Por se vos esquecedes, mañá tedes un evento que incluso pode traer máis expectación que o propio E3, mañá presentarase ao mundo a sucesora da Xbox 360.
Aaron Greenberg, un dos responsábeis de Microsoft falou sobre este evento e sobre o que nos deparará o E3 por parte da compañía americana.
O certo é que vamos contar unha historia en dous eventos. Vamos comezar o día 21, que será para presentar a nova plataforma Xbox; a nosa visión sobre o futuro dos xogos, o futuro do entretemento. Sen dúbida temos moitas sorpresas planeadas.
A xente poderá botar un gran vistazo ás entrañas do que é crear unha nova plataforma, e o equipo que lle deu vida. Para ser honesto, é en realidade sobre o equipo, a xente que hai aquí.
Por outro lado tamén falou sobre o E3 e a resposta foi alentadora para todos, xa que mencionou que “os xogos serán todo no noso E3, con toneladas de primicias e exclusivas mundiais”.
De momento, se queredes seguir a presentación da nova XBOX poderedes facelo dende Xbox.com e en Xbox Live a partires das 19:00.
Non estades impacientes?