Existen pola Internet moitos fakes de filmes baseados en videoxogos, como o xa comentado Pokémon Apokélypse ou a brincadeira de Zelda do 1 de abril. Por desgraza, este non é o caso.

Parece ser que no ano 1993 algúns produtores de Hollywood opinaron que a infancia dos cativos estaba a ser demasiado feliz, polo que decidiron argallar algo. Apañaron un videoxogo de éxito, desfiguraron a historia, situárona nunha realidade que non é a propia del, modificaron as personaxes e deseñaron un argumento que só pode ser concibido por persoas nun estado alterado de consciencia por causa do consumo masivo de estupefacientes. E así, donas e cabaleiros, saíu tamaña bosta.

Para quen queira deleitarse con esta obra mestra da inmundicia, está dispoñíbel en galego para a súa descarga no foro Os Arquivos da Meiga. Védea e xa me contaredes 😉

Pokémon Apokélypse

Por: Venres, 24 de Setembro de 2010, 2:20 1 COMENTARIO

Este tráiler é un proxecto de KI-VOLTAGE PRODUCTIONS. O filme acaba aquí, non hai versión completa nin se vai facer, é só un tráiler. Máis información en: http://shogungamer.com/news/live-action-pokemon-movie-full-hd-trailer-and-interview-its-creators

SINOPSE:

A Cidade Azulona non volveu ser a mesma desde que os Ximnasios fecharan. Os combates Pokémon tornáronse marxinais e o deporte adquiriu o sabor do sangue. Ash, Misty e Brock víronse forzados a adentrarse no submundo da cidade para continuar a adestrar, mais os Pokémon non son os únicos en perigo. Agora, Ash debe escoller entre ser un mestre no sombrío mundo dos combates Pokémon ilegais ou facer unha tentar desesperadamente ceibalos todos das poutas de Industrias Rocket.

Contratempos para o filme de Uncharted

Por: Mércores, 4 de Agosto de 2010, 13:28 COMENTAR

uncharted filme

Parece que os deuses están da parte dos vicioxogadores, e non lle están poñendo as cousas doadas a todos os proxectos filmográficos que queren aproveitar o tirón do videoxogo.

Así, non só a adaptación cinematográfica de Gears of War está a sufrir serios problemas, xa que segundo parece, o filme dos recomendábeis Uncharted, tampouco pasa o seu mellor momento.

Parece ser que os productores da película estiveron negociando con David O. Russell, para que dirixise a proxecto, aínda que non debeu convencer a este director xa que Sony está á procura dunha nova persoa que dirixa este filme.

Entón que acontece?, pois que os plans que supostamente tiña Sony para comezar a rodar este filme no 2011 véñense abaixo.

Eu coma sempre, non teño ganas ningunha de ver a Nathan Drake na gran pantalla, ningunha.

gears2cos

Fará pouco máis dun mes sabiamos que o filme de Gears of War sufría a marcha do propio director Len Wiseman e un forte recorte no seu presuposto.

Non era de extrañar que o proxecto se cancelase, e aínda que o tema non pintaba nada ben para esta película, o bo de Cliff B., saíu de entre as sombras e dixo que non debiamos ser tan pesimistas ( eu son optimista, xa que se sae ao mercado esta película supoño que deixará quedar a esta espectacular triloxía a un nivel moi malo), e que aínda que o presuposto se reducise, estase a facer unha reescritura do guión, e incluso se atreveu a facer unha similitude con Distrito 9.

Personalmente Distrito 9 pareceume un filme moi bo e entretido, pero, qué relación ten este co universo Gears of War?, qué pretenden facer?

Non me gusta nada e ten toda a pinta de que o resultado sexa peor do que imaxinemos, así que pola miña parte prefiro que alguén remate coa dor desta película e a enterre no esquecemento.

Crítica ao filme de Prince of Persia

Por: Mércores, 21 de Xullo de 2010, 13:13 COMENTAR

prince-of-persia-film

Non acostumo criticar filmes, pero xa que está baseado nunha das triloxías máis aconsellábeis da Playstation 2, As areas do tempo, pois vou tentar explicar a miña opinión sobre o que me supuxo ver este proxecto.

Tentarei non soltar ningún spoiler, pero para comezar direi que cumpre con todos os prognósticos que se teñen nunha película que está baseada nun videoxogo. Un pseudo-proxecto que pretende aproveitarse do tirón do videoxogo, catro efectos gráficos para camuflar todas as súas carencias e un guionciño apto para calquera rapaz de catro anos.

