O debate das calificacións numéricas

Por: Xoves, 17 de Setembro de 2009, 16:52 2 COMENTARIOS

numeracions

É sinxelo atopar discusións sobre este tema. Unhas páxinas apoiando e xustificando as críticas e valoracións numéricas, e outras afastándose destas numeracións e recalcando o visionamento do análise completo.

Pero por qué a inmensa maioría analizan mediante números?, e resposta é ben clara, comodidade. Cando miramos nalgún medio que fan o análise dalgún videoxogo, a maioría pasa por alto o texto enteiro, por que?, porque aínda que pareza mentira, ler custa bastante, tanto que a maioría da xente aplica a súa contradicción de humano racional deixándose levar simplemente por debuxiños, ou neste caso, números. E qué obtemos con isto?, unha opinión  ou resumo do videoxogo moi incompleta, e na absolutamente maioría dos casos, errada.

Puntuar correctamente un proxecto é unha ardua tarefa, salvo que fagas como o noventa por cento dos medios que nos rodean, que califican calquera videoxogo de oito para arriba ( aínda que nestes casos, deixamos de falar de análisis e entramos no mundo das publirreportaxes, cada vez máis famosas e usadas ). Só digo que é imposíbel resumir cun número todo o relacionado cun dos apartados do título. Poñamos un exemplo. Pensemos que nun dos tantos análises que vemos , apareza nun xogo, un nove no apartado de gráficos. Qué significa isto?, podemos pensar con toda a certeza que estamos a falar dun apartado gráfico moi bo?. Eu creo que non. Calquera que lea esta numeración pode crer que a nitidez e texturas serán de sobresaínte, pero existen moitas máis variábeis neste apartado que non se comentan, é dicir, ao mellor as texturas cambian dependendo dos escenarios, poden aparecer pequenos momentos de “clipping”, en determinados momentos do videoxogos podémonos atopar co incómodo “popping”, e moitas máis cousas que só se poden describir con palabras, non con números.

Isto conleva á mala interpretación de títulos, porque , se ves que un dos xogos que tantas ganas lle tiñas, estano calificando cunha nota inferior a sete ( por poñer un exemplo ), compraríalo?, eu desde logo que non. Sen embargo, se a este mesmo título lle les un análise completo, observando os puntos negros e as súas virtudes, sempre podes pensar se che pode ser conveniente ou non.

Agora estaredes pensando, pero non te das de conta que antes de puntuar un videoxogo sempre o analizan?, e eu a esta pregunta contestaríavos, estades seguros?. Vale, non digo que non fagan unha pequena crítica, pero desde logo que esta sempre queda a un segundo plano, perdón, sempre queda a un terceiro plano, que as imaxes están antes. Neste apartado podemos poñer como claros exemplos a todas as revistas de videoxogos que saen ao mercado. Tres páxinas cheas de fotos e imaxes do videoxogos, e entre estas, ben camufladas ( ás veces aínda deberían estar máis camufladas, porque coas chorradas que se len ) aparecen non máis de tres párrafos de análises, e ao final de todo, unha enorme calificación numérica.

A culpa téñena os lectores, que desprezan o que deberían ler e quédanse simplemente co prescindíbel. Polo tanto , vexo normal que as empresas que se adican a isto se manteñan fieis ás calificacións numéricas. Pero en moitos casos, chegamos ata o punto de engano, porque en realidade non nos amosan o que realmente imos atopar nun videoxogo, simplemente nos ofrecen un producto, dito producto será clasificado de notábel para arriba ( non se van tirar pedras contra o seu propio tellado?) e amósannos imaxes, case sempre de grandes escenarios ou das propias secuencias de vídeo para que o lector pense, na maioría dos casos, o que non vai atopar.

Eu teño ben claro, prescindir totalmente das numeracións. Plasmo o que vexo en cada título e especifico os puntos negros e os detalles que merecen a pena ser mencionados. Porque por moito que nos intenten contradecir en centos e centos de medios, todos os videoxogos contarán con múltiples erros, de maior ou menor importancia, pero sempre estarán presentes, e estos son os que se debería de informar aos lectores para que barallasen a posibilidade de adquirilo ou non. Pero claro, aquí entramos nun mundo totalmente diferente e ao mesmo tempo ligado a es tema, a obxectividade, pero vou prescindir de falar dela, porque se non cabrearíame con tanto inútil que se deixa levar polo “hype” dos videoxogos.

Detectores de movemento

Por: Luns, 3 de Agosto de 2009, 15:53 2 COMENTARIOS

Estamos inmersos nunha xeración na cal as tres grandes compañías intentan sobrepoñer os sensores de movemento ao pad tradicional, está xustificado este afán por sustituír ao mando clásico?.Moito me temo que non, pero botémoslle unha ollada ao panorama.

