Protestas contra Call of Duty Black OPs

Por: Martes, 28 de Decembro de 2010, 20:34 1 COMENTARIO

A saga Call of Duty sempre foi símbolo de calidade e bo facer, pero agora, parece que a ovella negra da familia, Black OPs para PS3, está a votar por terra toda a súa ben merecida fama.

Nesta páxina podes atopar unha petición de sinaturas para demandar que che devolvan os cartos pola chapuza de xogo que fixeron: bugs, colisión onde non corresponden, e un sinfin de queixas é o que acumula este xogo.

Polo de agora xa van 15090 sinaturas. Cantas será preciso alcanzar para que lles devolvan os cartos? O máis inexplicable, por que non sucede o mesmo na versión da Xbox?

call-of-duty-black-ops-logo

Worms Battle Island

Por: Martes, 21 de Decembro de 2010, 16:03 COMENTAR

Sen dúbida algunha, os Worms foron un dos xogos máis divertidos que podías atopar na SNES ou na Playstation, no entanto, os diferentes intentos de Team-17 por intentar adaptalos os novos tempos nunca tiveron un bo resultado. “Worms 3D”, “Una Gusanodisea espacial” e outro sen fin de títulos, tentaron recuperar a gloria perdida que no daba voltado. Agora, tócalle o turno a Worms Battle Island tentar recuperar ese título perdido.

O primeiro que nos fai dar conta de que non vai ser posible é o seu apartado gráfico. A única forma de describilo é anacrónico, os gráficos de este xogo son dignos dunha Playstation ou unha Nintendo 64 máis que dunha consola de esta xeración. Se ben son correctos, aprécianse claramente un desfase  para correr nunha nova consola e unha ausencia de progresión bastante evidente.

A música e os sons seguen na mesma liña cos gráficos, divertidas, amenas e unhas voces cheas de frases de pánico e gritos de alarma que son para partirse; pero, outra vez, nada que non viramos nas anteriores entregas.

Canto á xogabilidade, aí é onde este xogo non ten rival. É divertido a raiar, sobre todo se xogamos con algún amigo, cousa que dende xa podemos facer de maneira online, que era unha das grandes carencias de “Una gusanodisea espacial”. A pesar diso, o modo para 1 xogador faise pouco variado, e bótase de menos alguns modos máis.

Así pois, é un xogo dificil de recomendar ou descartar, xa que, se xogas con amigos e estas familiarizado coa mecánica, terás asegurado horas de diversión, máis se buscas un xogo novedoso o para xogar ti só, podes esquecelo xa que posiblemente acabaras canso nuns poucos días, e máis, se xa xogaches as versión anteriores.

Just Dance 2

Por: Xoves, 16 de Decembro de 2010, 13:29 COMENTAR

Just Dance foi uns dos títulos revelación da wii do ano pasado. Canción pegadizas e un sinxelo modo de xogo facíalo asequible para todos os públicos e ademais, indispensable en todas as festas familiares. Agora, Ubisoft lanza unha secuela do título que tenta calar tan fondo como o seu predecesor.

Just Dance 2

A continuidade é algo que marca profundamente este título. Repite mecánico de xogo, iso é, facer uso só do wiimote para imitar os movementos de baile que uns personaxes fan na pantalla o ritmo da música.

Dentro do bloque de novidades, o que máis destaca e o xogo con varios compañeiros, xa que dende xa podemos desfrutar do modo coreografía, no que cada un de nós terá que facer diferentes movementos, dándolle algo máis de variedade e facendo as partidas moito máis amenas.

Ademais, Ubifsoft incluido unha tenda online na que poderemos mercar novas cancións para o xogo, o prezo, eso sí, un pouco caro para o meu gusto e que fará que soamente nos descarguemos aquelas que nos podian gustar moito. Ademais, bótase en falta un modo online de xogo e un modo de para un xogador, xa que, como o anterior Just Dance, carece de un modo historio ou dun modo reto. Quizais estivese mellor se se poidesen conseguir segredos ou desbloquear máis modos de xogo.

A todos aqueles que xa posúan un Just Dance, non lles recomendaria mercar esta nova edición xa que non aporta nada máis alá das cancións (e para iso tampouco son grande cousa), para todos aqueles que non teñan na súa videoteca algún arcade de baile, está é unha boa oportunidade para facerse cun dos mellores para wii.

http://www.youtube.com/watch?v=DL6wvdbz4Zs

Análise Donkey Kong Returns

Por: Martes, 14 de Decembro de 2010, 17:41 COMENTAR

Por fin, despois de moito agardar, chegou unha nova versión do simio máis famoso que hai no mundo dos videoxogos.

Donkey Kong Country Returns

Despois de percorrer un camiño cheo de éxitos na SNES, na GC e no mundo portátil, chega por fin unha versión do famoso Donkey Kong Country para as consolas de nova xeración. Estarán os novos programadores á altura de Rare?

O primeiro cambio que atopamos  é, como non podía ser doutra maneira, a nivel gráfico. Donkey e Diddy deixan atrás o mundo dos sprites e dos escenarios renderizados e dan paso a un novo mundo en 3d, moi colorido en xeral pero que nalgunhas fases peca de simplón e deixa a sensación de que podía facerse un pouco mellor. Xunglas, minas, fases nevadas ou praias tropicais en pleno atardecer son as paraxes que terán que percorrer os nosos simiescos amigos se queren chegar a bo porto.

A nivel musical este xogo continúa coa tradición da saga. A maioría das melodías resultaran familiares aos incondicionais das aventuras deste gorila, dende a música do comezo ata moita das musicas que nos acompañaran o longo de todos os niveis. As reminiscencias a xogos pasadas son inevitables. O nivel musical e óptimo, e prácticamente imposible atopar un acompañamente mellor.

E agora entramos por fin na xogabilidade, o seu auténtico punto forte. O xogo é un plataformas clásicos de saltar e avanzar para chegar o final, pero, ademais, cada nivel está pragado de segredos, xa que debemos atopar as letras necesarias para formar a palabra KONG, pezas de puzzles e moedas, que fan obrigatorio ter que volver a percorrer todos os niveis se queremos obter o 100% no xogo. Ademais, para logralo, deberemos combinar de manera axeitada as habilidades de Donkey como son golpear no chan coas palmas, rodar como unha bola; e as de Diddy , voar durante un pouco e disparar plátanos.

Como non podía ser doutra maneira nun xogo de Nintendo, podemos disfrutar desta aventura axudados por un amigo otorgándolleo o xogo unha nova dimensión xogable, pero sen dúbida bótase de menos algunha modadilade a maiores, como por exemplo no Super Mario Wii, na que poidesemos disfrutar de algún reto que non se tratase do simple cooperativo.

Como conclusión, o xogo é unha compra recomendada para todos os incondicionais das plataformas ou do mono de Nintendo. E un xogo longo, rexogable e cheo de secretos que custará moitas horas ata que lle saquemos todo o que pode dar de si. Sen dúbida algunha, esta destinado a ser unha das compras obrigatorias de Nintendo para este Nadal.