Análise de Mass Effect 2

Por: Xoves, 25 de Marzo de 2010, 1:00 1 COMENTARIO

mass effect 2

Bioware xa demostrou en máis dunha ocasión que lle gusta facer as cousas ben, e despois de deixarnos a todos entusiasmados con Mass Effect, volve coller este fantástico mundo e continúa a súa andada con esta segunda entrega, e como xa se presumía desde que rematas o primeiro xogo, a calidade é abrumadora.

Comezarei falando da súa historia, piar básico da primeira entrega,na cal nos volveremos a meter na pel do comandante Shepard, pero o contrario que pasabano primeiro Mass Effect,no cal acontecía unha aventura completa, aquí parece ser máis unha ponte para continuala na terceira entrega, que unha historia con principio fin e desenlace. Aínda que a historia é peor que o seu antecesor, non deixa de presentarnos novos personaxes, novas criaturas e algunha sorpresiña por aí, pero como xa dixen, supoño que estarán preparando un final á altura no cerre da triloxía, polo que non contedes con atopar unha gran historia épica.

mass effect 2 2

Como é normal, o desenrolo volve a ser idéntico ( ou moi parecido o primeiro título ), é decir, percorreremos variedade de escenarios falando con todo tipo de criaturas que nos encomendarán misións, axudas…e volvemos a poder elexir entre ser un tipo pacífico, buscando o ben, ou un cabronazo que só se preocupa por sí mesmo. Atención, que cada decisión que tomemos estará reflexada na terceira entrega, así que moito ollo co que facemos co noso personaxe. As misións son impresionantes e manteñen un fío argumental constante ao longo da historia principal. Un exemplo, nesta segunda entrega, básicamente teremos que buscar a xente para a nosa tripulación ( non é spoiler tranquilos, que xa cho din nos primeiros minutos de xogo ), o cal non será algo que consigas nun día, e resolver uns pequenos….problemas. Todo isto deixando paso o título que cerrará á triloxía, para que resolva todo este caos estelar. Que ganas de ver como remata a historia.Como xa dixen, as misións son moi divertidas e espectaculares, isto é sobre todo pola diminución de características rolísticas. Agora é todo moito máis directo, sobre todo nos combates, ademáis todas as melloras lévanse a cabo dentro da nabe, olvidádevos de ter que andar racionando o sitio do inventario, nin de preocuparse especialmente polo aumento de nivel dos personaxes, xa que simplemente poderás mellorar entre cinco e seis características dos personaxes.

Esta simplicidade pode non gustar aos máis hardcore, e teño que engadir que o primeiro tiña máis profundidade neste aspecto, e o simple feito de ter que estar atento a cada punto de nivel, cada arma que atopabas que podía ser mellor ou non, etc, etc, facía de Mass Effect algo memorábel. Neste, céntrase moito máis na acción directa, e neste aspecto tamén sorprende, con batallas fluídas e rápidas, grazas ao uso de poderes con armas. É unha verdadeira marabilla de videoxogo neste aspecto, facendo unha mestura de exploración e combate espectacular.

mass effect 2 3

Pero hai algo que non me gustou absolutamente nada,algo que non se debía perdonar pero que grazas á calidade global do título, a maioría pasa por alto, e non é outra cousa que a exploración de planetas. Os que xogastes a Mass Effect 1, recordaredes que para investigar os planetas montabámonos enriba dun vehículo e buscabamos novas misións, minerais, artefactos….que hai que recoñecer que o deseño dos planetas e edificios era moi similar, pero asegúrovos que moito mellor que a solución que fixeron.Non se lle ocurríu a Bioware outra solución, que eliminar estas fases. Agora, desde a propia nave analizamos e escaneamos todos os planetas nun absurdo, inútil , merdento e lento minixogo que nos fará perder algunhas horas de aburrimento.E só poderemos baixar nuns poucos, moi poucos. Por qué fixeron isto?, como sempre se di, foi peor o remedio que a enfermidade.

ía falar sobre o apartado gráfico pero creo que sobra, creo que todos sabemos que é SUBLIME, en todos os aspectos, da gusto coller o pad e controlar a un personaxe nun mundo tan ben recreado. Pero ollo, non contedes que vos sorprenda tanto como o primeiro, que rallan a un nivel moi igual, quizáis este un pouco mellor, pero nada verdadeiramente sorprendente, pero non abonda con que sexa da calidade do primeiro?.

mass effecet 2 4

E aquí reengancho outro tema polémico e que a mín me chama bastante a atención, a duración. Sobra mirar en páxinas especializadas para leer que ten unha lonxeva duración, moitísimas horas de xogo, e outras semimentiras polo estilo. Vamos haber, é un xogo de rol, e pasaremos a maior tempo falando con personaxes, pero se lle sacamos estos diálogos e nos centramos simplemente no que xogamos realmente, é tan longo como parece, a mín paréceme que non. Eu fixen a inmensa maioría de misións secundarias ( creo que me quedou algún planeta por explorar, pero é que me aburre o minixogo ese moitísimo ), e non chego ás trinta horas creo recordar. Se lle restamos as horas que pasamos falando, e que haberá xente que se adique simplemente a facer as misións principais, o xogo non é tan longo. Pero esta sensación de pouca duración xa me pasou co anterior Mass Effect e co Fallout 3 así que penso que é un recurso utilizado a miúdo. Non estaría mellor que aumentasen estas horas, porque sexamos honestos, Mass Effect 2 é un auténtico xogazo, e a quen lle guste un mínimo non o vai soltar ata rematalo, porque non aburre ( quitando a trapallada de analizar planetas que desespera a calquera ). Por qué non plasmar máis horas de xogo, que por moito que nos queiran enganar, non son tantas……

En deinitiva, un xogo que tes que xogar si ou si, tanto se che gusta o rol, como se che gusta a acción, porque é unha verdadeira gozada chegar ao final deste título, asegúrovolo. Iso sí, aqueles que non lle guste ler diálogos, que se aparte o máis lonxe posíbel, porque esta aventura vai surtida, pero claro, para narrar unha historia destas magnitudes fai falta unha boa narración.