Fai uns anos saíu na recordada PS2 unha cámara que se promocionou mencionando a posibilidade de captar o movemento das persoas na propia pantalla. Eye Toy foi o nome de este instrumento. A cámara colocábase en fronte da televisión e plasmaba a túa propia imaxe dentro do xogo ao mesmo tempo que che detectaba o movementos que facías. Esta utilización sirvíu para enganarnos con algún que outro minixogo (todos eles bastante infantís, por certo ), pero en realidade o problema non eran estas miniprobas, en realidade o que verdadeiramente fallaba era a propia cámara.

O que nun principio chamou bastante a atención aos medios, convertíuse nun proxecto ensaístico que deixaba bastante que desexar en todos os seus apartados. O enfoque da cámara non era preciso, a luz ambiental tiña que estar ben axustada e o peor de todo, a plasmación dos nosos movementos deixaban moito que desexar ( a verdade, deixaba todo que desexar).Os movementos máis rápidos xa non chos detectaba, algo verdadeiramente intolerable tendo en conta que a maioría dos minixogos baseábanse na propia velocidade do xogador, e a reacción dos obxectos ante os nosos golpes eran completamente imprecisos.

Aínda que dita cámara contaba con todos estes lastres,a inmensa publicidade que lle otorgaron a esta cámara foi suficiente para que as compañías se animasen a crear varios títulos para o Eye Toy.E os xogadores coma sempre, obedecendo…

Anos despois, e coa terceira  xeración de consolas presente no panorama dos videoxogos, Nintendo, coa súa Wii (aínda que nun principio se ía chamar Revolution), ponse na boca de toda a prensa grazas ao seo mando. Un mando máis similar a un mando de televisión que ao pad tradicional pero coa novidade da posibilidade de detección de movemento. Este feito, loubado por uns e insultado por outros, fai que as palabras “detección de movemento” se poñan á orde do día.

E a día de hoxe aínda seguimos dándolle voltas ao asunto.

A mención persoal, penso que Nintendo sabía moi ben da ignorancia dos “casual-gamers”, e aproveitou esta xeración para atacar a estes con todas as súas forzas, e polo que se vé , saíulle aínda mellor do que esperaba, xa que non só gañou a confianza dos “casual” se non que moitos “harcode-gamers” de Nintendo perdoaron este feito ( eu non me atopo onda estes). Así, co seu mando, que para valer 70 eurazos a súa imprecisión é bastante acentuada,adéntranse no mundo dos sensores de movemento.

Ao ver o incríbel beneficio que Nintendo saca co seu proxecto, as dúas grandes compañías competidoras non se queren quedar atrás, e para o meu pesar, deciden adentrarse neste falso mundo dos detectores de movemento.

Microsoft, co seu Project Natal 

Sony, cun mando similar ao de Wii e que funciona conxuntamente co Playstation Eye

E Wii, cando vé que os demais competidores se acercan perigosamente ao seu mundo de “casuals” e diñeiro fácil,opta por mellorar a precisión do seu mando co WiiMotion Plus

E aquí é onde entramos no verdadeiro problema, no intento das compañías por substituír o mando clásico, por uns míseros detectores enganosos.

O primeiro que temos que observar é a tecnoloxía que temos hoxe en día, e polo que parece a nosa aínda non é suficiente para desenrolar un bo sensor de movemento, e refírome a bo, a que a cámara, mando,sensores ou o que utilicen para a nosa proxección no videoxogo sexa infalíbel, é dicir, recoñezan con toda a fidelidade os movementos, se moves un centímetro un dedo, que así sexa na pantalla, se moves os brazos a gran velocidade non exista ningún tipo de relantización, e isto aínda non se vai conseguir, e mentres non sexa así, o único que podemos aspirar con estas camariñas é a gastar cartos e a cabrearte de forma constante pola futura frustracións ao ver o engano ao que nos someteron…de novo.

E aínda que nun hipotético futuro conseguisen chegar ao punto da perfecta detección de movementos, surxiría outra dúbida, é mellor o pad clásico ou esta é a época dos sensores?.A miña resposta é ben clara, ao mando tradicional será moi difícil de desvancar, xa que a cantidade de opcións que che permite é absolutamente abrumadora ( creo que xa quedou claro con todos os anos que levamos co pad), e non só iso, alguén pode superar a comodidade que che ofrece o mando?, pois por suposto que non.

Agora atopámonos nunha transición entre os detectores de movemento e os pads clásicos, e entre estes dous atopamos unha gran influenza que pode variar a balanza, esta influenza ten o nome de “hype”. Como tal , encargarase de comerlle a cabeza a todos os pseudo-xogadores (esta palabra debería aparecer nos diccionarios) e así conseguir o seu propósito.

Eu só espero que esta moda de sensores acabe, e que a sensatez supere a idiotez humana,pero visto o visto…

Xa fai certo tempo, deixei clara a miña postura sobre o Little Big Planet nun dos múltiples foros de videoxogos, e non tardaron en dirixirme todo tipo de adxectivos menos de loubanza…

A miña postura era a seguinte, son consciente de que atreverse cun plataformas clásico nos tempos que corren é bastante arriscado, e aprezo estes actos, mais a pesar de contar cun apartado gráfico prodixioso e unha banda sonora de filme, o resultado final non era o que me esperaba ( ao mellor é que atendín demasiado ás excesivas notas de todos os medios). O título faise moi curto e sinxelo, e se o xogas en compañía (por suposto, o mellor do xogo ) a lonxevidade de LBP diminúe aínda máis.

