Boas noites a todos de novo. Volvémonos ver noutra das nosas entrevistas no planeta Phixel despois duns meses ausentes. Como saberedes tivemos problemas cos nosos aparellos electrónicos despois dun programa especial nos escenarios de InFamous. Pero como xa podedes comprobar, volvemos estar en activo e hoxe temos unha entrevista moi especial e máxica, porque temos con nós ao valente Link, que acaba chegar de Hyrule despois dunha longa viaxe.

Skaltum: Boas noites Link, primeiro agradecerche a túa atención, que sabemos que viñeches exclusivamente para estar connosco. Que tal a viaxe?

Link: Por riba do Oceano Zora apañamos turbulencias, mais fóra deste pequeno contratempo todo ben.

Ler o resto da entrada »

Boas noites a todos os espectadores. Volvo estar no planeta Phixel e hoxe teño comigo ao protagonista da saga Devil May Cry, Dante, que sorprendeu a toda a Galaxia coa súa nova estética:

Skaltum: Boas noites Dante, sénteste cómodo nesta entrevista?

Dante
: Pois claro que si, guapetón. Estando acompañado dun home tan forte, musculado e rompecorazóns, coma ti.

Skaltum: Ehhhh,supoño que terei que estar agradecido, non sei. Pero cóntanos o por qué deste cambio de estética.

Dante: Estaba canso de eliminar demos e seres da ultratumba. Eles teñen o seu corazonciño, sabes?. Sen embargo eu sempre preferín recolectar margaridas polo campo. Son tan bonitas…

Skaltum: Pero debes entender que os teus seguidores estean intranquilos e enfadados, xa que ti sempre fuches para eles un personaxe carismático, sen medo a nada, e agora… aparentas o contrario.

Dante: JaJaJa, que bribón eres. Era todo márketing, obrigábanme aparentar ser así, pero agora son libre. Os meus novos xefes, Ninja Theory deixáronme ser como realmente son. De feito quería facer un cambio de sexo, pero aínda non aforrei o diñeiro suficiente.

Skaltum: Unhas declaración dixeron que estiveches fai un mes no cárcere. Que hai de verdade nisto?

Dante: Si, jaja, botei unha noite no calabozo, é que pilláronme coa miña moto a setenta nunha limitación de cincuenta.

Skaltum: Pero iso é motivo para encerrarte?

Dante: É que o garda que me multou era tan guapo e simpático que non conseguín evitar bicalo. E creo que se enfadou un pouquiño.

Skaltum: E do novo vicio de fumar?

Dante: Sempre pretendo ter algo na boca… polo que pronto comezarei a fumar enormes puros.

Skaltum: Tes algo que dicirlle a todos aqueles fans que se senten frustrados coa túa nova imaxe?

Dante: Claro. Gustaríame satisfacer as necesidades de cada un, pero creo que non vai poder ser. Agora que me permiten ser como son, xa non quero eliminar a ningún ser. Só quero coller flores, comprar roupa apertada e pasalo ben desfrutando dos demais.

Skaltum: Agora podemos asegurar que eran falsas aquelas declaración que mencionaban que saías con Trish.

Dante: Eu con Trish?, que bobada. Só é unha boa amiga que me acompañaba ás tendas, por certo, compartíamos o mesmo perfume.

Skaltum: Creo que xa abonda de entrevista. Un novo Dante que rompe con todo o anterior, sen importarlle o que pensen os máis puristas e seguidores da saga.

Dante: Xa está?, non me fas máis preguntas?

Skaltum: Non, a entrevista rematou.

Dante: Dásme o teu número de teléfono e quedamos outro día. Así amósoche a miña longa espada…

Skaltum: Non, e non te acerques máis.

Dante: Veña, non che gustan as caricias.

Skaltum: Aparta de min,…non saques a roupa…sóltame…
Dante: Teño moito amor que dar ás persoas, cariño.

Skaltum: Nooooonnn,… sóltameeee…SEGURIDADEEEEEE!!!!

[Planeta Phixel] Entrevista a ICO

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010, 15:11 COMENTAR

ico 2

Moi boas tardes a todos os lectores que seguen as mellores entrevistas de toda a rede. Se anteriormente tiveramos a sorte de poder falar con Mario, desta volta continuamos no planeta Phixel e déronnos a oportunidade de conversar con ICO.

-Xa fai moitos anos que sufriches aquel percance naquela illa misteriosa, pero podes explicarnos coas túas palabras o que supuxo en ti?

-Xa estou ata os collóns da mesma pregunta e xa me canso de repetir o de sempre, uns piiiiiiiiiiiiii (pitido de censura) pensaron que estaba posuído e quixéronme encerrar par sempre, despois saín daquela cárcere e non sei como piiiiiiiiiiiiii sobrevivín.