Análise de Uncharted 2

Por: Martes, 9 de Marzo de 2010, 12:10 COMENTAR

uncharted 2 1

Xa fai uns meses que xoguei a esta segunda entrega de Uncharted, e xa vai sendo hora de que transmita as miñas opinións acerca deste tan popular videoxogo. Como é normal, parte da mesma premisa que o seu antecesor, a nunha perspectiva en terceira persoa teremos que atravesar os máis recógnitos lugares e paraxes do planeta, dende tribus indíxenas ata lugares donde a neve prevalece no seu estado máis natural.

Pero realmente ofrece algo diferente ao que xa vimos na primeira entrega de Uncharted?, eu creo que non, aínda que coma sempre é preciso matizar. Non hai dúbida que estamos diante dun verdadeiro xogazo, con gráficos impresionantes ( causante da maior parte do seu éxito mundial ), un argumento que sen ser do melloriño, é bastante digno, espectacularidade a rebosar por todos os lados, e algo que a xente non ten en conta pero que axuda de maneira exponencial… a enorme carisma de Nathan Drake, protagonista desta aventura. Desde logo algo que eu teño moi en conta, con diálogos satíricos, comentarios do protagonista que nos quere sacar un sorriso ( neste aspecto paréceseme a Mclaen ( ou como se escriba ), da saga A xungla de cristal ), un enorme énfase de Drake polo espectacular físico da súa compañeira , etc, etc. Todo isto fai que o xogador se sinta inmerso na pel de Nathen de forma inconsciente, pensando en qué será o próximo que dirá o noso protagonista, cómo resolverá os seus problemas…

uncharted 2 3

Sobra falar do seu apartado gráfico porque a estas alturas xa está máis que sabido por todos que estamos ante un verdadeiro monstro neste aspecto, pero a todos os aspectos, tanto, que na maioría das veces pararedes simplemente para ver o escenario, como todo se move con dinamismo, como ata o máis mínimo detalle está coidado ao máximo, como un sitio, que como moito ides pasar por el escasos segundos, está recreado cunha perfección sobresaliente. Isto aumenta considerábelmente a súa espectaculariedade, pero non paramos aquí, xa que en determinadas ocasións, a cámara sitúase en zonas que nos mostra o momento máis cinematográfico da situación. Isto foi o que realmente variou esta segunda entrega do primeiro título.

Polo resto conserva os seus pros e contras, pola tanto seguimos estando ante un xogo moi sinxelo e curto ( aínda que pretenderon aumentar un chisco a súa duración ), algo que por moi espectacular que sexa, e por moi bos gráficos que me vendan, non quero perdonar, e digo que non quero, porque non me gusta a idea de saber que teño ante mín, media ducia de mercenarios disparándome, un edificio derrubándose e un helicóptero intentando darme caza, e que consiga sortealos a todos sen máximo problema. Pero qué é esto??, e isto inflúe directamente no desenrolo do xogador, que non acaba por aburrir de todo, pero si que as ansias de xogar van disminuíndo consistentemente, tanto que unha vez pasado o primeiro tramo de : uhh que graficazos, uhhh, que marabilla, uhh que espectacular…unha vez pasado esta etapa de adapatación ao título, xa perde bastante emoción. Ademáis o feito de que os combates ( tiros ), sexan bastante similares entre sí ( aínda que aumentaron nun par de combos o combate corpo a corpo ), non axudan nada, e sempre estaremos agardando a que aconteza algo no escenario, algo que nos devolva a atención entregada á fase en concreto.

uncharted 2 2

Quizáis me interpretades mal, pero estou canso de ver tanta loubanza cara Uncharted ( por moitos aspectos merecida, pero tanta, tanta…), e aínda que son consciente de que é un auténtico xogazo que todos os usuarios de Playstation 3 deberían probar, tamén son consciente das súas carencias e demáis erros. E qué queredes?,sigo preferindo que Naugthy Dog se centrase nun próximo capítulo decente ( non coma The Lost Frontier ) de Jack & Daxter. Pero moito me temo que continuarán explotando a carisma de Nathan Drake, xa que os beneficios que están adquirindo con esta exclusiva falan máis que calquera cousa.

Análise de Darksiders

Por: Martes, 16 de Febreiro de 2010, 1:01 1 COMENTARIO

darksiders

Ao longo dos anos, as empresas dos videoxogos tiveron sempre unha cousa moi clariña, se un xogo ten éxito, pois o mellor que podemos facer é imitalo, sacarlle as súas bases e aplicalas ao xogo que queiramos vender, e isto foi xustamente o que fixo Virgil Games co xogo que paso a analizarvos.

Darksiders é unha mestura de God of War ( típicos Final QTE ), Zelda… e poño puntos suspensivos porque é evidente que colle outros aspectos doutras aventuras, e unha vez que comecedes a xogar notaredes unha sensación de como se xa xogarades ao título. E isto é bo ou é malo?.

darksiders 1

Os que me ledes xa sabedes que son moi partidario da innovación dos videoxogos, e en Darksiders innovación, que se di innovación non existe, pero por outro lado consegue adaptar todo o que xa vimos noutros xogos a unha aventura totalmente nova e que engancha ata o final, e disto poucos xogos poden presumir.

Nós controlaremos a Guerra, un dos catro xinetes da Apocalipse, e como é culpado por deixar que a guerra entre inferno e ceo dese comezo, deberá facer uso de tod o que sabe para limpar o seu nome, e xa de paso limpar os restos de cadáveres que deixa ao seu paso. Así, nunha perspectiva en terceira persoa e armados coa nosa espada, iremos dando caza a todo becho vivente que se nos poña por diante. Mencionar que existe unha adecuade variedade de inimigos, e en todos poderemos aplicar a xa máis que famosa Final QTE, para darlle o golpe de graza ao inimigo. Guerra comezará desde cero, é decir, fóronselle quitando todos os seus poderes, artiluxios e armas, e estos iraos conseguindo a medida que avance na aventura. Incluso poderemos controlar a Ruina, o noso cabalo que nos axudará en máis dunha ocasión.