Supoño que non sorprenderán a ninguén as miñas palabras, pero incluso as partes que parecían espectaculares no tráiler, acaban sendo minisecuencias que pouca atención lle prestas ao comprobar que o filme non ten ningún grado épico.

Supoño que xa se sabe que o filme conta as aventuras do prícipe de Persia, unha aventura que comeza cando o protagonista é adoptado polo propio rei ( primeira incongruencia ), o cal se fai maior nese reino, e por motivos do destino acaba cunha daga máxica entre as mans. Así pretenden enganar ao aspectador cun argumento simplísimo, e bastante predecíbel, facoría Disney, como non.

Deste xeito, presenzamos unha aventura cunhas pelexas ridículas, uns movementos pouco espectaculares (e máis parecidos ao Assassin´s Creed que ao propio Prince of Persia), uns diálogos absurdos, e como non, o típico “namoramento” entre protagonista e muller guapa ( moi guapa por certo). E isto sen ter en conta todo un cúmulo de circustancias aleatorias e favorábeis a que o protagonista cumpra co seu propósito. Por certo, como me rebentan estos enamoramentos idiotas que aparecen en todas as películas entre tipo forte e “pija” guapa.

Como sempre ocorre, convértese nun proxecto para gañar cartos sen complicarse moito, con detalles que non teñen moito sentido, pequenas escenas de acción ( nada chamativas) e ningún factor concreto que resaltar.

Máis ou menos todos sabemos que o festival de cine de Cannes presenta algunhas das mellores cintas do ano, pero moito me temo que non vai ser o caso desta noticia.

Todo xorde á raíz dunha fotografía tomada nun dos edificios de Cannes:

kane-and-lynch-pelicula

Vale, xa sabiamos que  estaba confirmada esta película e que os protagonistas da adaptación cinematográfica de Kane & Lynch serían Bruce Wiilis ( eu prefiro chamalo Jonh McClane ) e Jamie Foxx respectivamente.

Pero o verdadeiramente curioso é que o festival de Cannes vai desde mañá ata o próximo 23 de maio e o filme de Kane e Lynch non se comezará a rodar ata o mes agosto. Non vedes algo raro aquí?, que pretenderán presentar en Cannes?

Supoño que sobra decir que non teño fe ningunha neste proxecto non?, pero quén ten preferencia nun filme que ten como título o nome dun videoxogo?

Tráiler final do filme Prince of Persia

Por: Mércores, 3 de Marzo de 2010, 22:31 1 COMENTARIO

Aquí vos enseño o tráiler publicitario ( hai algún tráiler que non o sexa?), que representa a versión cinematográfica da xenial saga Prince of Persia, e polo que parece , máscase a traxedia. Normalmente nos tráilers amósase o mellor ( ou o máis chamativo ), da película en particular, e neste caso non me emocionou demasiado, e o feito que estea Walt Disney detrás, non me tranquiliza absolutamente nada, o contrario.

O 28 de maio poderemos saír de dúbidas, pero moito me temo que non vai ser unha sorpresa, xa que como é normal, calquera versión cinematográfica dun videoxogo………basura.

Pero como acontece sempre, todos os que nos gustan os videoxogos acabaremos véndoa,cousa que favorece a próximas creacións bazofias,cousa que non me gusta nada e incluso me fai sentir algo culpábel,merda.

Tráiler do filme de The King of Fighters

Por: Sábado, 28 de Novembro de 2009, 12:37 COMENTAR

Teño claro unha cousa, no meu blog sobre un apartado, xa que a sección de Filmes Pixelares e a de Lixo poderíanse unir nun só, e se aínda non vos percatástes disto despois de todas as películas baseadas nos videoxogos, pois non vos preocupedes, porque aquí ven outro novo exemplo.

O filme de The King of Fighters xa está chegando, e aínda non estou seguro se é de acción ou de risa, porque despois de ver o tráiler oficial, as dúbidas invaden o meu cerebro. Pero hai algo que diferenza esta película das demáis versións, e a diferenza é que que aquí nin sequera se parecen os protagonistas cos do videoxogo homónimo, é máis, nin sequera están caracterizados coma eles.

Que vai ser unha merdaza xa é seguro, pero polo menos promete unhas pelexas bastante rápidas… ou non.

