Polo de momento só no continente nipón, mais estes “ports” rematan extendéndose a todos os continentes. Así, poderedes revivir as tres aventuras deste avogado na vosa 3D.
Seguen as portábeis sen ideas novas? Parece que si.
Segundo as cifras ofrecidas por Microsoft, dende que comezaron a campaña en xuño, os xogadores pasaron un total de 120 millóns de horas xogando aos videoxogos que a compañía regalou aos subscritores Gold do seu servizo Xbox Live, entre os que se inclúen títulos como Fable III, Dead Rising 2 ou Rainbow Six Vegas. Nesta segunda quincena de outubro, están a regalar o Halo 3.
“Rambo the videogame”, do cal xa tíñamos falado en Memoria Pixelada, retrasase polo menos ata xaneiro de 2014. En principio tiña prevista a súa saída a finais do setembro pasado, mais Reef Entertainment non deu cumprido os prazos (ou non se atreveu a competir cos grandes xogos que ven a luz estas semanas).