-Parece que o noso convidado ten mal xenio, pero por favor ICO, pediríache que falases correctamente e non empregases palabras mal soantes.

-Eu vou falar como me sae da piiiiiiiiiiiiiii, piiiiiiiiiiiiiiii.

-Como inflúen esos cornos na túa vida social?

-Xa tivo que saír o piiiiiiiiiii tema, pois imaxínate ti, nos cines molesto aos de atrás, non podo poñer gorros,case non collo dentro dos coches…como ves non estou moi contento con eles, así que como volvas falar de eles, utilizaréinos para facerte calar piiiiiiiiiii.

-Tranquilo, aquí respetamos aos entrevistados, así que non tocarei máis o tema. E cambiando de conversa, onde se atopa Yorda?

-A verdade é que me denunciou e púxome unha orde de alonxamento,porque parece ser que a quixen secuestrar. Todo empezou despois de que saíra de aquel cilindro onde me deixaron os piiiiiiiiiii, xa que a ela atopeima un pouco despois, e aínda que eu sempre a levaba pola man para sacala de alí e afastala daqueles monstros, ela alegou intento de secuestro.

-Pero como é posíbel iso se ti o que querías era axudala?

-Si, pero parece ser que nunca existiron tales seres,ela estaba de visita no castelo e foi cando a comecei a levar conmigo

-Entón aqueles seres dos que falas foron imaxinación túa?

-Ehhhh…., a verdade é que estou ingresado nun psiquiátrico por delirios,alucinacións e non sei que máis cousas dixeron, e ademáis aquel día estaba borracho de todo, por iso me deron collido aqueles piiiiiiiiiiiiii, así que non sei se existían de verdade ou non, cada un que pense o que lle saia dos piiiiiiiiiiiiii.

-Tranquilo,tranquilo, xa só me faltan un par de preguntas para rematar

-Pois vai apurando que me canso de verche esa piiiiiiiiii cara.

-Contan as historias que teu pai foi un heroico home que fixo fronte a temíbeis criaturas,canto hai de certo nisto?

-Pódesllo preguntar ti cando queiras, xa que reside na habitación 415 no mesmo psiquiátrico no que me teñen vivindo a min

-E para rematar, aclarácheslle a toda a sociedade que esos cornos non son ningunha maldición,se non un defecto xenético?

-Díxenche que non volveses sacar o tema maldito piiiiiiiiiiiiiiiiii,vas ver para que serven os cornos, toma, toma, toma,toma piiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,piiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Imaxes censuradas por agresividade

Dez minutos despois:

-Sentimos o acontecido anteriormente, informamos que o anterior periodista resultou ferido de gravidade aínda que agora está estable, parece mentira que un corpo tan pequeno poida facer tanto dano,en fin ata aquí a entrevista de hoxe

Lampexos de fóra ( Capítulo 4 )

Por: Domingo, 25 de Outubro de 2009, 14:43 COMENTAR

Lunt colocou o recipiente no chan da miña habitación e rompeu o candeado cun pequeno raio de cor azul deixando a caixiña aberta á miña disposición.

Axeonlleime fronte a ela e turrando con forza saquille a tapa.

Dentro había tres follas de libreta e unha pequena esfera de cor verde azulada co símbolo dunha árbore inscrito nela. Ollei para os papeis , e aínda que sabía que para poder ler había que pedir permiso á Central, decidín botarlle unha ollada. Neste intre, o meu robot avisoume de que se lía eses papeis infraccionaría o temido Protocolo por terceira vez, e por todos era sabido que a partir do terceiro delito os castigos pasaban a ser psíquicos. Percorreume un calofrío por todo o corpo ao recordar a dureza das condenas de Rombai, pero as miñas ganas de saber de que se trataban eses papeis sobrepuxéronse ao medo e collín entre os meus sudorosos dedos as tres folliñas.

Na primeira delas había escrito a man un texto nunha língua que non entendía, na segunda un mapa de Irlanda co debuxo dunha torre nunha das súas costas e na terceira un mapa da nosa Península chea de frechiñas indicativas. Ademais , a Península estaba dividida en diferentes territorios e cada zona tiña un nome asignado. Entre eles, e situado no centro da Península estaba Madrid, que foi o único nome que entendín, despois aparecían outros como Cataluña, País Vasco, Portugal e tantos outros nomes que se me facían extraños. Mirei o nome que recibía o lugar no que me atopaba e os meus ollos atopáronse con Galiza.

Sempre nos dixeran que a Península se chamaba Madrid e neste mapa contradecíao. Eu estaba na Galiza. Que significaba isto ?, sería outra das múltiples trampas que nos poñían os gobernantes para comprobar se acatabamos as ordes ?, non sabía, estaba confuso. Decidín voltar á primeira folla.

