permitir isto?, pagar 210 € por uns plásticos que fallan a miúdo, e polo que parece, non son o único.

Xa pasou un mes desde que teño todo o pack abandonado, e cal foi a miña sorpresa, cando paseando por un centro comercial atópome o Guitar Hero 3 e guitarra para a Xbox 360 a 50€, a metade do que me custara da primeira vez. Non o dubidei e adquirino.

Volvín a sentirme ben cun Guitar Hero, as cancións son preciosas e moi complicadas, a guitarra non me fallara nunca e non creo que me falle esta tampouco, agora vólvome viciar imitando tocar a guitarra.

So me queda unha dúbida, non sei se queimar o World Tour con todos os seus insultantes priféricos ou enterralo nun buraco ben fondo, para que ninguén volva a caer na tentación.

MERDA DE WORLD TOUR.

conspiración

Levaba tempo querendo probar este xogo, simplemente para saber se mantiña o ritmo constante e frenético co que nos marabillou o filme co mesmo nome ( se aínda non a viches , corre insensato!). A resposta e si, o xogo sitúanos na pel de Bourne, un extraño personaxe que non se acorda absolutamente de nada do seu pasado, e cando se percata que ten unhas habilidades características e acentuadas para o combate, e unha organización quere acabar con el, comeza o espectáculo.

Así recorreremos detallados niveis eliminando ( ou evitando) a todos os gardas e sospeitosos, (en forma de flashbacks) mentres revivimos as partes do propio filme, cousa que me agradou consistentemente. Unha pena que o protagonista non fose Matt Damon, como na película, o resultado sería máis satisfactorio.

Hai que resaltar o apartado de batallas, porque sempre que nos aproximemos a un inimigo, Bourne desarmará a esta pobre vítima e entraremos nun modo batalla “un contra un” , así, como se fose un xogo de loitas teremos botóns de golpe forte, golpe feble e cubrirse, coa opción de facer varias combinacións, e mesturado coa inclusión dos Quick Time Eventes, facendo destes combates algo realmente espectacular. Pero, séntalle ben este sistema durante todo o xogo?, non sabería que dicir, xa que a espectaculariedade con apenas dous botóns é resaltábel, pero estes combates rematan por facerse moi repetitivos  á hora de pelexar ( non á hora de mirar). Así quen busque o espectáculo estará encantado, pero quen prefira a dificultade e unha maior cantidade de opcións quedará con ganas de máis.

Nas misións case sempre teremos que facer o mesmo, abrirnos paso  entre todos os inimigos, ben sexa armado e a tiros, pelexando corpo a corpo e empregando a visión Bourne, que nos permite ver con máis claridade aos inimigos, obxetos cos que interactuar, mellor puntería , etc, con excepción dunha fase na que colleremos o manexo dun coche ( si, como no filme), recorrendo as rúas de París e intentando escapar de todos os perseguidores, a base de atravesar edificios, saltos imposíbeis… aínda que a nula degradación dos vehículos ( tendo en conta que chocaremos infinidade de veces), fai que esta fase non sexa o boa que esperamos, así como un manexo, no que nos deixa unha sensación moi baleira. Non parece en ningún momento que estemos controlando un coche de verdade, parce máis ben un xoguete.

Todo isto ben acompañado cun apartado gráfico de luxo (podédesme crer), con persoas que se moven de forma independente polas rúas, deformación dos escenarios polo impacto dos proxectís, sangue e moratóns na cara do protagonista cando recibe golpes e tanto escenarios como personaxes creados cun moi bo nivel de detalle. E como pase en moitos xogos desta xeración, o único pequeno lastre deste apartado son as secuencias cinemáticas que non está á altura do xogo. Aínda así todo loce de maneira excepcional.

Agora chega o momento de mencionar o que máis me frustrou de todo o xogo: a xogabilidade. Xa que o personaxe ( sobre todo cando leva unha arma na man), saca a relucir unha decepcionante lentitude á hora de xirar. Por suposto que te rematas acostumando, pero levarás en todo o xogo esa sensación de inseguridade que non resulta nada positivo no resultado final. O mesmo pasa no sistema de cubertura, que se queres cambiar de posición, veraste obrigado a levantarte e correr cara outra cubertura ( e tendo en conta que estamos no medio de disparos por todos os lados…), deberían ter un sistemas similar ao de Gears of War ou Wanted.

Decapitación en God of War III

Por: Venres, 5 de Xuño de 2009, 10:07 COMENTAR

O gore e a brutalidade sempre foi unha característica da saga God of War, e se nos vos abondou este vídeo para aprezar estes factores, tranquilos que vos téño preparada unha sorpresiña.

No seguinte vídeo podedes ver con todo detalle, como o espartano arrinca coas súas propias mans a cabeza dun que se atreveu a miralo con malos ollos, atrevida vítima, atrevido cadáver.

Para moitos non será do seu agrado, pero ben é certo que se lle eliminan este factor de violencia e sangue ao xogo, xa non estariamos a falar dun God od War, e penso que a estas alturas todos estamos desexando controlar de novo a Kratos, deus da guerra.

É normal aproveitar un nome tan importante como Mario Kart para publicitar un xogo, de condución pero que non nos intenten enganar dicíndonos que será similar e transmitirá a mesma sensación de diversión.

Abóndame este minuto e medio de vídeo para saber perfectamente que estamos ante unha estafa, un engano, unha trola…

Si, o coche que controlamos pode coller ítems no medio do asfalto que nos permite ou acelerar ou disparar algunha arma, e con isto xa estamos a falar dun Mario Kart realista?.Nin de broma.

Comecemos a falar dos obxectos que podemos coller, que armas son esas?, se queren facer algo innovador, os ítems son algo moi importante, e qué me dicides do circuito?, a pouco máis é unha recta, nin saltos impresionantes, nin trampas no medio da carreira, nin sorpresas entre participantes, nin sequera a posibilidade de botarse fóra (esperemos que só sexa este circuito).Os nosos contrincantes tampouco parece que fagan nada por botarnos fóra da carreira, nin vín ningún accidente, nin ningún coche vítima dalgunha bomba ou raio…

Con todo isto só me queda mencionar unha oración, e ben alto.

SACRILEXIO, nunca mencionarás o nome de Mario Kart en van!!!!

Ingame de God of War III

Por: Xoves, 4 de Xuño de 2009, 10:55 COMENTAR

Algo que sempre caracterizou ao E3 é a cantidade de vídeos Gameplay que se presentan dos xogos que máis esperamos. Esto era algo cantado que ía suceder coa terceira parte de God of War e se todo vai ben poderemos desfrutar deste título en marzo de 2010.

O vídeo penso que non sorprende a ninguén xa que non hai nada que non ofrecesen os dous excelentes títulos anteriores, a parte da potenciación gráfica que sufríu o xogo. Así que como sempre, Kratos recorrerá escenarios eliminando da forma máis crúa aos mitolóxicos inimigos coa xenial utilización dos Quick Time Events ( como me gusta esta técnica, sobre todo cando mestura acción real e os QTE para darlle o toque final, como sucede neste título).

O dito, que sorprender non sorprende, pero asegura cantidades inxentes de diversión.