judgment 2

Epic Games non quere deixar de exprimir a saga que revolucionou os shooters desta xeración e da man de People Can Fly chéganos a cuarta entrega de Gears of War, abandonando a Marcus para narrarnos unha historia anterior aos acontecementos da triloxía orixinal.
Isto é o que deberon pensar os seus creadores á hora de enlazar a historia:

Guionista 1: Que historia queremos narrar aos fans?

Guionista 2: Que vos parece se facemos unha precuela da historia orixinal e así temos camiño libre para contar calquera tontería baseándonos na xogabilidade, que ao fin e ao cabo é o que nos interesa vender?

E así é, porque sendo un fan da saga, seguidor dende a primeira entrega, non podo deixar pasar unha historia tan mala e tan mal contada na saga.

Ler o resto da entrada »

Metal-Gear-Solid-Legacy

Parece que os rumores estanse cumprindo, xa que Konami acaba de confirmar a saída no continente americano de Metal Gear Solid: The Legacy Collection para este mesmo verán.

A mencionada recopilación (ninguén quere deixar de explotar os seus xogos clásicos) incluirá:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: VR Missions,Metal Gear Solid 4: Trophy Edition e as dúas novelas gráficas de Ashley Wood.

Se a isto lle engadimos que o Metal Gear Solid 3: HD Edition inclúe Metal Gear e Metal Gear 2: Solid Snake, temos un pack da saga bastante completiño non?

Por certo, aínda non se sabe o prezo desta colección, nin sequera está confirmado que chegue ao noso continente, pero só é cuestión de tempo.

Sly Collection para PS Vita?

Por: Domingo, 21 de Abril de 2013, 17:42 COMENTAR

Sly-Cooper-Collection-logo-feature

A ESRB norteaméricana acaba de listar, aparentemente, Sly Collection para a PS Vita, igual que fixeron coa triloxía de Jak & Daxter.

O xogo incluiría os tres títulos saídos na PS2 remasterizados como xa o fixo na PS3.

Primeiros detalles sobre The Evil Within

Por: Domingo, 21 de Abril de 2013, 17:34 COMENTAR

The-Evil-Within_2

Despois de que Bethesda anunciase o xogo encabezado por Shinji Mikami baixo o nome de The Evil Within, agora comeza o contagotas a funcionar salpicándonos con pequenas doses de información.

O título correrá mediante o motor gráfico Id Tech 5 para sumerxirnos aínda máis nunha atmosfera claustrofóbica e meteranos na pel dun detective chamado Sebastian, que despois de achegarse a un escenario dun crime vese atrapado por unhas forzas extraordinarias nun mundo de pesadelos.

Como bo Survival Horror a falta de recursos, a escuridade e os seres malignos estarán presentes en todo momento, mais as trampas teñen unha importancia moi relevante no xogo, tanto á hora de sobrevivir como de combater.

Tamén quixeron recalcar que os escenarios transformaránse á medida que nós vaiamos tomando decisións, o que fai que dúas partidas non sexan iguais.

A verdade, a historia paréceme un tópico, mais o emprego e importancia das trampas gústame como recurso. Só queda ver exactamente a que se refiren. Tempo ao tempo.

En que castelo estará?

Por: Sábado, 20 de Abril de 2013, 18:37 COMENTAR

noutro castelo

Sempre estará noutro castelo

Fonte | Nathan Davis

Vía | Insanely Gaming

Así é a carátula de Beyond:Two Souls

Por: Sábado, 20 de Abril de 2013, 18:17 COMENTAR

beyond-472x600

Os polémicos Quantic Dream traballan en Beyond: Two Souls, que despois da boa crítica de Heavy Rain seguro que ten a máis de un impaciente.

jak-trilogy

Naugthy Dog estreouse na PS2 con Jak & Daxter: O legado dos precursores, unha mestura perfecta entre plataformas e aventura que cautivou a millóns de xogadores grazas á súa estética, humor e diversión nunha aventura excepcional.

