Elenco de actores para o filme de Tekken

Por: Martes, 11 de Agosto de 2009, 14:26 COMENTAR

tekken

Botándolle unha ollada á Anaitgames atópome cos actores reais que encarnarán aos loitadores da saga Tekken.

Entre todos eles compre destacar a tres (supoño que destacarán por “famosidade” non por boas interpretacións…), que son Jackie Chan, o intocábel, Dave Batista, o animal e Ron Perlman, o “caradeYeti” ( protagonista de Hellboy).

E qué podemos esperar dun elenco de personaxes destas características?, pois unha película semellante á de Street Fighter ( tan mala, tan mala, o mellor non, pero…), que por moito diñeiro se gasten en actores famosos, contratados máis que nada para favorecer a publicidade do filme, o resultado catastrófico vese ás leguas.

Ademáis, por qué escollen sempre os peores xogos para facer versións cinematográficas?, por moi bo que sexa Tekken, non deixa de ser un xogo de loitas, un contra un, e a patadas e puñetazos… que máis pretenden plasmar no cine?

Nunca fun partidario de facer versións cinematográficas aproveitándose da fama do videoxogo ( os exemplos son claros), pero se non hai máis remedio, que os fagan de xogos con certo argumento, aínda que se o penso ben…Silent Hill, Alone in the Dark,Max Payne, etc, todas elas tiñan elementos para adaptarse perfectamente á gran pantalla, pero os creadores encargáronse de forma maxistral de sacarlle todo o bo que conteñen os xogos e facer filmes baleiros de contido, e na maioría dos casos , ridículas.

O único que podo asegurar que vai ser bo na película de Tekken é a actriz que encarnará o papel de Nina Williams, se de cada cinco secuencias do filme, cinco aparece ela, eu doulle o visto bo…

Dead Space chegará aos cinemas

Por: Luns, 27 de Xullo de 2009, 10:21 COMENTAR

dead sapce film

Desde Anait Games chégame esta nova, o Dead Space, un dos xogos máis representativos do ano pasado contará con adaptación cinematográfica. Si, e con isto únese ao montón de filmes imperdanábeis, que se aproveitan da fama do xogo e bla bla bla bla… a estas alturas xa todos sabemos como se move toda esta parafernalia.

O proxecto estará dirixido por Daniel John Caruso, unha das súas últimas películas foi “La conspiración del pánico” e non me entusiasmou demasiado ( non quero pensar o que pasará con esta), estará producida por Electronic Arts e aínda están a procura dun guionista que encaixe nas ideas da dirección e da produción.

Filmes baseados no espazo exterior hai moitos, que poñan como inimigos uns extraterrestres “cabreados” tamén hai demasiados, ademáis que poñan como escenario unha nave averiada , xa está moi visto. Deberán xogar moi ben coas luces, sons e coa gravidade cero para plasmar á película de vitalidade, e non creo que estén dispostos a conseguilo.

Ah, por certo, o protagonista de Dead Space non menciona palabra en todo o xogo… un detalle que me acordou.

Carteis do filme “Prince of Persia”

Por: Martes, 21 de Xullo de 2009, 12:21 COMENTAR

Se falamos de futuros filmes baseados en videoxogos, a todos nos chega rapidamente un recordo de Prince of Persia e Bioshock, e qué queredes que vos diga, ningunha delas me produce boas vibracións, nin sequera decentes.

Así, aínda que a película non estea nas pantallas do cine ata maio de 2010 ,xa temos os primeiros carteis que se empregarán para publicitar este proxecto.Como dixen, nunca me tivo boas pintas, e estas imaxes non me fan cambiar de opinión, ademáis, que pertenza a Walt Disney…

Sei que non me vou resistir a vela ( qué queredes, teño ese verme que me incita a ver a forma en que foden unha das mellores sagas na gran pantalla ), sei que me vou a “defecar” (hai que ter educación) nos que me chafaron 6 € por vela, sei que insultarei ao director veces e veces…pero que queredes,xa me estou acostumando a facelo..

película prince of presia 1película prince of persia 2

Esperade que acabe de rir, que despois de ver esta noticia, non é para menos. Que a xente fai cousas redículas ilóxicas xa é sabido por todos, pero isto xa roza extremos preocupantes.