Si, quédanos o online (gran triunfador do xogo) pero a construción de novos escenarios antóllaseme demasiado duradeira, e finalmente, todos os niveis seguen unhas pautas remarcadas, cos mesmos accesorios e incluso as mesmas situacións (se en vez de tirarse nun monopatín por unha pendente, se tira nun coche, a situación cambia?) é só un exemplo, xa que en vez de coche pode ser unha especie de moto, de bicicleta, de nave espacial,…de calquera vehículo que poidas construír, pero o momento é idéntico. Así, de forma indirecta, estas creacións aseméllanse entre sí, porque por moito que cambies o envoltorio, o de dentro non vai cambiar. Con todo, temos un xogo moi bo e moi recomendábel (non quero dar outra sensación ) pero non comparto as atroces notas e críticas, todas elas de benevolencia absoluta, que rodearon ao título.

Despois desta micro-crítica introductoria, comento a noticia principal, xa que os usuarios seguen pasando hoaras e horas creando niveis (unha vez que te acostumas ao editor de LBP,o vicio está en crear niveis, non en xogalos), tanto é así que chegaron a nada desprezábel cifra de un millón de escenarios creados, e como non podía ser doutra forma, Media Molécule fíxolles unha pequena homenaxe elixindo e recopilando algunha destas creacións (non todas por suposto ).

monster hunter

Alguén que está atrapado no mundo de Tolkien e pendurado no popular xénero da literatura fantástica,debe sentir gran admiración por calquera título que te adentre nun mundo imaxinario, cheo de criaturas irreais, de unha gran variedade de clases sociais, dun ambiente diferente ao que todos estamos acostumados…, pois ben isto foi o que me pasou a primeira vez que oín falar de Monster Hunter, pero unha vez que o probei, como dicilo, deixoume bastante frío.

Cando saíu a primeira entrega para a PSP , nun puiden probar o título, pero arranxeino coa saída da segunda entrega, que froito do éxito do seu predecesor non tardou moito en saír á luz.

Pois ben, encendín a consola, e todo comezou ben, todo comezou como esperaba, a posibilidade de crear un protagonista desde cero, posibilidade de modificar o seu aspecto, roupa, armamento, etc. Continuou perfectamente cando saín á aldea para falar cos seus habitantes, e como gran admirador da fantasía agradoume a distinción das diferentes estirpes sociais,unha banda sonora das máis épicas, gran cantidade de opcións ( con respeto á creación de novas armas e armaduras ).

Como sempre , débese pasar un tutorial para afrontarte con máis forza e experiencia á aventura principal, e neste xogo non é unha excepción, polo que deberás superar unha serie de probas que se che irán explicando detalladamente. Hei de mencionar que o xogo tiña moito futuro na miña cabeza, o  movemento do personaxe era preciso, os gráfico son moi dignos para a portábel, a banda sonora non diminuíu a súa calidade, e as misións que se me estaban pedindo gorentábanme bastante, como cazar un determinado animal, recolectar unha especie diferente de herba, roubar ovos do niño dun dinosauro, etc.

Estaredes pensando, por qué non che gusta se o único que dís do xogo é bo?, pois o tempo foi o que me fixo cambiar de idea.O desenrolo das misións de entrenamento eran todas iguais, é dicir, armarte de obxetos antes de partir, enfrontarte á misión ( sempre se tratará de coller algo en paticular), e entregalo nun recipiente nun campamento. E isto, á larga remata por cansar, pero pensei, só estou no entrenamento, esperarei á aventura principal.

Despois de dúas horas no tutorial ( e non é unha esaxeración ), dirixinme a empezar na aventura. Falei con algún que outro personaxe, e indicáronme como tiña que facer. As misións hainas que comprar nun establecemento, e dependendo do teu rango de experiencia serán máis ou menos complexas, o resto é idéntico ao tutorial.

Non me fixo falta moito tempo para percatarme de que non existía o modo historia, non xogo non existe argumento, sempre te adicará a fecer o mesmo, pagas misión, éncheste de obeetos e superas misión entregando a vítima ( ou parte dela) nun determinado lugar. E ninguén botou de menos unha aventura?, eu que sei, por exemplo que o protagonista quedase atrapado nun determinado lugar e que tivese que sobrevivir, incluso me conformaba coa típica misión de rescate da rapaza do lugar, pero nada de nada. Cada misión é independente, nada teñen que ver entre unhas e outras ( como moito comparte o escenario ), o que lle resta toda a emoción ao título.

Ademáis o emprego das armas, en momentos pode resultar algo frustrante, xa que as armas que se manexan rápido , apenas sacan nada de vida aos inimigos, e as que de verdade producen un maior dano, a súa utización é verdadeiramente caótica, porque estas acostuman ser moi grandes e pesadas, e veraste comprometido cando vexas a enorme e pronunciada lentitude do personaxe con estas espadas, fronte a unha rápida e letal criatura.

