Tomámoslle un 7 Up?

Por: Mércores, 10 de Xullo de 2013, 17:52 COMENTAR

7 up

Apetécevos tomar unha bebida refrescante para ter tantas vidas coma un gato?

Vía | It8Bit

Había dúbidas se esta recopilación de títulos da saga Metal Gear Solid chegaría á Europa, mais Konami acaba de confirmar que si, que MGS: The Legacy Collection chegará a todas as tendas europeas.

Para aqueles que non saibades o contido deste pack aquí vos vai:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition -que inclúe os títulos orixinais de MSX Metal Gear e Metal Gear 2-, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: Special Missions e Metal Gear Solid 4: Trophy Edition.

A parte disto, tamén se engaden dúas novelas gráficas ilustradas polo artista Ashley Wood que nunca viron a luz no territorio europeo.

O día concreto aínda se descoñece, mais si que sabemos que será o próximo mes de setembro cando MGS: The Legacy Collection aterrará en PS3.

Que significa esta imaxe enviada por Sony?

Por: Mércores, 10 de Xullo de 2013, 12:52 COMENTAR

cando os mundos chocan

No twitter oficial de Sony publicaron unha enigmática imaxe que ten ao mundo “gamer” desconcertado.

Na imaxe pódese ler “When Worlds Collide” que significa “Cando os mundos choquen”. Polo de momento non se sabe nada máis.

china-videoxogos

A nova aparece cando o xornal chinés South China Morning Post asegura que o goberno oriental estaría preparándose para prohibir a venta de calquera consola estranxeira no seu país, cerrando así un gran mercado para as compañías de videoconsolas.

Polo de momento non existe ningunha confirmación ao respecto, mais tendo en conta que dende o ano 2000 compañías como Nintendo, Sega ou Microsoft non se lles permite comercializar alí, tampouco sería tan impensábel que se levase a cabo este movemento.

O que si é seguro, é que de ser verdade esta afirmación sería un bo golpe para os fabricantes de videoconsolas.

Blanka “troll”: Cap. 2

Por: Mércores, 10 de Xullo de 2013, 12:27 COMENTAR

Xa demostramos que Blanka tiña unha malicia inconmesurábel neste vídeo, mais non quedou conforme e volve cun segundo capítulo.

xboxone

O presidente de Microsoft no Xapón, Yasuyuki Higuchi, realizou unhas declaracións sobre a relación entre Xbox One no mercado xaponés e recoñece que tal e como está agora mesmo a consola, vai ser difícil que se integre no mercado nipón.

Xbox One está orientada ao estilo de vida occidental e estamos pensando se lanzala ou non “tal e como está” en Xapón. Estamos tratando imaxinar como afrontar este problema con detalles como música e os servizos de vídeo de cada país. Sendo honestos, en lanzalo en Xapón tal e como estamos pensando será difícil.

Continuou da seguinte maneira, suxerindo algunhas das solucións:

Temos que preparar contidos que sexan relevantes para Xapón e preguntarnos o que será mellor e a que responderán positivamente os consumidores xaponeses. Nestes momentos estamos considerandos estas cuestións.

Personalmente opino que se nas anteriores consolas de Microsoft xa tivo inmensos problemas para integrar a súa máquina no país nipón, coa Xbox One, o problema imcrementarase, porque se polo que parece nin sequera os países occidentais están completamente contentos con esta consola (ou así é a impresión que dan), xa non digamos nun país no que os xogadores teñen unhas formas e gustos de xogos moi “de seu”.

michael-pachter

O polémico analista do grupo de Wedbush Morgan Securities, Michael Pachter, famoso polas actuais críticas á compañía Nintendo volve cargar contra ela dicindo que a súa consola Wii U non se pode comparar ao resto que hai no mercado:

Penso que Nintendo está na parte de abaixo dunha gran montaña, unha montaña cunha enorme costa arriba. Nintendo agardou dous anos de máis para lanzar un sistema competitivo á Xbox 360 e Playstation 3.

No momento que lanzaron Wii, que nun principio funcionou moi ben, os outros sobrepasárona.

Creo que nesta ocasión Nintendo quedará de terceira a moita distancia.

Estará no certo Pachter? Polo de momento parece que a consola de sobremesa de Nintendo non está a ter demasiado éxito, mais recordemos que Nintendo é experta en atraer a atención dos “casual gamers”.

