Cando aínda non remataron as series finais da NBA, 2K sports xa adianta quen será a portada da vindeira edición do xogo deportivo máis premiado, o NBA2K, e faino apostando sobre seguro, escollendo ao que ten case que todas as papeletas para facerse co seu segundo anel (co permiso de Tony Parker e os seus Spurs), a megaestrela da NBA e actual MVP da liga regular, Lebron James.

NBA-2K14-portada-LeBron-James

Portada do NBA2k14 de 2K Sports

Volve así a saga a darlle protagonismo absoluto na portada a un so xogador actual, cousa que non acontecía desde a aparición de Kobe Bryant na edición de 2010. Xa que en 2011 recurriron a Michael Jordan, en 2012 ensaiaron con distintas portadas de xogadores clásicos e na edición de 2013 amosaron en portada á tripleta formada por Kevin Durant, Blake Griffin e Derrick Rose (na versión que se comercializou nestes lares substituíuse a Durant por Marc Gasol)

A compañía aproveitou a atención suscitada polo final de temporada para publicar nun curioso anuncio a colaboración do #6 dos Miami Heat:

 

Tamén no E3 de Los Angeles se viu un breve adianto de como lucirá o xogo na nova xeración de consolas, mais deixandolle todo o protagonismo, e por partida dobre, a “The King” James:

 

O xogo estará dispoñible a partir do vindeiro 4 de outubro para Xbox 360 e PS3, e coas súas saídas á venda para as novas Xbox One e PS4, sendo a notable a ausencia dunha versión para Nintendo Wii U.

No último trimestre poderemos logo comprobar se 2K Sports seguen a ser os reis do baloncesto virtual, ou ceden ventaxa hacia os seus competidores, xa que cómpre lembrar que, desta vez semella que si, EA Sports recuperará a súa franquicia NBA Live logo de tres anos consecutivos adíando o proxecto ao non conseguiren un producto de suficiente calidade.

Por fin, onte ás tres e pico da mañá e cun cuarto de hora de retraso daba comezo a conferencia que máis impacientes nos tiña a todos, a conferencia de Sony e da súa PS4.

Ler o resto da entrada »

Análise Spec Ops: The Line

Por: Martes, 4 de Xuño de 2013, 13:07 COMENTAR

Quen me coñece sabe que nunca fun moi amigo dos “shooter”, e sagas como Modern Warfare ou Battlefield prodúcenme a máis absoluta indeferencia, recoñezo os seus puntos fortes, teño xogado a miña dose e podo comprender porque a xente lle gustan, igual que podo comprender porque a xente lle gustan as pelis de acción dos oitenta, mais eu nunca lle atopei ese puntiño que podería facer que me entretivesen. Dito isto achegeuime a Spec Ops dende a cautela, pero tamén atraído por algunha crítica moi positiva que tiña lido. Ata ouvira por algures que era deses raros videoxogos (porque admitámolo, son moi poucos) que podía ser considerado coma unha obra de arte. Así que entre a miña reticencia cara o xénero e a boa impresión que levara das críticas comecei a xogalo.

Na publicidade do hotel non puxeron nada do espectáculo con francotiradores


Ler o resto da entrada »

beyond-two-souls-wallpapers-1-1080p

A nova obra de Quantic Dream xa ten data oficial de lanzamento no noso territorio, e será o 11 de outubro cando Beyond: Dúas Almas chegará ás nosas tendas para PS3.

Segundo palabras de David Cage, esta nova entrega é a maior aposta para mesturar cine e videoxogos nun só disco. Se miramos os antecedentes desta compañía podemos estar seguros que será outra obra que capturará a atención dos xogadores.

Aínda quedan uns mesiños de espera, mais son títulos que merecen a pena agardar.

Certo é que hoxe en día calquera tráiler CGI é bastante espectacular, mais segue sendo o maior reclamo para a comunidade de xogadores que agarden o mencionado título, e se a este o preceden dous xogos cunha calidade excelente, aínda motiva máis.

Así que por fin temos o tráiler extendido de Batman: Arkham Origins no que vemos ao protagonista loitar contra DeathStroke, que se ven interrompidos por un curioso personaxe.

O xogo poñerase á venta o 25 de outubro e sabemos que mediante DLC poderemos controlar a Deathstroke. Agardemos entón.

Novo tráiler de Metro: Last Light

Por: Mércores, 15 de Maio de 2013, 15:27 COMENTAR

A primeira entrega de “Metro 2033” foi un FPS con toques de survivol horror cunha ambientación excelente no que avanzabamos por escuros “metros” enfrontándonos a perigosos inimigos e a nós mesmos.

A segunda entrega chega o día 17 de maio para PC,Xbox 360 e PS3 e polo que puidemos ver manterá a sublime ambientación que puidemos desfrutar anteriormente.

A isto hai que engadirlle inimigos máis grandes (esperemos que igual de duros) e polo que parece, as balas e recursos non sobrarán, polo que teremos que coidar moi ben a nosa munición.