Por qué un título con tan boas pintas me resulta tan engorroso?, por qué non me atrae este plantexamento?, debería gostar do ritmo lento do xogo, pero normalmente os títulos de fantasía veñen acompañados dunha fermosa historia, e os Monster Hunter carecen plenamente deste apartado, e non me acaban de atraer.

Aínda así, coa saída inminente do Monster Hunter Freedom Unite, decidín catar esta terceira entrega. Pensei que ao mellor, o anterior xogo empezárao con mal pé, e neste as cousas cambiarían.Tan pronto iniciei o xogo, todo absolutamente todo é idéntico á segunda parte,pantalla de inicio, cor, idénticos menús, incluso a aldea é a mesma, o tutorial é absolutamente idéntico (coas mesmas misións de aprendizaxe ), cheguei a un punto nno que pensei que estaba xogando á segunda parte , pero non, non era así. Neste xogo só varian as misións, polo que ao pouco tempo comecei a sentirme como na segunda parte. Sentinme sen incentivos para avanzar, nada me motivaba, non existe ningún detalle que che incite a continuar. Deixeino a un lado.

Xogos de fantasía épica non abondan moito, e por un que atopo que podería satisfacer todas as miñas ansias de criaturas fantásticas , o meu cerebro indícame que non me gusta. Xa sabedes, todos somos vítimas do noso pensamento.

Vouvos a contar un drama, un drama que sufrín na miña propia pel, unha historia baseada en feitos reales.

Todo comezou cando un bo día entrei nunha tenda de videoxogos e tiñan no probador o Guitar Hero 1. Esperei paciente a que deixaran o lugar e collín a guitarra na man. Dinlle a comezar, e sen ter moita idea de como ía todo aquelo, premín os botóns ata que lle fun collendo o “tranquillo”. Sobra dicir, que desde ese día quedei viciado, e enamorado de Guitar Hero. Os días pasaban, e seguía pensando nese xogo. Sacaron a segunda entrega e a continuación e inminentemente deu froito a terceira parte.

Non me aguantei máis, fixen peripecias para aforrar os 100 eurazos que custaba o Guitar Hero 3 e funo adquirir rapidamente. Cheguei á casa, desempaquetei o meu premio, suábanme as mans, montei a guitarra, introducín o xogo na 360 e iniciei sesión. Non hai palabras a describir esa sensación, os altavoces afumeaban e eu estaba alí, interpretando temas clásicos do rock.

Coma todo bo principiante, comecei en dificultade normal, o pouco paseime ao difícil e con meses de práctica nas miñas costas, puiden pasar ao nivel experto ( hei de recoñecer que eu tampouco son capaz de pasar a canción de Dragonforce).

Así pasaban os días e meses, cando tiña un anaco, alí estaba eu enganchado ao Guitar Hero 3, pero coma todo, a situación cambiou. Navegando na rede chegou a información, de que o próximo Guitar Hero sairía nos próximos meses e traería a posibilidade de tocar a batería , voz e guitarra ( esta traería melloras incorporadas). A miña inxenuidade era tal, que me alegrei potencialmente.

Este novo Guitar Hero que se chamaba World Tour, saíu e eu esperei a ver as primeiras críticas. De notábel para arriba.

Teño que aclarar que desde o rumor xa comezara a aforrar, e aínda que 210 excesivos euros, parecíanme demasiados, as ganas de simular unha batería foron maiores. Así un bo día dirixinme a unha tenda.

Entrei e levei a miña primeira decepción. Non tiñan o pack para a Xbox 360. Quedei pensativo e formei os meus plans na cabeza. Levo o pack de Playstation 3, e despois vendo a guitarra e o Guitar Hero 3, total, con este novo pack , apenas o vou xogar.

Así foi, desenvolsei os 210 eurazos e levei o Guitar Hero Worl Tour para a Playstation 3. Ao chegar a casa, montei todo o máis rápido posíbel. Pareceume raro que os instrumentos necesitasen un adaptador conectado á consola para que fosen inalábricos pero non lle dín máis importancia. O primeiro que fixen é probar a nova guitarra e as súas melloras, como os botóns táctiles e o alragamento da púa. Despois de tocar unha canción que non me gustaba en absoluto, paseime á batería. Era difícil, pero pouco a pouco dunme adapatando a súa sensibilidade, que non era 100%, nen sequera chegaba ao 60%.Con referenza ao disco, pareceume un título moito máis doado, pero moitísimo máis e cunha selección de cancións pouco apropiada. Nada que ver coa terceira parte. Pero o peor chegaría os días seguintes.

