Primeiro gameplay de InFamous: Second Son

Por: Mércores, 12 de Xuño de 2013, 12:59 COMENTAR

Xa temos visto bastantes tráilers desta nova entrega de InFamous para a PS4, mais esta vez é a primeira que vemos o xogo real en movemento.

Como podedes ver o efecto das partículas é impresionante, non tanto a recreación da cidade que esperemos que se compense coa diversión, pero polo que parece espectáculo non vai faltar.

Case todo é destructíbel e podemos observar algúns dos poderes do protagonista, incluído o movemento final.

Botádelle un ollo e comentade o que vos parece.

Por fin, onte ás tres e pico da mañá e cun cuarto de hora de retraso daba comezo a conferencia que máis impacientes nos tiña a todos, a conferencia de Sony e da súa PS4.

Ler o resto da entrada »

e3-2013-ms-600x300

Por se non puidestes ver en directo a conferencia, nin seguido polo noso Twitter, aquí vos fago un breve resumo do que anunciaron os de Microsoft.

Primeiro dicir que sorprende que cumplisen coa promesa de centrarse case en exclusiva na presentación de videoxogos, pero así foi, mais antes de amosarvos os títulos comentarei os poucos aspectos alonxados dos videoxogos que se presentaron.

O punto máis importante: Data e prezo.

Cando pensabamos que nos ían deixar sen esta información, na recta final desvelaron o prezo e data de lanzamento. A Xbox One custará 499€ e sairá en novembro. A verdade, todos os rumores apuntaban a este prezo polo que non sorprende demasiado, outra cousa é se estás disposto a gastalos coas “trabas” que ten, iso é a vontade de cada un.

Outra das noticias que sorprendeu foi o lanzamento dunha nova Xbox 360 máis pequena e delgada. Non anunciaron prezo, áinda que si dixeron que estaría nas tendas dende xa. Está claro que a mensaxe foi que non abandonarán a Xbox 360 así como así, e paréceme un movemento intelixente tendo en conta a sucesora…

Tamén fixeron algunha que outra demostración con tablets e as Smartglasses, mais nada que non fose eclipsado pola presentación de videoxogos que procederei a enumerar.

Comezaron cun tráiler con gameplay do Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, que tamén sairá en Xbox One. Aquí tedes o vídeo, como podedes comprobar dalle máis importancia á liberdade de acción.

Despois disto deron un paso atrás presentando unha serie de xogos exclusivos pero que pasaron totalmente desapercibidos. A medida que vaian chegando os vídeos e tráilers iremos amosándovos máis. Os xogos eran:

Kinect Sports Rivals creado por Rare, World of Tanks que terá unha versión para Xbox 360, Max the Curse of Brotherhood (un plataformes aparentemente infantil), Minecraft coa súa versión para Xbox One, D4 (un título do que apenas se sabe nada pero ergueu aplausos por estar realizado por Swery, creador de Deadly Premonition) e Project Spark (un título de construción que sairá para Xbox One e Windows 8).

Quizais me equivoque mais estes xogos que acabo de mencionar e que penso que a maioría son exclusivos non destacan en comparación cos grandes anuncios que se levaron a cabo e os que vou facer mención a partires de agora:

Un dos títulos que mellor sabor de boca deixou foi Rysen:Son of Rome, título desenvolvido por Crytek e que nos mete na pel dun romano. Non vou dicir nada, abonda con ver o seguinte vídeo.

Outra das sorpresas foi Sunset Overdrive, un xogo dos creadores de Ratchet and Clank no que nos sumerxe na pel dun deportista de parkour pero que á súa vez debe loitar contra todo tipo de bechos. Pinta ben.

Killer Instinct tamén se deixou ver nesta presentación (si, este era o título que rescataría RARE)

O título de condución por excelencia de Microsoft sempre foi a saga Forza e a quinta entrega anunciárona con este gameplay:

Pero se houbo un xogo que levantase expectacións nesta presentación, esa foi Dead Rising 3, e non só porque será exclusivo de Xbox One, senón porque polo que podemos ver será máis serio que as dúas entregas anteriores:

E seguimos con terceiras partes, xa que The Witcher 3 tamén foi anunciado con este vídeo:

Se recordades, no anterior evento de Microsoft houbo un xogo que marcou a todos os xogadores, Quanum Break, pois ben, como era obvio non ía faltar á cita, e non só iso, senón que chega cun tráiler prometedor:

Battlefield 4 tampouco faltou neste evento e aínda que polo que se pode ver o espectáculo intenta primar ante todo, non chega a sorprender, ou polo menos a min.

