next level games

Next Level Games, creadores de Luigi´s Mansion 2 ou Marios Strikers, aclaran a relación con Nintendo e comunican que traballarán exclusivamente con Nintendo.

A partires de agora só faremos produtos de Nintendo. Estamos moi felices da nosa relación con Nintendo.

Non hai razón para buscar noutro lado. Cada vez dannos mellores e mellores IPs para traballar, e mentres sigamos facendo o noso traballo e elaborando bos videoxogos para eles, non hai razón para aventurarse a facer outras cousas.

Parece que Nintendo quere seguir na súa política de realizar videoxogos exclusivos para eles. Personalmente penso que xa lle está a pasar factura, tempo ao tempo.

playstation now

Se onte falabamos sobre a próxima aplicación de Sony que nos permitirá a xogar aos seus xogos en calquera dos seus dispositivos, pouco a pouco imos sabendo máis sobre Playstation Now.

John Koller, vicepresidente da compañía, explicou que se recomenda en internet un mínimo de 5 megas para poder empregar sen complicacións este servizo de streaming baixo demanda.

Aínda que polo de momento non sabemos como será exactamente a calidade de Playstation Now, Koller seguíu comentando unha serie de factores:

Chegamos a un punto no que estamos moi cómodos coa tecnoloxía en termos de latencia, e tamén en canto aos xogos que están dispoñíbeis a través de Playstation Now.

Playstation 3 é a nosa punta da lanza en termos de catálogo, xa que cremos que, actualmente, ten a máis actual e máis grande libraría de videoxogos.

Xa sei que a Sony non lle interesa moito, nin sequera ás compañías que ofrecen ofertas de internet, pero que faremos os que vivimos en aldeas? Porque ben sabedes que nelas non chegan 5 megas nin por asomo. Coma sempre, quedamos a un lado.

titanfall

O propio co-fundador do estudo Respawn Entertainment, Vince Zampella, respondeu en Twitter á pregunta dun usuario polo número de xogadores que soportará o modo online.

Segundo o propio Vince, este número non é por limitacións de hardware ou da rede, senón porque durante as probas lles pareceu que ofrecía o mellor balance de diversión nas partidas con personaxes controlados pola IA.

Tras as críticas por esta limitación, comentou:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 13 de marzo para PC, Xbox 360 e Xbox One.

2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.

sony-playstation-now
Tal como anunciou Andrew House durante a presentación de Sony na feira de electrónica de consumo CES que se está a celebrar en Las Vegas, o novo servizo PlayStation Now permitirá desfrutar dos títulos da PlayStation 3 e PlayStation 2 en numerosos dispositivos de Sony, como smatrphones e tablets Sony Xperia, SmartTV’s Sony Bravia, PS Vita e PlayStation 4 e, en certos casos, nalgúns dispositivos con conexión a Internet doutras marcas.

O lanzamento está previsto para o vindeiro verán, pero este mesmo xaneiro lanzarán unha versión de proba. Polo de agora, só estará dispoñible nos Estados Unidos e non hai data de lanzamento prevista en Europa.

Segundo o anuncio, este novo servizo permitiranos, por exemplo, pausar o xogo nun dispositivo no salón para seguir xogando noutro na nosa habitación.

Polo de agora non se coñecen nin as tarifas que terá o servizo, nin como se controlará o xogo nestes novos dispositivos.

dayz

Nunha nova entrada no blogue de DayZ, Marek Španěl, CEO de Bohemia Interactive, confirmou que non agardan alcanzar a versión beta do xogo DayZ antes de finais deste 2014.

Polo de agora, seguen a traballar en pulir e mellorar a versión alpha e eliminar os numerosos erros. A lista de prioridades de traballo que teñen son:

  • Rendemento, estabilidade e seguridade dos servidores.
  • Animais e caza.
  • Cociña e acopio de recursos.
  • Vehículos personalizables.
  • Construccións creadas polos xogadores no entorno.
  • Interacións máis complexas co entorno e opcións de artesanía.
  • Simplificación das accións de usuario e interface.
  • Control e animacións ampliadas e melloradas para mellor fluidez.
  • Mellora no motor gráficos e físicas
  • Soporte para mods e maior flexibilidade para partidas aloxadas polos usuarios e modos de xogo.