A mañá seguinte levanteime con ganas de máis Guitar Hero, e comecei a tocar, pero cando levaba escasas tres cancións, o platillo amarelo da batería deixou de funcionar. Quedei paralizado, dinlle voltas, apaguei e encendín a consola, saqueille as pilas e púxenlle outras novas ( todas estas cousas inútiles que se fan cando a desesperación e grande).Nada o plato seguía sen funcionar. Levei todo o pack o lugar onde o mercara e comenteille o problema.Tiven que deixarlle todo alí, á espera de que me puidesen amañar esa ou traerme outro pack novo. Unha semana enteira estiven esperando, ata que me chamaron para que fose por unha nova. Inmediatamente aparecín alí e volvín para a casa. Conectei todo de novo, e como sempre a primeira vez parecía que todo funcionaba correctamente, a dicir verdade a sensibilidade dos parches da batería deixaban moito que desexar.

Fixen o mesmo durante uns días, e cando non levaba unha semana co xogo, volveume fallar outro parche, desta vez o vermello. A miña paciencia acabábase e cagándome en todo e todos , decidín esperar un tempo antes de volver á tenda, polo menos desfrutar un pouco da guitarra, pensei eu. O bo foi cando collín a guitarra e ao minuto fallou a púa, esa gran novidade que incluía a guitarra, esa gran mellora era unha estafa, tendo en conta que é moito menos resistente ca anterior guitarra, e iso que eu toco amodiño e sen exercer moita forza.

Non pode ser, isto non me pode estar pasando a mín. Volvín á tendo e dinme que é mellor que chame aos de Activision para que solucionen eles o problema. Xa se me estropeara dúas veces, asique chamei no día, mencionando que non funcionaba a batería e a guitarra fallaba na maioría das veces, e non lle dixen que este pack era unha auténtica porquería, porque me amarga falar castelán, que se non…

Dito esto, e semanas despois chégame un paquetiño. Imposíbel que dentro desta caixa veña a batería. Ábroa e atópome coa guitarra e un cable. Infórmome e percátome que ese cable é para aumentar a sensibilidade da batería. De novo cabreado volvo chamar a Activision e aclaro que un parche da batería non funciona nada de nada, o que lle fai falla aumentar a sensibilidade e ao resto, pero iso xa foi de sempre.

Volvo esperar unhas semana e por fín chega a batería. Sen esperanzas conectoa e comezo a tocar. Sen ningunha alegría toco as malísimas e facilísimas cancións coa que conta o xogo, e penso que só é cuedstión de tempo de que volva fallar. Adivinade que pasou?, tres semanas foi o tempo que tardou en volver a fallar un dos seus parches.

Sen ganas nin ilusión por esta merda de xogo e periféricos, deixéina a un lado, falloume tres veces, tres veces. Como unha compañía destas caracteríticas pode permitir isto?, pagar 210 € por uns plásticos que fallan a miúdo, e polo que parece, non son o único.

Xa pasou un mes desde que teño todo o pack abandonado, e cal foi a miña sorpresa, cando paseando por un centro comercial atópome o Guitar Hero 3 e guitarra para a Xbox 360 a 50€, a metade do que me custara da primeira vez. Non o dubidei e adquirino.

Volvín a sentirme ben cun Guitar Hero, as cancións son preciosas e moi complicadas, a guitarra non me fallara nunca e non creo que me falle esta tampouco, agora vólvome viciar imitando tocar a guitarra.

So me queda unha dúbida, non sei se queimar o World Tour con todos os seus insultantes priféricos ou enterralo nun buraco ben fondo, para que ninguén volva a caer na tentación.

MERDA DE WORLD TOUR.

Parece que Nintendo, no seu afán de destruírse, busca solucións rápidas para perder a pouca reputación que lle queda nesta actual xeración, porque se non , que alguén me explique a nova patente da compañía. O proxecto chámase Demo Play , verémolo por primeira vez no New Super Mario Bros de Wii, e basicamente tratarase de pausar o xogo e mirar como a propia máquina xoga por nós.

“En New Super Mario Bros para Wii, se o xogador experimenta dificultades nunha zona, isto  permitiralle superar o nivel e volver a tomar o control cando estén listos… Pensamos introducir esta tecnoloxía en máis futuros lanzamentos”

Primeiro Nintendo quixo deixar a un lado aos xogadores expertos ( e os que fixeron de Nintendo unha das mellores compañías de videoxogos, nos seus inicios, claro), e tentaron atraer a mulleres embarazadas, señores que non saben nin que é un pad, rapaces que non diferenzan entre un xogo bo e unha bazofia… pero Nintendo non estivo a gusto, e parece que con Demo Play quere chamar a atención de persoas centenarias, fetos e persoas que teñen metos motricidade dactilar que Bush escribindo un texto.

Ademáis tendo en conta que a dificultade dos Marios xa é bastante limitada, non me explico qué persoas quedarán atascado nel, e se pretenden seguir con isto en próximos título, onde queda o placer de repetir a fase as veces que faga falta ata atopar a solución?

Ademáis para mirar como xoga a máquina por mín, para iso vexo un filme , que non vexo eu a diversión en ver como Mario se move el só, ata pasar de nivel.

