broken-age
Neste novo xogo de aventuras, Wood porá a voz a Shay, un dos protagonistas.

Segundo confirmou Tim Schafer esta fin de semana, o actor Elijah Wood (@woodelijah), coñecido principalmente por interpretar a Frodo nos filmes da saga «O Señor dos Aneis», ven de unirse ao reparto de actores que porán a súa voz no novo proxecto do estudo Double Fine: o «Broken Age».

Recentemente tamén confirmaron o personaxe de Curtis, o leñador será interpretado polo actor Wil Wheaton (@wilw), coñecido por interpretar o papel de Wesley Crusher na serie «Star Trek: A nova xeración» ou máis recentemente interpretándose a si mesmo como o inimigo mortal do Dr. Sheldon Cooper na serie «The Big Bang Theory».

Para os que non coñezades este videoxogo, anteriormente coñecido baixo o nome «Double Fine Adventure», en marzo de 2012 conseguíu recadar algo máis de 3,3 millóns de dólares na súa campaña na web Kickstarter.com.

Máis información na páxina oficial.

the-elder-scrolls-online
A compañía ZeniMax Online ven de publicar un novo vídeo do «The Elder Scrolls Online». Neste caso, o director artístico Jared Carr preséntanos as opcións de personalización dos nosos personaxes que teremos no videoxogo.

“Temos un equipo dedicado de artistas que empregaron moito tempo e enerxía en desenrolar isto para os xogadores porque entendemos o importante que é e penso que poderedes apreciar a súa dedicación cando creas un personaxe.”

O lanzamento está previsto para 2014 para Mac, PC, PlayStation 4 e Xbox One.

football-manager-2014

Segundo informou a creadora da saga, Sports Interactive, todos os usuarios que fixeron unha reserva do novo Football Manager 2014 nas tendas participantes (tanto dixitais como reais) xa poden acceder á versión beta do mesmo.

A nova versión contará con máis de 1.000 melloras con respecto ao seu predecesor, como a posibilidade de gardar as partidas na nube, posibilitando seguir as nosas partidas en varios ordenadores.

“Como é natural nunha versión beta, non é un produto final e aínda estamos a traballar en numerosas melloras.”

Tamén están a traballar en certos erros, como se pode ver nesta lista.

Está previsto o seu lanzamento para o vindeiro 31 de outubro para Linux, Mac e Windows. Tamén anunciaron o lanzamento da versión Football Manager Classic 2014 para PS Vita.

SMS Racing é un videoxogo indie para Linux, Windows e Mac que ten como obxectivo concienciar a xente dos perigos de usar o móbil en canto se conduce. Bota unhas partidas e poida que para a próxima o penses dúas veces antes de responder ao Whatsapp ao volante.

the-elder-scrolls-online
Como xa vos informamos hai un tempo, a compañía Bethesda está a traballar arreo no seu MMO «Elder Scrolls Online» que agarda ter listo para o seu lanzamento o ano que ven.

Este novo MMO requerirá dunha subscrición mensual para poder xogalo e estará dispoñible para Mac, PC, PlayStation 4 e Xbox One. É precisamente nestas dúas últimas onde se poderían atopar co recelo de moitos usuarios se, ademáis da cota mensual do MMO, teñen que pagar tamén a subscrición a PS Plus e Xbox Live, respectivamente. É por iso que a compañía está a negociar tanto con Sony como Microsoft para que os usuarios que soamente queiran xogar online ao «The Elder Scrolls Online», non se vexan obrigados a ter que pagar dúas cotas.

Sobre as negociacións con Microsoft, comentaron recentemente:

“Estivemos a falar con Microsoft do tema e vendo se é posible cambiar a súa mentalidade para aqueles usuarios que soamente queiran xogar a The Elder Scrolls Online e non queiran pagar unha subscrición a Xbox Live só para xogar a Elder Scrolls Online.”

“A resposta agora mesmo é que esa é a forma como funciona, pero somos conscientes e seguimos presionando, para ver se se pode facer algo.”

A situación é a mesma no caso da videoconsola de Sony, a pesares de que MMO’s como o DC Universe Online non requerirá unha subscrición a PlayStation Plus.

Polo de agora, descoñécese o prezo que terá a subscrición mensual do «The Elder Scrolls Online».

the-elder-scrolls-online

ZeniMax Online Studios aínda non confirmou o día exacto de lanzamento do esperado The Elder Scroll Online, mais o que si confirmou é que despois do lanzamento o títulos terá frecuentemente DLCs a súa disposición, segundo eles, “porque sempre hai algo novo á volta da esquina”.