Aínda non fai moito saía a noticia que ían adaptar ao cine o Shadow of the Collossus ( eles chámanlle adaptar, eu chámolle destruír a reputación dun excelente videoxogo ), co cal me sorprendeu porque, no xogo , precisamente, diálogos non hai moitos ( a saber como escarallarán o argumento ).

Pero agora chega a mellor noticia, desde a páxina “Vayacine” informan que sacarán a película de Asteroids.

Para aqueles que non coñezan este xogo póñovos un vídeo:

Trátase dun pequeno cursor que ten que evitar chocar cos meteoritos, e para eso poderalles disparar un esquivalos. FIN. Isto é o Asteroids.

Alguén me pode explicar como pasarán isto ao cinema?, eu desde logo non lle vexo explicación, nin o entendo.

Eu supoño que o único que collerán do xogo é o título ( para aumentar a publicidade ) e quizais estea ambientado no espazo exterior. A verdade, non teño nin idea. Estou confuso e preocupado por esta moda de levar calquera xogo á gran pantalla proliferando a creación de absurdas e penosas cintas de vídeo, aproveitándose soamente da calidade do xogo para favorecer a publicidade gratuíta.

Hitman volverá por partida dobre

Por: Luns, 29 de Xuño de 2009, 13:29 COMENTAR

hitman

Teño duas noticias pendentes que darvos, unha boa e unha mala, cal queredes escoitar primeiro?.

Como non me podedes contestar comezarei a falarvos da mala noticia ( canto antes se digan antes se esquecen).

Pois aí vai, haberá unha nova película de Hitman. Despois da frustrante primeira parte volveremos ver ao axente 47 nas pantallas dos cinemas, ademáis, dito filme contará con guión de Kyle Ward, que tamén será o encargado do guión do filme de Uncharted ( si, xa o sei, díxenvos que sería unha nova mala e xa van dúas, pero este mundo é tan cruel… ).

Agora a boa noticia. Parece ser que a película terá elementos argumentais do próximo videoxogo de Hitman que sairá ao mercado en 2010, o cal é bastante bo, porque por fin poderemos ver de novo ao asasino con alopecia nas nosas consolas e ademáis cunha data aproximada, aínda que tamén provocou bastante temor aos seguidores de Hitman polo medo de que a quinta parte desta saga fose unha posíbel adaptación da película, aínda que os seus desenroladores pronto calmaron á marabunta:

“Podo decirvos que é imposíbel que basemos o argumento dun novo xogo de Hitman na historia dunha película licenciada. Non é así como traballamos, así que non debedes preocuparvos por eso.”

Todos os días rezo ao deus Sensatez para que esta película non saia adiante, pero despois do suposto guión preliminar ,creo que xa pouco se pode facer.

Así, amósovos aos posíbeis actores que poderían interpretar aos séus protagonistas (por suposto que non é nada oficial, pero algúns parecidos son realmente altos).

Marcus Fenix (Dominic Purcel): comparte rasgos similares e cunha pouca maquillaxe poderíase parecer bastante. O malo é o resto do corpo, pero quén é o humano que ten tanto peito como os do pelotín Delta?.

macus fenix

Marcus Fenix (Bruce Willis): non se parecen en nada.

marcus bruce

Dominic Santiago (Oded Fehr)

dom

Dominic Santiago (Carlos Bernard)

Dominic carlos

Damon Baird (Ryan Reynolds): igualito,tanto na mirada, como na cara, como no cabelo…

baird 2

Damon Baird (Josh Duhamel)

beard

Augustus Cole ( Lester Speight): este parécese ata no corpo

cole train

Augustus Cole (Terry Crews)

cole

Minh Young Kim (Jason Scott Lee): outro que é totalmente idéntico

kim2

Minh Young Kim (Ken Watanabe)

kim

Anya Stroud (Jessica Biel)

anya

Victor Hoffman (R. Lee Ermey)

xeneral

Agora só nos queda esperar a que saquen este proxecto nos cines, que virá acompañada dunha calidade similar á de Doom ou Alone in the Dark, e só me quedará maldicir aos tipos que se lle pasou pola cabeza levar esta maravilla de xoia aos cinemas, mellor, xa os comezo a maldicir agora.