Dentro duns días chegará ás tendas e sairemos de dúbidas.

Análise de Bioshock:Infinite

Por: Martes, 14 de Maio de 2013, 16:59 1 COMENTARIO

bioshock infinite

A necesidade de sorprender ao xogador para un éxito do propio xogo debería estar escrito no manual dos desenvolvedores destes. Moitos conségueno creando novas IPs da nada, mais cando este primeiro título ten un éxito suficiente para que lle sigan novas partes, como manter esta orixinalidade sen caer na monotonía?

E aquí é onde hai que aplaudir a evolución da saga de Take Two, Bioshock, que soubo que a evolución é o camiño axeitado e que conxelarse nunha idea soa non era o correcto. Hai xogos que non poden dicir o mesmo, verdade Dead Space?

Despois daquel primeiro Bioshock que sorprendeu a todo o mundo pola súa calidade tanto a nivel xogábel, gráfico, de ambientación, de innovación… seguiulle unha segunda entrega que nos volvía somerxer en Rapture, a cidade acuática na que se desenvolvían os feitos, mais desta volta encarnando a un dos xigantes que tiñamos que eliminar no primeiro título.

Ler o resto da entrada »

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots

Así o dixo o director creativo de Assassin´s Creed IV: Black Flag, Jean Guesdon con relación á postura de Ubisoft a sacar un título desta saga cada ano:

Creo que xa demostramos que esta franquicia é relevante e que ten un longo camiño que percorrer. O noso traballo como desenvolvedores desta nova obra é a de sorprender aos xogadores e ofrecer ideas novas, frescas e, ao mesmo tempo, asegurarnos de que o que fai de Assassin’s Creed unha saga que sobresae seguirá intacto”.

Persoalmente non son moi fan desta saga, xa o deixei claro neste artigo de opinión, o que me leva a seguir dubidando moito nestes xogos, porque quizáis deberían pensar máis na xogabilidade e distribución de misións que en cambiar de localización en cada título, pero en fin, que saberei eu…

grid2
Codemasters publicou un novo tráiler do modo multixogador do GRID 2.

Neste vídeo de dous minutos de duración amósannos imaxes do xogo nas rúas de París e Chicago, así como o circuíto de Indianápolis. Tamén nos amosan algunhas das funcións “sociais”, de personalización dos coches e algún modo de xogo, como o Checkpoint, no que teremos que chegar a certos puntos do circuíto antes que remate o tempo.

Entre esas funcións sociais, podemos atopar retos entre xogadores de todo o mundo, retos semanais, taboas de clasificación de tempos e subir vídeos a Youtube, entre outras.

O lanzamento do videoxogo está previsto para o 31 de maio para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, así como unha edición especial que incluirá dous DLC.

batman-arkham-origins
Segundo certos rumores que circulan pola rede, «Batman: Arkham Origins» podería incluír un modo multixogador no que o usuario tomaría o control dos membros das bandas dos malos para tratar de eliminar a Batman e Robin.

Debido ao silencio por parte de Warner Bros., aínda non está claro se os usuarios poderán ter o control de Batman e Robin ou se éstes serán controlados pola CPU.

«Batman: Arkham Origins» será a terceira entrega da saga e a súa historia será anterior aos acontecementos dos videoxogos anteriores Batman: Arkham Asylum e Batman: Arkham City. A data de lanzamento está prevista para o vindeiro 25 de outubro para PC, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U. Ademáis, tamén se anunciou o lanzamento dunha versión para 3DS e PS Vita titulado «Batman: Arkham Origins Blackgate», como xa vos informamos anteriormente.

dead-island-riptide
Con motivo do lanzamento o vindeiro venres do «Dead Island: Riptide». a compañía Deep Silver publicou un novo tráiler desta segunda entrega da saga.

Por outra banda, a compañía pedíu desculpas por calquera ofensa que a edición do videoxogo «Dead Island: Riptide Zombie Bait», que inclúe a figura dun torso feminino sen cabeza e sen brazos, como podedes ver na seguinte imaxe:
dead-island-riptide-zombie-bait-edition

Metal-Gear-Solid-Legacy

Parece que os rumores estanse cumprindo, xa que Konami acaba de confirmar a saída no continente americano de Metal Gear Solid: The Legacy Collection para este mesmo verán.

A mencionada recopilación (ninguén quere deixar de explotar os seus xogos clásicos) incluirá:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: VR Missions,Metal Gear Solid 4: Trophy Edition e as dúas novelas gráficas de Ashley Wood.

Se a isto lle engadimos que o Metal Gear Solid 3: HD Edition inclúe Metal Gear e Metal Gear 2: Solid Snake, temos un pack da saga bastante completiño non?

Por certo, aínda non se sabe o prezo desta colección, nin sequera está confirmado que chegue ao noso continente, pero só é cuestión de tempo.