Até Mario ten pesadelos
Vía | Insanelygaming
Despois de que Nintendo anunciase que non estaría presente no próximo E3, dan un pasiño atrás e hoxe confirman que terán un pequeno evento na feira máis importante de videoxogos.
Este evento estará encabezado por Shigeru Miyamoto e Reggie e traerá o título de “Ven xogar connosco”. Aínda que o título non augura nada bo (ningún anuncio importante, ningunha novidade…) temos que ter presente que estarán dúas das cabezas máis representativas de Nintendo, os cales poderán sorprendernos con algo. Imos ter que agardar.
Nintendo sabe que neste E3 os grandes protagonistas serán Sony e Microsoft coas súas novas consolas, polo tanto queren manterse a un lado pero sen que ninguén se esqueza deles.
Será esta unha boa estratexia?
Super Mario con técnicas de Street Fighter?, con poderes de Son Goku? en escenarios de Metal Slug? Todo isto e moito máis.
Vía | Anaitgames
Despois dunha longa espera por fin se confirma a segunda entrega de Plants vs Zombies, o famoso xogo de defensa no que tiñamos que facer fronte a un exército de zombis coa única axuda dunhas plantas.
Plants vs Zombies 2: It´s About Time chegará ao longo de xullo, así o demostra Pop Cap nun teaser tráiler no que non nos amosa absolutamente nada do xogo, aínda que si bastante divertido.
Esperemos saber día exacto e plataformas, aínda que case seguro estará presente para todas as actuais,IOS,Android,PSN,XBLA, etc.
Nintendo quere que aumente o éxito da súa Wii U e para iso pretende dar un paso bastante considerábel, que a súa nova consola de sobremesa sexa compatíbel con títulos de telefonía móbil.
Co éxito destes xogos é normal que Nintendo estea camelando aos desenvolvedores de telefonía para que se fixen na Wii U. A idea sería modificar certo software da consola para que os desenvolvedores poidan levar os xogos á Wii U sen demasiadas complicacións.
A ver se con este movemento Nintendo aumenta as súas ventas, seguiremos informando.
Así o dixo o director creativo de Assassin´s Creed IV: Black Flag, Jean Guesdon con relación á postura de Ubisoft a sacar un título desta saga cada ano:
Creo que xa demostramos que esta franquicia é relevante e que ten un longo camiño que percorrer. O noso traballo como desenvolvedores desta nova obra é a de sorprender aos xogadores e ofrecer ideas novas, frescas e, ao mesmo tempo, asegurarnos de que o que fai de Assassin’s Creed unha saga que sobresae seguirá intacto”.
Persoalmente non son moi fan desta saga, xa o deixei claro neste artigo de opinión, o que me leva a seguir dubidando moito nestes xogos, porque quizáis deberían pensar máis na xogabilidade e distribución de misións que en cambiar de localización en cada título, pero en fin, que saberei eu…
No día de onte confirmouse oficialmente a próxima entrega da famosa saga de Call of Duty, baixo o sobrenome de Ghosts.
Un movemento arriscado tendo en conta o éxito de todos os Modern Warfare,mais desta volta parece ser que a innovación chamará á porta desta saga FPS.
Pero non rematan aquí as novidades, xa que a desenvolvedora Sledgehammer Games, que traballou en cooperativo con Infinity Games na terceira entrega de Modern Warfare non estará presente neste novo título.
Parece ser que está involucrada noutro proxecto do que aínda non se sabe absolutamente nada, mais todo parece apuntar que estará relacionado con Call of Duty.
Polo de momento quedámonos co teaser de Call of Duty: Ghosts e agardaremos a que o 21 deste mes amosen algo máis na conferencia de Microsoft.
A sorpresa do día vén da man de Insomniac Games a cal acaba de anunciar de forma oficial que no 2015 teremos un filme sobre Ratchet e Clank, unha das grandes parellas da anterior xeración (con permiso de Jak e Daxter).
O primeiro que se agradece é que será unha longametraxe completamente de animación (sabemos que os filmes sobre videoxogos con persoaxes reais non traen cousa boa) e que o seu guionista será T.J Fixman, encargado de escribir os últimos xogos da parella.
Creo que son dous factores que ofrecen algo de luz ao final deste proxecto e que nos fan sentir optimistas. De todos os xeitos teremos que esperar até 2015 para saber en que remata o filme de Ratchet & Clank.
A continuación o teaser tráiler da película.
Unha nova versión de como sería a loita por excelencia dos videoxogos
Fonte | Kent Zonestar
Vía | Insanelygaming