heavy-rain
Segundo as verbas do co-presidente de Quantic Dream, Guillaume de Fondaumiere, no festival Digital Dragons en Polonia, o videoxogo de 2011, Heavy Rain, ingresou nas arcas de Sony 100 millóns de dólares, defendendo así os videoxogos experimentais.

Estes proxectos foron e son rendibles, ata certo punto.”
“Dareiche un exemplo que coñezo: Heavy Rain. Digamos que crear «Heavy Rain» costou 22 millóns de dólares. Coas campañas de márketing, quizáis 30 millóns. Se lle sumamos a distribución, 40 millóns. Sony ingresou 100 millóns con este xogo, así que é moi rendible. É o tipo de marxe de beneficios que toda empresa quere para calquer videoxogo.”

A súa compañía lanzará en xuño Beyond: Two Souls, exclusivamente para PlayStation 3. O estudio tamén está a traballar nun videoxogo para as videoconsolas de nova xeración cun motor totalmente novo, como se puido ver na “presentación” da PlayStation 4.

(Imaxes exclusivas de IGN, e amosan máis información do xogo que o propio tráiler)

Ao mellor o nome de Shinji Mikami non vos di nada, mais se vos digo que é o pai de títulos como Resident Evil ou Devil May Cry comezades a comprender a expectación que está provocando co seu novo proxecto.

Bethesda foi a que sacou á luz o anuncio do seu próximo videoxogo, The Evil Within, un título non apto para menores de idade e que promete sustos e medo por partes iguais.

Estas foron as palabras de Mikami:

No noso equipo estamos centrados en crear unha nova franquicia que proporcione aos fans o equilibrio perfecto entre terror e acción.

Tamén confirmou que The Evil Within sairá en 2014 para PC, Xbox 360,PS3 e consolas de próxima xeración.

mgs5 3

Hideo Kojima nunca negou o seu vínculo con Sony e o reflexado que se sinte coas decisións que toma, mais despois de saber que a súa próxima entrega de Metal Gear Solid, The Phantom Pain non será exclusiva de PS3, explica este motivo.

Penso que o futuro dos xogos ten que ver coa tecnoloxía da nube e o xogo na nube.

Deste xeito, creo que se vas entrar na xeración da nube, entón haberá unha gran cantidade de diferentes dispositivos involucrados e un montón de diferentes maneiras de interactuar co mundo do xogo.

Non quero limitalo a unha soa plataforma

Despois de anunciar que a PlayStation 4 non sería compatible cos mandos DualShock 3, Sony acaba de anunciar que cunha actualización do firmware dos seus smartphones Xperia será posible xogar nestes teléfonos con eses mandos.

Polo de agora só hai unha pequena cantidade de xogos compatibles, pero seguramente mellorará o soporte e pouco a pouco serán moitos máis.

lost-planet-3-logo

A compañía nipona Capcom anunciou que a data de lanzamento do Lost Planet 3, que estaba previsto para finais de xuño, pasa agora a ser o 30 de agosto en Europa e o 27 de agosto en América, sen explicar os motivos deste atraso. Dende a compañía limitáronse a dicir que foi por “cuestións de negocios”.

Para os que non podedes agardar máis, un video con 15 minutos de xogo:

Análise de Tomb Raider

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 12:29 1 COMENTARIO

tomb raider 2

A intención das grandes compañías por seguir explotando os seus títulos máis representativos segue á orde do día, mais este feito nos tempos que estamos a vivir podemos resumila cun só termo, “reboot”.
Estes reinicios de sagas son a escusa perfecta para seguir incrementando os beneficios de títulos que tiveron un pasado de ouro. Entre eles atópase Devil May Cry e a súa polémica a causa do novo “look” do protagonista, mais o último nome que apareceu en forma de “reboot” foi Tomb Raider.

Xa fai uns anos ninguén podía deixar de mencionar o nome de Lara Croft ao falar de aventuras/plataformas en videoxogos. Coa chegada desta xeración Nathan Drake e o seu Uncharted sacaron gran parte de protagonismo a Lara. Estaba claro, a saga non innovaba, non sorprendía, un produto aparentemente eterno estaba recaendo no fondo do armario, nese recuncho onde xa ninguén vai.

Ler o resto da entrada »

Novo vídeo de Destiny

Por: Venres, 29 de Marzo de 2013, 16:00 COMENTAR

destiny
Bungie acaba de lanzar un novo vídeo de Destiny, xusto despois da súa intervención no GDC en San Francisco, co arte conceptual no proceso de creación das personaxes do videoxogo.