  – Lunt, identifícame esta língua – díxenlle ao robot.

Este mirou a folla uns segundos e dixo:

  – Non existe

  – Como que non existe ?- dixen alporizado e nervioso ao mesmo tempo.

  – Na base de datos esta língua non existe

  – Entón por que está escrito aquí – dixen case berrando.

  – Sinto Breogán, non teño a capacidade de responder a esa pregunta.

Quedei pensando un intre e volvinme dirixir ao meu compañeiro.

  – Que me podes dicir de Galiza?

  – Nada – contestoume aos poucos segundos.

Dándome por vencido pechei a caixa cos catro elementos dentro e deiteime na cama. Necesitaba descansar.

Pero cando os meus ollos se cerraron, o meu cerebro facíase preguntas. Que sentido ten que apareza unha caixa no meu xardín pechada cunha seguridade nula, cuns papeis nunha língua inexistente e cun mapa da Península dividido en varios territorios ?. Ningún. Sentido, ningún.

CONTINUARÁ…

Agárrate ao son do silencio

Por: Venres, 23 de Outubro de 2009, 15:19 COMENTAR

 

Cando o mundo se sumerxe

nas incontábeis sensacións da morte,

ou da vida.

 

Cando ninguén te mira con ollos  de realidade,

non busques o común,

non busques o inexistente,

tampouco te conformes cos restos de gula,

que con crueldade che ofrecen.

 

Se isto chega ao teu corazón,

agárrate aos sons da cortiza dos carballos,

ao son das pedras con lama,

ao son do píxel inanimado.

Lampexos de fóra ( Capítulo 3 )

Por: Luns, 12 de Outubro de 2009, 13:20 COMENTAR

Á mañá seguinte erguinme e seguín as miñas pautas diarias, Lunt aseoume , fun ao traballo, cumprín as miñas obrigas, falei con Silvia e como acostumaba, volvín á cama pensando no que pasaría se lle contase a verdade á rapaza.

  Así pasaban os días, traballando e polas noites camiñando polo meu habitáculo dádolle voltas a miña cabeza imaxinando un posíbel futuro xunto a miña veciña. Nunha das innumerábeis viradas que facía ao longo do dormitorio chamoume a atención un pequeno pero intenso lampexo que proviña do meu pequeno xardín artificial.

    – Lunt, identifícame ese obxecto – díxenlle apresurado.

   -Trátase dunha pequena caixa metálica, composta de aceiro, de 36 cm de longo e 22 de ancho. Ese obxceto non debería estar aí Breogán, non está identificado na Central.

Dubidei uns intres. Isto saía dos meus plans diarios e sentíamoe confuso, era unha sensación rara. Nunca tivera que tomar ningunha decisión e agora presentábaseme un dilema que non sabía como resolver.

   Pasaban os minutos e seguí alí, fronte a xanela, observando para esa pequena luz, porén, unha nube cruzouse no percorrido entre a caixiña e a lúa artificial e o reflexo do obxecto desapareceu.

  Seguín inmóbil, sen saber como actuar ata que a pequena nube composta por infinidade de gases e plásticos seguíu o seu camiño e voltou a pequena luminosidade da caixa.

  Senteime no chan. Por que unha caixa de aceiro, elemento que se deixara de utilizar fai moitos anos pola súa febleza e elevado peso, aparecía ao descuberto no me xardín ?. Lembrei que o día anterior a Central creáranos unha noite con moito vento e auga polo que supuxen que sería o motivo do desenterramento deste obxecto tan peculiar.

   A pesar de ter a posíbel solución da aparición repentina da caixa, seguía sen saber se tiña que ir por ela ou non.

  Volvinme erguer e mirei a luz, fixamente , mentres que o corazón latexaba máis a presa e intentaba saber como reaccionar. Pero non podía, tiña medo a decidir por min mesmo.

  – Debes ir á Central e contarlle o teu problema para que se encarguen eles do obxecto – escoitei decir a Lunt mentres voaba ao meu carón facendo un pequeno ruido siseante.

  Non contestei.

  Nunca tivera esa sensación, e por que non dicilo, gustábame.

  Deccateime de que pasaran tres horas desde que descubrira o achado e armándome de moito valor saín fóra da casa. Derixinme con paso decisivo cara a luz tenue que emitía o recipiente mentre Lunt me repetía continuadamente que non estaba a facer o correcto. Facendo caso omiso aos consellos do robot parei diante da caixa.