Jak II presentouse como unha aventura máis seria, máis adulta, nun sandbox que nos daban liberdade absoluta para realizar as misións, centos de ítems ocultos, minixogos…enorme.

Jak 3 pechou unha triloxía por todo o alto, co desterro do propio protagonista e a supervivencia do mesmo nun escenario árido.

Tres xogos sublimes, tres xogos que chegaron reeditados á PS3, mais que despois dos rumores que sairon semanas atrás, confírmase que estos tres xogos chegarán remasterizados á PS Vita, con minixogos adaptados ao control da portábel e trofeos complementarios cos de Playstation 3.

Non dou expresado as ganas que teño de volver superar as tres aventuras, mais o que si que é seguro é que terei que agardar a xuño, mes da súa saída.

(Imaxes exclusivas de IGN, e amosan máis información do xogo que o propio tráiler)

Ao mellor o nome de Shinji Mikami non vos di nada, mais se vos digo que é o pai de títulos como Resident Evil ou Devil May Cry comezades a comprender a expectación que está provocando co seu novo proxecto.

Bethesda foi a que sacou á luz o anuncio do seu próximo videoxogo, The Evil Within, un título non apto para menores de idade e que promete sustos e medo por partes iguais.

Estas foron as palabras de Mikami:

No noso equipo estamos centrados en crear unha nova franquicia que proporcione aos fans o equilibrio perfecto entre terror e acción.

Tamén confirmou que The Evil Within sairá en 2014 para PC, Xbox 360,PS3 e consolas de próxima xeración.

No día de onte celebrouse o Nintendo 3DS Direct e aínda que se anunciaron varios títulos, sen dúbida o máis salientábel foi a presentación da segunda entrega do xenial xogo The Legend of Zelda: A Link to the Past.

Esta será unha aventura completamente nova, unha secuela con novos puzzles, novos escenarios e novas posibilidades xogábeis, entre as que destaca a posibilidade de fusionarse coas paredes para acceder a novas zonas, algo que sen dúbida traerá unha alegría a todos.

O título traerá uns gráficos coloridos e en 3D para explotar a potencia da consola, aínda que non é algo que busquemos todos os fans da saga, sabémolo todos.

Este novo The Legend of Zelda non chegará ás tendas até finais deste ano en formato físico e dixital. Agardemos.

Microsoft intenta resucitar á serie Heroes

Por: Xoves, 18 de Abril de 2013, 15:54 COMENTAR

Heroes-S3-Wallpaper-heroes-2273650-1280-800

Parece ser que o de que Microsoft apostará por todas as canles multimedia na próxima xeración é certo, tanto que segundo a páxina TVLine, Microsoft está negociando para “reiniciar” a serie de Heroes para emitila nunha das súas canles de TV.

A idea sería volver á serie con novos persoaxes e novas historias, aínda que con cameos aos protagonistas principais.

Isto pon á compañía americana no punto de vista de todos os seguidores de videoxogos. Están dar máis importancia a recursos fóra dos videoxogos para vender? É un paso máis (e excusa) para manternos conectados á rede? Cal é exactamente a estratexia que está levando Microsoft?

Seguiremos atentos ás próximas declaracións.

Gañadores dos Xbox Entertainment Awards

Por: Mércores, 17 de Abril de 2013, 15:15 COMENTAR

Xbox-Entertainment-Awards

Mellor Xogo – Call of Duty: Black Ops 2
Mellor Xogo Familiar – Kinect Sports Ultimate
Mellor Xogo de Xbox LIVE Arcade – Minecraft: Edición Xbox 360
Mellor Expansión / DLC – Call of Duty: Black Ops 2 – Pase de Tempada

ARMA3

Despois dos rumores que situaban ao título ArmA 3 nas consolas de mesa da próxima xeración, os seus desenvolvedores quixeron deixar claro que non será así:

ArmA 3 é un xogo exclusivo de PC, e non temos outros plan