Con máis de 875.000 copias vendidas en menos de tres semanas dende o seu lanzamento, o xogo está dispoñible en Steam, por 23,99 €

«Halo 5» para 2014

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 22:00 COMENTAR

Halo

Rob Semsey (Rob Semsey), relacións públicas de Microsoft, confirmou que lanzarán unha nova entrega da saga Halo para Xbox One, pese a que non estaba incluído na recentemente publicada lista de lanzamentos para 2014.

Segundo Semsey, non se incluíu nesa lista porque aínda non foi anunciado o nome oficial.

«Far Cry» de rebaixas en Xbox Live

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

far-cry-3

Ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os membros Gold de Xbox Live teñen a posibilidade de descargar os xogos da saga «Far Cry» con grandes descontos de ata o 75 %.

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Far Cry: Instincts Predator 14,99 3,74 € (-75%)
· Far Cry 2 9,99 2,49 € (-75%)
· Far Cry 2: Fortune’s Pack 4,79 1,19 € (-75%)
· Far Cry 3 29,99 14,99 € (-50%)
· Far Cry 3: Deluxe Bundle 9,49 4,74 € (-50%)
· Far Cry 3: Blood Dragon 14,39 4,74 € (-67%)

«Games with Gold» de xaneiro

Por: Xoves, 2 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

sleeping-dogs
Seguindo coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft ofrece de balde durante esta primeira quincena do mes o videoxogo «Sleeping Dogs» (2012) a todos os membros Gold do seu servizo Xbox Live.

Para a segunda quincena do mes, ofrecerán o «Lara Croft and the Guardian of Light» (2010).

Resident_Evil_Wallpaper

Resident Evil continúa sendo unha desas sagas que se menciona cada vez que se fala de videoxogos (aínda que os últimos títulos da saga…),con máis de 16 anos de vida ás súas costas, mais Capcom ten medo de que os xogadores máis antigos perdan o interese por esta serie.

O grupo principal de aficcionados á serie Resident Evil ronda agora os 30 e 40 anos, polo que os xogadores poderían perder o interese nas futuras entregas da serie.

Para pretender solucionar este feito os seus creadores colaboran con revistas e medios para dar a coñecer aos xogadores máis novos as características que fixeron de Resident Evil o que é hoxe en día.

Persoalmente penso que a mellor maneira de facer coñecer a calidade desta saga aos máis novos e creando xogos de gran calidade como se iniciaron neste mundo, o resto de solucións? parches que non levan a ningún sitio.

A nova IP de Bioware atópase nunha fase xogábel

Por: Martes, 24 de Decembro de 2013, 15:38 COMENTAR

BiowareSpikeTV

Dende fai un tempo sabemos que Bioware traballa nunha nova entrega de Mass Effect (si,despois de todo o batifundio provocado polo polémico final da triloxía), pois grazas a Casey Hudson, productor executivo desta serie asegurou que xa está nun estado suficientemente avanzado como para xogalo.

Non só iso, senón que tamén están a traballar nunha IP completamente nova, da que tamén asegura que está nunha fase de creación moi avanzada.

Nun primeiro momento podemos supoñer que se trate dunha entrega de Star Wars, mais o feito de que sexa unha IP completamente nova fainos descartar esta posibilidade.

Agardaremos máis novas sobre estes proxetos, porque se Bioware foi un dos estudos a resaltar na actual/anterior xeración, nos anos próximos promete seguir dando que falar.

EA pecha «Warhammer Online»

Por: Venres, 20 de Decembro de 2013, 14:00 COMENTAR

warhammer-age-of-reckoning
Como xa anunciara hai tempo, Electronic Arts pechou este mércores os servidores de «Warhammer Online: Age of Reckoning» ao rematar o seu acordo de licenza con Games Workshop.

“Queremos agradecer a todos os nosos leais xogadores durante todos estes anos o seu apoio.”

Foi lanzado en setembro de 2008 e rápidamente acadou os 750.000 xogadores, pero, pese ás análises positivas da prensa especializada, só a metade deses xogadores seguían a xogar en febreiro de 2009.

Games Workshop chegou a un novo acordo coa compañía Sega para explotar o universo Warhammer con novos títulos.