Intenteina coller pero pesaba demasiado, asique pedinlle axuda a Lunt. Este, cos seus dous braciños levantouna sen problema. Tiña un cerre que eu nunca vira e pedíndolle información ao robot aseguroume que se trataba dun método xa inutilizado de seguro que se denominaba candeado.

Seguín analizando a caixa e vín que tiña unha mestura de cores entre laranza, vermello e marrón aínda que Lunt apresurouse a decirme que esa cor debíase a un proceso denominado oxidación. Non preguntei en que consistía o preceso xa que a miña atención centrábase no que puidese haber dentro da caixa. Pedínlle a Lunt que abrise o recipiente aínda que o detín no momento xa que preferín saber o que había dentro da caixiña dentro do meu fogar, lugar no que me sentía máis seguro, e nestes momentos de intriga e medo necesitaba sentir o calor e aloumiños da miña pequena vivenda.

CONTINUARÁ…

Lampexos de fóra ( Capítulo 2 )

Por: Xoves, 1 de Outubro de 2009, 13:48 COMENTAR

Como todos os días, Lunt asignoume un posíbel futuro posuídor dos EE. Atopábase nunha cidade de Alemaña. Dirixinme ao cilindro, volvín pensar tres veces o lugar de destino e alí aparecín, diante da porta do seleccionado. Antes de chamar pedinlle a Lunt que me dese un comprimido coa lingua alemá, e axiña se abríu outro dos seus múltiples compartimentos saíndo unha bandexiña cunha pílula. Collina cos dedos firmes e tragueina.

Aos poucos minutos xa estabamos conversando os dous nun perfecto alemán. Grazas aos meus catro anos de experiencia neste traballo sabía moi ben como  tratar ás persoas ( aínda que tamén axudaba as múltiples clases que nos ofrecían na empresa para aprender a enganar a clientes ), e case sempre conseguía o meu cometido.

   Así o fixen durante as miña doce horas diarias de emprego, falando con xente de todos os recunchos do planeta. Cando rematei co último cliente, regresei á miña oficina, e antes de facer ningunha outra tarefa traguei a cápsula da lingua castelá, única lingua permitida en todo o territorio, e aínda que eu non o comprendese moi ben, calquera outra lingua dentro de “Madrid” era fortemente castigada, polo que tiña que ter moito ollo en non esquecerme de tomar o comprimido coa dita lingua.

Ao rematar a xornada laboral dirixinme cara o robot de saída, que era o encargado de abonar a cantidade monetaria a todos os traballadores diariamente. Esta cantidade monetaria dependía do beneficio bruto que o traballador proporcionara á empresa ao longo do día, e dito beneficio calculábase mediante estatísticas realizadas por máquinas.

Unha vez recollida a miña remuneración volvín para a miña casa, onde, mentres comía, falaba con Lunt sobre o programa de televisión. A esa hora sempre poñía o mesmo , pero como nos obrigaban a ver a televisión como mínimo tres horas ao día, eu escollía a cea e a cama, antes de durmir , para que transcurrisen ditas horas. Nos programas só falaban de como era a mellor forma de vestir, as palabras que eran correctas utilizar, novas condenas para os incumpridores, etc.

Despois da cea saín fóra da vivenda, a herba era artificial e as árbores un decorado, pero era unha paisaxe fermosa con altavoces emitindo cánticos de paxaros, vento irreal que movía as pólas das árbores…. o osíxeno creado por máquinas enchían os meus pulmóns facéndome sentir nunha burbulla de liberdade.

Eu vivía nunha aldea de doce habitantes, coas súas doce casiñas, xa que o Xeneral Rombai non permitía que houbese un tumulto de persoas, e ademáis , toda a aldea estaba rodeada por unha cúpula, estando terminantemente proibido a saída desta, cousa que tampouco entendía.

A decir verdade a maioría das decisións tomadas por Rombai nunca as cheguei a comprender, pero simplemente deixaba pasar os días.

Paseando pola aldea atopeime con Silvia, que ía escoitando música:

   – Boas tardes, Silvia, ándaslle ensinando como é a aldea ao teu robot? – e saíume unha desas risas innecesarias de namorados. ( Todos sabemos as tonterías que se dín nesta fase )

   -Que tal Breogán, veño estirar un pouco as pernas antes de ir durmir, que seica é unha forma de relaxar o corpo. Por certo, penso que o meu robot xa coñece perfectamente esta aldea, o que xa non estou tan segura é se a túa antigalla ten os circuítos suficientes como para manterse no aire.

Dixo ao mesmo tempo que me ensinaba os séus brancos dentes nun sorriso que me pareceu o máis belo do mundo. Estivemos falando un bo anaco ata que ela puxo fín a nosa conversación cun indesexado adeus. Quedei mirando para ela ao mesmo tempo que sacaba unha etiquetiña do peto. A etiqueta era unha autorización selada polo Congreso Central, a cal me permitía bicar a Silvia sempre que ela tamén tivese outro permiso.

