GTA-Online
Onte mesmo, RockStar publicaba unha actualización para o GTA Online que incluía como principal novidade unha versión Beta do creador de contidos que xa anunciaran fai tempo.

Polo de agora, este creador permítenos crear carreiras (normais, GTA ou Rally tanto terrestres como acuáticas ou aéreas) e partidas a morte (todos contra todos ou por equipos).

gta-online-creator

Para os que non sodes moi dados ao modo multixogador, tamén hai novas interesantes, pois esta mesma semana RockStar anunciou que ten plans para incorporar novas misións na historia de Michael, Franklin e Trevor durante o vindeiro ano 2014.

GTA: San Andreas xa está dispoñíbel para IOS

Por: Xoves, 12 de Decembro de 2013, 15:19 COMENTAR

GTA-San-Andreas

Aquelas persoas que teñan un dispositivo iOS (os de máis potencia) xa teñen á súa disposición a un prezo de 5,99 euros o GTA: San Andreas, para moitos (incluído eu) o mellor Grand Theft Auto até a data.

O xogo ocupa un total de 1,63 gigas, nos cales atoparemos unhas setenta horas de diversión, con gráficos remasterizados e tres sistemas de control diferentes, incluído a compatibilidade para empregar mandos físicos.

Polo de momento só está dispoñíbel para iOS, mais xa está anunciado para Android, Windows Phone e Amazon Kindle, nalgún día do próximo mes.

the-elder-scrolls-online
A compañía Bethesda anunciou como data oficial de lanzamento do seu agardado MMORPG «The Elder Scrolls: Online» o vindeiro 4 de abril de 2014 nas súas versións para PC e Mac, mentres que nas versións para PlayStation 4 e Xbox One haberá que agardar ata xuño de 2014.

O director do xogo, Matt Firor comentou:

“A creación do xogo vai moi ben.”

“Xa completamos a maioría dos sistemas do xogo e estamos a centrarnos en facer deste Elder Scrolls o xogo que agardades: pulindo as centos e centos de horas de contido, facendo os combates máis entretidos, arranxando erros nas búsquedas e moito, moito máis.”

Sobre o lanzamento dous meses máis tarde para as consolas comentou:

“A demanda mundial de «The Elder Scrolls: Online» é extraordinariamente alta. Isto supón que necesitamos facer un lanzamento escalonado das diferentes versións do xogo e evitar a sobrecarga inicial dos servidores e asegurar unha experiencia de xogo agradable.”

“Non é só un xogo o que vamos lanzar, é un gran servizo en liña e a nosa primeira prioridade é asegurar un lanzamento estable e sen problemas para todo o mundo.”

Ademáis do anuncio da data de lanzamento, tamén publicaron este novo tráiler, no que podemos ver “centos de xogadores loitando uns contra os outros”.

Curioso erro de Zavvi regalando PS Vitas

Por: Mércores, 11 de Decembro de 2013, 13:51 COMENTAR

Tearaway

Temos escoitado miles de casos sobre problemas de envíos das grandes compañías, que se o paquete está incompleto, que se está roto, etc, etc, mais é a primeira vez que escoito que unha compañía se trabuca para beneficio do cliente.

Este feito aconteceulle a Zavvi, empresa de ventas de produtos no que a todas aquelas persoas que mercaban unha copia do xogo Tearaway (19,99 libras) recibían o pack que contiña o propio videoxogo e a propia PS Vita (169,99 libras).

Zavvi, ao percatarse deste feito non dubidou en soliciatar aos clientes agraciados que devolvesen o pack para ser susbstituído pola copia orixinal do xogo.

Mais os clientes dixeron que nada de nada, que segundo as leis, se un envío trae máis cousas das requeridas, o receptor pode quedarse con elas se este fose o seu desexo.

A pregunta é, vós que fariades neste caso? Non fai falta que respondades, porque ben sabemos a resposta.

ps4-xboxone
Tal como comentou nunha entrevista James Armstrong, conselleiro delegado de PlayStation en España e Portugal, a nova PlayStation 4 gáñalle a partida á súa consola rival Xbox One por 3,5 a 1 en vendas no mercado español, a pesar de levar 7 días menos no mercado.

Dende o seu lanzamento o pasado 29 de novembro, lévanse vendidas 80.000 unidades de PlayStation 4 en España. Se os datos son certos (haberá que ver que ten que dicir Microsoft…), un simple cálculo dinos que a Xbox One leva unhas 23.000 unidades vendidas.