Pero en que resalta verdadeiramente este xogo, pois principalmente na dificultade de algúns puzles ( non me entendades mal, non é que sexan unha animalada de complexos pero tendo en conta que agora a dificultade dos xogos é nula, agradécese que nos fagan movernos para resolver dito puzle ), a lonxevidade do título ( unhas catorce horas, todo un récord hoxe en día ) e as loitas contra os grandes xefes finais, que como pasa sempre son moi espectaculares pero acaban sendo doados de matar.

darksiders 2

Gráficamente cumple, e aclárome, non destaca tendo títulos moito mellores neste aspecto, pero loce un nivel correcto ( tranquilos que non diredes iso de “bah, vaia merda de gráficos”, non, neste xogo non o ides decir ), xa que os escenarios, aínda que álgúns están bastante baleiros teñen unha nitidez e beleza impresionantes, e os inimigos. como xa dixen anteriormente, e sobre todo os máis grandes son impresionantes.

O control é típico das aventuras de acción, é decir, un par de botóns de ataque, botón de salto e neste caso botón de transformación, xa que a medida que aumenta a furia de Guerra irá enchéndo un medidor, que unha vez cheo poderemos usalompara transformar ao noso protagonista nunha especie de demo moito máis poderoso. O que si que botei en falta foi un maior número de obxectos no inventario directo, xa que unha vez que obtemos varios artefactos que debemos usar, só podemos escoller tres para usalos inmediatamente na pantalla, e cando necesitamos outro diferente, non teremos outra maneira que pausar o xogo e seleccionar o obxecto desexado, o cal chega a ser algo engorroso, xa que interrompe o dinamismo do título.

darksiders 3

Como vedes, o título é moi entretido, sobre todo se che gusta a saga Gof of War ( e a quén non lle ía gustar?), xa que aínda que conscientes do seu nulo risco e innovación, sempre se agradece xogar a un título dos de toda a vida, coa súa fase de auga, de area, de lava…

Análise de Fairytale Fights

Por: Mércores, 3 de Febreiro de 2010, 17:35 COMENTAR

POrtada Fairytale Fights

Está claro que o 98% dos videoxogos nin arriscan, nin innovan, simplemente se conforman con plaxiar outros títulos para asegurarse ganancia segura, pero cada certo tempo pasa o impensábel, aparece un título que rompe cos moldes anteriores e sorprende a todo vicioxogador que se precie, unha pena, que só sorprenda a primeira media hora.

Este é o caso de Fairytale Fights, o cal xa nos pon nunha historia do máis simpática. Poderemos escoller entre catro protagonistas, todos eles sacados dos máis famosos contos infantís, como a caperuchiña vermella ou o rei nú. No meu caso escollín a caperuchiña vermella, e a partir de aquí comeza unha aventura ao longo de varios mundos. O desenrolo da aventura é do máis simple, controlamos ao noso protagonista e iremos eliminando a todo o que se mova polos escenarios que pisamos, pero aquí non está a verdadeira alma do xogo, o que de verdade chama a atención é a violencia que emprega o título, porque poderemos usar as máis diversas armas, como coitelos, motoserras, mechadas, incluso enormes piruletas e trabucos. Así, botaredes a primeira media hora observando incrédulos para a pantalla, vendo como a Caperuchiña vermella descuartiza lobos, leñadores, etc.

FairytaleFights 1

Ademáis, como montros finais atoparemos a seres dos máis coñecidos, como un extraño Pinocho ou uns mutados Hansel e Gretel.Que nos farán bastante graza, máis que nada porque nunca vistes un Pinocho… tan pouco Pinocho.

E todo isto adornado cun apartado gráfico do máis minimalista que se víu nun xogo ( aínda que utilice o mesmo motor gráfico que o Gears of War ), tan minimalista é que apenas hai texturas no título, todo é liso e cun colorido que dificilmente atoparemos noutro título. Coidadiño os epilépticos.

fairytale-fights 3

Pero aínda que innove, e teña un apartado técnico curioso, e sorprenda, só consigue todo isto a primeira media hora, porque despois a reiteración faise constante e a dificultade non é nada elevada, e pagar para xogar media hora…. case que non me parece decente, quizáis alquiládoo, ou usando outros métodos menos ortodoxos e legais…

Estaría moito mellor se fose un título de descarga, porque a verdade é que o título é moi simple en sí, moito, demasiado.

fairytale-fights 2

Tan simple é que xa non queda moito máis que decir do xogo, simplemente lle engadiron un multixogador ( que coma case todos os xogos aumenta a diversión xogando en cooperatico ), e polo demáis todo mencionado, é decir, orixinalidade, monotonía, minimalismo, escasa duración, escasa dificultade, reiteración de escenarios, ausencia de voces ( só onomatopeias e sons ambientais ), aburrimento á media hora.

Non o vou introducir no apartado de Lixo simplemente porque intenta facer algo novo no mercado, e sei de boa man que isto é do máis complexo e arriscado, pero deberían poñer máis atención no resto dos apartados.

bayonetta 5

Estas vacacións están sendo bastante productivas para mín, simplemente polo feito de que estou xogando a un bo número de títulos,e algún deles da calidade de Bayonetta, novo producto do director de Devil May Cry, e mentres vos conto como me foi con este videoxogo, os meus dedos apenas se moven por mor da pseudoconxelación que estou a sufrir, pero iso é o de menos, agora comecemos.

Con emoción escrivo estas líneas , xa que Bayonetta era un dos títulos que máis esperaba. Que por que o esperaba?, básicamente porque detrás deste proxecto atópase o mestre Hideki Kamiya, creador do primeiro, impresionante e imprescindíbel Devil May Cry. E o certo é que mantivo todas as características o que nos ten acostumados, tanto, que púidolle chamar a este título Devil May Cry 5, porque o estereotipo é similar.

bayonetta 1

O xogo ponnos na pel de Bayonetta, unha exuberante Bruxa , unha das poucas que queda da súa especie, despois de que fosen perseguidas e asasinadas, e tocaranos facer fronte a todo un elenco de seres anxelicais ( principal diferenza con DMC, xa que se neste tiñamos que eliminar a demos, en Bayonetta, serán os anxos, e outros seres quen sufran a nosa furia ).