Outro día que non me atrevín a decirlle nada, outro día que gardaría a autorización nun estante da casa, outro día que non conseguín o meu cometido.

CONTINUARÁ…

Lampexos de fóra ( Capítulo 1 )

Por: Martes, 29 de Setembro de 2009, 15:18 COMENTAR

2509-Madrid

Espertei suando , mirei ao meu arredor con medo, e aos poucos segundos relaxeime. Só fora un soño, un pesadelo. Berrei por Lunt cun ton ameazante. Lunt é un pequeno robot voador duns 50cm, capacitado para realizar case todas as terefas dunha persoa, ademais de ter rexistrado na súa base de datos toda a información almacenada na Central, situada no centro da península. A información da Central era actualizada por outra raza de robots, que á súa vez eran modernizados por outro tipo de máquinas.

Lunt pertencía a un modelo antigo, pero fórame asignado desde que nacera e á diferenza de moitas outras persoas, decidín quedarme con el.

Por mor disto, case todas as persoas que vían a Lunt facían acenos de incomprensión e mirábanme con cara de asombro, xa que todos tiñan modelos moito máis modernos, con moitas máis funcións, máis artiluxios, máis… de todo.

  – Por que permitiches que tivera este pesadelo Lunt, xa non consegues nin sequera controlar as miñas constantes nerviosas?

  – Sinto Breogán, estaba recargando o núcleo da casa e ben sabes que ata que remato non podo atender outra tarefa diferente.

  – E ahí o inconveniente de non ter un robot de última xeración. Bahh, non te preocupes, os pesadelos fanme sentir máis ceibo e humano.

Despois desa pequena disputa , Lunt lavoume , peiteoume, asignoume a roupa que tiña que vestir e fíxome o almorzo cos ingredientes necesarios que dependían de diferentes factores, como o cansanzo, a motivación coa que me atopaba, temperatura, presión atmosférica, etc. Por último, do caparazón de Lunt abríuse un pequeno compartimento do cal saíu unha especie de patiña coa cal me lavou os dentes, deixándome a boca limpa e aseada como obrigaba o Protocolo.

   O Protocolo é un caderno dictado polo xeneral Rombai, gobernador e moderador de todo o que ocorre na península, nas que están escritas unha serie de actitudes que se debían cumplir estrictamente, como a forma de vestir, falar, actuar e responder ante as autoridades. A infracción do Protocolo sería penalizada con castigos psíquicos ou físicos, sendo estes últimos os máis levadeiros e soportábeis.

   Introducinme no Cilindro, pensei tres veces o meu lugar de destino, e alí aparecín, no meu posto de traballo, con Lunt ao meu carón. A miña labor consistía en buscar posíbeis compradores de “Espirais Espirituais” ( EE ), pequenos obxectos utilizados por xente cun nivel económico desorbitado , que tiñan como finalidade provocar un sono moito máis placebo.

mario 2Moi boas tardes a todos os lectores desta páxina que me siguen día a día… ejeemm… nas miñas tolerías individuais. Despois dun longo viaxe ao planeta “Phixel”  e recuperado da pronunciada espera que sufrimos miles de periodistas para poder falar con Super Mario, aquí estou, enfronte do fontaneiro máis famoso de todos os tempos.

SKALTUM: En primeiro lugar agradecerche estes momentos que nos ofreces , porque xa sei que estás inmerso en varios proxectos e apenas tes tempo libre.

MARIO: A verdade é que non me falta traballo e os madrugóns son continuos, pero o meu representante Shigeru fíxome un oco para poder respondervos as vosas cuestións.

S: Tentarei alonxarme dos tópicos que te envolven , e facer alusión a túa vida profesional desde un inicio, porque non sempre estiveches na cima do panorama verdade?

M: Como todos os traballadores tiven que comezar desde cero. O pricipio traballaba nun cabeleirerio para pagar os meus estudos de interpretación. Por certo, foi a época que deixei medrar o meu bigote, cousa que non lle gustou ao meu xefe, e alegando á miña mala imaxe cara os clientes despedíronme. Pouco despois fixen un casting para interpretar a un actor nunha película, e polas miñas “grandes” dotes seleccionáronme, hei de mencionar que era un filme pornográfico e facía dun fontaneiro que tiña que ir á casa dunha universitaria arranxarlle unhas tuberías, e … que máis vou decir. O típico. (risas). A partir deste filme xa me alcumaron O Fontaneiro, nome que me quedaría para o futuro. Botei un par de anos nesta profesión ata que tiven que compartir piso cun gorila, si, o diñeiro que gañaba non me chegaba nin para ter un piso  propio, o caso foi que este gorila adicábase ao mundo dos videoxogos e grazas a el, tiven o primeiro papel protagonista xunto a Donkey Kong, nome do meu compañeiro de piso, nun videoxogo, e a partir de aquí xa todos sabedes o sucedido.