Pero Armstrong tamén confirmou que seguen a traballar duro para cumprir coa demanda inical, pois entre 12.000 e 15.000 prevendas aínda non puideron ser cubertas.

blackbeards-wrath
Ubisoft ven de confirmar o lanzamento do primeiro DLC para o «Assassin’s Creed IV: Black Flag», baixo o título «Blackbeard’s Wrath», que engadirá tres novas personaxes dipoñibles para o modo multixogador:

“Blackbeard, empuñando unha espada e moi mal xenio non está para bromas. A súa reputación como temido pirata faille xustiza e os seu movementos para matar inclúen o uso da súa tremenda forza para lanzar aos seus obxectivos e facer que perdan o equilibrio para, a continuación, rápidamente rematalos cun golpe limpo.”

“Orchid é unha asasina mortal amiga dos templarios medrou na China, servindo como conselleira militar na dinastía Quing, onde perfeccionou as súas habilidades de asasina. Executa aos seus opoñentes rápida e gracilmente coa súa katana, unha extensión do seu corpo e da súa mente.”

“Jaguar Cuali, guerreiro azteca de México, chegou ao mar para loitar contra a conquista española de América Central. Un loitador que sobrevivíu á destrución da súa comunidade e xuntou forzas cunha crecente continxencia de Templarios nativos que buscaban renovar a paz e a orde. Impulsado por unha forza mística, Jaguar loita como o seu homónimo animal, atacando de xeito rápido e silencioso coa súa arma favorita: unha discreta macheta.”

Estará dispoñible a partires do vindeiro martes, 17 de decembro por 2,99 € e está incluído dentro do “pase de tempada” (19,99 €).

rayman_origins
Dous anos despois do seu lanzamento orixinal, os usuarios de Mac poderán desfrutar do «Rayman Origins» a partir deste xoves, 12 de decembro, grazas ao traballo do estudo Feral Interactive.

O prezo recomendado é de 19,99 €.

«Fez» acada o millón de vendas

Por: Martes, 10 de Decembro de 2013, 9:00 COMENTAR

fez
Tal como confirmou o estudo Polytron na súa páxina web, o xogo indie de plataformas xa superou a cifra do millón de vendas.

Polo de agora o xogo está dispoñible para Mac, PC e Xbox 360. Está previsto o lanzamento das versións para PlayStation 3, PlayStation 4 e PS Vita en 2014, polo que de seguro esta cifra seguirá a aumentar.

En xuño anunciaron que estaban a traballar na súa secuela, mais pouco tempo despois, o propio Phil Fish confirmaba que abandonaba o proxecto e o mundo dos videoxogos, polo que o «Fez II» foi cancelado.

dying-light
Neste novo vídeo presentado o pasado sábado durante os VGX Awards, o estudo Techland, creadores da saga «Dead Island», amósanos novas imaxes do seu novo proxecto «Dying Light» (outro de zombies…).

Podemos ver o xogo funcionando a 1080p na súa versión para PlayStation 4 e como funciona o sistema de combate e como podemos movernos pola cidade.

Está previsto o seu lanzamento para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One nalgún momento de 2014.

Novo tráiler de «Thief»

Por: Luns, 9 de Decembro de 2013, 17:00 COMENTAR

thief
Eidos Montreal publicou este sábado un novo tráiler do seu novo e agardado proxecto: «Thief».

O lanzamento está previsto para o 28 de febreiro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

snowdrop-engine-the-division
“Un verdadeiro motor gráfico de nova xeración”. Así nos presenta Ubisoft o seu novo motor gráfico «Snowdrop Engine» neste vídeo ambientado no xogo «The Division».

Para demostrar o nivel gráfico que poden conseguir con este novo motor, amósannos, entre outras cousas, como afecta a hora do día e os efectos climáticos aos cambios de iluminación e como reacciona o entorno á destrución que causemos nel.

O lanzamento de «The Division» está previsto para a segunda metade do ano 2014 para PlayStation 4 e Xbox One, mais dende a compañía non descartaron o seu lanzamento para PC, debido ás peticións da comunidade de xogadores.

quantum-break
Neste novo tráiler publicado esta mesma fin de semana polo estudo Remedy o director creativo Sam Lake amósanos as primeiras imaxes dentro do xogo de «Quantum Break».

Como podemos ver no vídeo, os personaxes do xogo contarán co poder de manipular o tempo. A historia do xogo dependerá das decisións que tomemos durante a nosa campaña.

Polo de agora non se coñece a data de lanzamento, mais está previsto que chegue ás tendas durante o vindeiro 2014 para a Xbox One.