Xa notaredes que cito unha e outra vez a saga Devil May Cry, pero é que é tanta a similitude, que incluso a protagonista leva as mesmas dúas pistolas ( tamén leva outras dúas nos seus tacóns ) para entrar en batalla, e por si fose pouco, unha vez que avanzamos un chisco entrégannos unha espada, é decir, DMC puro e duro. Certo é que poderemos usar outras armas como un látigo, unhas luvas especiais, etc…

bayonetta 4

Cando entramos en combate tamén se parece a Dante, xa que a mestura de pistolas e armas brancas son imprescindíbeis, pero aquí sí que pode ter marca propia, xa que Bayonetta pode invocar golpes especiais e incluso facer ataques tortura. Para levar a cabo estos ataques , primeiro teremos que enlazar un número de golpes consecutivos para encher a barra de maxia, e unha vez feito isto, abonda con aproximarnos a nosa vítima e… tortura vai. Esta témolas de varios tipos, pero todas elas forman un conxunto moi apropiado para o título. Así, sobra decir que cada combate é unha mestura de centos de cores, golpes, combinacións, torturas, disparos… do mellor que podemos ter e xogar.

Outra das características propias de Devil May Cry é o humor negro e picaresco de Dante, pois Bayonetta repite estratexia cunha protagonista que non para de facer comentarios satíricos tanto aos inimigos como os compañeiros, e de feito, agradécese moito, ver como un videoxogo intente sacar un sorriso ao espectador. E póñovos un exemplo, o primeiro logro que se desbloquea chámase: “ Mira que soy zorr…bruja”. De aquí para arriba, sempre fai que xogar a Bayonetta sexa algo divertido, e o bo é que se mantén este espíritu durante todo o videoxogo.

bayonetta 2

Técnicamente atópase a un nivel moi bo, unha pena que existan tantas zonas de ambiente escuro que fai que o resultado final non sexa tan bonito e preciosista como debería. Pero non desentonan os escenarios góticos ( sobre todo interiores, que unha vez máis recordan ao DMC ), e un modelado dos personaxes notábeis, con gran cantidade de inimigos e algún deles dunha dimensións desmesuradas, detalle que non fará recuar á nosa atractiva protagonista.

Bayonetta dura aproximadamente dez horas, pero pasaranvos voando polo frenético ritmo que nos marca o xogo, ademáis, aínda que o principal será avanzar eliminando inimigos ( é incríbel que unha característica tan fundamental nos provoque tanta satisfacción ), tamén teremos pequenas fases de exploración, e a medida que avancemos no título Bayonetta irá adquirindo novos poderes ( sí, como DMC ), como camiñar polas paredes ou convertirse en lobo para abarcar grandes camiños. Para aumentar a duración , atoparemos diferentes lugares nos que nos provocarán para que pasemos diferentes misións pero baixo normas específicas, e algunhas delas son verdadeiramante complexas. E aquí outra das principais diferenzas con DMC, xa que se no primeiro Devil May Cry a súa dificultade era esaxerada ( e como me gustaba ), en Bayonetta, este detalle foi eliminado, e sen ser un xogo sinxelo tampouco será un reto moi complexo.

bayonetta 3

Como vedes, é un dos títulos que me gusta a mín, frenetismo apoteósico, humor constante, protagonista carismática e uns combates dos máis divertidos que vimos até o de agora. O único que non entendo é porque non lle chamaron Devil May Cry 5, porque desde logo as súas similitudes superan as súas diferenzas.

Moi recomendado.

Análise de Assassin´s Creed 2

Por: Mércores, 6 de Xaneiro de 2010, 14:54 COMENTAR

AC2 1

Moito se ten falado sobre esta segunda entrega do Credo dos Asasinos, e esta popularidade nace a partir da polémica primeira entrega, loubado por uns e insultado por outros ( máis deste último grupo que do primeiro ), convértese nun claro xogo de culto.

Por qué tanto problema?, pola incuestionábel reiteración das misións do primeiro Assassins. Calquera que xogase a este título non pode negar a nula variedade durante as once horas que che pode durar o título, é decir, buscar información, atopar obxectivo e eliminar obxectivo, e isto durante absolutamente todo o xogo.

AC2 2

Ubisoft, consciente, pero non recoñecedora deste erro comeza a crear a segunda parte,e a decir verdade o conto cambiou bastante. A historia lévanos ao Renacentismo, e na pel de Ezio Auditore, recorreremos Florencia, Venecia e outras cidades recoñecíbeis ( incluso se nos ofrece información sobre os lugares máis representativos ). Continuamos pertencendo a un grupo elitista de asasinos, pero lonxe de converterse na reiteración da primeira parte, optan por un estilo máis… GTA. Explícome. Agora no mapa indícanos os lugares aos que temos que ir para que diferentes personaxes nos ofrezan misións, por suposto remunerados, e todos para chegar a un obxectivo principal, o asasino da nosa familia. Así, manténdose a xogabilidade da primeira entrega ( en ocasións incómoda ), percorreremos tellados, cúpulas, e outro lugares nada apropiados para xente con vertixe. De feito, isto é algo que se mantivo intacto, polo tanto verémonos obrigados a subir ás míticas Atalaias, que nos servirán para descubrir novos obxectivos, misións secundarias, etc. Si, por suposto baixaremos delas co tan coñecido salto de fe.

AC2 3

Todo é moito máis complexo nesta segunda entrega, non abonda só con avanzar, de feito podemos visitar as tendas das cidades para mercar novo equipo, armas, vestimenta, medicamentos, etc, etc. Xa vedes que algo si que melloraron respecto á primeira entrega, agora tes moitas máis opcións. Estas novas opcións veñen respaldadas con novos movementos ( agora poderemos nadar, usar dúas coitelas á vez , lanzar area aos ollos dos inimigos, granadas de fume, incluso teremos a posibilidade de utilizar unha pistola, e sen esquecernos de moitas máis armas brancas, desde lanzas, martelos, mazas… ), tamén melloran os vehículos, xa que lonxe de conformarse coa única utilización de cabalos, desta volta poderemos usar carruaxes, barcas e incluso un aparello voador que nos permitirá ter unha visión aérea de Venecia.

Como vedes case todo está mellorado, porque hai algo que me segue sen  gustar de Assassin´s Creed e non é outra cousa que o ritmo tan pausado de xogo. Cada vez que comezas a xogar redúcenche as ganas o comprobar que despois de dúas horas de xogo apenas avanzaches da introdución, pero non só isto, xa que en plena misión de asasinato dache a sensación de estar nunha misión secundaria, e haber se nos entendemos e non entramos en vulgaridades, refírome que un videoxogo tenche que transmitir diferentes sensacións, e canto máis complexa máis en tensión debes estar, máis atento e con máis nervios, algo que non acontece aquí, xa que o ritmo das misións son idénticas, e para mín é algo que non se debe perdoar. Quizáis nas misións que máis emoción teñen son nas secundarias de carreiras, nas que debes chegar a un punto nun límite de tempo, aquí polo menos pos algo de emoción.