S: Sorprendentes declaracións. A pesar de toda esa vida axetreada que pasaches, agora es un dos personaxes de videoxogos mellor remunerados da historia. Este feito , fixo cambiar a túa personalidade?

M: A verdade é que cando se comeza a gañar diñeiro, todo o que está ao teu arredor núblase e só pensas no próximo que vas adquirir. Sobra dicir que teño a casa cheo de cacharros inútiles que apenas utilizo. Algo ilóxico tendo en conta que anos atrás apenas gañaba para comer, quizáis este cambio tan brusco deu paso ao meu desfase económico.

S: Non pensas que podes ter un pequeno problema de consumismo?

M: O meu representante de imaxe xa mo reiterou bastantes veces, pero a decir verdade o único gran problema que tiven respecto a isto, foi a discusión que tiven Sonic. Fai anos estabamos a un nivel adquisitivo similar, e os dous tiñamos gran acollida e éxito nos nosos proxectos. Ata que se enfadou comigo porque se decatou que eu cobraba un chisco máis ca el. Este enfado transmiteumo a min e comprei a maior parte dos seus guionistas, directores, etc.

S: Este é o motivo polo que os últimos xogos de Sonic son tan ruíns?

M: Por suposto, un videoxogo necesita de moita xente detrás, e se se carece deste personal, xa sabemos o que nos queda ( risas malignas).

S: Non che parece unha postura bastante infantil pola túa parte?

M: Si, pero el meteuse primeiro comigo… así e todo intento recuperar a súa amizade compartindo protagonismo con el nalgún que outro videoxogo.

S: Deixando a un lado os vosos problemas persoais, por qué creas só para a compañía Nintendo, non che gustaría traballar con Sony o Microsoft?

M: Nintendo sempre se portou moi ben comigo, ademáis, o meu representante Shigeru Miyamoto asinou un contrato con Nintendo impedíndome a miña aparición noutra compañía ata 2100, así que polo de agora seguirei na mesma. E a partir do 2100, xa veremos.

S: Para rematar, fuches denunciado por presunto tráfico de estupefacientes en forma de setas alucinóxenas e acoso sexual a Yoshi, qué opinas sobre este asunto?

M: ………. Teño que marchar, surxíume unha urxencia.

 

Ata aquí a entrevista cun dos personaxes máis coñecidos do panorama “videoxoguil”. Tanta sorpresa provocame unhas profundas ganas de ir ao baño, así que despídome ata a próxima entrevista que faremos en directo desde aquí, desde Memoria Pixelada.

Saúdos.

                                                                              …alguén ten papel de váter?

Desprazamentos de lecer

Por: Venres, 21 de Agosto de 2009, 14:13 COMENTAR

Por fin cheguei ao meu destino. Alemaña estaba fría e intuía esta continuidade climatolóxica, pero como  sempre acontece aos humanos, as miñas ganas e espectativas sobre aquel lugar superaban a calquera inconveniente ambiental. As palabras resoban na miña fráxil mente. Gamescom.

A segunda gran feira sobre videoxogos e a segunda vez que visitaba un destes lugares no que os protagonistas eran píxeles mimetizados en títulos interactivos. Pero cando me situei xusto enfronte do local onde se celebraba esta xuntanza , non o puiden evitar, non puiden evitar rememorar o sucedido no anterior E3.

“Por fín nos Ánxeles, por fin comprobarei de primeira man todo o que se coce neste feira. Recorrín todos e cada un dos recunchos do enorme edificio probando en exclusiva as últimas novidades do sector dos videoxogos. Penso que tiven a sorte de catar a inmensa maioría dos títulos presentados naquel lugar, aínda que ben é certo que máis dunha vez a desesperación nas inmensas ringleiras de espera case me frustran o meu propósito, pero, á excepción de moitos, fun paciente.

