Fai un ano a idea da realidade virtual nos videoxogos soaba desfasada ou de película dos 90. Nese momento Id Software anunciou que un dispositivo de realidade virtual sería compatible co seu novo título Doom BFG Edition. O prototipo chamou a atención dos asistentes e Oculus Rift soou como unha promesa de futuro.

Pouco despois da súa demostración no E3 de 2012, a compañía presentou o seu proxecto en Kickstarter para conseguir 250.000 dólares, en catro horas a suma desexada xa se alcanzara e un mes despois chegou aos case dous millóns e medio de dólares. Este diñeiro foi empregado na creación de kits para desarrolladores e para os inversores, que foron enviados entre marzo e maio. Este pasado mes de xuño o seu capital aumentou coa inversión de 16 millóns de dólares adicionais por parte de Matrix Partners, Spark Capital, Founders Fund e Formation 8.

Os kits para desarrolladores deron moito de sí na Rede, na que apareceron análises e impresións xerais. Os creadores xogaban coa tecnoloxía que Oculus Rift lles permitía, pero continuaban os problemas. A baixa resolución, 640×800, era un dos problemas principais que se compensaba pola incrible percepción dos movementos da cabeza. Valve anunciou hai tan só unha semana que a nova actualización da súa ferramenta, Source SDK 2013, sería compatible co desenvolvemento de realidade virtual vía Oculus Rift. Non é de estrañar, xa que Newell (presidente de Valve) foi sempre un defensor da iniciativa.

A análise feita por Tested en marzo sobre estes primeiros kits é moi interesante, ademáis de divertida, e cun inglés bastante entendible que sempre se agradece:

No último E3 o público esperaba ver as melloras do dispositivo. O cambio principal e máis importante foi a actualización das súas pantallas sendo agora en alta definición. Por outra parte, o máis esperado foi probar o EVE EVR, o xogo multixogador de pelexas espaciais (no universo de EVE Online) e a tecnoloxía de Oculus Rift unidos. O xogo xa creara expectación no EVE Fanfest e non deixou a ninguén indiferente. Intensidade na acción, detalles na cabina, o noso corpo pilotando a nave… Mellor velo por nós mesmos:

Aínda que as compañías todavía non puideron botarlle man ao novo prototipo de alta definición, o equipo Oculus confía que non haberá problemas coa adaptación. Non esquecen que os retos son moitos para o novo sistema. Non se trata tan só de ser compatible con videoxogos xa creados, senón crear xogos específicos para este novo dispositivo que exploten ao máximo as súas capacidades. Un dos nomes destacados é “The Gallery: Six Elements”, un xogo herdeiro espiritual da saga Myst. Sen dúbida, os xogos de exploración e survival teñen moito que mirar en Oculus Rift. Mentres tanto, xogos como The Elder Scrolls V: Skyrim, os dous Portal ou Dear Esther son compatibles total ou parcialmente con esta realidade virtual. Ironicamente, o Doom BFG Edition non está nesa lista.

Nun futuro non moi lonxano, a versión comercial do Oculus Rift (versión 2.0) estará nas nosas tendas. Nese momento poderemos xulgar a calidade da inmersión e da experiencia que nos proporciona. Aínda que algúns cren que o maior reto de Oculus Rift é superar a sensación de ridículo:

 

 

steam_trading_large_verge_medium_landscape

A compañía norteamericana Valve estendeu a todos os usuarios o acceso aos cromos Steam, tamén coñecidos como Steam Trading Cards. Os cromos Steam son cartas virtuais que os usuarios poden obter xogando. A compañía anunciou que hai 30 xogos nos que se poderán obter estas cartas, incluíndo máis cada semana. Algúns dos nomes son coñecidos por todos como Team Fortress 2, Super Meat Boy, Dota 2 ou Counter Strike: Global Offensive. No caso de completar unha colección de cromos, o usuario ten a opción de crear unha insignia para o seu perfil Steam. Estas insignias distínguense do resto porque poden desbloquear contidos exclusivos como fondos de perfil, emoticonos ou cupóns.

Este novo aspecto da plataforma está directamente relacionado co novo cambio de “look” do perfil de usuario. A actualización céntrase máis na actividade do usuario dentro da comunidade e os videoxogos aos que adica o seu tempo. Inclúe ademáis a opción de elixir o que se quere mostrar no perfil: logros, xogos favoritos ou mods creados, interrelacionando todas as características de Steam.

12

Un cambio fundamental é a inclusión dun sistema de niveis e un indicador de experiencia estilo RPG. Cada insignia conseguida por Steam aumenta puntos de experiencia. Estas insignias poden conseguirse participando en eventos e ventas, coleccionando cromos ou disfrutando dalgunhas das outras opcións da comunidade Steam.