Durante o día de hoxe e por tempo limitado, Microsoft agasalla a todos os usuarios Gold de Xbox Live coa descarga gratuita do videoxogo Fable III.
Por fin temos o primeiro teaser tráiler do seguinte título de Batman: Arkham. Como todos os teasers non vemos máis que unha CG na que observamos loitar a Batman. O xogo sairá o 25 de outubro.
O xogo de notable participación galega para dispositivos móbiles “Push Cars 2: On Europe Streets”, e do que xa falaramos en Memoria Pixelada, poderase descargar de balde por tempo limitado. Agora xa non hai excusa para recorrer as rúas de Compostela evitando que os vehículos ecolóxicos se estraguen contra os máis contaminantes
Enlace para descarga en dispositivos iOS: http://bit.ly/10wc8Fl
Enlace para descarga en dispositivos android: http://bit.ly/Z6K6Uu
A ESRB norteaméricana acaba de listar, aparentemente, Sly Collection para a PS Vita, igual que fixeron coa triloxía de Jak & Daxter.
O xogo incluiría os tres títulos saídos na PS2 remasterizados como xa o fixo na PS3.