En fín, outro paso que dá Nintendo cara atrás para ir completando a súa degradación.

wii jaja

PSP GO, un verdadeiro insulto

Por: Martes, 9 de Xuño de 2009, 10:58 2 COMENTARIOS

Fai un tempo xa deixei claro a miña postura fronte á versión mellorada da DS , e non vou ser menos con esta nova tomadura de pelo que nos ofrece Sony.

Porque realmente, qué nos ofrece esta nova PSP?, absolutamente nada. Opta por un deseño máis pequeno, pero nen sequera foron capaces de engadir o segundo pad analóxico, e mira  que obtivo críticas precisamente por este feito. Eliminan os UMDs, por uns míseros 16 Gb, polo que non poderemos usar os antigos xogos a menos que empreguemos un complicado programa. Ademáis, veremos como lle senta a decisión de descarga como único formato de videoxogos, xa que dubido moito que a maioría de menores queiran ter unha consola na que necesiten obrigatoriamente unha PS3 ou PC con conexión online para conseguir algún videoxogo, así como o uso da tarxeta de crédito como moeda, ( moitos maiores non son partidarios das compras por internet), xa que Playstation Network Card aínda non está vixente en Europa.

E tranquilos que reservei o mellor de todo para o final, a nova PSP Go non emprega o mesmo USB que a anterior versión, e qué significa isto?, pois que vos podedes esquecer de todos os periféricos cos que contaba a PSP normal, xa que serán completamente incompatíbeis.

Polo que os auriculares con micrófono, cámara, GPS, cable de vídeo e todo o resto de periféricos quedan totalmente obsoletos con esta nova versión.

Con isto pregunto, vale a pena eliminarlle tantas funcións para engadirlle unha inútil pantalla deslizábel?, a resposta é ben clara. Pero para a xente que aínda quede con dúbidas e lle entusiasme a PSP Go, aclarar que esta nova versión e con todas as súas carencias, custará case o doble que a PSP normal.

trunho PSP

proxecto natal

Fai uns anos, Sony presentaba o que describía como o futuro dos videoxogos, é dicir, a súa cámara Eye Toy. Unha cámara coa a que non precisabas ningún pad, podendo mover o xogo co teu corpo. Ao final resultou ser unha especie de xoguete, o cal, máis que detectarche o movemento , simulaba de forma incoherente os movementos máis bruscos. Aínda así, o seu éxito foi tal, que existen decenas de xogos diseñados especialmente para esta cámara.

Anos despois, Nintendo quixo subirse ao carro da moda de detectar movemente e aplicou esta tendencia ao mando da Wii (non fai falla que vos explique as súas vantaxes… e inconvenientes).

Agora Microsoft non se quere quedar atrás e no E3 presentou, o que describíu como o futuro dos videoxogos. Non vos recorda algo esta historia?.Trátase de Proyect Natal, outra cámara, a cal parece ser que a súa detección de movemento é bastante superior ao Eye Toy (tamén se non…).Dita cámara é capaz de recoñecer varias persoas en pantalla, asignandolle un esquelete diferenciado a cada un deles, ademáis Kudo Tsunoda, director do proxecto asegurou que non debería haber problema ningún para detectar incluso o movemento dos dedos. No vídeo parece que responde bastante ben, pero é o suficiente para fiarme destes aparellos?Nin en soños. Non nos deixemos enganar polo que nos amosan.

Aparte disto, parece ser que se empregou esta cámara no xogo Burnout Paradise, simulando que estamos a coller o propio volante, deixando moi boas sensacións ( hai que mencionar que se non empregas as dúas mans, o coche descontrolarase, así que olvidádevos de conducir cun soa man )

E agora que vou dicir, os de Microsoft non son tan incautos para realizar unha conferencia non que non pareza que esta cámara é unha marabilla. A primeira vista parece que todo responde á perfección, que non comete nin o máis mínimo retraso…pero é esta a realidade. Teño moitas dúbidas ao respecto.

Para rematar quero reivindicar o mando tradicional, o de toda a vida. Non me gusta andar saltericando pola miña habitación ( como acontece no vídeo), nin quero facer movementos absurdos para levar a cabo algún movemento específico. O que realmente quero é coller o pad entre as miñas mans, saber que cuns poucos botóns podo realizar desde movementos imposíbeis, ata accións cotiás como pasear. Desde salvar o planeta, ata provocar o caos no mundo. Desde pilotar un coche inalcanzábel, ata carreiras en bicicletas.

Conferencia de Nintendo

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009, 17:24 2 COMENTARIOS

Acaba de rematar a conferencia na que Nintendo ía depositar todas as súas sorpresas, e honestamente, foron bastante poucas.

Por suposto a máis relevante de todas foi o anuncio de Super Mario Galaxy 2, na que o noso fontaneiro contará coa axuda de Yoshy, aínda que o resto da estética é idéntico ao primeiro Mario Galaxy ( con isto non quero dicir que sexa malo).

Aparte do abusivo “Hype” que empregaron nas súas consolas (como xa estamos acostumados) e o tono rosa e apastelado ( que tamén estamos acostumados), tamén deron a coñecer xogos para a DS como C.O.P ao máis estilo Driver, algunha aventura gráfica xunto a un xogo de moda ( é ben triste), ademáis do Kingdom Hearts e a nova entrega de Mario & Luigi.