E falando de misións secundarias, este xogo tamén está cheo, non só misións de carreiras, asasinatos, roubo, etc, xa que lonxe de conformarse con poñer na primeira entrega duascentas e pico bandeiras ( non recordo o número exacto ) para atopar ( detalle bastante criticado), neste temos para buscar  e atentos, 330 tesouros, 100 plumas e uns 20 glifos escondidos por todo o mundo, aí é nada.

E para engadirlle máis conceptos, tamén teremos que restaurar unha vila enteira mercándolle obras artísticas que favorezan o  turismo, renovando edificacións, etc, etc. Como vedes, o amplo número de accións que podemos facer á marxe da trama principal, fan que a súa duración aumente de forma pronunciada, e diso este xogo non ten problema, porque facendo todo pode superar ás vinte horas facilmente.

AC2 4

Fáltame por falar do apartado técnico, pero sospeito que todos sospeitamos o resultado, xa que se na primeira entrega os gráficos foron os únicos alicientes que o elevaron ao estrelato, nesta non se vai quedar atrás e volve plasmar cidades completamente vivas e cheas de detalles, pero debemos facer alusión ao problema que inflúe en todos os títulos desta xeración, as secuencias de vídeo. Se coa PS2 flipabamos con estas secuencias, pero sabendo que o apartado real ía ser moi inferior, agora sucede o contrario, as secuencias de vídeo pecan dunha simpleza aplastante, con enormes erros gráficos e pouco detalle, e isto é xustamente o que pasa nesta segunda entrega de Assassin´s Creed. Polo demáis, a pesar de algo de popping, todo se mantén a un nivel moi alto. Falando da banda sonora , debo decir que non se compenetra coa época na que estamos, pero déixase escoitar, e neste apartado vou contar unha curiosidade, xa que para os que vexades a xenial serie Padre de Familia, Stewie pon a voz en moitos personaxes de Assassin´s Creed 2, así que non vos sorprendades se camiñando por unha cidade recoñecedes esta peculiar voz.

Rematando, xa vedes máis ou menos o que hai, sí, aumentaron o nivel e a variabilidade, pero para min que seguen tropezando na mesma pedra, o ritmo pausado e lento das misións, que fai que o xogador non se sinta atrapado pola historia, e se isto non acontece…

Análise de Little Big Planet PSP

Por: Martes, 8 de Decembro de 2009, 16:00 COMENTAR

LBP psp 3 O final resultou ser certo que o 2009 foi un ano productivo para a portábel de Sony, e aínda que a inmensa maioría dos títulos foron traspases de PS3 á PSP ( Little Big Planet, Motorstorm, Assassin´s Creed…), sóubose manter nun nivel de calidade adecuado, pero tamén debo decir, que tamén podían arriscar un pouco e crear novas sagas, que algo de innovación non viña nada mal.

Pero como isto non sucede, dedicareime a falar dos que temos a oportunidade, e desta vez o elexido foi a secuela portábel de Little Big Planet. Esta nova versión é case idéntica á da irmá maior, é decir, controlaremos un simpático boneco de peluche ao longo de diferentes fases, sempre nuns escenarios en 2D pero con personaxes,accesorios, etc en 3D, así saltaremos de plataforma en plataforma, arrastraremos obxectos para alcanzar alturas imposíbeis de alcanzar… é decir, plataformas 100%.

Todos estos escenarios estarán acompañadas por varias historias, desde a creación dunha “carroza” de entroido ata o rescate dun ovo de dragón, como vedes a variedade fai que o título sexa algo máis orixinal, e enganche un chisco máis, pero como debemos falar de todo, o título ten os mesmos erros que o primeiro Little, é decir, escasa duración e excesiva facilidade. O xogo , como case todos os plataformas é do máis sinxelo, e non quedaredes atrancados en ningún momento ( parece que os plataformas só poden gustar aos nenos, por iso axustan a dificultade, mamonazos…), e como xa decía, se lle engadimos que as fases non son moi extensas, temos un título que se pasa nun par de tardes sen moito vicio, e para redondear , eliminouse o online que tanto éxito tivo na grande de Sony, feito que non me afectou demasiado, xa que como ben digo aquí, o online non é precisamente o que busco nos videoxogos.

Graficamente mantense nun nivel moi alto ( nisto xa destacaba o primeiro Little Big ), e os bonecos seguen sendo igual de simpáticos, coa posibilidade de modificar a súa imaxe ao teu gusto,si, tamén se mantén os centos de posibilidades de creación do teu propio sackboy, marca representativa da casa, e detalle que fai graza as primeiras veces , pero que axiña utilizarás estas posibilidades de maneira aleatoria e sen prestarlle moita atención, igual que pasa coas expresións dos pequenos protagonistas. Por suposto, isto cambia cando estades varios compañeiros mirando, aquí si que deixa ser unha opción secundaria para converterse na (case ) auténtica protagonista, e as risas tédelas aseguradas.

LBP psp 2

Con referencia ao apartado sonoro, seguimos igual, é un calco do xogo da Play3 ( esta vez sen polémicas como ocurrira cunha canción do xogo anterior ), melodías simpáticas e divertidas. Como sucedía anteriormente, as voces dan paso a uns efectos sonoros que dependen de cada personaxe, detalle que me recorda gratamente ao Banjo Tooie, o plataformas en 3D que foi, é, e será o mellor de todos os tempos.

Así que xa vedes, un título case idéntico ao anterior, máis do mesmo, tanto no bo , como no malo, a mín, gran aficionado aos plataformas gustoume bastante ( por suposto, sen caer nas supravaloracións que tinxiron os análises do primeiro Little Big Planet ), volvín sentir moito que non fose máis longo e complexo, pero o pouco tempo que o xogas entretén de sobra.

Análise de COD: Modern Warfare 2

Por: Luns, 7 de Decembro de 2009, 14:29 COMENTAR

Portada MW2

Infinity Ward xa se consagrou co seu anterior título. A cuarta parte de Call of Duty foi unha verdadeira revolución nun xénero tan saturado, e que pretenden facer coa segunda parte de Modern Warfare?, pois manter a calidade da cuarta parte ( porque superala é realmente complexo ) e meternos de cheo, unha vez máis, na guerra moderna.