Assassin´s Creed 2: Linage

Por: Sábado, 14 de Novembro de 2009, 12:52 2 COMENTARIOS

Fai uns meses informávannos de que se estaba levando a cabo un proxecto de curtametraxes baseadas no mundo do Credo dos Asasinos. Pois ben , este proxecto tradúcese en tres curtametraxes dunha expléndida realización na que se nos conta a historia dun destos asasinos, que pronto relacionaredes coa historia dos videoxogos.

A verdade é que conseguen un parecido cos títulos de consola bastante similar ( detalle que se agradece ), ben sexa as paisaxes, como as pelexas ( algunha delas bastante espectacular , por certo ), pasando polos diálogos e historia e rematando polas habilidades do protagonista.

Eu, á espera de probar o Assassin´s Creed 2 ( e coa esperanza de que eliminasen a monotonía intolerábel da primeira entrega ), agradezo este trío de curtas para imaxinar o que realmente sería bo nun xogo destas características.

Eu só vos pido que lle botedes unha ollada, porque realmente é un proxecto moi traballado.

Desfrutade do Renacemento.

CURTAMETRAXE 1:

CURTAMETRAXE 2:

CURTAMETRAXE 3:

Primeiro tráiler do filme de Prince of Persia

Por: Venres, 6 de Novembro de 2009, 12:51 COMENTAR

Estos días saíu o tráiler do filme baseado na impresionante saga Prince of Persia, e a verdade, non variou nada a miña perspectiva deste proxecto. Parece ser que non estará relacionada cun só xogo, polo que collerá pinceladas dos tres que sairon para a Playstation 2, desde o argumento das Areas do Tempo , ata a transformación escura do príncipe no último capítulo da triloxía.

No tráiler non se ve ao protagonista correr polas paredes, aínda que sí facer diversas acrobacias, sobre todo no relacionado coas loitas. Excluirían as fases de investigación, na que o príncipe tiña que usar todas as súas técnicas para resolver determinados puzles?. Por suposto non pode faltar unha muller á que amar, será Farah?, moi posíbel.

Con todo isto, o resultado do tráiler non é todo o espectacular que debería ser , tendo en conta os videoxogos por suposto, parece que lle falta algo de … alma, ou de … sentimento,…ou non sei qué, pero como todos os filmes baseados en grandes sagas vendedoras de consolas, non me acaba de gustar de todo.

Verei o resultado final, e chorarei despois deste ao comprobar que as miñas espectativas se convertiron en realidade.

O filme de Metal Gear Solid

Por: Martes, 29 de Setembro de 2009, 15:38 COMENTAR

En realidade non é un proxecto realizado por grandes compañías que se gastan millóns de dólares para crear un truño de considerábeis dimensións. Metal Gear Solid Philantropy, é un filme de pouco máis dunha hora, creado exclusivamente por uns fans desta saga. E non pensedes que este feito fai que sexa algo cutre, ao contrario, os efectos especias son dignos de calquera filme que sae actualmente nas pantallas cinematográficas e os parecidos dos personxes son impresionantes.

Pena que esté nun perfecto inglés impedíndome desfrutar dos diálogos, a ningún fan se lle ocurrirá traducila?, haber se alguén se anima.

De momento podían ir aprendendo eses vampiros Holliwoodienses que se forran de forma inxusta das pésimas cintas que crean.

Se o queredes baixar directamente da páxina oficial seguide este enlace.

lost planet

A quén lle sorprendeu este título?, a ninguén, porque xa estamos máis que acostumados a estos insultos indirectos que nos agasallan os creadores destes pseudo-proxectos.

O último videoxogo en infectarse con este virus foi o Lost Planet, tanto, que Jun Takeuchi comentou que o guión non terá ningunha relación co videoxogo. “Pa” flipar.

“ Probablemente non haberá moitas referencias ao videoxogo. De todas formas, o único que sei é que a xente que está traballando no proxecto encántalle o mundo de Lost Planet. Así que sabemos que van usar ese mundo, pero no que a historia se refire, a película é completamente diferente ao videoxogo

Outros douscentos millóns de dólares tirados ao caldeiro do lixo. Gastan unha animalada de cartos para facerse cos dereitos do título para despois pasala por debaixo dos collóns “ghuevos” testículos.

Así, qué podemos esperar?, calquera cousa de ridículo para abaixo. Tanta piratería, tanta piratería, o que de verdade está acabando cos videoxogos son estas adaptacións. Merecen uns paus.