Na consola de mesa tamén sairá este Mario & Luigi, tamén contará cun New Super Mario Bros Wii ( como se nota que saben explotar saga que lle dá cartos), falaron por suposto do WiiMotion Plus e presentaron un novo Metroid.

Estas foron as novas máis representativas, e por suposto cando poida adquirir os vídeos, poñereivos as noticias completas e ben detalladas.

En conclusión, pareceume unha conferencia bastante regular ( se sacamos os dóus Marios da Wii, o resto das noticias xa as sabiamos), e parece que os que asistiron tampouco lles agradou demasiado, xa que só aplaudiron en contadas veces e de forma máis ben…feble.

En fín,pronto teredes todas as novas aquí, e agora preparádevos que dentro de pouco máis de media hora comeza a conferencia de Sony, espero que haxa máis novidades e sorpresas que nesta.

A resurrección do E3

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009, 15:09 COMENTAR

etrés

Xa sabedes a que me refiro, estes últimos anos anteriores quixeron facer un evento máis serio, máis elegante,máis… todas esas cousas que os “gamers” de verdade non nos importa nin o máis mínimo. O que en verdade queremos é novidades, tensión no ambiente por non saber o que nos van deparar os próximos minutos, espectáculo con cada conferencia que se pronuncie, miles de vídeos e informacións inesperadas, e todo isto parece que se volve a repetir neste actual E3. Os que intentaron calmar e rebaixar o espectáculo da feira, víronse obrigados a baixar a orella e volver aos inicios. Que espavilen.

A primeira das tres grandes conferencias foi levada a cabo por Microsoft, e desde logo puxo toda a carne no asador. Levou a grandes personaxes como ao director de cine Steven Spielberg, que ultimamente se está involucrando en varios proxectos, e opina sobre este mundo a miúdo. Por suposto tamén contou coa presenza do xa grande Cliff Bleszinsky, creador do novo xogo arcade Shadow Complex. Ademáis deu a coñecer proxectos que poden chegar a ser ( ata certo punto) revolucionarios como Project Natal , e presentou vídeos de xogos tan esperados como Alan Wake, Splinter Cell ou Modern Warfare 2. Moitas máis sorpresas deparou a conferencia de Microsoft, que veremos con qué destaca en futuros eventos.

Agora tócalle o turno a Sony e Nintendo, que de seguro traerán grandes sorpresas ( ou iso, ou resignarse ante a cantidade de cousas presentadas pola compañía ianqui), cousa que non creo que lle conveña.

O primeiro en dar a cara será Sony, esta tarde ás oitos en punto, momento no que comezará a súa conferencia. Polo de agora, é seguro que falen da nova PSP Go , da versión Slim de PS3 e de xogos tan esperados como God of War 3 e a segunda parte de Uncharted (esperemos que nos teñan preparado algún gameplay de God of War 3, máis que nada para ter unha idea da calidade que vai acadar). Con todo isto, non hai dúbida que gardan algunha bala na recámara, que chamará a atención dos espectadores. Eu desde logo esperarei tres horiñas para que me saquen de dúbidas e ver se están á altura do acto que fixo Microsoft.

Con relación a Nintendo, é de supor que informen de algo que realmente guste a todos, tanto podería ser un novo Mario ou un novo Zelda ( decántome máis polo primeiro). É o habitual de Nintendo. Claro que tamén lle darán bastante bombo ao periférico WiiMote Plus ( esperemos que non se poñan a xogar un partido de tenis virtual para demostrar a funcionalidade deste trebello, que da anterior vez colou, pero desta…) ademáis dun posíbel WiiFit novo, o rumor da inclusión do HD para Wii ( aínda que está o conto bastante calado) e outras tantas cousas.

Con todo isto, só nos queda esperar e desfrutar deste E3, deste evento que volve aos orixes, desta feira que tanto nos gusta aos que seguimos esta cultura, desta resurrección dun E3 que estaba sendo eliminado e que volve tan potente como na súa etapa de auxe.

 

Edito: Tiven un grave erro, e foi o de dicir que Sony daría a súa conferencia antes de Nintendo.Estaba errado, a conferencia de Nintendo estase a producir nestes intres, e xa sabemos que existirá un Super Mario Bros para wii. Vou continuar mirando.

Bingo de Xbox 360 no E3

Por: Martes, 26 de Maio de 2009, 11:50 COMENTAR

bingo xbox 360

Por suposto, eu non vou quedar sen xogar, así que vou polo menos a pola liña.

Primeira liña: Non imos saber información de outro lado que non sexa ODST. Alan Wake é case seguro que aparece en forma doutro novo vídeo, que tanta especulación xa cansa. Os soportes dixitais vexo bastante complexo que aparezan (polo de agora) tendo en conta á capacidade dos discos duros que posue a consola.Sobre o Forza 3 poida que leven unha demo e con relación á nova consola portábel de Microsoft, eu case apostaría por ela, despois dos anos que levan falando dela.