E como non, o título por excelencia de Microsoft, un novo Halo foi anunciado baixo un enigmático e prometedor tráiler até que se soubo de quen se trataba:

Para rematar a conferencia decidiron amosar o videoxogo de Respawn, baixo o nome de Titanfall, un FPS nun mundo cheo de robots xigantes que deberemos facer fronte. Tampouco destaca demasiado nin innova en ningún punto concreto:

Estes foron os títulos que máis destacaron e que debo recalcar neste pequeno resumo. Non dubidedes en botarlle un ollo. Fáltanme pequenos vídeos que se dexaron ver como de Below (un pequeno videxogo do creador de Sword e Sorcery) ou Crimson Dragon, o desaparecido xogo de dragóns, pero os que xogos que máis van dar que falar nos próximos días son os mencionados.

Preview do E3 2013

Por: Mércores, 5 de Xuño de 2013, 10:00 COMENTAR

e3 outro

Falta unha semaniña para que de comezo o E3 deste ano e os continuos rumores sobre os posíbeis títulos que se presentarán comezan a invadir a rede. En Memoria Pixelada quixemos facer un breve repaso sobre o que agardamos desta feira e achegarvos as opinións dalgúns colaboradores mentres quentamos motores para a cobertura que vos imos ofrecer:

Ler o resto da entrada »

Horarios das conferencias no E3

Por: Luns, 3 de Xuño de 2013, 16:10 COMENTAR

E3-2013

A unha semaniña de que comece o E3 (11 ao 13 de xuño) en Memoria Pixelada informámosvos dos horarios das conferencias máis importantes que se celebrarán aló, no outro lado do océano.

Como saberedes, nesta feira ofrecerán todos os datos que faltan sobre as novas consolas e sacarán ao público xogos novos que prometen sorprender ao mundo.

Se non queredes perder ningún detalle e seguir en directo as conferencias, aquí vos deixo os horarios:

Microsoft: 10 de xuño ás 19:00h.

Sony: 11 de xuño ás 03:00h.

Nintendo: 11 de xuño ás 16:00h (recordade que Nintendo xa anunciara que non será unha conferencia en si, senón un Nintendo Direct como os que xa levan facendo.

Estas son as conferencias das compañías que teñen consolas nos mercado, mais tamén están confirmadas:

Electronic Arts: 10 de xuño ás 22:00h.

Ubisoft: 11 de xuño ás 00:00h

En Memoria Pixelada intentaremos cubrir o maior número de eventos posíbeis e mantervos informados dos anuncios máis importantes. Mantédevos pegados á pantalla, porque esperamos ver suculentas novidades.

Para máis información do E3, no seguinte enlace.

beyond-two-souls-wallpapers-1-1080p

A nova obra de Quantic Dream xa ten data oficial de lanzamento no noso territorio, e será o 11 de outubro cando Beyond: Dúas Almas chegará ás nosas tendas para PS3.

Segundo palabras de David Cage, esta nova entrega é a maior aposta para mesturar cine e videoxogos nun só disco. Se miramos os antecedentes desta compañía podemos estar seguros que será outra obra que capturará a atención dos xogadores.

Aínda quedan uns mesiños de espera, mais son títulos que merecen a pena agardar.

Battlefield 4 chegará o 31 de outubro

Por: Xoves, 23 de Maio de 2013, 16:25 COMENTAR

battlefield 4 1Despois de que anunciaran que esta cuarta entrega tamén chegará á Xbox One, confírmase a data de lanzamento de Battlefield 4, o 31 de outubro.

Para Xbox 360,PS3,PC,PS4 e Xbox One.

xbox one one

Que a nova consola de Xbox decepcionou a maior parte da comunidade de xogadores a nivel mundial xa non é unha sorpresa, e con este panorama enriba da mesa Microsoft debe tomar unha decisión, e estas son as declaracións de Larry Hryb, executivo de Xbox Live:

Estamos estudando coidadosamente o feedback recibido, aínda que despois do E3 a xente estará feliz.

Decisións como as de segunda man ou a conexión a internet obrigatoria están aínda sendo finalizadas, polo que de aquí ao lanzamento da plataforma podería cambiar.

