Nun novo intento por seguir potenciando a súa plataforma Origin e querendo dar as grazas aos seus máisde 40 millóns de usuarios, os de Electronic Arts comezaron hoxe unha semana de rebaixas de ata o 50 por cento en máis de 200 títulos do catálogo dispoñible.
Xogos como o Dead Space 3 por 24,97 €, o Crysis 3 por 34,97 € ou o Mass Efect 3 por só 10,25 €, son só algúns dos moitos títulos que podedes atopar na plataforma dixital. Se queredes ver o resto de títulos, podedes velos na páxina de Origin.
A oferta será válida dende hoxe mesmo e ata o vindeiro 26 de marzo.