brutal-legend
En declaracións a un coñecido medio, Tim Schafer (@TimOfLegend), fundador do estudo Double Fine, afirmou que lle encantaría recrear de novo o mundo de Brütal Legend.

“Encántame ese mundo e encantaríame volver alí. E penso que Jack Black tamén o estaría.”

“Encantaríame volver a ese mundo, aínda que fose cun paquete DLC.”

“Sempre tratamos de conseguir que Lionwhyte volva, cun exército que dirixir. Pode que iso ocorra algún día. Definitivamente, encantaríame facelo.”

Filtrado vídeo de DriveClub

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 12:24 COMENTAR

Acábase de filtrar un novo vídeo de DriveClub, mais non é o típico vídeo gameplay para meternos o xogo polos ollos, senón un vídeo explicativo sobre as directrices de DriveClub que nos resume algunhas das súas características e de como se pode converter nun dos grandes do xénero.

Certo que tamén visualizamos uns segundos de gameplay, e do único que estou seguro é que están a facer unha campaña deste xogo realmente boa, e se todo o que amosan del é tan certo como parece, os amantes do motor (e incluso os que non) están de noraboa.

Visceral-Games

Visceral Games, pais de Dead Space, lanzaron unha serie de anuncios buscando e contratando “testers” experimentados en shooters en primeira persoa para probar un novo FPS de nova xeración.

O estudo xa estivo colaborando con DICE no desenvolvemento de Battlefield 4, incluso a última expansión de Battlefield 3 viña firmada por eles, o que nos fai intuír que este FPS que están a realizar podería tirar por esta saga.

Non hai nada confirmado polo de momento, mais as liñas indican todas para un mesmo camiño, e tendo en conta a degradación da calidade de Dead Space dende o seu comezo, alégrame que vaian por outros lares e non se estanquen.

thief
A compañía Eidos Montreal ven de publicar os requisitos para PC do seu vindeiro lanzamento «Thief»:

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows® Vista
  • CPU: Dual ou Quad Core
  • Memoria RAM: 4 GB
  • Tarxeta gráfica: AMD Radeon 4800 | Nvidia GTS 250
  • Disco duro: 20 GB
  • DirectX®: DirectX® 10

Requisitos recomendados:

  • Sistema Operativo: Windows® 7 ou 8
  • CPU: AMD FX 8000 ou superior | Intel i7 Quad Core ou superior
  • Memoria RAM: 4 GB
  • Tarxeta gráfica: AMD Radeon HD R9 ou superior | Nvdia GTX 660 ou superior
  • Disco duro: 20 GB
  • DirectX®: DirectX® 11

O lanzamento en Europa está previsto para o vindeiro 28 de febreiro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

Novo vídeo de «Rambo»

Por: Sábado, 18 de Xaneiro de 2014, 10:00 2 COMENTARIOS

Rambo-The-Video-Game-600x369
A compañía Reef Entertainment publicou un novo vídeo do vindeiro videoxogo «Rambo», no que controlaremos a John Rambo en escenarios que, se víchedes as tres primeiras películas, vos resultarán moi familiares.

Neste novo vídeo de algo máis de catro minutos podemos ver os diferentes estilos de xogo que atoparemos, dende un modo sixilo para infiltrarnos no fortín inimigo sen ser detectado, ata provocar unha enorme destrución coas armas dun helicóptero.

Pese a estar previsto o seu lanzamento para o pasado inverno de 2013, dende a compañía non se pronuciaron aínda sobre unha nova data de lanzamento, mais está previsto que chegue a PC, PlayStation 3 e Xbox 360 nestes primeiros meses de 2014.

Oito novas imaxes de «Destiny»

Por: Mércores, 15 de Xaneiro de 2014, 13:00 COMENTAR

destiny
Estas oito novas capturas de «Destiny», novo shooter de Bungie, foron publicadas no Tumblr de PlayStation.

Novo vídeo de «Road Redemption»

Por: Martes, 14 de Xaneiro de 2014, 16:00 COMENTAR

road-redemption
Inspirado nos clásicos «Road Rash», «Road Redemption» conseguíu recadar máis de 173.000 dólares na súa campaña en Kickstarter en maio de 2013.

Para amosar os progresos na creación do xogo, Paul Fisch publicou este novo vídeo das primeiras etapas do desenvolvemento do xogo.

Este foi o vídeo publicado ao comezo da campaña en Kickstarter:

O lanzamento está previsto para agosto deste 2014.

PSP vita

Desta volta foi o executivo de Sony no Reino Unido, Fergal Gara, quen aclarou que non están a ter o éxito que tería a súa consola portábel.

Para ser honestos, unhas vendas máis altas é o que agardariamos. O mercado en que entrou PS Vita era moito máis complicado que cando se ideou e deseñou a consola orixinalmente.

Os xogos en tablets e teléfonos móbiles cambiaron o mercado, e a xente xa non pode cargar tantas cousas ao mesmo tempo.

De todos os xeitos, Gara tamén quixo aclarar que os esforzos que está a facer Sony para implementar a súa portábel como complemento coa PS4, non son unha reacción para paliar os problemas de ventas da consola, senón que xa se pensara así dende un inicio.

dead-rising
Na tenda online Amazon, filtrouse o lanzamento de «Dead Rising Collection», un novo pack para a Xbox 360 que incluirá Dead Rising, Dead Rising 2, Dead Rising 2: Off the Record, así como as “expansións” Case West e Case Zero por 24,99 libras esterlinas (uns 31 euros), dispoñible dende o vindeiro 24 de xaneiro.

Dende Capcom afirmaron que se trata de un erro, pois o lanzamento do título nin tan sequera foi confirmado.

Podedes consultar a ficha nesta ligazón.

toyota-ft-1-concept
A nova actualización do Gran Turismo 6, lanzada hoxe mesmo, 14 de xaneiro, permitirá aos usuarios poñerse ao volante do novo modelo da marca Toyota, anunciado esta mesma semana no Salón Internacional do Automóbil de Norte América (NAIAS) en Detroit.

O novo Toyota FT-1 Concept é a nova aposta da marca nipona polos modelos deportivos de altas prestacións.

dirt
Nunha mensaxe de felicitación de Nadal aos seus seguidores, a compañía Codemasters deixou entrever a posibilidade do lanzamento dun novo videoxogo de rally da saga DiRT.

De parte de todo o equipo de DiRT, queremos desexarvos a todos un moi feliz Nadal.

Temos a sensación de que vos vai gustar o 2014.

Ademáis da mensaxe anterior, incluíron a seguinte imaxe:
dirt4-teaser

No perfil en Twitter tamén publicaron esta mensaxe:

Para os afeccionados aos rallys, coa pobre oferta de videoxogos que hai, calquer novo lanzamento é benvido.

Nova actualización de SteamOS

Por: Venres, 10 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

steamos
A compañía Valve ven de publicar unha nova actualización para a versión beta do seu novo sistema operativo SteamOS que mellorará o rendemento das tarxetas gráficas AMD.

Segundo a nota da actualización, esta actualización actualizará os controladores AMD Catalyst á versión 13.11 Beta 9.9.

“Esta actualización inclúe os drivers Catalyst nos nosos repositorios cunha versión pre-lanzamento. Esta versión debería arranxar o pobre rendemento nos xogos e os erros ao volver ao escritorio.

Podedes descargar a versión beta dende a súa páxina en Steam.