Está previsto que saia para PlayStation 3 e PlayStation 4, se ben aínda non hai unha data de lanzamento, todo parece indicar que non será neste 2013.

Eran moitos os rumores indicando que o próximo título do aclamado Hideo Kojima estaba estreitamente relacionado con The Phantom Pain, un enigmático tráiler que apareceu meses atrás.

Agora xa podemos confirmar oficialmente que este The Phantom Pain é o sobrenome da quinta entrega de Metal Gear Solid, despois de que Hideo Kojima o presentase nunha conferencia en San Francisco.

Non só confirmou (e amosou) Metal Gear Solid 5,senón que afirmou que sairá nesta mesma xeración para a Xbox 360 e Playstation 3.

A continuación o vídeo de presentación, tan espectacular como debe ser para “hypear” a todos os xogadores. Eu xa o estou.

battlefield-4
Como prometera na súa páxina oficial, EA presentou hoxe un vídeo con 17 minutos de xogo ca campaña dun xogador do vindeiro Battlefield 4.

No vídeo podemos ver secuencias de combate en primeira persoa así como dous vehículos terrestres. Tal e como se puido ver nun tráiler filtrado en Youtube (xa se apresuraron os de EA a eliminalo), neste xogo tamén haberá vehículos acuáticos.

A creadora do videoxogo DICE só anunciou o seu lanzamento para PC, PS3 e Xbox 360.
Polos respostas de Karl-Magnus Troedsson, manager xeral do estudio á prensa, parece que non chegará á videoconsola de Nintendo Wii U:

“Non estamos vendo a Wii U agora mesmo.”
“Lanzarémolo nas plataformas que sentimos que son axeitados para a experiencia de xogo que temos.”

Cando se lle preguntou polas vindeiras videoconsolas de Sony e Microsoft, Troedsson comentou:

“Estamos en tempos moi interesantes agora mesmo. Estamos a piques de ver algo novo. Xa formamos parte destas transicións anteriormente e sabemos as grandes cousas que traen. Pero somos DICE. Levamos nisto uns 20 anos e non damos o salto tan rápido. Nós movémonos a un ritmo constante, pisando con moito coidado.”

A falta de confirmar, a súa saída está prevista para o outono deste 2013 para PC, PS3 e Xbox 360.

diablo3

Esta fin de semana, durante a celebración do PAX East, a compañía Blizzard presentou a nova versión para PlayStation 3 do seu exitoso videoxogo Diablo III.

Os principais cambios con respecto á versión para PC son: unha nova interface para adaptala ao controlador da videoconsola, non será necesario estar conectado a Internet para xogar, así como a posibilidade de xogar varios xogadores nunha mesma consola e nas transaccións online da casa de subastas non se poderán empregar cartos reais, xa que empregará un sistema similar ao do Diablo II.

A compañía confirmou que o Diablo III sairá para PlayStation 3 e PlayStation 4, mais aínda non confirmou nin desmentíu se estará noutras plataformas.

army-of-two-devils-cartel
A unha semana do seu lanzamento, Electronic Arts publica un novo tráiler do «Army of TWO The Devil’s Cartel», que ten prevista a súa saída o vindeiro 29 de marzo.

Por outra banda, xa está dispoñible para descargar a demo do xogo para Xbox 360 e PlayStation 3.

remember-me-2
Segundo as recentes declaracións do director creativo Jean-Max Morris,algunhas compañías distribuidoras rexeitaron publicar Remember Me porque a protagonista do xogo era unha muller. Segundo Morris, o papel da protagonista encaixa perfectamente no xogo e non entende porqué algunhas distribuidoras o rexeitaron, antes de que Capcom se decidira a publicalo.

Tamén comentou que algunhas compañías respondérolle directamente: “Non queremos publicalo porque non vai ter éxito. Non podes ter un papel feminino nos videoxogos. Ten que ser un personaxe masculino, así de simple.” Ante a posibilidade da protagonista tivese un romance cun home, engadiron: “Non podes facer que un home como o xogador bique a outro home no xogo. Iso faráo sentir raro…”

Parece incrible que en pleno 2013, sigan existindo estas mentalidades…

O lanzamento de Remember Me está previsto para o 7 de xuño(en Europa) para PC, PS3 e XBOX 360.