Xa está dispoñible para descargar en Rubí Omega e Zafiro Alfa o Pokémon de evento Emboar. Para obtelo, deberemos introducir o código POKEMON500 na sección de “Regalo Misterioso” no menú inicial do xogo.
Este Pokémon conta coa habilidade “audaz”, que aumenta lixeiramente a potencia dos ataques que tamén fan dano ao usuario, como “paxaro ousado”. Tamén dispón dos movementos “testarazo”, “envite ígneo”, “derribo” e “clemencia”.
Emboar poderá descargarse ata o 30 de novembro deste mesmo ano.