Todo saía incluso mellor do pensado, todo saía ben ata que comezou a soar a alarma por todo o local. Parece que estaba ardendo unha parte do edificio e o lume propagábase de forma inmediata dun “stand” a outro. A xente comezou a correr e a berrar dun lugar a outro, pero para horror de todos, as portas e as saídas estaban totalmente pechadas con enormes cadeas que bloqueaban e desmoralizaban ás vítimas do interior. O fume xa comezaba facer efecto na miña respiración, e convertinme nun ser clónico aos demáis, berrando e movéndome dun lugar a outro intentando fuxir do núcleo das lapas. Cando pasaron uns minutos o lume xa ocupaba e abrasaba a meirande parte do local, e os poucos supervivintes que quedabamos , refuxiabámonos apoiados nunha das contadas saídas que quedaban sen estar calcinadas. Non me preguntedes o por qué, pero dentro da miña mochila onde transportaba a miña cámara, os meus permisos e resto de material inútil, había unhas enormes tenazas. Sen pensalo demasiado, rompín as enormes cadeas que nos quitaban a liberdade”.

Non quixen pensar máis o sucedido naquela feira, son dos que penso que os recordos infames débense esquecer , e aínda que isto sexa imposíbel, non se lle debe dar máis importancia da que tivo no momento ocorrido. Sendo así, adentreime na Gamescom.

Comecei a observar todos os vídeos que se amosaban das últimas novidades, e ao terceiro día , como se fose un “dé já vu” , volveu a soar a serea de incendios. Non o podía crer, é máis, non podía ser así. Cando voltei a miña mirada, decateime de que a xente volvía correr dun lado a outro aterrados porque as portas de saída estaban todas pechadas con cadeas. Todo volvía repetirse, pero non perdín máis tempo e abrín a miña mochila.

Despois da miña mirada de incrédulo, axeonlleime no chan e comecei a chorar. Desta volta había algo máis que as enormes tenazas, desta volta tamén había dous recipientes de gasoil baleiros.

Complemento eléctrico

Por: Martes, 23 de Xuño de 2009, 10:57 COMENTAR

Por fín atopei a coba, por fín atopei o refuxio do monstro que atemorizaba a todo a aldea. Era escura, pero pequenas fogueiras, alimentadas por restos de caveiras humanas e seguramente provocado polo bafo incandescente do dragón, iluminaban de forma tenue o meu percorrido.

Non andivera días e días para botarme atrás neste punto.

Cheguei a un lugar moi alto, o pequeno corredor quedara atrás, dando paso a un inmenso habitáculo. Os morcegos movíanse polo teito, millóns de insectos morrían aplastados por cada paso que daba, a humidade das paredes facía reflexar a miña cara de imcomprensión, e ao lonxe, deitada pero alerta, o temido monstro mirábame aos ollos.

Saquei a espada.

Kalak era o nome do dragón.

A criatura erguéuse.

Levantei a miña arma.

Tomei unha herba máxica.

Un forte berro saíu da boca do inimigo.

Marchou a luz.

Vouvos a contar un drama, un drama que sufrín na miña propia pel, unha historia baseada en feitos reales.

Todo comezou cando un bo día entrei nunha tenda de videoxogos e tiñan no probador o Guitar Hero 1. Esperei paciente a que deixaran o lugar e collín a guitarra na man. Dinlle a comezar, e sen ter moita idea de como ía todo aquelo, premín os botóns ata que lle fun collendo o “tranquillo”. Sobra dicir, que desde ese día quedei viciado, e enamorado de Guitar Hero. Os días pasaban, e seguía pensando nese xogo. Sacaron a segunda entrega e a continuación e inminentemente deu froito a terceira parte.

Non me aguantei máis, fixen peripecias para aforrar os 100 eurazos que custaba o Guitar Hero 3 e funo adquirir rapidamente. Cheguei á casa, desempaquetei o meu premio, suábanme as mans, montei a guitarra, introducín o xogo na 360 e iniciei sesión. Non hai palabras a describir esa sensación, os altavoces afumeaban e eu estaba alí, interpretando temas clásicos do rock.

Coma todo bo principiante, comecei en dificultade normal, o pouco paseime ao difícil e con meses de práctica nas miñas costas, puiden pasar ao nivel experto ( hei de recoñecer que eu tampouco son capaz de pasar a canción de Dragonforce).

Así pasaban os días e meses, cando tiña un anaco, alí estaba eu enganchado ao Guitar Hero 3, pero coma todo, a situación cambiou. Navegando na rede chegou a información, de que o próximo Guitar Hero sairía nos próximos meses e traería a posibilidade de tocar a batería , voz e guitarra ( esta traería melloras incorporadas). A miña inxenuidade era tal, que me alegrei potencialmente.

Este novo Guitar Hero que se chamaba World Tour, saíu e eu esperei a ver as primeiras críticas. De notábel para arriba.

Teño que aclarar que desde o rumor xa comezara a aforrar, e aínda que 210 excesivos euros, parecíanme demasiados, as ganas de simular unha batería foron maiores. Así un bo día dirixinme a unha tenda.