Como sempre, en primeira persoa percorreremos os lugares máis indesexados ( e preciosos ) para unha persoa, indesexados porque estarán pragados de inimigos capacitados dunha intelixencia artificial do máis alta vista nun videoxogo, e preciosos porque o nivel gráfico roza niveis de deuses. Pero o que verdadeiramente fai resaltar esta segunda entrega de Modern Warfare é a capacidade de sensacións que nos logra transmitir. Desde pena, frustración, odio, tensión, etc, etc. Cada capítulo é diferente, olvidádevos destos FPS no que a única misión é avanzar e avanzar sen ningún outro aliciente, aquí o personaxe que movemos ten vida propia.

MW2 1

E cada capítulo é diferente non só pola humanización do personaxe, xa que os escenarios son do máis variados que se viron nun shooter, e tanto estaremos escalando por paredes de xeo como defendendo a propia Casa Branca. A diferenza e variabilidade de cada escenario é impresionante, con momentos verdadeiramente épicos como a fuxida a contralrreloxo nunha moto de neve ( esta escena creo que xa é coñecida por todos ), pilotaxe dunha zodiac, momentos de submarinismo… entendedes agora ao que me refiría de que cada capítulo é diferente?, pois pódovos asegura de que todo o videoxogo é así, e con cada novo escenario, novas sorpresas.

Sobra falar do apartado técnico, pero os que xa xogastes ao COD 4 xa sabedes a que nivel nos estamos enfrontando, é unha calidade verdadeiramente impresionante, cunha nitidez é realismo só comparado ao anterior título de Infinity Ward, escenarios completamente cheos de detalles e interactuábeis. Pero non só destaca no apartado gráfico, xa que para redondear un título obrigatorio conta cun apartado sonoro de luxo, cunha banda sonora épica que nos sumerxirá aínda máis no conflito. E por suposto, o xogo está dobrado, e avanzar co resto do pelotón mentres se van cantando as ordes e as estratexias que debemos seguir, fan que Modern Warfare 2 non decaia en nigún moento.

MW2 3

Por contrapartida temos o mesmo problema de todos os xogos bos, a duración, xa que neste caso en seis horas teredes o modo campaña pasado. Vale, son seis horas de verdadeiro frenetismo, e que poderemos aumentar buscando todas os ordenadores escondidos nos escenarios, e temos varios niveis de dificultade, pero son seis horas……… Para intentar aumentar esta duración, engadiron un multixogador a pantalla partida para superar diversas fases, e aquí un dos grandes erros de MW2, por que non fixeron un multixogador a pantalla partida de todo o modo historia?, ademáis, o protagonista do xogo sempre está compañado por algún que outro co-protagonista polo que lle viña como anel ao dedo un merecedor modo a pantalla partida de toda a aventura.

MW2 2

Para rematar debo aclarar que os que xa xogastes ao COD 4 notaredes bastantes similitudes con este novo título, xa que hai misións que se parecen bastante, ou que lle sacan a esencia, como a fase do frantirador ou a do controlador do avión lanzamisiles, isto non lle saca emoción ao xogo pero seguro que pensaredes, “ así que copiando misións éeeeeeee”.

En fin, o resultado é un xogo imprescindíbel para todos, con momentos entrañábeis, momentos de odio, e sobre todo, momentos de diversión, xa que esa media ducia de horas estaredes sen sacarlle ollo ao pantalla, asegúrovolo.

Análise de Assassin´s Creed : Bloodlines

Por: Sábado, 28 de Novembro de 2009, 12:19 COMENTAR

portada ACBloodlines Altair pásase a formato portábel nunha aventura que enlaza bastante ben o primeiro título co segundo, pero no resto dos apartados como anda?, pois continuade lendo.

O máis salientábel que debemos mencionar é a xogabilidade , xa que é un calco da versión maior, polo que poderedes realizar todas esas técnicas que tan famoso fixeron ao xogo de Ubisoft, como escalar paredes, saltos de fe, equilibrio sobre delgados paus, etc. Este feito ten unha característica moi grande, e non é outra que a sensación de grandiosidade que nos da o xogo unha vez inmersos nel.

ACb 1

Pero vaiamos ao máis importante, a diversión. Se no primeiro Assassin´s , a monotonía invadía todo o videoxogo cunha reiteración de tarefas total, desta volta queren cambiar un chisco este feito, e xa non nos obrigan ás típicas misións de observación, roubar, buscar obxectivo, perseguir e asasinar ( con estas cinco cousas podemos rersumir a primeira parte sen ningún problema ), agora mándannos obxectivos máis claros e directos, é dicir, seguiremos visitando os refuxios dos asasinos e alí encomendaranos unha misión, ben sexa de aliminación, de búsqueda, etc, pero só de unha en unha, algo que se agradece nunha portábel. Este detalle fai que o título non decaia en ningún momento, porque ademáis, temos que engadir que o camiño está remarcado en todo momento polo que non vos perderedes nunca, cousa que algúns gustará e a outros enfadará, pero personalmente paréceme un punto acertado, xa que non estamos ante un gran xogo o que desfrutar cada segundo, entretén , pero cos seus límites, por iso está ben que che dean unhas pautas xa marcadas.

acb2

Seguirémonos atopando con pequenas misións secundarias, que accederemos a elas despois de subir a todas as atalaias que atopemos no noso camiño. Decir que tanto o número de atalaias como o de misións secundarias reducíronse drásticamente, e volvo repetir por se alguén non se dou de conta, drásticamente. Se a isto lle engadimos que a dificultade é propia de calquera rapaz de cinco anos, e detalles como o de contar con todas as armas e movementos desde o principio da aventura, fai que pasemos o xogo nun abrir e entrepechar os ollos.