Vós que opinades?

beyond-two-souls-wallpapers-1-1080p

Co inicio da campaña de reservas deste esperado videoxogo anúnciasenos a edición especial de Beyond: Dúas Almas, así como o primiero tráiler do título no que nos amosan as voces en castelán.

A edición especial contará con:

 

  • Unha exclusiva caixa metálica
  • Secuencia adicional de 30 minutos de gameplay
  • Vídeos “entre bastidores”
  • Banda Sonora oficial do xogo
  • Tema dinámico para PS3
  • Pack de avatares de PSN

 

 

Todo isto a un prezo de 69.99€, un prezo bastante accesíbel para a cantidade de extras que contén este pack.

E para os que eludides as dobraxes ao castelán pola súa calidade na maioría dos videoxogos, aquí tedes o primeiro tráiler de Beyond: Dúas Almas coas voces en castelán:

Epic-games-Banner

A famosa compañía Epic Games, pais da saga Gears of War, xa están traballando de cheo na próxima xeración de consolas, sabémolo a través dunha serie anuncios de postos de traballo do propio estudo que busca persoal cualificado.

Entre estes anuncios destaca un:

Búscase un artista técnico para traballar en novas IPs e outras xa existentes a través de múltiples plataformas. No traballo deberán solventar as incidencias máis completas que surxirán cando levemos a tecnoloxía ao límite. Tamén deberán traballar en prototipos para a próxima xeración.

O segundo anuncio é máis esclarecedor:

Búscase un deseñador de sistemas para traballar nun xogo de acción competitivo online non anunciado, no cal existirá unha progresión do personaxe, unha forte presenza de ítems e unha economía dinámica.

Charlie Scibetta

Charlie Scibetta

A pesar do éxito que tiveron as consolas de Nintendo como Nintendo Wii ou Nintendo DS, non son poucas veces que se lle pide a esta compañía que saque videoxogos para outras consolas e que se pase directamente ao mundo das third-parties.

Pero Nintendo segue convencida que a súa estratexia é fundamental para as súas máquinas, e o director de relacións corporativas, Charlie Scibetta, falou sobre este tema:

Os sistemas de Nintendo son os mellores en canto ao hardware, e o software funcionan en perfecta harmonía. Este é o motivo polo que seguimos no negocio do hardware, porque cremos que o hardware é a mellor maneira de darlle vida ao software.

As máquinas que facemos están perfectamente afinadas para estas experiencias xogábeis. Cando Mario salta de fungo en fungo, todo ten unha resposta tan exacta porque o software foi creado especificamente para este hardware.

Así que polo que podedes ver podémonos esquecer de ver títulos de Nintendo noutras plataformas.

A vós que vos parece esta decisión?

Aínda que despois de ver a seguinte táboa comparativa entre as próximas consolas de sobremesa podemos dicir que a calidade gráfica será moi similar entre elas:

comparacion ps4 xone

O vicepresidente de Sony, Guy Longworth, falou sobre a potencia da PS4 aclarando que terá maior fidelidade gráfica que a súa competidora Xbox One:

A realidade é que cada vez que hai un cambio de xeración, o terreo de xogo aumenta, e cremos, que en realidade temos unha superioridade en canto a fidelidade gráfica.

Cremos que temos o correcto para os xogos, cremos que é o correcto para a nosa plataforma e estamos encantados de contarllo á xente.

mirrors-edge-reboot

Un dos xogos estrela do E3 foi sen dúbida ningunha a segunda entrega de Mirrors Edge, un anuncio que agardaban a maior parte da comunidade gammer e que foi compensada co anuncio deste reboot cun pequeno vídeo que nos deixou con ganas de máis.

Para dar algo de luz a este proxecto, un dos directivos de EA Games, Patrick SÖderlund, soltou unhas declaracións dicindo que esta segunda entrega terá máis acción e corrixirá algúns aspectos negativos da primeira parte como a historia:

Mirror’s Edge séntese vello comparado co que hai aí fóra hoxe en día, en deseño e en todo. Aínda ten cousas frescas no seu aspecto e en como se sente, de feito, séguese vendo moi ben. Pero é un pouco da vella escola no seu deseño e nas súas mecánicas de repetición compulsiva, así que temos que cambiar ese formato. Creo que a historia é outro elemento que podería ter sido moito mellor. Non cumprimos as expectativas dese fantástico mundo que creamos e a historia é unha parte importante nun mundo así.

Recordemos que a primeira entrega de Mirror´s Edge saíu alá polo 2008 e causou furor nos xogadores pola súa proposta arriscada. Agardemos que non cambien demasiado o concepto do título.