Despois do recente lanzamento do exitoso (e nun principio tamén problemático, como era de agardar) GTA Online, a compañía Microsoft non quere desaproveitar esta oportunidade e ofrecerá a todos os usuarios Silver a posibilidade de probar as vantaxes da subscrición Gold do seu servizo Xbox Live durante esta vindeira fin de semana.
Xbox Live Gold, de balde durante esta fin de semana
Onte morreu, con 85 anos, o home que converteu Nintendo no que é hoxe en día.
Hiroshi Yamauchi foi o presidente da compañía durante máis de 50 anos, e foi el quen tivo a idea de introducir a vella empresa de xogos de cartas no mundo do entretemento electrónico.
GTA V convértese no xogo máis caro da historia
Segundo os datos de Scotsman, a quinta entrega de GTA convértese na máis cara cun presuposto de 265 millóns de dólares.
Esta cifra deixa a GTA IV moi afastado, que non chegou aos 100 millóns de dólares.
Aumentan a velocidad da CPU da Xbox One
Rumor: InFamous podería chegar á PS Vita
Un dos responsábeis de Sucker Punch amosouse confuso e nervioso cando lle preguntaron se a saga podería chegar á portábel de Sony:
Agora mesmo só vamos falar sobre o xogo de PS4. Encantaríame contarvos algo sobre calquera xogo de Vita cando…
…ou se algunha vez acaba sucedendo.
Os xestos de confusión e de como se lle escapara algo que non debía dicir están aí, mais de isto a ser unha realidade hai un treito. Agardemos máis novas.
«Saints Row 4» supera o millón de copias vendidas
Segundo anunciou a compañía Deep Silver (@deepsilver), o seu máis recente xogo, Saints Row 4, superou o millón de copias vendidas na súa primeira semana no mercado.
A versión para PC triplicou as vendas da primeira semana da entrega anterior: Saints Row: The Third
Xbox One branca exclusiva para os empregados de Microsoft
3DS segue líder en Xapón con máis de 12 millóns de unidades vendidas
A consola máis vendida no Xapón continua sendo a 3DS de Nintendo, superando esta semana os 12 millóns de unidades vendidas dende o seu lanzamento. Estes son os datos do reso de consolas:
3DS:(total de ano: 2.268.364;dende lanzamento 12.048.244).
PlayStation Vita:(646.303; 1.777.128)
PlayStation 3:(544.964; 9.405.048)
Wii U:(409.092; 1.036.379)
PSP:(333.055; 19.962.066)
Wii:(53.121; 12.691.957)
Xbox 360:(17.285; 1.631.119)
Así é o cooperativo de Splinter Cell:Blacklist
Ubisoft acaba de lanzar un vídeo onde podemos ver o cooperativo do seu próximo Splinter Cell.
Wii U tamén contará con cooperativo, mais só online, quédanse sen multixogador a nivel local.