Entrei e levei a miña primeira decepción. Non tiñan o pack para a Xbox 360. Quedei pensativo e formei os meus plans na cabeza. Levo o pack de Playstation 3, e despois vendo a guitarra e o Guitar Hero 3, total, con este novo pack , apenas o vou xogar.

Así foi, desenvolsei os 210 eurazos e levei o Guitar Hero Worl Tour para a Playstation 3. Ao chegar a casa, montei todo o máis rápido posíbel. Pareceume raro que os instrumentos necesitasen un adaptador conectado á consola para que fosen inalábricos pero non lle dín máis importancia. O primeiro que fixen é probar a nova guitarra e as súas melloras, como os botóns táctiles e o alragamento da púa. Despois de tocar unha canción que non me gustaba en absoluto, paseime á batería. Era difícil, pero pouco a pouco dunme adapatando a súa sensibilidade, que non era 100%, nen sequera chegaba ao 60%.Con referenza ao disco, pareceume un título moito máis doado, pero moitísimo máis e cunha selección de cancións pouco apropiada. Nada que ver coa terceira parte. Pero o peor chegaría os días seguintes.

A mañá seguinte levanteime con ganas de máis Guitar Hero, e comecei a tocar, pero cando levaba escasas tres cancións, o platillo amarelo da batería deixou de funcionar. Quedei paralizado, dinlle voltas, apaguei e encendín a consola, saqueille as pilas e púxenlle outras novas ( todas estas cousas inútiles que se fan cando a desesperación e grande).Nada o plato seguía sen funcionar. Levei todo o pack o lugar onde o mercara e comenteille o problema.Tiven que deixarlle todo alí, á espera de que me puidesen amañar esa ou traerme outro pack novo. Unha semana enteira estiven esperando, ata que me chamaron para que fose por unha nova. Inmediatamente aparecín alí e volvín para a casa. Conectei todo de novo, e como sempre a primeira vez parecía que todo funcionaba correctamente, a dicir verdade a sensibilidade dos parches da batería deixaban moito que desexar.

Fixen o mesmo durante uns días, e cando non levaba unha semana co xogo, volveume fallar outro parche, desta vez o vermello. A miña paciencia acabábase e cagándome en todo e todos , decidín esperar un tempo antes de volver á tenda, polo menos desfrutar un pouco da guitarra, pensei eu. O bo foi cando collín a guitarra e ao minuto fallou a púa, esa gran novidade que incluía a guitarra, esa gran mellora era unha estafa, tendo en conta que é moito menos resistente ca anterior guitarra, e iso que eu toco amodiño e sen exercer moita forza.

Non pode ser, isto non me pode estar pasando a mín. Volvín á tendo e dinme que é mellor que chame aos de Activision para que solucionen eles o problema. Xa se me estropeara dúas veces, asique chamei no día, mencionando que non funcionaba a batería e a guitarra fallaba na maioría das veces, e non lle dixen que este pack era unha auténtica porquería, porque me amarga falar castelán, que se non…

Dito esto, e semanas despois chégame un paquetiño. Imposíbel que dentro desta caixa veña a batería. Ábroa e atópome coa guitarra e un cable. Infórmome e percátome que ese cable é para aumentar a sensibilidade da batería. De novo cabreado volvo chamar a Activision e aclaro que un parche da batería non funciona nada de nada, o que lle fai falla aumentar a sensibilidade e ao resto, pero iso xa foi de sempre.

Volvo esperar unhas semana e por fín chega a batería. Sen esperanzas conectoa e comezo a tocar. Sen ningunha alegría toco as malísimas e facilísimas cancións coa que conta o xogo, e penso que só é cuedstión de tempo de que volva fallar. Adivinade que pasou?, tres semanas foi o tempo que tardou en volver a fallar un dos seus parches.

Sen ganas nin ilusión por esta merda de xogo e periféricos, deixéina a un lado, falloume tres veces, tres veces. Como unha compañía destas caracteríticas pode permitir isto?, pagar 210 € por uns plásticos que fallan a miúdo, e polo que parece, non son o único.

Xa pasou un mes desde que teño todo o pack abandonado, e cal foi a miña sorpresa, cando paseando por un centro comercial atópome o Guitar Hero 3 e guitarra para a Xbox 360 a 50€, a metade do que me custara da primeira vez. Non o dubidei e adquirino.

Volvín a sentirme ben cun Guitar Hero, as cancións son preciosas e moi complicadas, a guitarra non me fallara nunca e non creo que me falle esta tampouco, agora vólvome viciar imitando tocar a guitarra.

So me queda unha dúbida, non sei se queimar o World Tour con todos os seus insultantes priféricos ou enterralo nun buraco ben fondo, para que ninguén volva a caer na tentación.

MERDA DE WORLD TOUR.