Claro fáltame por falar dun apartado clave para moitos, o apartado técnico. Pois debemos resaltar dúas partes, a primeira é a inaceptábel e desprestixiosa calidade das secuencias de vídeo, son tan malas, tan malas que moitos meteredes os dedos na boca para vomitar. Non me explico como foxeron isto, as mans son muñóns, hai veces que os ollos non se ven de tanto píxel, resumindo, que non desentonaría na DS, pero na PSP…A segunda parte é o que vemos mentres xogamos, cunha calidade moito maior sen dúbida, aínda que as cidades carecen da moita xente, teñen un nivel bastante aceptábel, con gran cantidade de edificios ( case todos eles para escalar ), diferentes ambientacións, desde un porto ata ao interior dun edificio real, etc. Pero outro detalle co que sobraría de argumento para darlle uns paus ao de Ubisoft, por que, aparece en todo o xogo esa neboíña típica dos xogos antigos?, é realmente incómoda, sobre todo cando estás buscando as moedas ( as moedas son o equivalente aos estandartes no anterior título ).

acb3

Como vedes, o apartado técnico ten varios e fortes fallos, cousa que non pasa na dobraxe, que volvemos ter a voz do anterior Altair ( home, só faltaría que a cambiasen…), ademáis auséntase por completo estos alti-baixos da voz dos protagonistas, intolerábeis, que aparecen en varios títulos.

Resumindo, o tempo que xoguei ( o pouco que me levou pasalo ), non me aburrín, pero quizáis foi por esta escasa duración, que pasaría se durase o dobre?, pois supoño que me aburriría coma un can, xa que tampouco había moita diferenza de misións, e o título non é o suficientemente atractico como para alzalo no podium.

Análise de Jak & Daxter: The Lost Frontier

Por: Domingo, 15 de Novembro de 2009, 14:03 COMENTAR

portada jak 4

A mellor saga de plataformas da PS2 volve cunha cuarta parte mantendo as cualidades que o lanzaron ao estrelato, pero acompañado de demasiadas naves voadoras ao máis estilo Ratchet. Plaxio?, imitación,?, copia?, non sei, pero prefería os vehículos de sempre.

Empecemos polo principio, o xogo saíu simultáneamente para a PS2 e PSP, pero supoño que as dúas serán idénticas, xa que a versión que probei eu é a portábel, e o nivel gráfico mantívose fiel ao que nos tiña acostumado nos seus anteriores títulos.

jak 4

Como sempre, o Eco escuro está facendo estragos e acabando con todo o Eco verde, e para remedialo teremos que poñernos na pel de Jak , acompañado constantemente polo seu compañeiro Daxter, e ir resolvendo misións, que básicamente se traducen en conseguir artefactos custodiados por “terríbeis criaturas”, atravesar niveis pragados de inimigos, e como decía anteriormente moitas fases enriba da nosa nave, na que teremos que abatir ao resto de voadores. Non me malinterpretedes, o control das nabes teñen un control impresionante ( como o resto de movementos do protagonista ), pero non lle pega a Jak tanta nave, e tanto disparo enriba destas.

Por suposto, non todo é naves, e nas fases a pe son nas que verdadeiramente vemos o que nos gusta, un Jak a tiros con todos o sorteando os perigos do terreo. Avanzaremos disparando a todo o que se mova, e aínda que desta aventura non se poderá convertir en Jak escuro, sí poderá usar diferentes poderes precursor, desde un escudo, relantización do tempo, teletransporte, … e máis habilidades que lle dan orixinalidade ao xogo, e que nos axudan a realizar correctamente os ( pouquiños ) puzles que atopamos. Voume reiterar, pero é merecente resaltar o apartado técnico , empezando polo alto nivel gráfico e rematando pola banda sonora, sobretodo na dobraxe, tan boa como nos teñen acostumado anteriormente.

jak 4 2

Pero ten un erro bastante grave, a escasez de escenarios. Se na primeira aventura ( para moitos a mellor ), estabamos nun mundo máis ou menos aberto, na segunda ( para mín a mellor ), estabamos nunha cidade en declive, na terceira o núcleo da aventura principal era unha especie de oasis, nesta última, a nosa casa, refuxio, ou como lle queirades chamar é unha nave ( que raro é ?) na cal teremos que elixir o noso destino, e só hai cinco, creo recordar. Por suposto, pasaremos varias veces por eles, e cada vez que pasamos ábresenos novos camiños, pero estaría moi ben engadir bastantes máis niveis, e así non faría falta repetir paisaxes.

jak 4 1

Outro detalle que boto de menos é o monopatín voador que apareceu na segunda entrega, como me gustaba este artiluxiu, e que ben lle quedaría nesta última entrega para sortear e atravesar os escenarios. Tamén rebaixaron o enfado do protagonista ( os que somos seguidores desta saga recordamos con emoción cando se enfadou Jak e se transformou en Jak escuro ), pois nesta cuarta entrega este enfado aliviouse de forma esaxerada, e añinda que pareza un detalle irrelevante, sempre ofrece máis emoción ao xogador. Para compensalo, nun par de escenas será Daxter que se transforme nun monstro escuro, pero son fases de recheo, que non ofrecen nada verdadeiramente rechamante.

Así, como seguidor desde o inicio desta saga, causoume unha grata sorpresa poder volver controlar a estos dous personaxes, pero tamén son moi consciente de que é a peor entrega de Jak, e sigo decindo que como a segunda parte, ningunha.

Análise de Obscure : The Aftermath

Por: Venres, 30 de Outubro de 2009, 14:23 COMENTAR

obscure 1

Despois de que esta saga de terror aterrizase en PS2 sen facer moito ruido, pero dando grandes alegrías a todos aqueles que o probaban, agora podemos probar o terror de Obscure desde a PSP, e desde logo, o resultado é do máis satisfactorio .

Aqueles que xa coñecedes os predecesores, xa saberedes que controlamos a un grupo de estudantes, que terá que sobrevivir a todo un elenco de monstros mutados polo veleno dunha planta. En todo o videoxogo controlaremos a un destes estudantes que estará acompañado continuamente por algún dos seus compañeiros, coa posibilidade de controlar ao noso acompañante con só pulsar un botón. Isto conleva unha maior variedade de situacións, xa que cada protagonista ten unha habilidade diferente, ben sexa de forzar pechaduras, forza, axilidade, investigación, etc, o cal nos obriga a escoller ben os “alumnos” que controlemos para sortear os puzles que atopamos na aventura ( algún deles do máis entretido , debo engadir ).

obscure 2

Así, con esta xogabilidade deberemos avanzar por diferentes escenarios, ben sexa o propio instituto, un pequeno bosque, atravesaremos un lago … eso si, como o propio nome indica sempre será de noite, detalle que serve para engadir maior terror ao título.