Estas foron as palabras do director do proxecto, Paul Sage, que se amosou partidario dos DLCs:

Vemos todo o que hai no mercado, pero eu son un gran defensor persoal de asegurarnos manter unha alta frecuencia de emisións de contidos. É unha gran parte dos nosos plans de futuro para o xogo.

Sempre queremos asegurarnos de que hai algo novo á volta da esquina. Queremos que a xente estea realmente no xogo e chegue a experimentar cousas novas. Vamos a ter unha gran cantidade de cousas no lanzamento, pero sei que os xogadores son incríbeis na súa capacidade para desenmarañar todo de maneira rápida.

O director amósase positivo á hora de valorar a opinión dos seus xogadores con esta decisión, pero non o saberemos con certeza até a prmeira metade de 2014, data de lanzamento de The Elder Scroll Online.

torchlight-2Segundo informou a compañía Runic Games, o seu RPG «Torchlight 2» acadou os 2 millóns de copias vendidas en 10 meses, dende que saíra ao mercado o pasado mes de setembro.

motorgun
O creador do coñecido «Twisted Metal» e «God of War», David Jaffe ven de crear unha nova campaña na coñecida páxina Kickstarter.com para conseguir o financiamento do seu novo proxecto: MotorGun, un xogo de loita de coches para PC e Mac.

Ademáis de Jaffe, tamén traballarán no título o coñecido Zack Norman, creador do popular «Interstate ’76» e a xente do estudo Pixelbionic.

Ambientado nun futuro post-apocalíptico, os xogadores atoparanse con tres faccións loitando pola supremacía. Teremos que escoller a carón de que facción loitaremos para destruir ás outras dúas. Entre os modos de xogo dispoñibles estarán: “Convoy”, “Captura a bandeira” e “Salvaxe”. Cada victoria daranos experiencia e chatarra coa que poderemos mellorar e personalizar o noso vehículo. Segundo afirman os seus creadores, co profundo nivel de personalización dos vehículos, cada coche será único.

A falta de 30 días para o remate da campaña e no momento de escribir este artigo, 308 persoas apoiaron o proxecto con 28,785 dos 650.000 dólares que precisa a campaña para seguir adiante.

SimCity para Mac en xuño

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 13:00 COMENTAR

simcity
Electronic Arts anunciou que os usuarios de Mac terán que agardar ata o vindeiro 11 de xuño para poder xogar a SimCity. O xogo só estará dispoñible a través da plataforma dixital Origin. O mellor de todo é que os usuarios de Mac poderán descargar unha copia gratuita para PC e viceversa, ademáis de poder xogar as súas partidas en ambas versións.

Por outra banda, fai uns días volveu estar dispoñible no xogo a “velocidade de leopardo” (máis coñecida como “Cheetah speed”), a velocidade máis rápida do xogo, que fora desactivada debido aos problemas dos servidores de EA. Tamén recentemente anunciaron que están a traballar duro na actualización 2.0 do xogo.

gps3_motwMentres que a versión en inglés deste simulador político creado por Eversim xa leva un par de semanas á venda, a versión en castelán de Masters of the World está dispoñible dende hoxe mesmo na páxina oficial, por un tempo limitado, dende 44,95 €. Ademáis, os posuidores da versión anterior (“Rulers of Nations), poderán optar a un desconto do 25%.

simcity
Electronic Arts publicou recentemente o parche de actualización 1.7 para o SimCity, orientado maiormente aos problemas de conxestión de tráfico que ten o xogo.

Así, a compañía pretende arranxar outra das grandes polémicas que está a xerar o xogo entre os usuarios en numerosos foros e páxinas da rede.

Entre as principais características deste parche están:

  • Melloras no tráfico: mellorada a conxestión de tráfico e arranxados algúns problemas de tráfico nas interseccións.
  • Melloras no tráfico: os vehículos de emerxencia desprazaránse polos carrís vacíos para evitar o tráfico nas interseccións.
  • Melloras no tráfico: os vehículos de emerxencia e reparto terán prioridade sobre o resto do tráfico á hora de saír do garaxe..
  • Todas as unidades e edificios poderán ser demolidas coa ferramenta de demolición.
  • Novo servidor: Asia 2 estará dispoñible a partir do vindeiro martes.
  • Mellora do rendemento en sistemas de baixas especificacións.

Bioshock-infinite-special-edition
Os usuarios coa plataforma de Apple están de sorte, pois a compañía Aspyr acaba de confirmar que lanzará a versión do videoxogo para Mac, tan esquecida pola gran maioría de compañías, este vindeiro verán.

A saída ao mercado para PC, PS3 e XBOX 360 está previsto para o vindeiro 26 de marzo.

Aquí tedes un vídeo cos primeiros 5 minutos do xogo: