BulletStorm-13-05-10-005

People Can Fly, antes de realizar o xustiño Gears of War: Jugdment, creou un FPS dos máis divertidos desta xeración, así de claro o digo e sen arrepentirme de nada, este shooter traía como nome Bulletstorm, mais ,a pesar de que a crítica fose boa con el, as ventas castigaron a este xogo sen merecelo.

Bulletstorm non chegou nin ao millón de copias vendidas entre todas as plataformas, mais Wojciech Madry, diseñador dos seus niveis aclara que fixeron todo o que estivo nas súas mans.

Penso que sempre que fixeras o mellor que puideches e les o entusiasmo da crítica, aínda que isto non se traduza en éxito comercial, sentes como quizais puideses ter feito as cousas doutra maneira.

Mais foi a nova IP máis exitosa dese ano.

O problema é, como na industria do cine, que a maior parte do diñeiro gáñana as secuelas. Ao final fixemos todo o que puidemos para crear un gran xogo, un que quixeramos xogar, e non hai nada do que avergoñarnos ou queiramos cambiar. Fixemos todo o que puidemos.

No seu momento en Memoria Pixelada realizamos a súa análise, podedes botarlle un ollo no seguinte enlace.

O 21 de novembro chegará ás nosas tendas un dos xogos que máis está dando que falar dende que se presentou, Watch Dogs. Aínda que Ubisoft sabe perfectamente que se converterá nun “vendeconsolas” segue no seu afán de meternos aínda máis ganas no corpo cun novo tráiler, no que vemos ao protagonista facer novos usos das súas dotes de hackeo.

Watch Dogs pinta moi pero que moi ben, mais non me podo evitar facer un par de cuestións:

Como será a xogabilidade deste título?

Será tan enorme como parece (sobre todo a nivel técnico) as diferentes versións de consolas?

Mentres pensades nestas respostas botádelle un ollo ao tráiler.

Conducindo un piano en GTA IV

Por: Martes, 13 de Agosto de 2013, 15:25 COMENTAR

Moitos tunean os seus vehículos cos mellores aparellos de música, mais o mellor é conducir un propio instrumento musical. O que non se vexa nos mods de GTA IV…

Ubisoft acaba de lanzar un vídeo onde podemos ver o cooperativo do seu próximo Splinter Cell.

Wii U tamén contará con cooperativo, mais só online, quédanse sen multixogador a nivel local.

CD Projekt Red desvelou algúns detalles sobre Cyberpunk 2077 o xogo de rol que están a preparar e aseguraron que de seguir así o seu desenvolvemento poderemos elexir se xogalo en terceira ou en primeira persoa.

Se recordamos xogos como The Elder Scrolls tamén ofrecía esta experiencia, aínda que dependendo se escolliamos unha ou outra visión a calidade diminuía de forma considerábel, estarán os rapaces de CD Projekt Red caendo no mesmo erro?

Polo de momento Cyberpunk 2077 ofreceranos un mundo totalmente aberto onde poderemos crear o noso propio personaxe e está previsto que se lance no próximo ano para consolas de próxima xeración.

Aquí vos deixo o teaser tráiler do xogo.

the-elder-scrolls-online

ZeniMax Online Studios aínda non confirmou o día exacto de lanzamento do esperado The Elder Scroll Online, mais o que si confirmou é que despois do lanzamento o títulos terá frecuentemente DLCs a súa disposición, segundo eles, “porque sempre hai algo novo á volta da esquina”.

Estas foron as palabras do director do proxecto, Paul Sage, que se amosou partidario dos DLCs:

Vemos todo o que hai no mercado, pero eu son un gran defensor persoal de asegurarnos manter unha alta frecuencia de emisións de contidos. É unha gran parte dos nosos plans de futuro para o xogo.

Sempre queremos asegurarnos de que hai algo novo á volta da esquina. Queremos que a xente estea realmente no xogo e chegue a experimentar cousas novas. Vamos a ter unha gran cantidade de cousas no lanzamento, pero sei que os xogadores son incríbeis na súa capacidade para desenmarañar todo de maneira rápida.

O director amósase positivo á hora de valorar a opinión dos seus xogadores con esta decisión, pero non o saberemos con certeza até a prmeira metade de 2014, data de lanzamento de The Elder Scroll Online.

DSC_0065

É curioso chegar ao festival Novo Cruceiro Rock e ver que Memoria Pixelada está presente. Grazas á asociación por eses concertazos e por suposto, pola publicidade subliminal da nosa páxina.

wad wad

No mundo dos videoxogos podemos ver de todo, dende un neno que salva á súa avoa grazas ao Mario Kart até a historia que nos depara hoxe, unha edición especial cun prezo de un millón de dólares.

Esta será unha edición especial de Saints Row IV e traerá o nome de Wad Wad Edition cun contido bastante elitista a verdade:

  1. Unha viaxe ao espazo
  2. Réplica a tamaño real da pistola Dub-Step
  3. Unha operación estética
  4. Un asistente persoal de compras
  5. Sete noites na suit real de Burj-Al-Arab en Dubái
  6. Unha experiencia de secuestro
  7. Un día de entrenamento de espía
  8. Unha colección de roupa
  9. Unha semana para dúas persoas no Jefferson Hotel de Washington DC
  10. Voos en primeira clase a Dubái e Washington
  11. Un lamborghini Gallardo
  12. O novo Toyote Prius cun ano de seguro
  13. Unha suscripción dun ano a Super Car
  14. E unha edición Commander in Chief de Saints Row IV

 

Debedes saber que só hai unha edición á venta, polo tanto se tedes por aí ciscados un millonciño de dólares xa sabedes onde os podedes gastar.

Sabiamos que esta saga é bastante tola, pero penso que romperon límites con esta edición.

ps4 dual

A alta demanda pola próxima videoconsola de Sony fai que estes realicen un aviso aclarando que todas as reservas de Playstation 4 a partir do 6 de agosto non estean garantidas para o seu día de lanzamento.

Disto podemos sacar dúas cousas, a primeira que Sony xa tería cuberto a distribución inicial de consolas previsto e a segunda que a compañía teña dificultades para satisfacer as cifras iniciais.

Tamén cómpre destacar que este aviso foi dado a todo Europa, polo que confirma as especulacións anteriores.

De todos os xeitos Sony segue informando que aínda se pode reservar a PS4 por posíbeis cancelacións doutras reservas.

Rocksmith-2014-Edition-logo

A segunda entrega do ambicioso (pero problemático) xogo de aprendizaxe de guitarra Rocksmith chegará no próximo mes de outubro, e Ubisoft está tan encantada co título que non dubida en comparalo como un profesor particular de guitarra.

A compañía asegura que será tan realista e útil en todo o proceso de aprendizaxe que poderemos aprender a tocar o instrumento grazas a este título.

En Rocksmith 2014, as leccións serán moito, moito máis dinámicas e flexíbeis, agora non só che diremos que cometiches un erro, senón que explicaremos que clase de erro cometiches e que deberías facer para solucionalo.

Se Rocksmith sabe que tes problemas cunha técnica en particular, levarate a unha sección interactiva diferente onde che dará novos consellos con ángulos de cámara e trucos adicionais.

Se recordades a primeira entrega de Rocksmith, que tamén prometía aprenderche a inciarte no mundo da guitarra, resultaba bastante confuso e complexo, sobre todo para aqueles que xamáis colleramos unha guitarra na man.

Agardo impaciente que con esta segunda entrega se corrixan os fallos anteriores e o nivel de aprendizaxe sexa dende cero para que todos teñamos a mesma oportunidade de desfrutalo.

Como dixen, no mes de outubro sairemos de dúbidas.

TheLastofUsPosterAsí o confirma Naughty Dog despois de que os rumores chegasen á rede. A compañía aclarou que se rebaixou a violencia no multixogador, polo que non existen as amputacións nos personaxes, así como unha diminuación do sangue.

Historias pixeladas insólitas

 

De cotío vemos historias illadas na que algún “energúmeno” asasina á familia ou veciños botándolle a culpa aos videoxogos, pero onde está o símbolo negativo tamén se atopa o símbolo positivo. Deste xeito temos esta historia de forza na que un rapaz de dez anos salva á súa avoa e ao seu irmán pequeno no coche no que viaxaban.

A avoa de 74 anos conducía o vehículo pola cidade de Colorado a unha velocidade aproximada de 90 km/h cando sufríu un desmaio, momento no que Gryffin (que así se chama o neno) conseguíu facerse co control do coche evitando así un accidente seguro.

Primeiro intentei espertala, despois collín o volante e conducín até a beira para afastarnos do tráfico.

Son moi bo conducindo Karts, na saga de videoxogos de Nintendo.

Estas foron as palabras do rapaz que posiblemente salvasen a vida dos tres tripulantes do coche.