Un par de tráilers de filmes

Por: Luns, 11 de Maio de 2009, 11:23 COMENTAR

De todos é sabido que dunha adaptación dun videoxogo na pantalla grande, nunca se poderá sacar cousa boa, pero parece que estas catástrofes filmográficas dá bastantes beneficios ás compañías, polo que non dubidan en seguir explotando esta fonte de ingresos.
Con isto veño falar dun novo vídeo de Prince of Persia, na que se nos mostran imaxes da propia rodaxe.E qué queredes que vos diga, a mín tenme tan mala pinta como outros filmes similares, esperemos que cando lle pasen o filtro polo ordenador acade unha espectacularidade notábel como conseguía a triloxía das “Areas do tempo”, na cal está baseada a propia película.
Botádelle un ollo e opinade por vós mesmos,pero moito me temo que serán outros cinco euros tirados.

O segundo tráiler podería tratarse dunha boa sorpresa se fixeran o filme como é debido,aínda que…
Porque a película Gamer non é ningunha versión de algunha vítima en forma de videoxogo,xa que é un filme inspirado en situacións e lugares nos cales se desenrolan videoxogos hoxe en día.O elenco de actores parece que estará á altura como Gerard Butler (Leonidas en 300), Michael C. Hall (Dexter), Kyra Sedgwick (Brenda en The Closer), Milo Ventimiglia (Peter en Heroes).Estrearase o 4 de setembro.Veremos en qué remata todo isto.

Así aparecía en gamervisión, e non pensedes que me alegro deste feito, todo o contrario. Estou canso de ver enormes bazofias no cinema baseados en videoxogos, para que me veñen certificando que segue en pé esta nova película.
Xa fai máis dun ano que se viña falando deste feito, pero tiña a mínima posibilidade de que só fose un rumor, que se tratase dunha simple estratexia de márketing para o videoxogo ( cousa que tampouco aprobo), pero todas as miñas insignificantes esperanzas quedaron truncadas.
Chris Morgan, guionista do proxecto comentou nuha entrevista:
“Creouse un borrador e estivemos falando sobre el e presupostándoo. Ten moi boa pinta”

Como todos, unha das maiores preocupacións é determinar o coste da película:

“Unha das cousas das que falamos é do presuposto da película e de como de grande e espectacular será. O meu argumento é que, de acordo ao material existente, o xogo e os escenarios, dado o feito de que hai que representar un mundo que foi tomado polos Locust, é que ten que ser grande”


Non ten que ser grande, ten que ser inmenso se queren chegar á calidade do xogo, ten que ser unha película dura, intentando achegala á realidade o máximo posíbel, ten que ser sanguinaria, ten que ter acción espectacular constante e o mesmo tempo un argumento que incluso nos faga soltar algunha bágoa ( xóguese Gears of War 2), ten que ser algo… que non conseguirán facer.

O buscaminas: a película

Por: Luns, 6 de Abril de 2009, 14:04 COMENTAR

Todos temos xogado ao buscaminas, ben por aburrimento, por desgana , ou pola adicción que este xogo crea unha vez que inicias partida.
Pois ben, aquí vos deixo este vídeo, no que podedes ver a este xogo na súa versión máis “realista”.
Dende logo, debería gañar algún deses absurdos premios que agasallan ás películas, xa que a posta de escena é “auténtica”.
Vaia frikazos!!!