destiny
A compañía Bungie ven de confirmar o vindeiro 9 de setembro de 2014 como data oficial de lanzamento do seu videoxogo «Destiny».

Anunciado para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One este ambicioso shooter multixogador futurista será o primeiro traballo do estudo Bungie despois do Halo.

“Destiny sempre representou un novo comezo para o noso equipo. Soñamos cunha Bungie renovada e independente. Atopamos socios dispostos a apostar forte por algunhas das nosas novas ideas tolas.”

“Primeiro, compartimos os piares de deseño de Destiny hai menos de un ano. Prometemos redefinir o que os xogadores deben agardar dun xogo de Bungie. Dixemos que queriamos cambiar como xoga a xente xunta. Puxemos o listón alto. Para nós, Destiny representa unha oportunidade única na vida.”

“Dende entón, Destiny seguíu a revelar a súa promesa. Cada nova versión achéganos á nosa visión orixinal. Con eses obxetivos en mente, pretendemos utilizar cada momento a partir de agora ata o lanzamento do xogo para garantir que Destiny cumpre coas vosas expectativas e coas nosas.”

“O apoio e entusiasmo inicial con Destiny foi inspirador. Cremos que é a decisión correcta para o noso xogo, o noso estudo e a nosa apasionada comunidade. Grazas por vir connosco nesta aventura.”

Esta fin de semana tamén publicaron un novo tráiler:

Segundo confirmou a compañía, os xogadores de PlayStation 3 e PlayStation 4 poderán probar a versión beta durante o “verán de 2014”.

broken-age
Neste novo xogo de aventuras, Wood porá a voz a Shay, un dos protagonistas.

Segundo confirmou Tim Schafer esta fin de semana, o actor Elijah Wood (@woodelijah), coñecido principalmente por interpretar a Frodo nos filmes da saga «O Señor dos Aneis», ven de unirse ao reparto de actores que porán a súa voz no novo proxecto do estudo Double Fine: o «Broken Age».

Recentemente tamén confirmaron o personaxe de Curtis, o leñador será interpretado polo actor Wil Wheaton (@wilw), coñecido por interpretar o papel de Wesley Crusher na serie «Star Trek: A nova xeración» ou máis recentemente interpretándose a si mesmo como o inimigo mortal do Dr. Sheldon Cooper na serie «The Big Bang Theory».

Para os que non coñezades este videoxogo, anteriormente coñecido baixo o nome «Double Fine Adventure», en marzo de 2012 conseguíu recadar algo máis de 3,3 millóns de dólares na súa campaña na web Kickstarter.com.

Máis información na páxina oficial.

ffviii
Xa está dispoñible para descarga dixital este videoxogo do ano 1999 a través da plataforma Steam a un prezo de 12,99 €.

Como novidade, o xogo inclúe dúas novas características: o “Magic Booster” que aumentará en 100 a maxia seleccionada e o minixogo “Chocobo World”, concebido orixinalmente para a PSOne PocketStation.

Máis información na ficha en Steam.

snowdrop-engine-the-division
Con este breve vídeo, Ubisoft anuncia a presentación o vindeiro luns, 9 de decembro, do seu novo motor gráfico Snowdrop Engine que empregarán no Tom Clancy’s: The Division.

O lanzamento de “The Division” está previsto para a segunda metade do ano 2014.

warcraft
Fai uns días coñeciamos un novo atraso de tres meses no lanzamento do filme.

Desta vez, parece que chegan boas novas e vanse confirmando os actores que participarán no filme. Entre os nomes que Universal Pictures ven de confirmar atopamos coñecidos actores como Ben Foster, Travis Fimmel, Paula Patton, Toby Kebbell e Rob Kazinsky.

Ben Foster interpretou o papel de Russel Corwin na serie “Six Feet Under”. Tamén apareceu en filmes como “X-Men: A decisión final” ou “30 días de escuridade”, entre outras.

Travis Fimmel é coñecido por interpretar a Ragnar Lothbrok na serie “Vikings” (2013).

Paula Patton apareceu recentemente no filme “2 Guns” (2013) e “Misión Imposible: Protocolo Pantasma” (2011).

Toby Kebbell apareceu no filme “Ira de titáns” (2012) e “Prince of Persia: As areas do tempo” (2010).

Pola súa banda Rob Kazinsky interpretou recentemente a Macklyn Warlow na sexta tempada da serie “True Blood” (2008) e a Chuck Hansen no filme “Pacific Rim” (2013).

Ademáis destes nomes xa confirmados, tamén están a negociar con outros actores como Dominic Cooper, protagonista no filme “Capitán América” (2011) e que tamén aparecerá na adaptación cinematográfica do «Need for Speed» (2014).

Se non hai máis aprazamentos, está previsto que o filme chegue ás salas de cine o vindeiro 11 de marzo de 2016.

nissan-gt-academy
Hoxe mesmo chega ás tendas a nova entrega da saga de simulación de conducción, o «Gran Turismo 6»

Gran Turismo 6 é o primeiro da saga en introducir as tan habituais como pouco populares “microtransaccións”, mais dende Polyphony xa se apresuraron a comentar que serán opcionais e non limitarán o progreso no xogo, como sucede noutros títulos.

Os paquetes de créditos dispoñibles serán:

  • 500.000 Cr: 4,99 €
  • 1.000.000 Cr: 9.99 €
  • 2.500.000 Cr: 19.99 €
  • 7.500.000 Cr: 49.99 €

Sony publicou na súa canle de PlayStation 3 en Youtube estes dous vídeos.

O primeiro é o anuncio para televisión que se emitirá en Europa para promocionar este novo xogo:

O segundo vídeo é a introducción coa que se atoparán os xogadores cando inicien o xogo na súa videoconsola:

ridge-racer-slipstream
Tal como anunciou Namco Bandai, unha nova entrega de Ridge Racer chegará este mesmo mes de decembro ao dispositivos iOS e Android.

Cun novo motor gráfico deseñado específicamente para plataformas móbiles, incluirá un total de 10 circuítos (20 en total ao poder correlos nos dous sentidos), 12 coches totalmente personalizables, modo arcade e carreira con máis de 100 eventos diferentes.

No momento do lanzamento non contará cun modo multixogador, pero prometen incluílo nunha próxima actualización, ademáis doutros “contidos adicionais”.

capcom

Cando me falan de Capcom a miña mente aínda asocia directamente á época de PS2, cando falar desta desenvolvedora era falar de calidad, mais dende aquelas moitas cousas cambiaron, e xa van aló dúas xeracións.

Moitos erros, moitos xogos de calidade baixa…e Capcom sabe moi ben destes tropezos.

O productor de Dead Rising 3 falou deste tema:

Capcom tropezou, mais está aprendendo. E tratamos sen dúbida de facer un contido de calidade. Polo menos podo asegurar que Capcom sempre valorou a calidade. Unha mensaxe que non sempre pode parecer obvio, pero sen dúbida, dende o interior, garantizo que as nosas decisións baséanse en conseguir o mellor contido posíbel.

Se nos fixamos na súa traxectoria durante os últimos anos, houbo algúns éxitos, mais tamén erros, e un montón de leccións por aprender. A xente está escoitando e aprendendo, e penso que veredes os resultados nun par de anos.

warcraft-film
Así o anunciaron na conta oficial de World of Warcraft no Twitter.

Estaba prevista a súa chegada as salas o 18 de decembro de 2015, mais esa data atrasouse uns tres meses ata o 11 de marzo de 2016.

Outro atraso máis dende o seu primeiro anuncio en 2006, cambios de director e protagonistas sen confirmar… Chegará de verdade algún día ás salas de cine?

«Games with Gold» de decembro

Por: Mércores, 27 de Novembro de 2013, 17:00 COMENTAR

games-with-gold-decembro
Dende o vindeiro 1 de decembro e ata o 15 dese mes, Microsoft ofrecerá de balde a todos os membros Gold de Xbox Live, dentro da promoción Games with Gold (coa que agasalla dous xogos ao mes aos seus membros de pago), un dos grandes éxitos do ano 2006: o «Gears of War».

Na segunda quincena do mes, ofrecerán o xogo arcade «Shoot Many Robots», publicado en febreiro de 2012.

GTA-San-Andreas

GTA: San Andreas, para min o mellor GTA até a data (si, si, por enriba desta quinta entrega) chegará a dispositivos móbiles o mes que vén igual que xa o fixera Vice City.

Rockstar aínda non anuciou prezo desta nova versión, aínda que sairá para plataformas iOS, Android, Kindle e Windows Mobile e con melloras visuais (sombras máis dinámicas, mellores modelos de personaxes…) e cun control adaptado a estes dispositivos.

Cando consigan facer fronte ao problema da xogabilidade nestas plataformas, son títulos obrigados para calquera xogador habitual, e aínda que xa fai dúas xeracións atrás que se converteu nun imprescindíbel, aínda segue dando que falar.

«Watch Dogs», a curta

Por: Martes, 26 de Novembro de 2013, 14:00 COMENTAR

watch-dogs-atraso
Un grupo de fans crearon unha curta baseada no videoxogo Watch Dogs.

Creado por | InfectiousDesigner