Pero o que realmente chama a atención de Obscure é o seu xenial apartado técnico, cunha perspectiva en terceira persoa ( seguindo a línea dos antecesores ), vemos na pantalla da PSP uns personaxes grandes e detallados, ademais , en determinadas ocasións a cámara está fixa para darnos uns ángulos máis espectaculares ( tranquilos, os que nos vos gusta controlar a cámara poderédelo facer na maior parte do xogo ). Mención especial aos interiores, que son do máis impresionante que se víu na portábel de Sony, non só pola enorme cantidade de cousas que podemos atopar neles, se non polos detalles que teñen, efectos de luz ( sobre todo cando atravesa pola xanelas ), e moitos outros pequenos detalles que fan que no conxunto sexa espectacular. Por desgraza, os exteriores non están ten coidados, que sen ser malos, non chegan a sorprender tanto. Con relación aos inimigos, só unha pega, a pouca variedade que nos atopamos ao longo da nosa aventura, que aínda por enriba non son demasiado difíciles de vencer, cousa que non axuda á duración do videoxogo, que sen ser curto, déixanos con ganas de máis.

obscure 3

A verdade, é que hai que recoñecer que a tensión que nos provoca esta aventura é constante, xa que na maioría das veces iremos armados con simples bates, paus, etc ( as balas nas armas de fogo escasean ), que non nos ofrecen moita seguridade ante os monstros que nos atopamos, e se a isto lle engadimos unha banda sonora moi aceptábel, xunto con efectos sonoros constantescomo pasos que te poñen alerta pero que non che indica por onde virán os inimigos, ruidos inclasificábeis, berros ao lonxe… que fai que avances con precaución.

Aclarar que non estamos ante un xogo infantil ( supoño que xa se sabía ), porque hai escenas realmente duras, avisados quedades ( a que agora tedes máis ganas de probalo?, que morbosos sodes… )

Para rematar, decir que podemos completar toda a aventura por modo inalámbrico de forma cooperativa, o que fai que a diversión se multiplique por infinito, unha pena que non supoña ningún reto darlle fin a este videoxogo.

Se podedes, deberiádelo probar, que coa boca ben aberta podo decir que está á altura do Silent Hill, incluso me atrevo a dicir que me gustou máis este Obscure que o mencionado, será polo aumento da acción ?, polo cooperativo dos personaxes ?, ou un pouco de todo?, o que podo decir é que foi unha grata sorpresa poder pasar este título, que sen facer moito ruido nin moito hype ( cousa que se agradece ) fíxome pasar unhas horas do máis entretidas.

Desafortunado contacto con Gran Turismo Mobile

Por: Domingo, 25 de Outubro de 2009, 14:15 COMENTAR

portada gran turismo Non veño aquí facer un análise do xogo, porque non o rematei, non cheguei ao final, e mentras non se exprima un xogo ata o seu clímax final non se debe facer unha crítica formal, así que, voume adicar a explicar o por que do meu abandono cara un xogo que se leva falando del desde anos.

Unha vez que encendes a consola e cargas o título, atópaste coa típica secuencia espectacular, cousa que deberías desfrutar pero non confiar, porque na maioría dos casos , este vídeo introductorio supón a fin da calidade do resto do xogo. É cando rematas de ver esta introdución cando realmente te atopas co real do xogo, cunha interface seria e adulta que che fai prever a enorme calidade que emite o título.

Como sempre, ou polo menos no meu caso, diríxome ao apartado de tutoriais para afacerme ao control, movementos, trucos, etc. A miña valoración ?, a saga continúa no seu punto ( algo que se agradece ), cunha xogabilidade doada de manexar pero extremadamente difícil de perfeccionar ( e isto deberíase facer para desfrutar completamente de calquera título de Gran Turismo ). Aínda que poñéndonos “quisquillosos” , case me atrevería a decir que rebaixaron un chisco a dificultade en relación con xogos anteriores. O apartado técnico está ao nivel que todos esperaban,  é decir, moi alto, sen relantizacións ( polo menos ata onde xoguei eu ), detallados escenarios e coches que simulan a realidade de forma moi correcta. O problema do apartado técnico, o de sempre, ausencia de sistema de danos, que aínda que o queren remediar no Gran Turismo 5 ( cousa que dubido como se amosa neste vídeo ), neste aínda teremos que ver como o coche queda intacto despois dun golpe contra algún muro de protección, parede, árbore, ou o que sexa. Con respecto ao apartado sonoro ten algo ao seu favor, e é a posibilidade de escoitar as nosas cancións que temos gardadas na memoria da PSP mentras competimos nalgunha carreira.

Pero todo isto para que?, pois para nada, porque peca no máis elemental, no obvio , no que menos pensei que podería fallar un xogo destas características, e refírome á ausencia total de Modo Carreira. Como merda poden facer isto ?, en que están pensando?. A única especie de Modo Carreira é o tutorial, xa que tes que ir avanzando e realizando as probas que che indican, como adiantar a tantos vehículos nunha soa volta, aplicar un rebufo para realizar un adiantamento, e miniprobas similares que non substitúen de ningunha maneira a un Modo Carreira decente. A parte disto danche a posibilidade de realizar carreiras independentes, ben sexan de contrarreloxo, carreira normal contra outros catro competidores ( cunha intelixencia artificial limitada ) ou derrape.

E como queren que nos enganche este xogo sen un modo Campeonato como sería normal?, é decir, emprezar desde cero e ir competindo pouco a pouco contra outros mentres a dificultade se acrecenta progresivamente. Isto sería o máis normal, pero nada…

Pero o que non comprendo é porque a pesar disto, este título segue recibindo expléndidas críticas de case todos os medios, e se o propio título non incita ao xogador a continuar, como queren que sexa un bo xogo ?. A miña decepción foi tal que deixeino de xogar ás poucas horas vendo como o aburrimento invadía o meu organismo.

É fodidamente imperdoábel o que fixeron, eu non o paso por alto e ninguén debería, que por moita fama que teña a saga Gran Turismo hai que saber cando fan “chapuzadas” e cando non, e a sobrevaloración nos videoxogos está á orde do día, pero eu intento alonxarme desta tendencia, polo que xa debedes saber a que apartado vai ir parar este Gran Turismo Mobile.