Personalmente penso que só se trata dunha estratexia para calmar o enfado dos xogadores antes da chagada do E3, porque dubido moito que dean marcha atrás a estas alturas, aínda que sexamos positivos, esperemos que entren en razón.

Xogos de PS4 a 99.99$?

Por: Xoves, 23 de Maio de 2013, 15:50 2 COMENTARIOS

wathdogps4precio

Non gañamos para disgustos nestes días, e se a Xbox One non está a gustar á comunidade de xogadores (non me sorprende en absoluto), agora volvemos botar ás mans á cabeza a causa dun rumor.

A tenda Amazon púxolle prezo aos títulos de PS4, concretamente a Assassin´s Creed 4:Black Flag, Thief e Watch Dogs, e isto non sería nova se non fose polo prezo desorbitado: 99.99 dólares.

Obviamente non hai nada confirmado, pero debemos ter en conta que Amazon é unha tenda suficientemente importante como para, como mínimo,ter medo deste rumor.

Esperemos que finalmente só quede nun susto. Seguiremos informando.

Xbox One 1

Despois de anunciar a nova Xbox One os periodistas que alí se atopan enuncian todo tipo de dúbidas aos responsábeis desta consola para despexar as dúbidas máis importantes sobre os rumores máis “tétricos” que arrastra esta videoconsola, pois ben, algunha desas cuestións foron respondidas e a verdade, non vos vai gustar, non vos vai gustar.

Como dicía anteriormente, Xbox One non será retrocompatíbel cos xogos de Xbox 360. Estas foron as palabras de Todd Holmdahl, vicepresidente corporativo de hardware de Microsoft:

Ler o resto da entrada »

Ás 19:00 desta tarde Microsoft daba comezo o seu esperado evento no cal presentarían a súa nova consola de sobremesa que substituirá á Xbox 360, e unha hora e cuarto despois remata a conferencia, aquí van as noticias máis salientábeis.

Microsoft non agardaou absolutamente nada en presentar a súa nova consola baixo o nome de Xbox One.

xboxone

Despois de amosala ao mundo comentaron as súas características técnicas baixo a seguinte imaxe.

xbox one especificacions

Como podedes observar a consola conta cunha CPU de 8 núcleos respaldada con 8 GB de RAM. Finalmente, o rumor extendido a voces faise realidade e a Xbox One contará con Blu-Ray e 500 GB de Disco Duro.

A parte disto conexión vía Wi-fi,USB 3.0 e entrada e saída de HDMI, pero lonxe de quedarse aquí deron moita importancia á conectividade da consola con tablets,móbiles…, amosaron o novo Kinect e observamos o que denominaron TV Online con Skype integrado e a posibilidade de ver as estatísticas en directo.

Tamén deixaron caer que preparan unha serie de TV de Halo supervisada polo propio Steven Spielberg.

Pero non todo son boas novas, xa que a retrocompatibilidade con Xbox 360 desaparece:

Estreamos unha arquitectura completamente nova para esta xeración, e coa arquitectura que temos con Xbox 360 estariámonos limitando para continuar con ela.

En canto a videoxogos as sorpresas foron mínimas, mais o que si resaltaron é que están a traballar en 15 exclusividades e 8 delas completamente novas.

Microsoft confirmou que traballan no FIFA 14,NFL,Madden,NBA Live e UFC sen amosar ningún dato salientábel.

Turn 10 anunciou Forza Motorsport 5 co seguinte tráiler:

Tampouco soltaron máis información sobre este título. Supoño que se resgardan para o inminente E3.

Remedy tamén estivo presente anunciando unha nova franquicia baixo o nome de Quantum Break:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=JZIaouzxAys

E para rematar o aclamado Call of Duty:Ghosts cerrou o evento con este tráiler que nos amosa a un dos nosos compañeiros, un can.

Certo é que hoxe en día calquera tráiler CGI é bastante espectacular, mais segue sendo o maior reclamo para a comunidade de xogadores que agarden o mencionado título, e se a este o preceden dous xogos cunha calidade excelente, aínda motiva máis.

Así que por fin temos o tráiler extendido de Batman: Arkham Origins no que vemos ao protagonista loitar contra DeathStroke, que se ven interrompidos por un curioso personaxe.

O xogo poñerase á venta o 25 de outubro e sabemos que mediante DLC poderemos controlar a Deathstroke. Agardemos entón.