Segunda liña:Que veremos máis información sobre Splinter Cell é seguro, compensado pola ausencia total de rumores sobre próximos GTA. Sobre o Clan Support e Avatar Party xa se leva faldo desde fai un tempo así que pode ser que aparezan na feira, e qué dicir sobre o MGS para a 360.Uns apostan a que si, outros a que non, eu honestamente non apostaría nada a que vexamos esta noticia no E3.

Terceira liña: que vai haber demos xogábeis de Halo: ODST e Mass Effect 2 é completamente seguro e que Lionhead Studios presente un novo proxecto é probábel, mais un Blue Ray para a Xbox non o vexo, xa que aínda que se falou moito del cando eliminaron os HD-DVD, a consola de Microsoft non se caracteriza polo audiovisual en forma de filmes, se non polo multixogador, o cal potencian cada vez máis.

Cuarta liña: Xogos de Square Enix arcade?, pode ser factíbel e non me extrañaría en absoluto, e o mesmo digo de novos packs da 360. Que está en desenrolo a terceira parte de GoW xa é seguro, pero que vaia aparecer un teaser na feira xa non o vexo tan claro, por un motivo moi claro, non necesitan amosar un cutre teaser que non informa de nada para ganar adeptos, xa que os seguidores que teñen, xa son practicamente a totalidade dos posuidores dunha 360. Fai unhas semanas amosaron un vídeo sobre unha cámara que detectaba o movemento de forma máis ou menos decente ( a mín pareceumen tan ruín coma o resto), polo que poida que se atrevan con isto, aínda que eu espero que teñan un pouco de sentido e abandonen ese proxecto o antes posíbel e con respecto ás exclusivas, case seguro que presentarán de forma moi lixeira unhas poucas.

Quinta liña: Unha Xbox 360 Slim?. Nin de broma. Un xogo de Big Park sería posíbel?, non teño nin idea, porque non sei quen son os de esta compañía e informándome por outros lugares, percateime que esta Big Park está formado por ex-membros de outras compañías polo que non me extrañaría nada que se fixeran a coñecer cun xogo novo.Con referencia a Crackdown 2, case xuraría que non van presentar nada, ademais vendo a crítica e ventas que tivo o anterior…A aparición de xogos baseados en programas de tv non lle vexo moito futuro a verdade e se aparecerá Final Fantasy vs XIII tamén na consola de Microsoft, non estou moi seguro, pero o que si é claro, é que a décimo terceira parte terá moita importancia.

Aquí deixo as miñas propostas sobre o que deparará a feira E3 con relación a Microsoft .O mellor non acertarei nin unha liña,pero a intención é o que conta non?… pois non, vaia chorrada que acabo de dicir..

Fotorrealismo absoluto en 10 ou 15 anos

Por: Martes, 26 de Maio de 2009, 11:07 COMENTAR

 

Tim Sweeney, fundador de Epic Games pronunciouse ao respeto do apartado gráfico nos videoxogos, e afirma que a plasmación totalmente real, os gráficos plenamente realistas están moi cerca.

“Só estamos a un factor de mil de alcanzar o realismo en tempo real, así que seguramente poidamos velo cos nosos propios ollos. É un mero resultado da Lei de Moore. É probábel que en 10 ou 15 anos, que non é unha data afastada en absoluto, o cal dá un poco de medo. Chegados a ese punto os sistemas visuais poderán reproducir gráficos realistas.

Pero hai outro problema cos gráficos que non é nada fácil de resolver. Refírome a cualquera cousa que requiera simular o comportamento humano: animación, movemento do personaxe e conversación e interación con otros personaxes. Agora mesmo son bastante cutres nos xogos.

Lamentablemente, non todo está relacionada coa potencia computacional. Se tivésemos máquinas infinitamente máis rápidas que as actuais tampouco saberiamos cómo resolver ese tema, porque simplemente non temos esos algoritmos. Non sabemos cómo funciona o cerebro nin cómo simulalo.”

 

O verdadeiro problema menciónao na segunda parte, e non me refiro ao fotorrealismo, refírome a plasmar personalidades, comportamentos e actuacións dos personaxes como se fosen persoas reais, porque estamos fartos de ver a bonecos andar de forma robótica e facendo as mesmas rutas independentemente do que pase ao arredor, fartos de ver como os beizos non se corresponden co sonido que emiten, fartos de ver ollos sen a mínima personalidade, fartos de ver como se abren as portas antes de que o protagonista lle bote a man…

Cando solventen todo isto poderemos estar a falar dun verdadeiro avance no mundo dos videoxogos. Atoparán eses “algorítmos” que lles falta na próxima xeración?. Dubido moito, pero mentres poderían invertir en orixinalidade e diversión, que son factores máis importantes que toda as que mencionamos anteriormente, se non me credes, remontádevos á etapa dos 8 bits, e sen rebuscar moito atoparedes xogos ben máis divertidos que a maioría dos que sacan na actualidade.