Caffeine terá forma de aventura episódica

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 9:10 COMENTAR

O creador do videoxogo Caffeine, Dylan Browne, declarou que o seu xogo será lanzado como unha aventura episódica de 3 capítulos que serán vendidos como unha unidade, para, deste modo, darlle aos xogadores o máis cedo posible unha versión que poidan desfrutar.

Caffeine, un xogo de terror psicolóxico baseado en quebracabezas ambientais, inicialmente ten a súa publicación prevista en versión PC (aínda que a PS4 non está descartada como plataforma) a mediados de 2015.

O primeiro DLC de Evil Within chegará en 2015

Por: Venres, 12 de Decembro de 2014, 12:00 COMENTAR

the-evil-within-4

O primeiro contido descargábel para “The Evil Within” chegará a principios de 2015. Terá por nome “The assignment” e estará baseado nos capítulos  5 e 9 do xogo orixinal, pero dende Bethesda aseguran que mantendo unha identidade propia.

 

Bethesda tamén confirmou que outros 2 contidos extra están en camiño.

Unha imaxe filtrada dende a división xaponesa de PayPal parece confirmar os rumores que levan un tempo dicindo que a tan sinalada data de inicio das rebaixas de Nadal de Steam terá lugar o vindeiro 18 de Decembro.

Paga a pena recordar que estas rebaixas tradicionalmente son as mais importantes de todo o ano na plataforma de Valve, e, polo tanto, o momento perfecto para mercar ese xogo que desexamos dende fai un tempo.

fx futbol 2015 xa está rematado

Por: Venres, 12 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

FX Interactive anunciou que o seu simulador de manager deportivo, fx futbol 2015 está xa rematado, aínda que non proporcionou a data de publicación.

 

FX-Futbol-2015-PC-Espanol-07-b

O novo título promete unha chea de novidades sobre os anteriores da saga, entre os que se atopan o poder dar ordes durante os partidos ou un “modo chapas” similar o clásico visualizador 2D do referente do xénero, football manager.

O lexendario e coñecido mapa Train do Counter Strike sofre variacións importantes na última actualización de Global Offensive.

Estes trocos, que afectan non únicamente a nivel visual, se non que tocan tamén aspectos xogábeis importantes, están a provocar grandes discusións entre os xogadores do título de Valve.

Se queredes ler máis información, podedes acceder a ela a través deste enlace.

O novo God of War podería trocar de mitoloxía

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

Cory Barlog, o director creativo de Sony Santa Mónica, declarou recentemente nunha entrevista que Kratos podería ser invencíbel ante os deuses da mitoloxía grega, o que pode entenderse como que o seguinte xogo da saga vai deixar dita mitoloxía de lado para explorar outras diferentes. Tamén confirmou que este xogo non será unha precuela, a diferenza do último da saga, “God of War: Ascension”.

Que opinades deste troca de mitoloxía? Se tivese que apostar cartos, faríao a que a escollida vai ser a mitoloxía exipcia.

Comezan as rebaixas de inverno de Humble Store

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 12:00 COMENTAR

Humble Store, a plataforma de venda online que naceu a partir do éxito de Humble Bundle, comezou antonte as súas rebaixas de inverno, que estarán abertas ata o próximo luns día 22 de decembro, non son tan importantes como as de Steam, pero nunca está de máis deixar os cartos nunca páxina que colabora en actos solidarios.

The Witcher 3 atrásase ata maio

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

O estudo polaco CD Projekt Red anunciou recentemente que o seu xogo de referencia, The Witcher 3: Wild Hunt adiará o seu lanzamento dende febreiro ata o 19 de maio de 2015.

De acordo co dito polos desenvolvedores, este atraso nas datas é debido a pequenos erros detectados no intre de unir as diferentes partes que dan forma ao xogo, aínda que recentemente estiveron no ollo da tormenta polo downgrade gráfico ao que foi sometido o xogo entre o mostrado nos intres iniciais e no último vídeo, é necesario lembrar que o xogo terá versións de PS4, Xbox One e PC, que podería ser a orixe desta baixada gráfica.

Novo parche para Alien: Isolation

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Un dos xogos destacados deste ano 2014 que está a piques de rematar, Alien: Isolation, recibiu unha actualización que engade 2 novas dificultades a un xogo xa por si mesmo esixente abondo.

Estes novos niveis de dificultade son o chamado “Pesadelo”, que, como é de supor polo seu nome, eleva a dificultade do xogo e que provoca que o Alien sexa quen de lembrar as nosas estratexias para non caer 2 veces na mesma trampa. O outro nivel adicional é unha simplificación do nivel normal, de modo que aquel que desexe rematar o xogo sen moitos problemas poderá facelo.

Este parche foi publicado antonte.

Game of thrones chega a Google Play

Por: Xoves, 11 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Por fin temos entre nós o novo xogo de Telltale Games, como non podería ser doutro modo, trátase dunha aventura gráfica, neste caso baseado no universo de Game of Thrones, a saga literaria de moda nestes intres.

Aínda que o xogo xa chegara hai un tempo a Steam, agora chéganos a versión para dispositivos Android do mesmo, a un prezo de 3.98€ o primeiro capítulo dun total de seis, sendo posíbel tamén mercar todos o mesmo tempo a un coste conxunto de 16,24.

Steam Controller aprázase ata 2015

Por: Mércores, 28 de Maio de 2014, 19:15 COMENTAR

O Steam Controller, o mando que empregarán as futuras consolas de Valve, foi retrasado oficialmente ata o vindeiro ano 2015.

Fontes de Valve indican que este retraso é debido á resposta non totalmente satisfactoria dos usuarios que están a probar estes novos mandos, un grupo de probadores no que estarían involucradas tanto persoas relacionadas co mundo dos xogos coma persoas totalmente alleas ó mesmo.  Parece ser que os problemas veñen máis concretamente por parte do deseño dos derradeiros prototipos inalámbricos.

A diferenza do ocorrido con Play Station 3, Sony anunciou recentemente nunha reunión corporativa que o seu sistema de nova xeración xa era económicamente rentable.

Cun coste de fabricación de 381$ e un precio de venta de 399, contrasta enormemente cos 805$ que costaba fabricar e os 599 ós que cada PS3 era vendida. Deste modo, co troco de modelo de negocio, Sony espera reducir unhas perdas que nos 2 primeiros anos de vida da anterior consola dos xaponeses acadaron os 3000 millóns de $.

No tocante ós xogadores e a aqueles que desexen comprar un destes sistemas próximamente esto pode ser unha gran nova, xa que aunque Sony non teña a necesidade de rebaixar moito máis o prezo para acadar un maior número de ventas, é únicamente unha cuestión de tempo que caia dun modo bastante notorio grazas a reducción aínda maior dos custos de fabricación en referencia á xeración anterior.